{"id":5116,"date":"2020-04-11T19:12:00","date_gmt":"2020-04-11T17:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:14:44","modified_gmt":"2024-11-12T12:14:44","slug":"vistas-o-camino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/11\/vistas-o-camino\/","title":{"rendered":"Vistas \u00f3 Cami\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p>Vistas \u00f3 cami\u00f1o foi publicado en catro partes o 12, 18 e 26\/11\/99, e 3\/12\/99 Na Mari\u00f1a\/El Progreso. Despois foi recollido en <a href=\"http:\/\/web.archive.org\/web\/19981205201602\/http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/ribadeo.htm\">http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/ribadeo.htm<\/a>.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: large;\">Vistas \u00f3 cami\u00f1o. I &#8211; Os cami\u00f1os.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\u00bfQue \u00e9 un cami\u00f1o?. \u00c9 un recorrido entre dous  puntos. Antes, o cami\u00f1o fac\u00edase a pe, ou en todo caso, con medios  animais (salvo por mar). Hoxe consideramos cami\u00f1os nunha gama m\u00e1is  amplia. \u00d3s tradicionais vi\u00f1\u00e9ronse a sumar as carreteiras, inclu\u00edndo as  rutas a\u00e9reas a car\u00f3n das mar\u00edtimas. Pero no ano 1999 como en outro ano  Santo compostel\u00e1n, o cami\u00f1o, as\u00ed, por antonomasia, e nesta parte do  mundo, \u00e9 o cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">T\u00f3dolos cami\u00f1os conducen a Roma. As\u00ed est\u00e1 establecido  na lingua, e as\u00ed toma carta de natureza e de verdade. Nembargantes, \u00e9  un dito que admite interpretaci\u00f3ns m\u00faltiples. Tomado \u00f3 p\u00e9 da letra, \u00e9  certo tam\u00e9n para calquera outro lugar, sen ter que mentar Roma. A\u00ednda  que ten unha explicaci\u00f3n que se faga con esta cidade: Roma era o centro  do mundo antigo, onde estaba o comezo (por construcci\u00f3n) das &#8220;via&#8221;, as  carreteiras ou cami\u00f1os que marcaron unha revoluci\u00f3n nas comunicaci\u00f3ns  por aquel ent\u00f3n.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Con outras connotaci\u00f3ns diferentes, algo semellante  sucede con Santiago. Compostela ten o cami\u00f1o, que no seu uso para a  comunicaci\u00f3n non lle ten que envidiar \u00f3 longo dos s\u00e9culos \u00e1s v\u00edas  romanas. \u00c9 unha v\u00eda que nos une a Santiago e, polo outro lado, \u00f3 resto  do mundo. A\u00ednda que mellor que cami\u00f1o hai que falar de cami\u00f1os: que no  caso dunha comarca como A Mari\u00f1a sexa o chamado cami\u00f1o norte non  importa. T\u00f3dalas comarcas galegas te\u00f1en alg\u00fan cami\u00f1o tradicional  achegado a elas, e de todos pode dicirse o mesmo: franc\u00e9s, portugu\u00e9s,  arousa, &#8230; conducen a Santiago, a\u00ednda que te\u00f1a cada un algo que o  diferencie dos outros, e non todos tiveran a mesma importancia \u00f3 longo  dos s\u00e9culos.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Non hai un s\u00f3 cami\u00f1o a Santiago. O mesmo que pasa co  dito de Roma, e en contra do que cre\u00edn de pequeno, antigos cami\u00f1os que  fai uns anos non contaban recuper\u00e1ronse para o seu uso e desconxesti\u00f3n  do chamado cami\u00f1o franc\u00e9s. Este segue a ser, con moito, o m\u00e1is  transitado, e, alomenos nese sentido, o m\u00e1is importante. Pero tampouco \u00e9  \u00fanico. A\u00ednda que pouco despois de cruzar os Pirineos e entrar na  pen\u00ednsula unif\u00edcase, en Francia ten diversas cabeceiras. A m\u00e1is  importante, Par\u00eds (que recoll\u00eda tam\u00e9n peregrinos de m\u00e1is \u00f3 norte),  acompa\u00f1a a outras m\u00e1is modestas, como me lembrou fai pouco un amigo  franc\u00e9s a conto de Le Puy, cabeza da chamada via podense. Este cami\u00f1o  dito franc\u00e9s tivo o seu apoxeo tras facerse m\u00e1is seguras as v\u00edas a  trav\u00e9s da meseta co avance dos reinos de Castela e Le\u00f3n cara \u00f3 sur.  