{"id":5175,"date":"2020-03-10T23:58:00","date_gmt":"2020-03-10T22:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:16:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:16:37","slug":"recunchos-de-ribadeo-pancho-campos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/10\/recunchos-de-ribadeo-pancho-campos\/","title":{"rendered":"RECUNCHOS DE RIBADEO.  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Fai uns d\u00edas co historiador <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Emilio%20Pi%C3%B1eiroa\">Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/a> fun a ver uns cantos paraxes do Concello de Ribadeo que eu co\u00f1ec\u00eda por o\u00eddas pero que nunca visitara. Paraxes realmente desco\u00f1ecidos pola maior\u00eda dos ribadenses e que est\u00e1n esquecidos por este marabilloso concello. O primeiro sitio onde paramos, foi na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=fervenza+lexoso\">fervenza do rego Lexoso<\/a> en Remourelle (<a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=14\/43.5098\/-7.1652&amp;layers=N\">mapa<\/a>), segundo tramo do r\u00edo que \u00f3 chegar \u00e1 Ponte de Arante se transforma no r\u00edo Grande (<a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=15\/43.4996\/-7.1414&amp;layers=N\">mapa<\/a>). <\/p>\n<p>\u00c9 unha fervenza situada sobre unha pequeni\u00f1a lagoa, abondo extensa e profunda como para darse un refrescante mergullo no ver\u00e1n, pois nesta \u00e9poca de inverno a auga do r\u00edo baixa demasiado fr\u00eda como para sentir a necesidade de tal satisfacci\u00f3n. O lugar est\u00e1 formado por un acuruxado paraxe envolto por ladeiras non moi inclinadas, onde afloran grandes pedras con grandura proporcionada \u00e1 unha vexetaci\u00f3n tan verde e aut\u00f3ctona que conforma un escenario ideal para facer unha \u201cperformance\u201d de fadas, elfos, meigas e bruxos acompa\u00f1ados dunha mel\u00f3dica m\u00fasica de frauta m\u00e1xica que se elevara cun bel canto nunha xuntanza de lecer e so\u00f1ar con seres feiticeiros, e se se dera o caso atopar ese ou esa marabillosa dru\u00edda capaz de dirixir cerimonias de iniciaci\u00f3n \u00e1 maxia ancestral. <\/p>\n<p>Supo\u00f1o que haber\u00eda que probar a ac\u00fastica do lugar facendo soar un viol\u00edn, cantando un coro, soando unha frauta, unha zanfona, unha gaita&#8230;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgqrFeaaKmPo5z7_u9FJWe_DpqBJyEWwlz201s8j8g59yAIqPp7ZQGeYjDn63rlQVOcgFmpZJDW1alsuNHMZ1VO5GpB2PJFaGv-JZVGapprJsL3P5lH2jEHakiijv2RbZrAXBPRuQ\/s2048\/fervenza+Lexoso.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgqrFeaaKmPo5z7_u9FJWe_DpqBJyEWwlz201s8j8g59yAIqPp7ZQGeYjDn63rlQVOcgFmpZJDW1alsuNHMZ1VO5GpB2PJFaGv-JZVGapprJsL3P5lH2jEHakiijv2RbZrAXBPRuQ\/s2048\/fervenza+Lexoso.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Fervenza do Lexoso. Foto: Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/p>\n<p>Despois fomos \u00e1 finca de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=podomorfos\">As Fadegas<\/a> na zona das Anzas, que xa co\u00f1ec\u00eda por ir buscar coa mi\u00f1a muller crisantemos para Santos e que \u00e9 propiedade de Elia e Vicente, que se dedicaron a producir froitas e hortalizas ecol\u00f3xicas durante m\u00e1is de corenta anos e que venderon no mercado e comercio de Ribadeo. Hoxe o cultivo e produci\u00f3n daqueles