{"id":5198,"date":"2020-01-04T20:55:00","date_gmt":"2020-01-04T19:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:22","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:22","slug":"lembrando-os-sabados-das-pensions-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/01\/04\/lembrando-os-sabados-das-pensions-en\/","title":{"rendered":"Lembrando os s\u00e1bados das pensi\u00f3ns en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Xa hai tempo que se superou o ano das protestas polas pensi\u00f3ns, tam\u00e9n en Ribadeo, onde, a\u00ednda con altibaixos estacionais, a protesta non est\u00e1 no seu peor momento. E iso veume \u00e1 cabeza \u00f3 ler unha nova no El Economista en internet (\u201cLos jubilados reciben de media 1,36 euros de pensi\u00f3n por cada euro cotizado\u201d). Cando lin o t\u00edtulo, decid\u00edn ler o interior da nova a ver se me aclaraba m\u00e1is. Detalles aparte (e tam\u00e9n propaganda para meter as pensi\u00f3ns privadas ata como obrigatorias), a nova cita un estudo do BBVA segundo o que, \u00f3s 12 anos de xubilado, xa se ter\u00eda gastado a pensi\u00f3n de 40 anos de cotizaci\u00f3n (\u00e9 dicir, por exemplo contando que est\u00e1s traballando de xeito ininterrompido dende os 25 \u00f3s 65). Polo tanto, en n\u00fameros redondos, ter\u00e1s gastado todo o acumulado \u00f3s 77, co que, coa esperanza de vida case nos 82 anos, sae un gasto de case un 42 % m\u00e1is. Se te xubilas \u00f3s 67, coa mesma data de falecemento, ent\u00f3n a cousa baixa por baixo dun 25 % &#8216;extra&#8217;.<\/p>\n<p>Non sei como fixeron eses c\u00e1lculos no servizo do BBVA no que logo recomendan un sistema de pensi\u00f3ns privadas obrigadas, pero non me saen as contas. Expl\u00edcome: considerando que na mi\u00f1a vida laboral houbo momentos nos que os intereses andaban por riba do 6 %, se lle aplico ese interese \u00e1 primeira retenci\u00f3n debida \u00e1 seguridade social, sae un valor \u00f3 cabo de 40 anos de m\u00e1is de dez veces o inicial, co que case s\u00f3 cos r\u00e9ditos estar\u00eda sa\u00edndo a pensi\u00f3n actual&#8230; se non nos po\u00f1emos avariciosos e s\u00f3 consideramos a inflacci\u00f3n (e lembremos que a inflacci\u00f3n tambi\u00e9n \u00e9 manipulable para que sexa favorable), remato de facer as contas cos datos de inflation.eu, e s\u00e1eme un valor superior \u00e1s seis veces o inicial. Considerando que o meu soldo se revalorizou unhas cinco veces, l\u00e9vome a sorpresa de que durante a mi\u00f1a vida laboral o \u00edndice dime que perd\u00edn poder adquisitivo en troques de ir gan\u00e1ndoo (cousas dos anos da crise, coido). Pero como non \u00edamos a iso, sen\u00f3n a botar contas sobre as pensi\u00f3ns, para esgotar en 12 anos a paga gardada dos 40, resulta que me ter\u00edan que reintegra unha cotizaci\u00f3n mensual de 3,3 veces a que me retiraban (en total, contando o retidado dende a empresa, que non aparece en n\u00f3mina)<\/p>\n<p>De calquera xeito, a cousa non est\u00e1 a\u00ed, sen\u00f3n que coido que est\u00e1 noutro lugar: en que dende o nacemento do sistema de pensi\u00f3ns en Espa\u00f1a, o que se paga \u00f3s pensionistas ven sa\u00edndo das cotizaci\u00f3ns dos traballadores en activo no momento. De a\u00ed que &#8216;cando conv\u00e9n&#8217; as contas que se fan incl\u00faen o n\u00famero de traballadores en activo en relaci\u00f3n \u00f3 numero de xubilados. E claro, se hai paro e soldos de merda, non hai forma de manter as pensi\u00f3ns, nin tampouco os mesmos traballadores, que necesitan o apoio da caridade. Por contra, nos tempos de bonanza, f\u00edxose unha caixa de resistencia que se rematou empregando para outras cousas. Un esquema visto m\u00e1is dunha vez cando xente con certas ideas econ\u1e3ficas chega \u00f3 goberno.<\/p>\n<p>Te\u00f1o esperanza de vivir a\u00ednda moitos anos e sei que un &#8216;pequeno complemento&#8217; como pode ser a reintegraci\u00f3n do roubado por corrupci\u00f3n, ou os 80 000 000 000 euros difuminados en axudas \u00f3s bancos (coido que eran m\u00e1is, pero deix\u00e9molo as\u00ed, as cifras bailan) poden axudar \u00e1 caixa das pensi\u00f3ns. Se po\u00f1emos 10 000 000 de pensionistas (non chega ben, pero vai en aumento) inclu\u00eddas vi\u00favas, orfos, incapacidades, etc, saen a 8000 \u20ac m\u00e1is por cabeza s\u00f3 por este \u00faltimo motivo.<\/p>\n<p>Ou sexa, abonda de botar contas. Non se trata de que &#8216;os pensionistas vivan mellor que os traballadores&#8217;, sen\u00f3n de que todos vivamos dignamente. E hai cartos. O que hai \u00e9 que non ser mangantes, \u00e9 dicir, non mangalos, sen\u00f3n xestionalos&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa hai tempo que se superou o ano das protestas polas pensi\u00f3ns, tam\u00e9n en Ribadeo, onde, a\u00ednda con altibaixos estacionais, a protesta non est\u00e1 no seu peor momento. E iso veume \u00e1 cabeza \u00f3 ler unha nova no El Economista en internet (\u201cLos jubilados reciben de media 1,36 euros de pensi\u00f3n por cada euro cotizado\u201d). [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,22,9],"class_list":["post-5198","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-pensions","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5198","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5198"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5198\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5198"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5198"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5198"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}