{"id":5197,"date":"2020-01-08T12:49:00","date_gmt":"2020-01-08T11:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:20","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:20","slug":"viaxar-as-capitais-dende-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/01\/08\/viaxar-as-capitais-dende-ribadeo\/","title":{"rendered":"Viaxar \u00e1s capitais&#8230; dende Ribadeo?"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai unhas semanas aparec\u00eda na primeira dun xornal: &#8216;Viaxar a capitais galegas en transporte p\u00fablico dende Lugo \u00e9 unha odisea&#8217;. Coido que quen puxo o t\u00edtulo non atopar\u00eda outro para po\u00f1er sobre o mesmo tema dende Ribadeo&#8230; a non ser que usara a palabra &#8216;imposible&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No interior do xornal, o t\u00edtulo era &#8216;Unha vila (case) incomunicada&#8221;, e inclu\u00eda infograf\u00eda cos tempos, en tren ou autob\u00fas, en chegar \u00e1s outras capitais, a cada hora de conexi\u00f3n, e indicando se hab\u00eda enlaces ou non. A (case) incomunicaci\u00f3n permit\u00edalle \u00f3 xornal desde\u00f1ar comunicaci\u00f3ns por tren con Vigo por ter mal enlace en Ourense.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Dende a costa vemos esas (case) incomunicaci\u00f3ns como un luxo, un aut\u00e9ntico derroche que non podemos permitirnos. Vexamos como exemplo o caso de Ribadeo, deixando \u00e1 beira do cami\u00f1o soluci\u00f3ns como a que plantea unha empresa de billetes por internet, facer a vixe a Lugo a traverso de bus e tren pola Coru\u00f1a e Ferrol, ou ben en bus por Ponferrada e Oviedo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Anda! Se non hai autobuses para ir \u00f3 hospital a Lugo! Ben, non \u00e9 certo, sempre podes ir ata&nbsp; estacion de autobuses de lugo, e logo coller un urbano&#8230; e sorrir mentres. E hai ata catro servizos de ida e outros tantos de volta (os d\u00edas laborables, a partir de hora e media de duraci\u00f3n de cada traxecto), que permiten pasar literalmente o d\u00eda en Lugo. Se tes que ir \u00f3 hospital e est\u00e1s delicado&#8230; bueno, iso \u00e9 &#8216;algo&#8217; diferente, xa te ama\u00f1ar\u00e1s para chegar. Por outra banda, se es de Lugo e queres pasar o d\u00eda en Ribadeo, mellor, procura onde durmir se ves en autob\u00fas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tren&#8230; coido que hai m\u00e1is dun s\u00e9culo que non se prop\u00f3n nin que exista unha v\u00eda f\u00e9rrea entre Eibadeo e Lugo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pasemos \u00e1 capital de Galicia. Se salgo \u00e1s 9 da ma\u00f1\u00e1, podo estar de novo na casa en Ribadeo \u00e1s 10 menos cuarto da noite. Qu\u00e9danme 5 horas e dez en Santiago! Claro que como chega \u00e1s 13:20 \u00e1 estaci\u00f3n de autobuses de Santiago, o de facer xesti\u00f3ns non est\u00e1 nada doado&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Vale, imos ver \u00e1 Coru\u00f1a. Procuro e&#8230; xa te\u00f1o a volta para os d\u00edas de diario&#8230; e a ida? Non aparece!&#8230; pens\u00e1ndoo mellor, vou a Ferrol, que si que atopo algo directo de ida e volta, a FEVE: 4 posibilidades de ida e outras catro de volta a diario, todo un luxo que ata me permite estar entre as 10 da ma\u00f1\u00e1 e as sete da tarde na &#8216;cidade departamental&#8217;, tras tres horas de viaxe de ida e antes doutras tantas de volta. E de al\u00ed \u00e1 Coru\u00f1a podo ir ata en barco! [Nota posterior: o servizo regular de barco entre Ferrol e Coru\u00f1a comun\u00edcanme que hai tempo que desapareceu, quedando s\u00f3 un servizo tur\u00edstico de ver\u00e1n que a estas alturas non te\u00f1o confirmado se funciona] Non sei o que durar\u00e1 funcionando a li\u00f1a Ferrol-Xix\u00f3n, pero mentres dure, a\u00ednda cos cont\u00ednuos fallos no funcionamento por diversos motivos achacables en xeral \u00e1 falta de inversi\u00f3n en mantemento, bendita sexa!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Claro que no caso de Ribadeo, extremo norleste da administraci\u00f3n noroeste, sempre nos quedan Oviedo ou Xix\u00f3n&#8230; cidades que por algo te\u00f1en a Ribadeo na s\u00faa esfera comercial, e a\u00ednda a pesares doutras tres horas ou catro horas de viaxe segundo o medio de transporte comunitario e horario elixidos, porque si, neste caso, ata se pode elixir!<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Unha nota final: Xa non po\u00f1o nada sobre ir ata Vigo ou Ourense. Por que? Adivi\u00f1a!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai unhas semanas aparec\u00eda na primeira dun xornal: &#8216;Viaxar a capitais galegas en transporte p\u00fablico dende Lugo \u00e9 unha odisea&#8217;. Coido que quen puxo o t\u00edtulo non atopar\u00eda outro para po\u00f1er sobre o mesmo tema dende Ribadeo&#8230; a non ser que usara a palabra &#8216;imposible&#8217;. &nbsp;&nbsp; &nbsp;No interior do xornal, o t\u00edtulo era &#8216;Unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-5197","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5197","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5197"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5197\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5197"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5197"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5197"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}