{"id":5187,"date":"2020-02-10T08:52:00","date_gmt":"2020-02-10T07:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:17:02","modified_gmt":"2024-11-12T12:17:02","slug":"in-memoriam-dos-mortos-na-ponte-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/02\/10\/in-memoriam-dos-mortos-na-ponte-de\/","title":{"rendered":"IN MEMORIAM DOS MORTOS NA PONTE DE ARANTE. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdTb2gEErq4dh3dQQxxBMfas2TtGny3CO9qJoFvRuCE31i9c7TESKfKiVE9mql7l4zzoXJMU_K5Xt3dG6dlkjne-3n5YNBpOloc8ng-sEa-wTEQ_xFJRLu5BeSx3-oy6A-RXNhqw\/s2048\/As+Virtudas+da+Ponte.+vista+a%25C3%25A9rea.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjdTb2gEErq4dh3dQQxxBMfas2TtGny3CO9qJoFvRuCE31i9c7TESKfKiVE9mql7l4zzoXJMU_K5Xt3dG6dlkjne-3n5YNBpOloc8ng-sEa-wTEQ_xFJRLu5BeSx3-oy6A-RXNhqw\/s2048\/As+Virtudas+da+Ponte.+vista+a%25C3%25A9rea.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Confluencia do rego de Lexoso e o rego de Arante para constitu\u00edr o R\u00edo Grande. Santuario das Virtudes.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp; Quixeramos suxerir aos organizadores da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=romar%C3%ADa+das+cruces\">Romar\u00eda das Cruces<\/a>, pois despois de asistir alg\u00fans anos a tal evento hist\u00f3rico na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Capela+de+Nosa+Se%C3%B1ora+das+Virtudes\">Capela de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes<\/a> da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_Ponte,_Arante,_Ribadeo\">Ponte de Arante<\/a>, vemos que logo dos actos da procesi\u00f3n, da cerimoniosa reverencia das cruces e do sa\u00fado dos pend\u00f3ns totalmente en silencio, notamos que lle falta algo a ese cerimonial c\u00edvico relixioso e \u00e9 a solemnidade grave e formal dunha lembranza esencial aos mortos que al\u00ed houbo tanto propios como dos inimigos franceses. Foron moitos mortos polos que poder\u00eda prenderse un lume nun pebeteiro de pedra labrada ou queimar incenso acompa\u00f1ando o acto cunhas evocadoras palabras ou co rezo dunha simple oraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp; Por outro lado non estar\u00eda demais po\u00f1er unha placa co nome daqueles verdadeiros patriotas da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Guerra_da_Independencia_espa%C3%B1ola_en_Galicia\">Guerra da Independencia<\/a>, aguerridos veci\u00f1os das parroquias de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Arante,_Ribadeo\">Arante<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ove,_Ribadeo\">Ove<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cedofeita,_Ribadeo\">Cedofeita<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cedofeita,_Ribadeo\">Covelas<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_Valboa,_Trabada\">Valboa<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sante,_Trabada\">Sante<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Vidal,_Trabada\">Vidal<\/a> que foron quen de enfrontarse coas ferramentas do campo, gada\u00f1os e gada\u00f1as, a paus e a pedradas, aqueles d\u00edas tres e catro de febreiro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1809\">1809<\/a>, aos soldados do ex\u00e9rcito franc\u00e9s perfectamente armados de sable e fusiler\u00eda e adestrados para o combate ao mando do <a href=\"https:\/\/fr.wikipedia.org\/wiki\/Fran%C3%A7ois_Fournier-Sarlov%C3%A8ze\">xeneral Fournier<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp; Este xeneral tras as perdas que sofre tan preto de Ribadeo, aumenta as s\u00faas forzas at\u00e9 o n\u00famero de dous mil homes de infanter\u00eda, cos que acometeu o d\u00eda cinco polo cami\u00f1o de Nosa Se\u00f1ora da Ponte, forza a que os nosos paisanos non puideron resistir por falta de armas, polo que abandonaron o cord\u00f3n e o inimigo entrou en Ribadeo matando os inermes, entre eles unha muller e un home de oitenta anos. Fournier, desconfiando de que os nosos paisanos se volvesen a reunir, evacuou en poucos d\u00edas o pa\u00eds (Pardo de Andrade, Manuel: Semanario pol\u00edtico, hist\u00f3rico y literario de la Coru\u00f1a (1809-1810) Fundaci\u00f3n Pedro Barri\u00e9 de la Maza, 1995. Citado por Juan Manuel Osuna Rey: Los Franceses en Galicia, Historia Militar de la Guerra de la Independencia en Galicia -1809-, p\u00e1x.150-151).