{"id":5139,"date":"2020-03-31T16:26:00","date_gmt":"2020-03-31T14:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:28","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:28","slug":"mentiras-da-china","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/31\/mentiras-da-china\/","title":{"rendered":"Mentiras da China"},"content":{"rendered":"<p>Descubrir mentiras sempre \u00e9 un paso adiante. Cara \u00e1 verdade, si. Pero \u00e1s veces pod\u00e9molo ver como un paso atr\u00e1s polo que nos fai sentir. Dende a inocencia perdida dos nenos que se decatan da inexistencia dos Reis (Magos) coa confusi\u00f3n correspondente, en diante&#8230; Mais en xeral os sentimentos asociados \u00f3 descubrimento das mentiras son asemade positivos.<\/p>\n<p>Lembreime da idea anterior \u00f3 ver un artigo sobre o falseamento do n\u00famero de mortos polo coronavirus en China. Dos tres mil largos que difundiu a contabilidade oficial para o conxunto chino, a cousa poder\u00eda pasar a un n\u00famero no entorno dos 40 000 en Wuhan, a capital da provincia que concentra o groso do n\u00famero de casos. \u00c9 dicir, ao menos dez veces m\u00e1is do que se manexaba.<\/p>\n<p>Moitos mortos, que indican tam\u00e9n moitas cousas.<\/p>\n<p>Entre elas, a primeira, que un estado cunha estrutura como o chino, non \u00e9 confiable. Haber\u00eda que discutir ent\u00f3n, na actualidade, dun xeito particular a confianza que se pode depositar nos datos de recuperaci\u00f3n, ou, dun xeito moito m\u00e1is inclusivo, a confianza que se pode depositar nun estado (m\u00e1is al\u00f3 de quen o goberne nun momento dado) debido a como se organiza, pola s\u00faa estrutura, polo sistema.<\/p>\n<p>Outra, que se as mortes chinas ser\u00edan m\u00e1is de dez veces m\u00e1is das ditas, e se os casos, os ditos, por ser menos sensibles, se axustasen m\u00e1is \u00e1 realidade, a mortalidade relativa ser\u00eda dez veces superior. \u00c9 dicir, a mortalidade na China elevar\u00edase ata os arredores do 50 % dos casos detectados. E iso, levar\u00eda consigo que o falseamento de datos ter\u00eda inducido a considerar o virus moito menos perigoso do que \u00e9 na realidade, desenfocando as\u00ed a resposta de quen creu (ou quixo crer) nos datos. Por exemplo, os gobernos occidentais.<\/p>\n<p>Outra m\u00e1is, que a transmisi\u00f3n de datos boca a orella, de persoa a persoa, popular, conv\u00edrtese, segundo e como, en tan confiable como a transmisi\u00f3n do goberno. Non me estou a referir \u00e1s fakes que engaden fobia e insultos incontrolados na procura dun culpable a quen sacudir e quitar do medio como se iso fose anular o problema. Non, sen\u00f3n a casos como o dos comerciantes chinos que, previdos polas s\u00faas familias xa afectadas, tomaron precauci\u00f3ns ante as risas dos incr\u00e9dulos clientes que acud\u00edan \u00e1s s\u00faas tendas&#8230; d\u00edas antes de ser acusados de transmitir o virus!<\/p>\n<p>E a\u00ednda m\u00e1is. Por exemplo, de xeito esperanzador: se a porcentaxe na China \u00e9 a &#8216;nova&#8217;, segundo os novos c\u00e1lculos de mortos &#8216;non oficiais&#8217;, ent\u00f3n podemos confiar m\u00e1is nos datos oficiais das nosas autoridades en Espa\u00f1a, que concordar\u00edan mellor coas novas porcentaxes observadas na China en relaci\u00f3n \u00f3 informe de casos detectados. E mesmo con ese feito observado de que a poboaci\u00f3n &#8216;branca&#8217; ter\u00edamos menos receptores para permitir actuar \u00f3s coronavirus&#8230; \u00c9 dicir, a datos de hoxe, os infectados declarados aproximar\u00edanse m\u00e1is \u00f3s reais &#8216;detectables&#8217; (no sentido de presentar s\u00edntomas) e a enfermidade estar\u00eda en v\u00edas de control. A pesares dos desaxustes diversos que se podan ver nas medidas -tanto as tomadas polo goberno como as medidas de infectados-.<\/p>\n<p>En fin, desvelar as mentiras pode ser tarefa ardua, m\u00e1is achegarse \u00e1 verdade soe compensar para saber como actuar e mesmo para comprend\u00e9rmonos mellor. A n\u00f3s e como sociedade.<\/p>\n<p>Agora ben, temos xa unha aproximaci\u00f3n boa \u00e1 verdade ou haber\u00e1 que seguir esperando o resultado do trabllo de quen anda na s\u00faa procura?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descubrir mentiras sempre \u00e9 un paso adiante. Cara \u00e1 verdade, si. Pero \u00e1s veces pod\u00e9molo ver como un paso atr\u00e1s polo que nos fai sentir. Dende a inocencia perdida dos nenos que se decatan da inexistencia dos Reis (Magos) coa confusi\u00f3n correspondente, en diante&#8230; Mais en xeral os sentimentos asociados \u00f3 descubrimento das mentiras son [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,67,32],"class_list":["post-5139","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-estatisticas","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5139","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5139"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5139\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5139"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5139"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5139"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}