Ent\u00f3n substituiu \u00f3 cami\u00f1o primitivo, que se pegaba \u00f3 cant\u00e1brico, m\u00e1is  sinuoso e que atravesaba unha zona insegura na \u00e9poca debido \u00f3s ataques  normandos por mar. A ruta francesa, con ramificaci\u00f3ns \u00f3 longo de toda  Europa, foi nomeada itinerario cultural europeo, e hoxe est\u00e1 considerada  como a via m\u00e1is longa e mellor axeitada dentro das que est\u00e1n marcadas  en Espa\u00f1a para facer turismo a pe.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Tam\u00e9n nos vellos cami\u00f1os estase a facer esforzos de  sinalizaci\u00f3n, de xeito que, na actualidade, boa parte deles est\u00e1n  sinalados e non \u00e9 f\u00e1cil perderse. Nembargantes, en t\u00f3dolos casos o seu  percorrido axustouse co tempo, ben para evitar pasos dificultosos, ben  para arrimalo a sitios m\u00e1is convintes no momento ou a\u00ednda para deixar  libres de cami\u00f1antes as actuais carreteiras. Porque o cami\u00f1o a Santiago,  hoxe, s\u00e9guese a facer a pe por parte dunha porcentaxe significativa de  peregrinos, conservando o seu atractivo secular.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O cami\u00f1o non s\u00f3 implica a viaxe nun sentido. Quen \u00eda a  Santiago voltaba normalmente despois, transformado, ga\u00f1ada a bula  correspondente \u00e1 visita e coa cami\u00f1ata feita, pero tam\u00e9n cuns  co\u00f1ecementos adqueridos \u00f3 longo do seu recorrido. De a\u00ed que fora nomeado  itinerario cultural europeo. Este ano 99, moitas organizaci\u00f3ns fixeron  un amago de cami\u00f1o. Nunha delas tomouse unha frase para lembranza:  &#8220;Cuanto se dijera, predicara, cantara, contara, esculpiera o pintara, en  el Camino alcanzaba a m\u00e1s gente y a m\u00e1s lugares\u2026&#8221;.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: large;\">Vistas \u00f3 cami\u00f1o. II &#8211; Os peregrinos.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">\u00bfQue \u00e9 un peregrino?. Un peregrino \u00e9 unha  persoa que fai un recorrido como medio para veneraci\u00f3n de algo ou  algu\u00e9n. A peregrinaci\u00f3n ser\u00eda as\u00ed un cami\u00f1o realizado cunha motivaci\u00f3n  moi concreta. No caso de Santiago, en principio esa vir\u00eda dada por ser a  s\u00e9 da tumba do ap\u00f3stolo, logo unha viaxe con motivo relixioso.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A tumba do ap\u00f3stolo. \u00bfEst\u00e1 enterrado a\u00ed Santiago?  Seguir\u00e1 longo tempo a discusi\u00f3n de se o \u00e9 ou non. Ten un candidato  alternativo, Prisciliano, ilustre nacido nestes lares. Del p\u00f3dese dicir,  facendo un resume, que \u00eda para santo e deix\u00e1rono en herexe. As  consideraci\u00f3ns a favor e en contra tanto no que corresponde a quen ocupa  a tumba como en relaci\u00f3n \u00e1 santidade de Prisciliano son m\u00faltiples.  Estea quen estea, o cami\u00f1o in\u00edciase con fe de que \u00e9 o ap\u00f3stolo, e o  peregrino vai a Santiago.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Voltando a vista atr\u00e1s no tempo, atopamos unha longa  lista de xente peregrinando. Respecto \u00f3 primeiro, \u00e1 cabeceira da serie,  pode que haxa que recabar para Alfonso II o t\u00edtulo. Foi el o primeiro  importante que contan as cr\u00f3nicas que, \u00e1 vista do anuncio do  descubrimento dos restos do ap\u00f3stolo, visitou Compostela. \u00c9 presumible  que o fixo con curiosidade e fervor relixioso, pero tam\u00e9n con ollo  pol\u00edtico prevendo un fil\u00f3n precioso a explotar polo seu reino,  enfrontado \u00f3s musulm\u00e1ns.