{"id":5136,"date":"2020-04-02T12:44:00","date_gmt":"2020-04-02T10:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:23","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:23","slug":"e-mana-cambios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/02\/e-mana-cambios\/","title":{"rendered":"E ma\u00f1\u00e1, cambios"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtn7vcYSsLIyMQ7gH9DrSf__kSh7vi-JvlOPOCnVUARmWWLAl6Q8zsxGkJ9a4NBb4gdRcS8-XgLhsYFC78pTR5j87CdhqwCOkw0Zv4uUm0s6IpXSWWHjhj9HBfR6snLRr0JstzLQ\/s2048\/DSP30_.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"602\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhtn7vcYSsLIyMQ7gH9DrSf__kSh7vi-JvlOPOCnVUARmWWLAl6Q8zsxGkJ9a4NBb4gdRcS8-XgLhsYFC78pTR5j87CdhqwCOkw0Zv4uUm0s6IpXSWWHjhj9HBfR6snLRr0JstzLQ\/s2048\/DSP30_.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Xa hai alg\u00fan tempo que est\u00e1n aparecendo artigos sobre a sociedade do futuro, &#8216;do post-coronavirus&#8217;. A variedade de opini\u00f3ns \u00e9 ampla, pero coido que hai un certo consenso en torno a d\u00faas posturas complementarias. Unha ser\u00eda o &#8216;cambiar todo para que nada cambie&#8217;, maioritaria, e outra, alternativa, defendendo posturas m\u00e1is profundas e inconcretas, tentando combater aquelo que implica que &#8220;elaborar reivindicaci\u00f3ns que podan ser satisfeitas confire  por necesidade unha lexitimidade a quen ten o poder de satisfacelas.&#8221;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En moitos casos ap\u00f3stase por unha recesi\u00f3n global profunda e duradeira, mesmo cunha recuperaci\u00f3n limitada debido a unha ansiedade que tardar\u00e1 en desaparecer. Nese sentido, apostaria (eu) m\u00e1is ben por unha recesi\u00f3n forte pero unha recuperci\u00f3n tam\u00e9n vigorosa palo sentemento de desfrute dese sentirse vivos despois da pandemia. Claro que iso pasa pola existencia dunha vacina e a validez da autoinmunizaci\u00f3n de quen xa pasou a infecci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Con todo, e por diferentes raz\u00f3ns, parece estar emerxendo un consenso sobre a idea de que &#8220;a normalidade era a crise&#8221;. \u00c9 dicir, non se pode considerar como &#8216;normal&#8217; unha situaci\u00f3n que nos estaba a levar \u00e1 destruci\u00f3n do mundo como o co\u00f1ec\u00edamos, e que entre outras cousas, est\u00e1 demostrado que potenciou a posibilidade de pandemias como a actual \u00f3 tempo que debilitou as defensas sociais \u00f3 primar o individualismo e a privatizaci\u00f3n de recursos. Iso non quere dicir que non se volva \u00e1s andadas, que os sat\u00e9lites non volvan a amosar de novo picos de contaminaci\u00f3n ou engrosamento da cantidade de gases de efecto invernadoiro. Nin que vaian cambiar por maxia os desequilibrios de poder existentes a todos os niveis. Nin, por suposto, que non vaia a xurdir unha sociedade peor da que ti\u00f1amos, a pesar dos cantos actuais e a solidariedade que parece rezumar, ou polo contrario, mellor,&nbsp; pesar do control e coerci\u00f3n dictatorial que se est\u00e1 a aplicar en maior ou menor grao por todo o mundo e que preconizar\u00eda a &#8216;<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/La_doctrina_del_shock\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">doctrina do choque<\/a>&#8216;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Est\u00e1n a sa\u00edr \u00e1 luz cousas evidentes que se manti\u00f1an como moito nun segundo plano, como o efecto das pol\u00edticas de austeridade sobre a sanidade ou educaci\u00f3n, a influencia da corrupci\u00f3n sobre os servizos dispo\u00f1ibles, a elusi\u00f3n de impostos e o aumento de d\u00e9beda, as diferencias do valor outorgado \u00e1s vidas segundo o nivel sociopol\u00edtico de quenes as te\u00f1en, a diferencia de medios das persoas para afrontar calquera eventualidade (non s\u00f3 por cartos directos, sen\u00f3n por outras cousas antes m\u00e1is et\u00e9reas como o lugar onde se vive), a diferencia de dispo\u00f1er dun sistema de sanidade p\u00fablico a non telo, etc. E isto, m\u00e1is al\u00f3 de que un determinado pol\u00edtico ou outro, no d\u00eda a d\u00eda a d\u00eda, est\u00e9 tomando as mellores decisi\u00f3ns posibles nun mar de incertidume sobre os datos e sobre a posibilidade efectiva de aplicar as medidas que conlevan esas decisi\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Est\u00e1n a sa\u00edr e seguir\u00e1n sa\u00edndo. Por medio das fakes, esperemos que se eleven e vaian decant\u00e1ndose as verdades. E tam\u00e9n, que isto nos leve a pensar algo m\u00e1is al\u00f3 dos nosos propios narices, procurando unha sociedade (econom\u00eda inclu\u00edda, claro) que atenda \u00f3 coidado -de todos, e da Terra para todos para poder facelo efectivo- e a reparaci\u00f3n\/mantemento do entorno -do que \u00e9 o entorno en todos os sentidos-, pois \u00e9 sabido que se non hai mantemento, hai deterioro.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non ser\u00e1 a \u00faltima vez que vexas algo disto. Seguramente con medidas concretas que non podo dar nin por extensi\u00f3n, nin por co\u00f1ecemento, nin por disposici\u00f3n. Pero si vou insistir en algo que \u00e9 posible que non saia tantas veces: ti es quen de participar no dese\u00f1o e implementaci\u00f3n dese futuro, por moi pequena que sexa a t\u00faa influenza. Act\u00faa. Para ben.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Xa hai alg\u00fan tempo que est\u00e1n aparecendo artigos sobre a sociedade do futuro, &#8216;do post-coronavirus&#8217;. A variedade de opini\u00f3ns \u00e9 ampla, pero coido que hai un certo consenso en torno a d\u00faas posturas complementarias. Unha ser\u00eda o &#8216;cambiar todo para que nada cambie&#8217;, maioritaria, e outra, alternativa, defendendo posturas m\u00e1is profundas e inconcretas, tentando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32,9],"class_list":["post-5136","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5136","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5136"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5136\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5136"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5136"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5136"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}