pementos, xud\u00edas, tomates, leitugas, porros, fabas, remolachas de mesa, cabazos, cabaci\u00f1as, ch\u00edcharos, tirabeques, apios, acelgas e espinacas corren a cargo da s\u00faa filla Marta M\u00e9ndez e de Montse Laya. Tam\u00e9n te\u00f1en \u00e1rbores froiteiras de figos, ameixas, maz\u00e1s, peras, noces, kiwis e abel\u00e1s, e froitos de arandeiras e framboesas. Agora no inverno tam\u00e9n plantan coliflores, repolos e verduras. <\/p>\n<p>Nesta finca de As F\u00e1degas (<a href=\"https:\/\/www.openstreetmap.org\/#map=15\/43.4972\/-7.0914&amp;layers=N\">mapa<\/a>), ademais da magn\u00edfica produci\u00f3n de horta ecol\u00f3xica que contemplamos en parte, at\u00f3panse ao longo da marxe esquerda do r\u00edo Grande os petr\u00f3glifos m\u00e1is antigos do Concello de Ribadeo dos que eu sab\u00eda pero que nunca vira. Consisten nunha serie de once pisadas dun humano e catro ocos case redondos cunhas au\u00f1adas laterais, que parece como se se fixeran nunha lameira branda e que se endureceron co paso de a saber os miles de anos que pasaron.<\/p>\n<p>Segundo nos relata nun artigo Pablo Villapol, en El Progreso 08-marzo-2013, parece que tres expertos nestas cousas, explican que son once pisadas humanas e catro pisadas de oso, e que a s\u00faa presencia de estar xuntas responde a un rito ancestral vinculado o Sol e o Solsticio de Ver\u00e1n (21-22 xu\u00f1o). O feito de que representen pegadas de oso en Ribadeo, \u00e9 un dato fundamental que as vincula a un ritual similar detectado en pa\u00edses n\u00f3rdicos como Suecia.<\/p>\n<p>Pegada dunOSO<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhI5mnXeUNYWZM4WVld1euF3Vvu18xPPlvV8pFvXy2jV1mTw_RzyajnYXywAdwpoNz7CV_gslUiT2PI_9VAP0aaWHxnDSmdsYci1CTWz1lMe-JklWnxdQxpLCm1xbjfdfReyrCfNw\/s2048\/pegada+dun+oso.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"270\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhI5mnXeUNYWZM4WVld1euF3Vvu18xPPlvV8pFvXy2jV1mTw_RzyajnYXywAdwpoNz7CV_gslUiT2PI_9VAP0aaWHxnDSmdsYci1CTWz1lMe-JklWnxdQxpLCm1xbjfdfReyrCfNw\/s2048\/pegada+dun+oso.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>Pegadas dun HOMO (O ENCANTO)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgrFQo3-NuEzdRE-_nTx6n__YhqjNJQwc5N486dxWutUq1ZEbJ6__5DyqZGcslF3450Rdb59Y-5MqIPf4i6NGpk9ktyGwYFqYIqjKQDywQXSP-Z8wCAzyVCo9ryq_8oEYFVfOqplw\/s2048\/pegada+dun+homo+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgrFQo3-NuEzdRE-_nTx6n__YhqjNJQwc5N486dxWutUq1ZEbJ6__5DyqZGcslF3450Rdb59Y-5MqIPf4i6NGpk9ktyGwYFqYIqjKQDywQXSP-Z8wCAzyVCo9ryq_8oEYFVfOqplw\/s2048\/pegada+dun+homo+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiQxRJITuQOd2NACs947wNku9UfYj2kR3ftBkUKuubcyDiBKBsBhpiLY9LpNRgoaAeSI6VuF2l4bRQtoala6HH9Uj-gtkDgV3Ctr-q_hGCKwzYUIQCsEFurPLWHTsrAqKgwGo3yhg\/s2048\/pegada+dun+homo+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiQxRJITuQOd2NACs947wNku9UfYj2kR3ftBkUKuubcyDiBKBsBhpiLY9LpNRgoaAeSI6VuF2l4bRQtoala6HH9Uj-gtkDgV3Ctr-q_hGCKwzYUIQCsEFurPLWHTsrAqKgwGo3yhg\/s2048\/pegada+dun+homo+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Fotos: Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, estivemos ao p\u00e9 das ru\u00ednas da Capela do Buen Jes\u00fas, localizada \u00e1 esquerda da estrada que vai desde a Igrexa de Ove \u00e1s Ace\u00f1as. Est\u00e1 abandonada do culto desde fai moitos anos e o seu estado \u00e9 de ru\u00edna total. Sen teito e as paredes de pedra pizarrosa est\u00e1n recubertas de