{"id":5140,"date":"2020-03-31T15:41:00","date_gmt":"2020-03-31T13:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:30","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:30","slug":"saude-e-liberdade-pablo-mosquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/31\/saude-e-liberdade-pablo-mosquera\/","title":{"rendered":"Sa\u00fade e liberdade. Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p><em>Sa\u00fade e liberdade<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>(dedicado a todos os meus pacientes&#8230; amigos\/as)<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; O obvio non sempre est\u00e1 presente. Carecer de algo sup\u00f3n darlle o seu xusto valor. Nun mundo globalizado, controlado, automatizado e case robotizado, as pequenas cousas vanse perdendo en rec\u00f3nditos espazos do noso cerebro. Agora, as carencias e as abundancias, as rupturas da cadea sociolaboral, d\u00e9ronnos todo o tempo do d\u00eda para chegar a tal espazo, o dos recordos, onde gardamos os vellos valores da humanidade.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Xogamos coa sa\u00fade. Hai quen tivo a tentaci\u00f3n de converter tal espazo nunha mercador\u00eda. &#8220;A sa\u00fade non ten prezo, pero c\u00fastanos un prezo inasumible&#8221;. Esa foi a reflexi\u00f3n do capitalismo m\u00e1is obsceno. Por esa perversa senda alg\u00fans chegan a negar ou xerarquizar o dereito \u00e1 sa\u00fade, en funci\u00f3n de cohortes de poboaci\u00f3n, segundo a capacidade produtiva.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Ademais, podo discutir nese foro economicista, a sa\u00fade que cura e coida \u00e9 non s\u00f3 un dereito, tam\u00e9n a contrapartida para a fiscalidade contribu\u00ednte, o aforro das clases populares, o espazo sociosanitario capaz de xerar riqueza e nichos de emprego, que devolven con fartura cada euro p\u00fablico gastado.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Liberdade. Unha dama \u00e1 que render as armas do cabaleiro, xunto \u00e1 terra e a cultura. Pero tam\u00e9n un espazo vital sen o que non paga a pena vivir, polo que paga a pena morrer. Que ningu\u00e9n xogue con esa dama, que ningu\u00e9n trate de encarcerala aproveitando a conxuntura. A liberdade \u00e9 a primeira das conquistas para a humanidade. Non hai nada m\u00e1is progresista que a liberdade. Ata poder\u00eda falar de liberdades. Precisamente polos tempos que vivimos. M\u00e1is al\u00f3 da ret\u00f3rica ou da l\u00edrica. E conste que pola mi\u00f1a propia singradura, estou adestrado a vivir sen liberdade&#8230;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Estes d\u00edas volv\u00edn a lembrar os catorce anos que pasei sen liberdade. Era o prezo para conquistar, dende a dignidade, as liberdades nun pa\u00eds vasco onde o concepto de liberdade t\u00ed\u00f1ase pervertido, e non ser gudari e abertzale, supo\u00f1\u00eda condena a morte. Pero o que peor levaba non era o medo. Cheguei a superalo e non o volv\u00edn sentir. O que non logro superar \u00e9 a falta de liberdade.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Unha das raz\u00f3ns, que non a \u00fanica para un galego necesitado de mar e vento, que me fixeron regresar ao norte do norte, foi reencontrarme coa liberdade. Esa que gozamos na nosa Mari\u00f1a. A que non nos poden quitar mentres te\u00f1amos visi\u00f3n do horizonte mari\u00f1o, audici\u00f3n para as mareas, pel para recibir as pingas de auga en suspensi\u00f3n que producen as ondas -rumbos- ao chocar cos cant\u00eds -salseiros- para converterse en areas de mica e caol\u00edn. Estes tesouros son nosos. Conte\u00f1en as tres damas que antes citei. E sen tales a vida carece de sentido. Ou simplemente, a vida \u00e9 iso, pasear por un peirao, escoitar unha canci\u00f3n, ba\u00f1arse nas augas Cant\u00e1bricas, perfumarse co iodo, falar coas nosas xentes, na nosa ligua, dos nosos costumes, mentres saboreamos un vi\u00f1o do pa\u00eds, en compa\u00f1\u00eda dos amigos. \u00a1Non \u00e9 moito pedir!. Somos os m\u00e1is ricos, precisamente por non necesitar tanto. Pero que ningu\u00e9n nos quite ou nos administre a liberdade&#8230;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sa\u00fade e liberdade (dedicado a todos os meus pacientes&#8230; amigos\/as) &nbsp;&nbsp; O obvio non sempre est\u00e1 presente. Carecer de algo sup\u00f3n darlle o seu xusto valor. Nun mundo globalizado, controlado, automatizado e case robotizado, as pequenas cousas vanse perdendo en rec\u00f3nditos espazos do noso cerebro. Agora, as carencias e as abundancias, as rupturas da cadea [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,14],"class_list":["post-5140","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5140"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5140\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}