{"id":5174,"date":"2020-03-11T21:06:00","date_gmt":"2020-03-11T20:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:16:35","modified_gmt":"2024-11-12T12:16:35","slug":"loita-contra-espana-baleirada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/11\/loita-contra-espana-baleirada\/","title":{"rendered":"Loita contra a Espa\u00f1a baleirada"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgytZ-xpmjOKSvzqYLEQ6bRB2TYA6vtyUeKnf_QV_y8wz3R7Y_4lZpGoCCJEc5OvawfsH_bIAKl6ly5VDc29noyhU3MKdh_yt-ezjSoHUc7-JBi_59EpQk2MLsv_kHhBm-E1k3cpA\/s2048\/1280px-Population_per_km2_by_municipality_in_Spain_%25282018%2529.svg.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgytZ-xpmjOKSvzqYLEQ6bRB2TYA6vtyUeKnf_QV_y8wz3R7Y_4lZpGoCCJEc5OvawfsH_bIAKl6ly5VDc29noyhU3MKdh_yt-ezjSoHUc7-JBi_59EpQk2MLsv_kHhBm-E1k3cpA\/s2048\/1280px-Population_per_km2_by_municipality_in_Spain_%25282018%2529.svg.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Demograf%C3%ADa_de_Espa%C3%B1a#\/media\/Archivo:Population_per_km2_by_municipality_in_Spain_(2018).svg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Population_per_km2_by_municipality_in_Spain_(2018).svg<\/a>. Collido de http:\/\/es.wikipedia.org. traballo propio de <span class=\"mw-mmv-source-author\"><span class=\"mw-mmv-author\"><a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Dieghernan84\" title=\"User:Dieghernan84\">dieghernan<\/a><\/span><\/span> con lic. <a class=\"mw-mmv-license\" href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CC BY-SA 4.0<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Literalmente, ese era o t\u00edtulo dunha nova do 28 de febreiro nun xornal. Como soe ocorrer outras moitas veces, o texto en letra m\u00e1is pequena detallaba abondo mellor a nova. O t\u00edtulo s\u00f3 pretende ser m\u00e1is impactante, nin explicaci\u00f3n concentrada nin a nova encapsulada nunha p\u00edlula.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O caso \u00e9 que estimo que \u00e9 o t\u00edtulo o que pode ilustrar abondo ben o fondo do proceso de baleiramento de amplas zonas xeogr\u00e1ficas en Espa\u00f1a, Galicia inclu\u00edda. Nel, no t\u00edtulo, van metidas moitas ideas xuntas. Ideas como a separaci\u00f3n en d\u00faas \u2018Espa\u00f1as\u2019 contrapostas, a baleirada e por contraposici\u00f3n a \u2018enchida\u2019, o feito do desaloxo do que antes estaba cheo ou que se trata dunha loita, non dunha aproximaci\u00f3n ou colaboraci\u00f3n para solucionar algo de xeito conxunto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Parece que o foco do t\u00edtulo estar\u00eda posto en que amplas zonas de territorio non s\u00f3 est\u00e1n baleiras, sen\u00f3n que foron baleiradas (e seguen a baleirarse). Coido que haber\u00eda que desprazar ese foco a que esas zonas te\u00f1en un modelo vital desfeito por un sistema capitaneado por forzas que emanan das concentraci\u00f3ns de poder, que pode dicirse que residen nas cidades. Non \u00e9 que se baleiraran \u2018porque si\u2019, sen causa, ou que a culpa a te\u00f1an as mesmas persoas que viven nelas e que deciden baleirar o territorio, emigrar sen m\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Amplif\u00edcase o desfase de percepci\u00f3n cando o termo \u2018baleirada\u2019 apl\u00edcase a unha entidade -Espa\u00f1a- para partila desmembrando o seu territorio, para exercer sobre el unha dicotom\u00eda, po\u00f1endo as\u00ed ambas partes en contraste, confront\u00e1ndoas. E si, hai que darlle a raz\u00f3n a esta concepci\u00f3n nunha cousa: est\u00e1n enfrontadas. Pero non de xeito inevitable, sen\u00f3n como consecuencia local dunha forma de facer as cousas global que, entre outras circunstancias, est\u00e1 a levar \u00f3 planeta en conxunto \u00f3 desastre.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E \u00e9 que tal parece -\u00e9- unha loita contra unha parte, non unha loita das \u2018partes\u2019 en conxunto para procurar unha soluci\u00f3n: non se pode atopar unha soluci\u00f3n mentras persistan as causas e as cousas que xeran o problema, que incl\u00faen factores como o desco\u00f1ecemento de moitos \u2018urbanitas\u2019 de como funciona o campo. As\u00ed, co tipo actual de loita \u2018contra a Espa\u00f1a baleirada\u2019,  s\u00f3 se poder\u00e1n atopar paliativos que, a non longo prazo, xustificar\u00e1n m\u00e1iss ataques contra xente e territorio baleirado esgrimindo os custes, as subvenci\u00f3ns, as supostas \u2018prebendas que se lle levan dado\u2019, o pouco que fan os poucos veci\u00f1os que van quedando&#8230; e que se presentar\u00e1n como un custe para o resto da sociedade. A culpabilizaci\u00f3n do d\u00e9bil e oprimido \u00e9 un mecanismo t\u00edpico, de manual, para rematar con el, anulalo, vencer as s\u00faas \u00faltimas resistencias. Despois vir\u00e1 a ocupaci\u00f3n dese espazo polos substitutos dependentes do \u2018poder urbano\u2019, sexa unha sinxela apropiaci\u00f3n da terra xa despoxada, multinacionais agroalimentarias ou o que sexa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Population_per_km2_by_municipality_in_Spain_(2018).svg. Collido de http:\/\/es.wikipedia.org. traballo propio de dieghernan con lic. CC BY-SA 4.0 &nbsp;&nbsp; Literalmente, ese era o t\u00edtulo dunha nova do 28 de febreiro nun xornal. Como soe ocorrer outras moitas veces, o texto en letra m\u00e1is pequena detallaba abondo mellor a nova. O t\u00edtulo s\u00f3 pretende ser m\u00e1is impactante, nin explicaci\u00f3n concentrada nin [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-5174","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5174","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5174"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5174\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5174"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5174"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5174"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}