{"id":5189,"date":"2020-02-04T12:23:00","date_gmt":"2020-02-04T11:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:06","slug":"unha-necesidade-cotia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/02\/04\/unha-necesidade-cotia\/","title":{"rendered":"Unha necesidade coti\u00e1"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgg8yhtqjRUux88B6rCQIlufT_Jlxl_kMOE22iogu4GnL9yiQzzbjROF5eWkhLgUXodHivUiUyZmafBpa6wlUkYL_71fFh879crNolvkf0XKFoiVDoGqU2J-6-pfE_t7rOOi0-uFw\/s2048\/20200201+pensionistas+no+concello+de+Ribadeo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"314\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgg8yhtqjRUux88B6rCQIlufT_Jlxl_kMOE22iogu4GnL9yiQzzbjROF5eWkhLgUXodHivUiUyZmafBpa6wlUkYL_71fFh879crNolvkf0XKFoiVDoGqU2J-6-pfE_t7rOOi0-uFw\/s2048\/20200201+pensionistas+no+concello+de+Ribadeo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Prepar\u00e1ndose \u00e1s portas do concello de Ribadeo. Foto de Suso Fern\u00e1ndez<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Hai m\u00e1is de dous anos que os pensionistas ve\u00f1en organizando actividades mensuais para lembrar que existen e que deben ser tratados con dignidade. Actividades de lembranza de feitos e situaci\u00f3ns, as\u00ed como l\u00fadicas, de xuntanza e entrelazamento de amizade, entremist\u00farnse con outras reivindicativas duns dereitos que son seus. Que son nosos, de todos, como sociedade. Algo que est\u00e1 moi claro: unha consigna com\u00fan, que pode parecer lateral \u00f3 movemento pensionista \u00e9 \u2018non hai pan para tanto chourizo\u2019, vese acompa\u00f1ada por petici\u00f3ns dun salario digno para a xente nova, cunha relaci\u00f3n evidente, a uni\u00f3n do traballo asalariado coas pensi\u00f3ns que xenera e mant\u00e9n, xunto coa non menos evidente do mal que lle fai a toda a sociedade a corrupci\u00f3n.<\/p>\n<p>Non \u00e9 necesario insistir nesa relaci\u00f3n entre salarios e pensi\u00f3ns, farto estudada e \u00f3 tempo, ocultada na procura da divisi\u00f3n de protestas e illamento de protestantes (quen queira profundizar, pode ver moitos artigos sobre o tema, por exemplo no blog de Vicen\u00e7 Navarro, entre outros moitos). Nembargantes, o que se constata, a pesares desa tentativa de divisi\u00f3n, \u00e9 un medre mes a mes das actividades de protesta dos pensionistas. Remato de mirar en Ribadeando fotos de diversas convocatorias anteriores. Por exemplo, en febreiro de 2018, unha foto de Suso Fern\u00e1ndez rexistra 20 persoas nas escaleiras do concello de Ribadeo, \u00e1s que haber\u00eda que sumar a el mesmo como fot\u00f3grafo. E \u00f3 alcalde, que non sei se volveu a asistir unha vez visto que non era unha protesta pasaxeira para sa\u00edr nos medios, sen\u00f3n algo constru\u00eddo con paciencia para conseguir un obxectivo: unhas pensi\u00f3ns p\u00fablicas e dignas. Dous anos despois, con altos nos ver\u00e1ns e baixos co mal tempo, este mes os congregados triplicaban a cantidade. E as forzas non flaquean, coa conciencia de que mal que ben, non s\u00f3 se est\u00e1 a conseguir parar o desmantelamento do sistema p\u00fablico de pensi\u00f3ns, sen\u00f3n que mesmo pouco a pouco est\u00e1n sendo algo m\u00e1is equitativas, a\u00ednda que o poder adquisitivo medio retroceda.<\/p>\n<p>As concentraci\u00f3ns, marchas e outras actividades dos pensionistas est\u00e1n a deixarse sentir por toda Europa, nun movemento que acada un reflexo mesmo a nivel mundial, pero sobre todo que amosa d\u00faas caracter\u00edsticas. Unha, o lento aumento do convencemento da sociedade sobre todas as teses defendidas. Outra, que \u00e9 un movemento que se engarza en toda a sociedade, atraves\u00e1ndoa finamente pero tam\u00e9n necesariamente. Resultado o primeiro que da \u00e1nimos \u00f3 tempo que se constata o moito que queda de mobilizaci\u00f3n social: non \u00e9 de onte que algu\u00e9n se pregunte c\u00e1ntos pensionistas hai en Ribadeo para que asistan 60, inclu\u00eddas algunhas persoas que non o son pero que est\u00e1n concienciadas e poden asistir \u00e1s veces. E engarce na sociedade que fai que o movemento non sexa algo illado, sen\u00f3n que se relacione con outros, que sirva tam\u00e9n de vector de concienciaci\u00f3n en canto \u00f3 cambio clim\u00e1tico ou \u00e1 destruci\u00f3n do tecido industrial. E \u00e9 que como se est\u00e1 a amosar, estar xubilado non implica delegar as funci\u00f3ns que nos fai persoa, sen\u00f3n m\u00e1is ben ser m\u00e1is consciente delas e exercelas como unha necesidade coti\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Prepar\u00e1ndose \u00e1s portas do concello de Ribadeo. Foto de Suso Fern\u00e1ndez Hai m\u00e1is de dous anos que os pensionistas ve\u00f1en organizando actividades mensuais para lembrar que existen e que deben ser tratados con dignidade. Actividades de lembranza de feitos e situaci\u00f3ns, as\u00ed como l\u00fadicas, de xuntanza e entrelazamento de amizade, entremist\u00farnse con outras reivindicativas duns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[19],"class_list":["post-5189","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5189","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5189"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5189\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5189"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5189"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5189"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}