{"id":5191,"date":"2020-01-29T22:04:00","date_gmt":"2020-01-29T21:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:10","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:10","slug":"resposta-da-fiscalia-por-nuestro-faro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/01\/29\/resposta-da-fiscalia-por-nuestro-faro\/","title":{"rendered":"Resposta da fiscalia a Por nuestro Faro: \u201cA illa Pancha debe ter a porta aberta\u201d"},"content":{"rendered":"<p>(Nota de prensa de Por Nuestro Faro)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi83ASwqAu6Qbe5v2OOIQC_gyxwUI1tjxjcJ3mg-IKfVRnLXIn4V58WKZDXhJLturfrpIeUqpj6dEocwn_6vNCGo2ZSbY8zI1qdcKv6QCf1bMS_zzbZZtCeeFLPjAPr090u27PwKg\/s2048\/sinal+illa+Pancha+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"422\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi83ASwqAu6Qbe5v2OOIQC_gyxwUI1tjxjcJ3mg-IKfVRnLXIn4V58WKZDXhJLturfrpIeUqpj6dEocwn_6vNCGo2ZSbY8zI1qdcKv6QCf1bMS_zzbZZtCeeFLPjAPr090u27PwKg\/s2048\/sinal+illa+Pancha+2.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O cartel estivo colocado.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Nos \u00faltimos d\u00edas te\u00f1ense dado algunas novedades importantes respecto da Illa Pancha das que daremos conta de seguido.<\/p>\n<p>En primeiro lugar informar de que a semana pasada recibimos resposta da Fiscal\u00eda do Xulgado de Mondo\u00f1edo \u00e1 nosa denuncia presentada o 5-7-19. L\u00e9mbrese que a denuncia prantexaba o feito de a porta da Illa Pancha segu\u00eda (e segue) pechada a p\u00fablico en xeral e so te\u00f1en acceso os usuarios dos apartamentos tur\u00edsticos e persoas autorizadas. Como \u00e9 sabido a licenza de actividade aprobada polo concello de Ribadeo o d\u00eda 1 de decembro de 2017 esixe que a porta este\u00f1a aberta ao p\u00fablico. A resposta da fiscal\u00eda est\u00e1 no noso muro de facebook e aqu\u00ed so imos suli\u00f1ar alg\u00fan p\u00e1rrafos.<\/p>\n<p>No terceiro p\u00e1rrafo da resposta da Fiscal\u00eda atopamos a seguinte expresi\u00f3n: \u201c\u2026 es clara la obligaci\u00f3n del concesionario de facilitar el acceso a la isla del p\u00fablico en general\u2026\u201d. E no p\u00e1rrafo seguinte di textualmente: \u201c\u2026en diversos controles realizados por la Polic\u00eda Local de Ribadeo a partir de septiembre de 2019 la puerta de paso peatonal ha permanecido abierta de forma regular\u2026\u201d. Finalmente a fiscal\u00eda fainos saber que queda aberta a v\u00eda xudicial.<\/p>\n<p>A nosa intenci\u00f3n non \u00e9 ofender a intelixencia do lector, pero debemos suli\u00f1ar o que vimos repetindo dende hai moitos meses. En primeiro lugar tam\u00e9n a Fiscal\u00eda reco\u00f1ece que a empresa concesionar\u00eda ten a obriga de manter a porta aberta, en cumprimento da normativa vixente e das condici\u00f3ns das licenza. E a polic\u00eda local, en diversos controles, atopou a porta aberta. O problema \u00e9 que os veci\u00f1os sabemos que a realidade non \u00e9 esa, por eso apelamos ao Sr. Alcalde e os concellais para que crarexen esa contradicci\u00f3n mentres seguiremos denunciando que se est\u00e1 usurpando o dereito democr\u00e1tico da veci\u00f1anza a acceder a un espazo de uso p\u00fablico e que o concello de Ribadeo non adopta medidas eficaces para garantir ese dereito.<\/p>\n<p>En segundo lugar debemos notificar que a empresa concesionaria est\u00e1 tramitando un novo proxecto de cafeter\u00eda. Tivemos co\u00f1ecemento deste asunto a trav\u00e9s da prensa e non a trav\u00e9s do alcalde, como debera agardarse de unha corporaci\u00f3n democr\u00e1tica, porque a informaci\u00f3n non \u00e9 propiedade dos pol\u00edticos sen\u00f3n da veci\u00f1anza e a falla de informaci\u00f3n xenera unha discriminaci\u00f3n dunha parte da sociedade en beneficio de intereses particulares. Pola nosa banda presentamos un escrito no concello solicitando o acceso ao devandito expediente e estamos na agarda da resposta. Sin embargo hai que suli\u00f1ar alg\u00fan aspectos: O informe do Defensor del Pueblo que esixia a redacci\u00f3n de un Estudo de Impacto Ambiental foi aceptado pola Autoridade Portuaria, pero ese estudo nunca se chegou a realizar. Supo\u00f1emos que o Concello de Ribadeo non volver\u00e1 a pasar de esguello por esta custi\u00f3n decisiva para calquer proxecto inclu\u00eddo na Rede Natura 2000.<\/p>\n<p>En terceiro lugar debemos dar conta de que o proxecto de legalizaci\u00f3n do verquido e da fosa s\u00e9ptica sometido a exposici\u00f3n p\u00fablica por Augas de Galicia en Agosto de 2018 ainda permanece sen resoluci\u00f3n, despois de transcurridos 17 meses. O d\u00eda 11 de decembro remitimos un escrito a Augas de Galicia, pedindo informaci\u00f3n sobre o expediente e as nosas alegacions presentadas o 9 de setembro de 2018 e ate agora non recibimos reposta pero hoxe tivemos confirmaci\u00f3n telef\u00f3nica de que o expediente segue sen resoluci\u00f3n e non se sabe para cando pode recaer. Resulta como m\u00ednimo sorprendente que estando sen aprobar unha fosa s\u00e9ptica e un verquido para os apartamentos se tramite un proxecto de cafeter\u00eda que ter\u00eda un potencial de verquido moito maior e qu precisar\u00eda un novo expediente para ser legalizado.<\/p>\n<p>Xa calificamos de esquizofr\u00e9nica a situaci\u00f3n da Illa Pancha e pouco mais podemos engadir. A p\u00f2rta de acceso est\u00e1 pechada, cando legalmente deber\u00e1 estar aberta \u2013agora xa o di ata o fiscal de Mondo\u00f1edo- o Estudo de Impacto Ambiental sen realizar despois de catro anos de ser esixido polo Defensor del Pueblo e admitido polo Ministerio de Fomento e a Proxecto de legalizaci\u00f3n da Fosa S\u00e9ptica con verquido \u00e1 Rede Natura 2000 ano e medio sen resoluci\u00f3n. E de todo esto non se saber\u00eda nada se non houbese un colectivo social que o denunciase.<\/p>\n<p>Colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Nota de prensa de Por Nuestro Faro) &nbsp; O cartel estivo colocado. Nos \u00faltimos d\u00edas te\u00f1ense dado algunas novedades importantes respecto da Illa Pancha das que daremos conta de seguido. En primeiro lugar informar de que a semana pasada recibimos resposta da Fiscal\u00eda do Xulgado de Mondo\u00f1edo \u00e1 nosa denuncia presentada o 5-7-19. L\u00e9mbrese que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5191","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5191","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5191"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5191\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5191"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5191"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5191"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}