{"id":5130,"date":"2020-04-06T21:22:00","date_gmt":"2020-04-06T19:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:14","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:14","slug":"canto-mide-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/06\/canto-mide-ribadeo\/","title":{"rendered":"Canto mide Ribadeo?"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgHbuRDqGX0cCg7JqMgisHbwRvvqbm3rGoW-vnExhaoAAW-p_zrc48sBSuYZQs2JKBFmnNA1rRNho59ShEdEvBTtOqu_82xRL3NbAlqZpOPQr-E6oy0DPy1fM_ZKYc4TnuqnUmvBg\/s2048\/skyline+ribadense.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"379\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgHbuRDqGX0cCg7JqMgisHbwRvvqbm3rGoW-vnExhaoAAW-p_zrc48sBSuYZQs2JKBFmnNA1rRNho59ShEdEvBTtOqu_82xRL3NbAlqZpOPQr-E6oy0DPy1fM_ZKYc4TnuqnUmvBg\/s2048\/skyline+ribadense.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; T\u00e1rdame volver a recorrer as t\u00faas r\u00faas, Ribadeo. Recorrelas con tranquilidade, entre xente, parando a saudar e vendo \u00f3s demais mover a boca tam\u00e9n con tranquilidade \u00f3 falar. Sen medir os pasos, pero sentindo no corpo que est\u00e1n dados. Co\u00f1ecendo que hai quil\u00f3metros e quil\u00f3metros para recorrer. Que os catro quil\u00f3metros de rodeo \u00f3 pobo conte\u00f1en moitos outros no seu interior, mesmo con rinc\u00f3ns moi de cento en vento visitados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sabendo que non s\u00f3 se pode ver dende a altura que representa un piso nun edificio, sen\u00f3n de p\u00e9 na r\u00faa. Sabendo que existen tellados m\u00e1is al\u00f3 destes que nos tapan como un valado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sabendo que un longo minuto s\u00f3brame para recorrer o corredor, pero ese mesmo curto minuto non me chega m\u00e1is que para facer unha parte da r\u00faa, sen chegar \u00f3 l\u00edmite e ter que dar volta. Non, da r\u00faa Pasar\u00f3n y Lastra podo ir por Bispo Cebeira, ou por San Miguel, subir pola costa de Juanita cara a Calvo Sotelo ou continuar cara \u00e1 baixada a Guimar\u00e1n, ou&#8230; cara arriba, abaixo, \u00e1 dereita, \u00e1 esquerda, \u00e1brese un e outro cami\u00f1o e posibilidade. E chegar e continuar, se se quere, m\u00e1is al\u00f3 das r\u00faas, cara \u00f3 campo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n sabendo que se pode variar a modalidade. Paseando ou facendo deporte. Con pasos vigorosos ou suaves, facendo os pequenos detalles vistos motivo de parada. Escoitando os sons da xente, dos animais, das m\u00e1quinas, do vento, todos. Si, tam\u00e9n os desagradables, pas\u00e1ndoos r\u00e1pido, tal vez deix\u00e1ndoos atr\u00e1s despois de apurar un pouco, se se pode. Ou polo contrario, tentando un illamento a traverso da m\u00fasica directamente nos o\u00eddos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 dicir, aplicando liberdade. Neste caso, liberdade de movemento que estou a describir, sen perxudicar a ningu\u00e9n, nin \u00e1 a s\u00faa liberdade correspondente.<\/p>\n<p>Non, non ser\u00e1 a \u00fanica liberdade que exercer cando remate o confinamento.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres, a lembranza do entorno acompa\u00f1a o encerro. E todos e cada un de n\u00f3s pode dicir \u201cRibadeo, est\u00e1s a\u00ed e sei que estou en ti, o mesmo que ti est\u00e1s en min\u201d. E mentres o tempo chegue, recorrer as s\u00faa r\u00faas \u00e9 vagar polo fogar, xa calorosamente co\u00f1ecido a\u00ednda que quede alg\u00fan recuncho por deixar a pegada ou detalle por mirar. Como ocorre con Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Vexo as gaivotas voar libres e sentimentos contraditorios rec\u00f3rrenme. Por unha beira, ansia de liberdade. Por outra, a seguridade, a mi\u00f1a e a dos demais.<\/p>\n<p>Sei que a seguridade non pode ganar sempre \u00e1 liberdade. Non, a seguridade ten un l\u00edmite, o que lle deixa a liberdade. E a liberdade \u00e9 a vida: se queres vivir, necesitas liberdade, chegar\u00e1 un momento en que ter\u00e1s que collela e abandoar a seguridade convertida en trampade procura de seguridade total.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe ant\u00f3xaseme que a primeira liberdade que usarei ser\u00e1 sinxelamente sa\u00edr recorrer as r\u00faas, a \u2018medir Ribadeo\u2019. Pero polo de agora, prima a seguridade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que canto mide Ribadeo? Mide o que tu queiras en liberdade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; T\u00e1rdame volver a recorrer as t\u00faas r\u00faas, Ribadeo. Recorrelas con tranquilidade, entre xente, parando a saudar e vendo \u00f3s demais mover a boca tam\u00e9n con tranquilidade \u00f3 falar. Sen medir os pasos, pero sentindo no corpo que est\u00e1n dados. Co\u00f1ecendo que hai quil\u00f3metros e quil\u00f3metros para recorrer. Que os catro quil\u00f3metros de rodeo \u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32],"class_list":["post-5130","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5130","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5130"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5130\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5130"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5130"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5130"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}