{"id":5166,"date":"2020-03-22T11:20:00","date_gmt":"2020-03-22T10:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:16:22","modified_gmt":"2024-11-12T12:16:22","slug":"dos-sons-en-illamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/22\/dos-sons-en-illamento\/","title":{"rendered":"Dos sons en illamento"},"content":{"rendered":"<p>Din que escribir pode ser relaxante. Tam\u00e9n, que \u00e9 unha v\u00e1lvula de escape. Ou sexa, que en situaci\u00f3s como a actual pode ser moi convinte para gardar un equilibrio entre sentementos e expresi\u00f3n, un suavizante para o transcurso da vida nunha situaci\u00f3n diferente \u00e1 que estamos afeitos.<\/p>\n<p>E ler. Nese caso, ademais, como substituto dese poder pasar os l\u00edmites das paredes impostas, ou mesmo tam\u00e9n substituto da conversa que se ten volto m\u00e1is dif\u00edcil nestes tempos: remedios telem\u00e1ticos fan abondo ben a substituci\u00f3n do cara a cara f\u00edsico da charla, pero f\u00e1ltalles un algo a pesar de que xa levamos tempo co seu uso, e como tal, estamos afeitos e sac\u00e1moslles partido.<\/p>\n<p>E, mentres escribo, oio os galos co seu quiquiriqu\u00ed que a min par\u00e9ceme m\u00e1is ben un son parello \u00f3 cocoric\u00f3 dos franceses (do que din as persoas, que os galos non falan franc\u00e9s que eu saiba), e tam\u00e9n o son das gaivotas que pensan en parellas no seu ni\u00f1o e se comunican para coordinar a s\u00faa construci\u00f3n, e tam\u00e9n outros paxari\u00f1os piadores, que dir\u00eda Rosal\u00eda.<\/p>\n<p>A esta primeira hora da ma\u00f1\u00e1, un can lonxe ladra, a saber a que, e a m\u00e1quina varredora completa o fodo sonoro cun  agora lonxano susurro. O mar ten que estar en calma, sen\u00f3n oir\u00edase. E a autov\u00eda, despexada: o tr\u00e1fico que se escoita \u00e9 interno \u00f3 pobo, e tranquilo, dende a Guardia Civil na s\u00faa ronda destes d\u00edas a alg\u00fan coche solto que sempre me pregunto que fai (quen conduce, non o coche). Un son m\u00e1is irrumpe en escea. Dif\u00edcil de escoitar d\u00edas atr\u00e1s, pero pr\u00edstino na s\u00faa m\u00e1is lonxana posici\u00f3n, un avi\u00f3n que -a\u00ednda- surca o ceo dentro das nubes de algod\u00f3n fino que hoxe tapan a caixa do Ribadeo que vexo.<\/p>\n<p>Estou escribindo s\u00f3 de sons -e da s\u00faa falta- un domingo pola ma\u00f1\u00e1&#8230; Ah! Un momento. Noto outro, esta volta, gorgoteo de pombas mentres o galo canta m\u00e1is forte. Debe ser outro. Este si se parece m\u00e1is a quiquiriqu\u00ed o que di. Presto atenci\u00f3n: baixi\u00f1o, chegan varios tipos de ch\u00edos doutros paxaros, pero o meu co\u00f1ecemento das aves polo son non chega a m\u00e1is.<\/p>\n<p>Pero, repito, ch\u00e1mame a atenci\u00f3n que ma chamen os sons, s\u00f3. E preg\u00fantome eu mesmo se moitos outros domingos, a estas horas, non era parello. E si, e non. Si, a calma dos domingos pouco despois do mencer par\u00e9cese. Pero a\u00ednda as\u00ed, hab\u00eda m\u00e1is movemento, sen contar o fondo aminorado da autov\u00eda. Parece como se os animais, \u00f3 sentilo, estiveran m\u00e1is confiados e emitiran unha variedade maior de sons para deixarse sentir. Pode tam\u00e9n que os aprecie eu m\u00e1is, pero coido que non \u00e9 iso, que os te\u00f1o sentido de madrugada apreci\u00e1ndoos despois de noites ruidosas. E a\u00ed, a m\u00e1is da calma, parte da diferencia. Entre son, ru\u00eddo, impacto, calma, m\u00fasica, palabra&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Din que escribir pode ser relaxante. Tam\u00e9n, que \u00e9 unha v\u00e1lvula de escape. Ou sexa, que en situaci\u00f3s como a actual pode ser moi convinte para gardar un equilibrio entre sentementos e expresi\u00f3n, un suavizante para o transcurso da vida nunha situaci\u00f3n diferente \u00e1 que estamos afeitos. E ler. Nese caso, ademais, como substituto dese [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,9],"class_list":["post-5166","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5166","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5166"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5166\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5166"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5166"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5166"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}