{"id":5193,"date":"2020-01-24T11:57:00","date_gmt":"2020-01-24T10:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:13","slug":"pernsando-na-auga-cos-pes-na-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/01\/24\/pernsando-na-auga-cos-pes-na-terra\/","title":{"rendered":"Pensando na auga cos p\u00e9s na terra"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp; Al\u00f3 polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formaci\u00f3n Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminaci\u00f3n nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tam\u00e9n por parte do concello. Unha colaboraci\u00f3n, como se di agora, win-win entre entidades p\u00fablicas. Do mesmo feito, a finais desa d\u00e9cada, o centro recuperou o cranio e unha mand\u00edbula de cachalotes, nun taller que serviu de experiencia a profesores e alumnos, e logo cedeuno \u00f3 concello. Dende aquela, pola contra, tense realizada unha longa experiencia coa privatizaci\u00f3n. Por exemplo, da auga: o servizo foi alleado de xeito que unha empresa privada corre coa xesti\u00f3n. E, de forma semellante a outras privatizaci\u00f3ns de servizo, o concello liberouse unha carga de traballo a cambio de soportar anos despois unha carga no mantemento da tra\u00edda, a m\u00e1is de seguir soportando en defensa da cidadan\u00eda t\u00f3dolos inconvintes e queixas como a contaminaci\u00f3n do CAVI ou o sabor da auga. Ben, a empresa ten que sacar un beneficio porque \u00e9 a s\u00faa funci\u00f3n (non a de subministrar auga, que \u00e9 secundaria, un medio para o fin do beneficio)<\/p>\n<p>&nbsp; Non todas as colaboraci\u00f3ns entre entidades p\u00fablicas te\u00f1en por que sa\u00edr ben ou ser \u00fatis. Por po\u00f1er un exemplo, o uso da Deputaci\u00f3n como xeito de axilizar o cobro dalg\u00fans impostos pode brindar unha maior cobertura de recursos, pero iso, que se comezou a facer na segunda metade dos anos noventa cun alcalde que tam\u00e9n estaba na Deputaci\u00f3n, non levou unha diminuci\u00f3n de persoal no concello, e si implicou unha dificultade para algunhas reclamaci\u00f3ns, \u00f3 afastar de Ribadeo a xesti\u00f3n, co que o balance neto non est\u00e1 tan claro como no caso que comeza este texto.<\/p>\n<p>&nbsp; Hoxe por hoxe, despois de anos de gabanza a nivel mundial das bondades do capitalismo, vese que na cesi\u00f3n de servizos non funciona mellor, nin \u00e1 postre de xeito m\u00e1is barato, un servizo privatizado que outro que non o estea: nin os intereses das empresas coinciden cos do servizo, nin os cartos se aplican s\u00f3 o servizo sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 ganancia, nin a xente pode ter o mesmo control, nin se sinte coa mesma responsabilidade, nin o mantemento da rede de servizo a longo prazo interesa como algo que reporte \u00e1 empresa beneficio. E, mentres a xente segue a perder poder sobre algo do que depende, mesmo vai perdendo a noci\u00f3n de que ese servizo foi p\u00fablico. Naturalmente, casos de xesti\u00f3n p\u00fablica desastrosa existen, e m\u00e1is dende que os intereses privados de dirixentes p\u00fablicos est\u00e1n tan claros como as chamadas &#8216;portas xiratorias&#8217; deixan ver, co paso de pol\u00edticos \u00e1 empresa privada e de dirixentes de empresas privadas &#8216;chamados&#8217; a ocupar postos de xesti\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n<p>&nbsp; Por esa visi\u00f3n cada vez m\u00e1is clara, e a pesar dos inxentes intereses do capital concernido, estase a reverquer unha serie de privatizaci\u00f3ns, en particular no servizo de augas, as\u00ed como se comeza a levar a cabo a instauraci\u00f3n de empresas municipais en campos como os do subministro el\u00e9ctrico ou internet. \u00c9 dicir, un fen\u00f3meno de execuci\u00f3n local que se est\u00e1 dando a nivel mundial seguindo unha mentalidade de servizo, non da chamada riqueza.<\/p>\n<p>&nbsp; A conciencia da xente de que ten pouca participaci\u00f3n na toma de decisi\u00f3ns e o seu encadre en grupos que dun xeito ou outro presionan \u00f3s mandos da administraci\u00f3n dende abaixo, permiten que pouco a pouco os servizos se volvan a contemplar como unha necesidade p\u00fablica que non \u00e9 boa idea transfeir a mans privadas.<\/p>\n<p>&nbsp; Por outra parte, s\u00e9guese a facer presi\u00f3n sen disimulos en sentido contrario, para privatizar<br \/>\nservizos como a sanidade ou a educaci\u00f3n, con ping\u00fces beneficios para<br \/>\nempresas privadas e encarecemento e dificultade de acceso para a xente,<br \/>\nmentres se dificulta o funcionamento da prestaci\u00f3n p\u00fablica do servizo. Ou se deixan recolectar e usar datos p\u00fablicos por parte de empresas privadas para subministrar servizos, nas tan cacarexadas &#8216;smart cities&#8217;, deformando un concepto de intelixencia colectiva en funci\u00f3n da intelixencia do capital que recolle os datos. \u00c9 o que ten un sistema que deixa florecer a corrupci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp; Por certo, dos restos de cachalote cedidos hai trinta anos en Ribadeo non se volveu saber: as instituci\u00f3ns non sempre funcionan ben, como sinalei m\u00e1is arriba.<\/p>\n<p>&nbsp; Mentres, que sorpresas en relaci\u00f3n \u00e1 auga nos esperan cara \u00f3 ver\u00e1n?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Al\u00f3 polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formaci\u00f3n Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminaci\u00f3n nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tam\u00e9n por parte do concello. Unha colaboraci\u00f3n, como se di agora, win-win [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[69,54,11,9],"class_list":["post-5193","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga","tag-auga-da-billa","tag-historia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5193","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5193"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5193\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5193"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5193"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5193"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}