{"id":5182,"date":"2020-02-17T21:05:00","date_gmt":"2020-02-17T20:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:16:53","modified_gmt":"2024-11-12T12:16:53","slug":"dando-unha-volta-sobre-bicicleta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/02\/17\/dando-unha-volta-sobre-bicicleta\/","title":{"rendered":"Dando unha volta sobre a bicicleta"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh5h0Lvtvk30Cg1rhXP3JbJSE6qfp9Wvr8n02FgXpc66DuGgE_fpSyn_8a1_jhUa6s4boHcThfyZPYcIjYgVVPENyKrfHnVz8EeEMTmNDqSwwwKvLsQSKEvoCPXol3cv50nIsigpw\/s2048\/contraste+ciclista.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh5h0Lvtvk30Cg1rhXP3JbJSE6qfp9Wvr8n02FgXpc66DuGgE_fpSyn_8a1_jhUa6s4boHcThfyZPYcIjYgVVPENyKrfHnVz8EeEMTmNDqSwwwKvLsQSKEvoCPXol3cv50nIsigpw\/s2048\/contraste+ciclista.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cada vez  aumenta m\u00e1is a diferencia de posibiliddes de mobilidade entre as cidades e os pobos e o campo. Cada vez m\u00e1is, a t\u00e9cnica desenvolve m\u00e9todos comunitarios ou non que son m\u00e1is doados de aplicar nas cidades e menos en lugares con baixa densidade de poboaci\u00f3n ou n\u00facleos pequenos. Por iso, cada vez m\u00e1is, deb\u00e9ramos aproveitar as posibilidades que nos brindan os m\u00e9todos dos que podemos dispo\u00f1er neses lugares nos que vivimos e menos se te\u00f1en en consideraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E ben, que hai dos cambios na mobilidade para facela sostible? Hai xa dez anos comez\u00e1rase en Ribadeo polo principio, cun <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/02\/mobilidade.html\">estudo colaborativo e \u00f3 tempo, concienciativo<\/a>, que non ti\u00f1a mala pinta. Dez anos despois, o uso das bicicletas nos desprazamentos, unha das medidas que se apuntaba e que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/11\/ribadeo-en-bici-edicion-n16.html\">mesmo foi promovida de xeito privado<\/a>, non parece ter aumentado sensiblemente. E digo parece porque no que \u00e9 de dominio p\u00fablico, segue sen haber estat\u00edsticas ou estudos cuantitativos (nin cualitativos) do uso no noso pobo e as infraestuturas que poder\u00edan facilitar ese aumento, como carr\u00eds bici, ou a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2010\/08\/beira-da-ponte-dos-santos-e-sua-sombra.html\">facilidade de paso na Ponte dos Santos<\/a> (algo que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2011\/09\/20110919-pleno-i.html\">foi preguntado polo Tes\u00f3n \u00f3 pleno<\/a>), nin est\u00e1n nin se lles espera. Iso si, carteis coa lenda de \u2018<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/07\/ribadeo-vila-amiga-das-bicicletas.html\">vila amiga das bicicletas<\/a>\u2019 levan tempo \u00e1 entrada do pobo (que non do concello). Isto, nun concello onde non \u00e9 a primeira vez que apunto que, o alcalde dende hai m\u00e1is de 12 anos, ten como deporte de base o ciclismo. \u00d3 tempo que contabiliza un dos tramos de estrada m\u00e1is perigosos de todo o estado, no que a rede de transporte p\u00fablico fai dif\u00edcil a mobilidade por eses medios na maior\u00eda do termo municipal ou no que se levan &#8216;humanizado&#8217; diferentes lugares da vila.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres, seguen a aparecer nos xornais novas (protestas \/ petici\u00f3ns \/ realizaci\u00f3ns) relacionadas case de xeito exclusivo co tr\u00e1fico a motor de combustible, pero non coa bicicleta, das que se ve circular ou estar aparcada unha por cada varios centos de coches. As\u00ed pois, que sexa un transporte m\u00e1is ecol\u00f3xico, pr\u00e1ctico, barato, coas bondades dun desprazamento activo, mesmo r\u00e1pido (a\u00ednda admitindo matices) non chega para favorecer a s\u00faa potenciaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A conta da potenciaci\u00f3n do uso da bicicleta lembro o que pasou cando Ribadeo (en outros moitos lugares foi semellante) peonalizou as r\u00faas c\u00e9ntricas. Primeiro, protestas, pero logo foron esquecidas cando chegou o desfrute xeral da peonalizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sen reparar adem\u00e1is que esa falta de potenciaci\u00f3n favorece o desco\u00f1ecemento de posibilidades como a bici compartida ou contrib\u00fae \u00f3 fracaso das bicis de aluguer, por non falar de iniciativas como enbicisinedad.org que pode beneficiar \u00f3 funcionamento da residencia de maiores&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ou que nun momento de necesidade de abandono dos combustibles f\u00f3siles, as bicis el\u00e9ctricas poden ter unha funci\u00f3n de facilitaci\u00f3n do cambio de modelo de mobilidade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Damos unha volta en bici?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Cada vez aumenta m\u00e1is a diferencia de posibiliddes de mobilidade entre as cidades e os pobos e o campo. Cada vez m\u00e1is, a t\u00e9cnica desenvolve m\u00e9todos comunitarios ou non que son m\u00e1is doados de aplicar nas cidades e menos en lugares con baixa densidade de poboaci\u00f3n ou n\u00facleos pequenos. Por iso, cada vez m\u00e1is, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,21,74,42],"class_list":["post-5182","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-economia","tag-o-teson","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5182","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5182"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5182\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5182"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5182"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5182"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}