<\/p>\n<p>&nbsp; En Cubelas segundo reco\u00f1ece o p\u00e1rroco don Esteban Aenlle Rocha no Libro de Defuntos, houbo a perda de catro veci\u00f1os, os mesmos que nomea o Cura de Pi\u00f1eira en La Comarca del Eo (2-Xu\u00f1o-2001). Pero segundo notas de don Juan Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios foron enterrados en Cubelas entre o tres e o cinco de Febreiro de 1809 os sete veci\u00f1os seguintes: don Juan D\u00edaz del Villar e don Xos\u00e9 D\u00edaz del Villar (3-Febreiro-1809); don Manuel Rodr\u00edguez da Axilde (4-Febreiro-1809) casado en Vidal; don Sim\u00f3n Rodr\u00edguez; don Antonio Rodr\u00edguez; don Pedro de Palmeiro e don Francisco Villapol (5-Febreiro-1809). Na fregues\u00eda de San Pedro de Arante morren dous veci\u00f1os o d\u00eda cinco e un que queda ferido morre o d\u00eda seis, segundo a anteriormente citada obra Los Franceses en Galicia, e segundo investigaci\u00f3ns de don <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Emilio%20Pi%C3%B1eiroa\">Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/a> e don Juan Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios, foron tres os enterrados en Arante: don Jos\u00e9 Fern\u00e1ndez; don Jos\u00e9 Rico; don Juan Guti\u00e9rrez (6-Febreiro-1809) e tam\u00e9n don Sim\u00f3n Amor Lastra (8-Febreiro-1809) que foi enterrado no chan da Capela da Ponte de Arante. Na parroquia de Santa Mar\u00eda Madalena de Cedofeita segundo revelan as fontes de don Emilio e de don Juan, son tres os mortos dos que dous son mulleres: dona Angela L\u00f3pez; don Pedro L\u00f3pez e dona Josefa Soto vi\u00fava de Manuel A. Lanza (5-Febreiro-1809). Na Parroquia de Sante foron enterrados don Pedro Maseda (5-Febreiro-1809) e don Manuel Soldado(?) (3-Marzo-1809). Segundo notas de don Juan Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios foi enterrado o 16-Febreiro-1809 don Isidro Ya\u00f1ez de Pacios antiga parroquia de Abres hoxe de Trabada. Tam\u00e9n de Ribadeo hai un defunto \u201cmorto dun fusilazo\u201d do que non sabemos o nome. Foron un total de dezaoito veci\u00f1os mortos.<\/p>\n<p>&nbsp; Pola banda dos franceses o resultado da batalla non lles foi mellor pois o 29 de Xaneiro de 1809 tiveron a baixa de cinco soldados (e tres cabalos), que don Barreiro Fern\u00e1ndez eleva o n\u00famero a sesenta soldados e vinte e cinco cabalos, cifras que nos parecen esaxeradas, pero que ningu\u00e9n sabe de certo. O 31 de Xaneiro de 1809 tiveron dezanove mortos e feriron a moitos m\u00e1is, segundo o historiador Amor Meil\u00e1n. Tam\u00e9n morre \u201cde repente\u201d en Ribadeo un sarxento de graduaci\u00f3n do ex\u00e9rcito franc\u00e9s, que se enterra sen recibir os Santos Sacramentos (ibidem, Los Franceses en Galicia, p\u00e1x.151)<\/p>\n<p>&nbsp; No ano 2019 despois da celebraci\u00f3n da cerimonia das Cruces e dos Pend\u00f3ns, as Autoridades al\u00ed reunidas dixeron algunhas verbas e entregaron uns premios, pero para a nosa forma de ver falta ese acto afectivo que faga fincap\u00e9 na relevancia do motivo da romar\u00eda, pois a\u00ednda que sexa un acto festivo, ningu\u00e9n de n\u00f3s fai festa polos defuntos propios nin polos estra\u00f1os. Ter memoria daqueles que loitaron polas nosas liberdades deber\u00eda ser sempre motivo suficiente para un conmovedor e inesquecible recordo.<\/p>\n<p>&nbsp; Creo que as Autoridades competentes da Xunta da Galicia e da Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo deber\u00edan de traballar a reo para manter vivos momentos tan hist\u00f3ricos, as\u00ed como procurar por todos os medios que non se destru\u00edra tan magnifica xoia do Cami\u00f1o de Santiago como \u00e9 a Capela de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte de Arante que nos ven legada desde o alto medievo. Rogar\u00edalles a ditas Autoridades que non deixasen perder este espl\u00e9ndido patrimonio como tantos outros, e que rompan para sempre con ese destrutivo lado da pol\u00edtica con min\u00fascula, politiqueiro e barato, que nos fai part\u00edcipes aos cidad\u00e1ns da incompetencia administrativa, e non hai dereito que te\u00f1amos a maior\u00eda dos nosos vestixios e bens patrimoniais tan esquecidos, abandonados e arruinados.<\/p>\n<p>&nbsp; Lemos con incredulidade no diario N\u00f3s, N\u00ba22, que Galiza debe m\u00e1is de 11 mil mill\u00f3ns de euros e que un 14% dos orzamentos da Xunta de Galiza dest\u00ednase a pagar a d\u00e9beda. Onde est\u00e1n as melloras para con os cidad\u00e1ns feitas a cargo da Xunta para ter tama\u00f1a d\u00e9beda?<\/p>\n<p>&nbsp; Volvemos aos tempos do Gran Capit\u00e1n que pasaba facturas \u201cpor picos, palas y azadones, cien millones\u201d? Triste, moi triste que non haxa m\u00e1is control do que tan mal se fai.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Confluencia do rego de Lexoso e o rego de Arante para constitu\u00edr o R\u00edo Grande. Santuario das Virtudes. &nbsp; Quixeramos suxerir aos organizadores da Romar\u00eda das Cruces, pois despois de asistir alg\u00fans anos a tal evento hist\u00f3rico na Capela de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte de Arante, vemos que logo dos actos da procesi\u00f3n, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89,11,46,9],"class_list":["post-5187","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5187","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5187"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5187\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5187"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5187"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5187"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}