hedras e silvas. Presenta unha planta cadrada con sete columnas embebidas: tres ao Leste ou fachada Levante, unha o Norte, outra o Sur ou Mediod\u00eda e d\u00faas laterais na fachada Oeste ou de Po\u00f1ente onde se atopa unha sinxela porta de entrada. <\/p>\n<p>Chama a atenci\u00f3n a s\u00faa forma pois m\u00e1is parece un torre\u00f3n solitario dedicado a atalaia de vixilancia dunha zona costeira da R\u00eda de Ribadeo, que a igrexa ou a capela. Pero parece que segundo rezan os papeis do bispado \u00e9 a Capela do Buen Jesus. As\u00ed que mentres non atopemos m\u00e1is documentos ao respecto haber\u00e1 que admitir tales escritos.<\/p>\n<p>A min par\u00e9ceme que para ser unha capela deber\u00eda ter ao menos unha pequena lucerna pola parte Leste que \u00e9 o lugar da alba ou do nacemento de Sol, pois por criterio ritual deber\u00eda de haber, ou quizais tam\u00e9n deber\u00eda haber algunha aspilleira pequena por alg\u00fan lado para dar luz o interior, cousa que n\u00f3s non vimos, e que pode habela pois os muros est\u00e1n moi tapados polas silvas e hedras. Tam\u00e9n puidese ser unha torre albarrana que estivese acaroada (adosada) a unha muralla, para servir de baluarte ou de atalaia a unha construci\u00f3n moito m\u00e1is grande, pois a parede da parte leste non \u00e9 lisa como as outras, sen\u00f3n que mostra pedras sen recebar como si fosen parte dun muro derru\u00eddo. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhGh-Ov3rLTSk4g9W93EJUhHCDCi3er596uwyOMC9U2yOarq82zqvcOHddYzat1rJ7aI5LZWs0uhR84uMYdyaaB_OFGEoj9hTYmhPr_nYSBoyMYCLD5MnI6UyMp92KXnnh0Z6NtAg\/s2048\/plant+capela+bo+Xesus.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"304\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhGh-Ov3rLTSk4g9W93EJUhHCDCi3er596uwyOMC9U2yOarq82zqvcOHddYzat1rJ7aI5LZWs0uhR84uMYdyaaB_OFGEoj9hTYmhPr_nYSBoyMYCLD5MnI6UyMp92KXnnh0Z6NtAg\/s2048\/plant+capela+bo+Xesus.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>E logo de recorrer este roteiro pregunto eu, non haber\u00e1 no Concello de Ribadeo un pequeni\u00f1o presuposto para desbrozar e limpar estes tan fermosos lugares, e po\u00f1elos en valor a car\u00f3n dun paseo tur\u00edstico a p\u00e9 ou en autob\u00fas polo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=cami%C3%B1o+encanto\">Cami\u00f1o do Encanto<\/a>? Creo que si hai cartos dabondo para limpar e po\u00f1er este roteiro en valor. Ent\u00f3n a que tantos anos se leva esperando?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fai uns d\u00edas co historiador Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano fun a ver uns cantos paraxes do Concello de Ribadeo que eu co\u00f1ec\u00eda por o\u00eddas pero que nunca visitara. Paraxes realmente desco\u00f1ecidos pola maior\u00eda dos ribadenses e que est\u00e1n esquecidos por este marabilloso concello. O primeiro sitio onde paramos, foi na fervenza do rego Lexoso en Remourelle [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,46,9],"class_list":["post-5175","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5175","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5175"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5175\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5175"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5175"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5175"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}