{"id":5126,"date":"2020-04-07T18:58:00","date_gmt":"2020-04-07T16:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:15:07","modified_gmt":"2024-11-12T12:15:07","slug":"do-concello-na-pandemia-medidas-fiscais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/07\/do-concello-na-pandemia-medidas-fiscais\/","title":{"rendered":"Do concello na pandemia. Medidas fiscais polo Covid-19"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEOKjchB2e7uJFH6teCsv_V__JMC9X0VL05IwHa03rgUTrVscaZCyXyptxD-JFSBHl9fnr2eAyOHhXNRXVSCBzsBg4q_LrbmMsQ-uMt0RZPK-pFtF3ASO5I-TcWBWeE6m7FYiAWQ\/s2048\/Negro_17_18-01_.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhEOKjchB2e7uJFH6teCsv_V__JMC9X0VL05IwHa03rgUTrVscaZCyXyptxD-JFSBHl9fnr2eAyOHhXNRXVSCBzsBg4q_LrbmMsQ-uMt0RZPK-pFtF3ASO5I-TcWBWeE6m7FYiAWQ\/s2048\/Negro_17_18-01_.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8220;<em>TAM\u00c9N PIDE FLEXIBILIDADE \u00c1 DEPUTACI\u00d3N<\/em><\/p>\n<p><em>Medidas fiscais polo Covid-19<\/em><\/p>\n<p><em>03\/04\/2020<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O Concello pon en marcha medidas fiscais para aliviar a situaci\u00f3n pola que est\u00e1 a atravesar a veci\u00f1anza e o empresariado ribadense, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Econom\u00eda, Pablo Vizoso. As\u00ed non cobrar\u00e1 ou devolver\u00e1 (no caso de que xa fosen pasados ao cobro) aquelas taxas de servizos que se viron suspendidos polo estado de alarma como a da piscina municipal, a da escola de m\u00fasica, as das escolas deportivas municipais, as dos mercados dos m\u00e9rcores e dos s\u00e1bados, as das terrazas, a da ORA ou da axuda no fogar, entre outras.  Tampouco se cobrar\u00e1n os recibos de subministro de auga e recollida do lixo a aqueles locais comerciais e hostaleiros que est\u00e1n pechados desde que se decretou o estado de alarma. <\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>Vizoso explicou que &#8220;na situaci\u00f3n excepcional na que nos atopamos, en pleno estado de alarma acordado polo Goberno do Estado a consecuencia da crise sanitaria ocasionada polo coronavirus, desde o Concello de Ribadeo decidimos, dentro das posibilidades que nos permite a legalidade, adoptar unha serie de decisi\u00f3ns en materia econ\u00f3mica e dos recursos e ingresos p\u00fablicos, que van dirixidas a aliviar na medida do posible a situaci\u00f3n dos nosos veci\u00f1os e actividades comerciais&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O edil de Econom\u00eda subli\u00f1ou que &#8220;en primeiro lugar dec\u00eddese non cobrar ou ben devolver, se xa estivesen pagados, os importes correspondentes \u00e1s taxas e aos prezos p\u00fablicos dos servizos e das actividades que quedaron prohibidas ou suspendidos durante a declaraci\u00f3n do estado de alarma e mentres dure esta situaci\u00f3n. Son a taxa polo estacionamento de veh\u00edculos na zona ORA; a taxa polo uso da piscina municipal; a taxa da escola de m\u00fasica e das escolas deportivas municipais; a taxa polo servizo de mercado no que se refire ao dos m\u00e9rcores, dos s\u00e1bados e ao de artesan\u00eda na r\u00faa Rodr\u00edguez Murias; a taxa pola ocupaci\u00f3n p\u00fablica das terrazas; a taxa pola reserva de espazos e inmobles de uso p\u00fablico para aquelas autorizaci\u00f3ns que non se puideran ter levado a cabo; a taxa pola ocupaci\u00f3n das zonas p\u00fablicas ou de terreos de uso p\u00fablico con mercanc\u00edas, con materiais de construci\u00f3n, con andamios e similares na medida na que se ven suspendidas para a execuci\u00f3n destas obras; e o prezo p\u00fablico do Servizo de Axuda no Fogar para aqueles usuarios aos que lles foi suspendido por diferentes