{"id":5192,"date":"2020-01-29T12:44:00","date_gmt":"2020-01-29T11:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:11","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:11","slug":"fitur-comeza-en-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/01\/29\/fitur-comeza-en-ribadeo\/","title":{"rendered":"Fitur comeza en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj8qTN9dkBLiGZLWwKux2seLk-fa3SC6O3hoymS5ogRRm1vQRwNfZQii49UUFA6BL9hyphenhyphenD3jOr5ObkIZTPzhLTEzMEyp_-C74VFiysj_elqhcsAWv4NEESYvZCnowdqD0MnvXa_xiw\/s2048\/IMG_20200202_100930.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj8qTN9dkBLiGZLWwKux2seLk-fa3SC6O3hoymS5ogRRm1vQRwNfZQii49UUFA6BL9hyphenhyphenD3jOr5ObkIZTPzhLTEzMEyp_-C74VFiysj_elqhcsAWv4NEESYvZCnowdqD0MnvXa_xiw\/s2048\/IMG_20200202_100930.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A comezos de Febreiro 2020, en Ribadeo<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp; Si, si, xa sei: FITUR cel\u00e9brase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo \u00e9 coci\u00f1ado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non s\u00f3 iso, sen\u00f3n que ten un impacto posterior noutros lugares diferentes da orixe -para iso se fai- pero tam\u00e9n ten un impacto previo. M\u00e1is a\u00ednda, o impacto posterior buscado en canto a atracci\u00f3n tur\u00edstica (ben cantidade de xente, ben balance econ\u00f3mico, etc) \u00e9 s\u00f3 unha das facetas nas que se deixa sentir o efecto.<\/p>\n<p>&nbsp; Collo Ribadeo como exemplo, por telo m\u00e1is a man, pero o m\u00e9todo, sist\u00e9mico, \u00e9 algo com\u00fan, a\u00ednda que en Ribadeo poda ter algunha significaci\u00f3n especial en cousas concretas (hai cousas que aqu\u00ed se fan mellor que a media)<\/p>\n<p>&nbsp; Toda actividade induce outras. Mais o que se est\u00e1 a dar -e moito- \u00e9 que as actividades se autoalimenten, \u00e9 dicir, te\u00f1an unha \u2018autoinducci\u00f3n\u2019 de tal xeito que s\u00f3 por facerse sexan promocionadas polos propios promotores como \u00e9xito: autopromoci\u00f3n independente dos obxectivos, da s\u00faa consecuci\u00f3n, o xeito de realizar a actividade ou a existencia dunha medici\u00f3n obxectiva de par\u00e1metros para analizar. Debido a ese efecto, moitas actividades non se poden considerar \u2018independentes\u2019, non xa de outras do mesmo nivel ou asociadas directamente, sen\u00f3n de cousas como a parafernlia que as rodea. As\u00ed, No caso de Fitur, existe un efecto transferencia de actividade e \u2018posta no foco de atenci\u00f3n\u2019 de Madrid a Ribadeo. As actividades de Fitur, que son en s\u00ed propaganda de lugares, experiencias, etc, te\u00f1en un efecto en Ribadeo, pois faise propaganda delas -das propias actividades- en Ribadeo. E, xa en Ribadeo, hai outra transferencia tam\u00e9n, pois a propaganda das actividades realizadas en Madrid serve de promoci\u00f3n para os \u2018emisarios\u2019 al\u00f3 enviados, de t\u00f3dolos cortes pol\u00edticos. \u00cda dicir tam\u00e9n econ\u00f3micos, pero esta faceta coido que \u00e9 diferente para considerar, habendo a posibilidade de loitas comerciais, mesmo internas nos grupos ou asociaci\u00f3ns, a m\u00e1is de que as responsabilidades asociadas son diferentes que no caso de responsabilidade p\u00fablica.<\/p>\n<p>&nbsp; Coido que se poder\u00eda dicir moito m\u00e1is, pero que se pode entender mellor cunha referencia, a\u00ednda que poda dar unha visi\u00f3n parcial: hai anos tentei representar o impacto dunha campa\u00f1a levada por Ribadeo a Fitur, \u201cRibadeoxqsi\u201d, tildada de \u00e9xito.  Para iso, puxen a etiqueta da campa\u00f1a no buscador en sucesivos d\u00edas, dende a celebraci\u00f3n de Fitur 2015 durante dous meses, e reflect\u00edn os resultados nun artigo, \u201c<a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/02\/medindo-resultados-de-campanas-de.html\">Medindo resultados de campa\u00f1as de propaganda<\/a>\u201d. Resume: o \u00e9xito anunciado non impediu unha realidade na que a repercusi\u00f3n da campa\u00f1a en Google (\u00f3 fin, estamos a falar dunha etiqueta de promoci\u00f3n de Ribadeo) nunca acadou nin o 1% de resultados da procura do nome do alcalde. Como non era un sistema dese\u00f1ado de antem\u00e1n para  medici\u00f3n, sen\u00f3n algo a posteriori, collido \u00f3 paso, os resultados s\u00f3 poden tratarse como indicativos. A\u00ednda as\u00ed, coido que cabe dicir que a campa\u00f1a, realizada en Madrid, tivo tanto impacto en Ribadeo, onde sa\u00edu m\u00e1is dunha vez nos medios&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A comezos de Febreiro 2020, en Ribadeo &nbsp; Si, si, xa sei: FITUR cel\u00e9brase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo \u00e9 coci\u00f1ado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non s\u00f3 iso, sen\u00f3n que ten un impacto posterior noutros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-5192","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5192","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5192"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5192\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5192"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5192"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5192"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}