{"id":5173,"date":"2020-03-12T13:29:00","date_gmt":"2020-03-12T12:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:16:33","modified_gmt":"2024-11-12T12:16:33","slug":"sentidino-por-pablo-mosquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/12\/sentidino-por-pablo-mosquera\/","title":{"rendered":"Sentidi\u00f1o. Por Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp; Como vello sanitario, crente na sanidade p\u00fablica universal, devoto dos nosos expertos-compa\u00f1eiros en Sa\u00fade P\u00fablica, orgulloso do co\u00f1ecemento e a experiencia que atesouran os nosos equipos de Asistencia Sanitaria Integrada e Integral, creo estamos n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/02\/coronavirus-en-eleccions.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">o mellor lugar posible ante unha Pandemia<\/a>. Este pa\u00eds noso nada ten que ver con aquel de 1918-1920, cando trala primeira gran guerra unha Pandemia de Gripe abordelou Europa. Sabemos m\u00e1is. Somos mellores. Dispo\u00f1emos de extraordinarios recursos sanitarios.<\/p>\n<p>&nbsp; Centr\u00e1ndonos neste o noso fogar. A antiga provincia de Mondo\u00f1edo. O mar do norte. Temos un clima que permite gozar ao aire libre, evitando as aglomeraci\u00f3ns. Precisamente, por esa natureza patrimonial, somos lugar de cita para os viaxeiros do lecer e a cultura. A\u00ednda que a mala noticia \u00e9 a suspensi\u00f3n, por forza maior epidemiol\u00f3xica, daqueles eventos costumbristas que re\u00fanen xentes e fan mistura cultural, non \u00e9 menos certo que temos unha marabillosa alternativa, gozar en soidade, connosco mesmo, de tantos lugares que son b\u00e1lsamo para as nosas almas zaheridas polas preocupaci\u00f3ns ou a fatiga f\u00edsica e mental.<\/p>\n<p>&nbsp; Co\u00f1\u00e9cese perfectamente a Cadea Epidemiol\u00f3xica do axente causal da Pandemia. Estase traballando en anular ese Xenoma proteico que forma parte do &#8220;poder&#8221; infecto contaxioso do virus. Pero hai algo que como sempre \u00e9 fundamental. Non debemos preguntarnos que pode facer o noso pa\u00eds por n\u00f3s, debemos preguntarnos que podemos facer n\u00f3s polo noso pa\u00eds.<\/p>\n<p>&nbsp; Na medida que sabemos como se comporta o virus. A importancia que temos cada un de n\u00f3s\/as como suxeitos sans susceptibles, fontes portadoras de virus, podemos, sabemos e debemos evitar movilidades que aumenten as condici\u00f3ns do contaxio. Pensemos que non s\u00f3 os enfermos son susceptibles. Tam\u00e9n os sans, sen sabelo poden ser portadores. De a\u00ed a hixiene persoal que se debe estender a todos eses obxectos-f\u00f3mites que son &#8220;superficies&#8221; sobre as que asenta o virus.<\/p>\n<p>&nbsp; Por desgraza, estas Pandemias son c\u00edclicas. Disp\u00e1ranse cada certo tempo. Constit\u00faen un grave problema de sa\u00fade p\u00fablica. Pero sobre todo provocan p\u00e1nico, cunha ondada de anguria social moi superior \u00e1 extensi\u00f3n do propio virus, dando lugar a tempestade de movementos que debemos controlar cada un desde nosa propia iniciativa. Non se poden colapsar, por medo, os recursos asistenciais. Entre outras raz\u00f3ns porque os colapsos de instalaci\u00f3ns sanitarias son punto de contaxio por densidad de usuarios, e por impedir a atenci\u00f3n a outros procesos graves que seguen o seu curso e presenza.<\/p>\n<p>&nbsp; Observo unha dicotom\u00eda no comportamento. Os epidemi\u00f3logos tratando de conter a expansi\u00f3n da Pandemia e buscando que acade o punto \u00e1lxido de casos detectados, pois a partir de a\u00ed ira decaendo, o que sempre foi directamente proporcional ao \u00e9xito da Educaci\u00f3n Sanitaria. Os cidad\u00e1ns &#8220;acosados&#8221; por tanta noticia, \u00e1s veces moi desafortunadas, ao que se suma a desconfianza no sistema pol\u00edtico que temen que se impo\u00f1a aos expertos en Sa\u00fade P\u00fablica. E \u00e9 que unha vez m\u00e1is, fai falta menos pol\u00edtica e m\u00e1is sociedade.<\/p>\n<p>&nbsp; Para terminar: o meu orgullo mari\u00f1\u00e1n con agradecemento para eses traballadores\/as do SERGAS que se presentaron voluntarias para acudir a domicilios para realizar as probas pertinentes. A mi\u00f1a p\u00fablica disposici\u00f3n como m\u00e9dico, a ser requirido para calquera funci\u00f3n -d\u00e9bollo \u00e1 sociedade- E unha licenza persoal. Os Mari\u00f1\u00e1ns sempre fomos duros e traballadores&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Como vello sanitario, crente na sanidade p\u00fablica universal, devoto dos nosos expertos-compa\u00f1eiros en Sa\u00fade P\u00fablica, orgulloso do co\u00f1ecemento e a experiencia que atesouran os nosos equipos de Asistencia Sanitaria Integrada e Integral, creo estamos no mellor lugar posible ante unha Pandemia. Este pa\u00eds noso nada ten que ver con aquel de 1918-1920, cando trala [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,14,27],"class_list":["post-5173","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-pablo-mosquera","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5173","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5173"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5173\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5173"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5173"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5173"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}