causas&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O concelleiro ribadense indicou que &#8220;en segundo lugar dec\u00eddese tam\u00e9n non cobrar ou devolver as taxas do subministro de auga potable e da recollida do lixo para aquelas actividades que se viron obrigadas a pechar os seus establecementos polas decisi\u00f3ns de suspensi\u00f3n de actividade acordadas polo Estado ou pola Xunta de Galicia. E neste caso para garantir que se ten en conta a todos os afectados hai que facelo de xeito rogado, \u00e9 dicir precisarase unha solicitude presentada polos afectados nun procedemento simplificado, polo que simplemente deber\u00e1n achegar a s\u00faa alta no IAE ou algunha outra documentaci\u00f3n acreditativa da s\u00faa actividade para comprobar que se corresponde coa relaci\u00f3n de actividades suspendidas. Danse instruci\u00f3ns tam\u00e9n aos distintos servizos do Concello para que non se pasen ao cobro os tributos e as taxas das actividades indicadas anteriormente ou ben que se inicien os tr\u00e1mites para a s\u00faa devoluci\u00f3n de oficio, no caso de que xa fosen pagados con anterioridade&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>Pablo Vizoso engadiu: &#8220;e finalmente tam\u00e9n se decide dar traslado \u00e1 Deputaci\u00f3n de Lugo, xa que \u00e9 a entidade que ten delegada a xesti\u00f3n e a recadaci\u00f3n dos principais impostos do Concello, para que adopte as medidas necesarias e trate de minimizar a incidencia desta crise actual na situaci\u00f3n econ\u00f3mica dos nosos veci\u00f1os, dos profesionais e dos comerciantes, empresarios e empresarias de Ribadeo, como poden ser o adiamento da presentaci\u00f3n ao cobro dos impostos de veh\u00edculos de tracci\u00f3n mec\u00e1nica, do IBI e do IAE cara aos \u00faltimos meses do ano, para facer fronte ao pagamento con menores problemas; e tam\u00e9n o fraccionamento de todos os impostos, como por exemplo fai o Estado co imposto da Renda, e sen aplicaci\u00f3n de xuros&#8221;.<\/em>&#8221;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh-7b7qd2XRVWruWi595fIKtOkY_nXO62lICJYFIdWInF4UdZYpExTFY76eBWnpnEc1SrBCQ9sfVdR5azJwHnQl6hR1si_NS4tA4mTl5LMp5OJkhz49fnZ_iEOFde1iT3eiFVlWyQ\/s2048\/1585918717VistaRibadeo_-_copia.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh-7b7qd2XRVWruWi595fIKtOkY_nXO62lICJYFIdWInF4UdZYpExTFY76eBWnpnEc1SrBCQ9sfVdR5azJwHnQl6hR1si_NS4tA4mTl5LMp5OJkhz49fnZ_iEOFde1iT3eiFVlWyQ\/s2048\/1585918717VistaRibadeo_-_copia.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Nota: para ver as medidas, mellor no sitio oficial do concello: <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3512&amp;lg=gal\">http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3512&amp;lg=gal<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;TAM\u00c9N PIDE FLEXIBILIDADE \u00c1 DEPUTACI\u00d3N Medidas fiscais polo Covid-19 03\/04\/2020 O Concello pon en marcha medidas fiscais para aliviar a situaci\u00f3n pola que est\u00e1 a atravesar a veci\u00f1anza e o empresariado ribadense, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Econom\u00eda, Pablo Vizoso. As\u00ed non cobrar\u00e1 ou devolver\u00e1 (no caso de que xa fosen pasados ao cobro) [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75],"class_list":["post-5126","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5126","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5126"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5126\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5126"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5126"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5126"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}