{"id":5134,"date":"2020-04-03T14:43:00","date_gmt":"2020-04-03T12:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:20","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:20","slug":"hoxe-vai-de-sensacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/03\/hoxe-vai-de-sensacions\/","title":{"rendered":"Hoxe vai de sensaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjRSiHlqrRY9nB2jBUIJ4bEcH6bPfZC9HNblKxryZS2l5vYpJGZp0HdaB7iGHzIj2Q_4PFQF10EGv_p_WtHS7FR_RyoenXgm03ZO1qh_5BXRE-arltxAiGtD_hdhKufd6JfqBiPtg\/s2048\/DSP31_.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"315\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjRSiHlqrRY9nB2jBUIJ4bEcH6bPfZC9HNblKxryZS2l5vYpJGZp0HdaB7iGHzIj2Q_4PFQF10EGv_p_WtHS7FR_RyoenXgm03ZO1qh_5BXRE-arltxAiGtD_hdhKufd6JfqBiPtg\/s2048\/DSP31_.jpg\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Si, hoxe vai Sol. Unha moto pasa baixando pola r\u00faa, e a m\u00e1quina de limpeza do concello completa o cadro sonoro mentres algu\u00e9n asub\u00eda. Ribadeo est\u00e1 calmo, pero vivo. E eu tam\u00e9n. Aproveitando as d\u00faas horas de Sol que chegan \u00e1s ventanas do noso encerro e que quencen o esprito \u00f3 tempo que dulcifican a casa.<\/p>\n<p>Incorp\u00f3ranse as gaivotas axunt\u00e1ndose para os ni\u00f1os e os seus graznidos sobresaen por riba dos doutros paxaros.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A soidade n\u00faa da r\u00faa \u00e9o s\u00f3 \u00e1s veces. A cola de xente autoseparada na vici\u00f1anza da farmacia alim\u00e9ntase e bal\u00e9irase con algunha persoa que chega ou se vai. Alternan tam\u00e9n os sons do caixeiro, co seu piticl\u00edn piticl\u00edn \u00f3 marcar, con algunha charla -en xeral moi curta- de xente que se cruza. Outros ru\u00eddos son minoritarios en tempo, pero tam\u00e9n indicativos de actividade, dende o paso dunha bicicleta \u00f3 runr\u00fan do coche que se acompa\u00f1a dun son grave das pedras da calzada no lugar no que necesitan ser reasentadas. Ou un can que toma o relevo \u00e1s aves, lembrando a s\u00faa existencia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E tam\u00e9n, claro, os vici\u00f1os avisos do Whatsapp ou dunha rede social, que hai que rebaixar ou mellor anular para poder vivir, para lembrar que a vida segue e est\u00e1 &#8216;aqu\u00ed&#8217;, no exterior , non s\u00f3 -nin sobre todo- no interior dos nosos omnipresentes e c\u00f3modos e case imprescindibles aparellos electr\u00f3nicos. Aparellos que, noutros momentos, dil\u00faen o confinamento para noso ben. E as\u00ed, sen intrusos dos que usamos e conve\u00f1en, disfr\u00fatase a calma \u00f3 Sol da ma\u00f1\u00e1.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non, non \u00e9 o mesmo que no campo, po\u00f1amos \u00e1 beira do r\u00edo Grande en Covelas. Pero tampouco, a\u00ednda que pode que nestes d\u00edas garde m\u00e1is semellanza, como <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/%C3%81ngel%20Alda\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">na praza de Olavide<\/a> en Madrid.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00d3 lonxe, a Ponte dos Santos tam\u00e9n est\u00e1 tranquila. Hai veces que hai que esperar&#8230; minutos! para que pase alg\u00fan coche, a\u00ednda que non soe ser tanto o tempo necesario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sensaci\u00f3ns diferentes \u00e1s normais nestas datas outros anos, acum\u00falanse. Non s\u00f3 por estar a outras cousas de pensamento ou acci\u00f3n, ou polos ecos dos noticiarios desacougantes, sen\u00f3n polo entorno inmediato. Porque outra xente tam\u00e9n est\u00e1 outras cousas. A\u00ednda que a farmacia siga, o banco siga, e os obreiros de mantemento este\u00f1an baixando a mirar non sei que no rexistro do subsolo, algo inusual. Si, a vida cambia, pero segue a ser vida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Di unha enquisa sobre os sentimentos nestes tempos de pandemia que os homes manifestan m\u00e1is resignaci\u00f3n, esperanza, tristura&#8230; e as mulleres, tristura, resignaci\u00f3n e unha mistura de esperanza, desencanto e frustraci\u00f3n. Mais, o que me chamou a atenci\u00f3n \u00e9 que en xeral, a xente de grupos que te\u00f1en m\u00e1is oportunidade nesta crise, por idade ou por medios, ten as emoci\u00f3ns m\u00e1is negativas. Algo as\u00ed como se o ter m\u00e1is asideiros fixera que vaian retrasados no influxo, interiorizaci\u00f3n e recuperaci\u00f3n de sentimentos, mentres os m\u00e1is desfavorecidos pasaran de punti\u00f1as pola peor fase emocional, e estiveran cunha actitude m\u00e1is positiva.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &#8230; Pero agora, \u00f3 Sol, se podemos abstraernos coa tranquilidade de non ter directamente s\u00edntomas de enfermidade, gocemos do d\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Si, hoxe vai Sol. Unha moto pasa baixando pola r\u00faa, e a m\u00e1quina de limpeza do concello completa o cadro sonoro mentres algu\u00e9n asub\u00eda. Ribadeo est\u00e1 calmo, pero vivo. E eu tam\u00e9n. Aproveitando as d\u00faas horas de Sol que chegan \u00e1s ventanas do noso encerro e que quencen o esprito \u00f3 tempo que dulcifican [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32],"class_list":["post-5134","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5134","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5134"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5134\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5134"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5134"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5134"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}