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O cami\u00f1o in\u00edciase por un motivo relixioso. A Igrexa  potenciou ese feito ata os nosos d\u00edas, facendo de Santiago, en compa\u00f1a  de Xerusal\u00e9n e Roma, unha das peregrinaci\u00f3ns ditas maiores. Este apoio  ten como fito o establecemento do xubileo compostel\u00e1n en 1122 polo Papa  Calixto II. Nos primeiros tempos, a alianza de poderes terrenais e  eclesiais prendeu un exemplo que infl\u00fae na percepci\u00f3n dos cami\u00f1antes ata  os nosos d\u00edas, nos que segue a haber unha certa alianza para que afl\u00faan  peregrinos, a\u00ednda que as causas da mesma por cada parte son diferentes.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O perfil do peregrino leva variado moito \u00f3 longo da  historia. O que non cambia \u00e9 que o peregrino segue a ser o depositante  do cami\u00f1o en cada momento. \u00c9 quen o fai. Quen o vive, quen realiza a  reflexi\u00f3n do cami\u00f1o. \u00c9 quen lle da sentido, fora da veneraci\u00f3n,  propaganda ou modas. O peregrino leva o cami\u00f1o, que sen el non ten vida.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Un cami\u00f1o non existe sen cami\u00f1antes, neste caso, sen  peregrinos. A todos soar\u00e1 a poes\u00eda de Machado: &#8220;Caminante, no hay  camino, se hace camino al andar&#8221; (&#8230;). E, \u00f3 cambiar os peregrinos,  cambia o cami\u00f1o. \u00bfQue esperan do cami\u00f1o?<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Hai peregrinos por deporte, imitaci\u00f3n, picaresca,  moda, cultura, lecer, turismo&#8230; cada un agarda unha cousa diferente,  que pode cristalizar ou non \u00f3 longo do recorrido.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Tam\u00e9n se reciben impresi\u00f3ns inesperadas ou non: son  producidas no cami\u00f1o, polo mesmo sendeiro, \u00f3 cami\u00f1ar e polo feito de  facelo. as persoas quedan con impresi\u00f3ns e deixan as s\u00faas na v\u00eda, parte  das que servir\u00e1n para modificala. O trasego de xente produciu as\u00ed unha  serie de caracter\u00edsticas, entre a que destaca un enriquecemento cultural  \u00f3 longo da ruta e, \u00f3 tempo, unha uniformizaci\u00f3n. Foi un privilexiado  medio para comunicarse, transmitir ideas, ver e estudiar outras xentes,  &#8230; O resultado era unha volta \u00f3 lugar de partida, en termos modernos,  &#8220;m\u00e1is cosmopolita&#8221;. Non erra quen afirma que tivo un importante papel na  construcci\u00f3n da idea de Europa. Naturalmente, non de xeito directo a  v\u00eda de comunicaci\u00f3n, sen\u00f3n as xentes \u00e1s que permitiu a s\u00faa viaxe.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: large;\">Vistas \u00f3 cami\u00f1o. III &#8211; O cami\u00f1o, hoxe.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Polo tempo que leva a ser usado, o cami\u00f1o  parece intemporal, pero hoxe o conc\u00edbese dun xeito ben diferente a como  se fac\u00eda na idade media. A peregrinaci\u00f3n xa non ten sentido comezala  pensando algo parello a un &#8220;adeus, voume e non sei cando voltarei, ou  mesmo se o lograrei&#8221;. O recorrido de Par\u00eds a Santiago, po\u00f1amos por caso,  implicaba pasar por terras desco\u00f1ecidas, buscar cobixo onde se puidera,  atravesar m\u00faltiples fronteiras entre reinados, condados, vilas, e  se\u00f1or\u00edos diversos. A viaxe significaba estar exposto a perigos sen  concretar cando se sa\u00eda.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Hoxe non \u00e9 as\u00ed. O esp\u00edrito de aventura que pode  subministrar a ruta \u00e9 lixeiro fronte \u00f3 de fai s\u00e9culos. Var\u00eda a  disposici\u00f3n para facer o cami\u00f1o, tanto ideal como mental ou material,  inclu\u00edndo esas vacaci\u00f3ns ansiadas como tempo escollido propicio para  po\u00f1erse en marcha. L\u00e9vase ou viuse con anterioridade un plano da ruta.  Tense conciencia de que se disp\u00f3n dun tempo fixo. S\u00e1bese que podemos  voltar \u00e1 casa dun xeito doado e con s\u00f3 cambiar de parecer. En xeral, non  se pensa en facer a volta do mesmo xeito que se vai, sen\u00f3n por medios  de transporte \u00f3 uso hoxe en d\u00eda, e as\u00ed sucesivamente. Pode que alg\u00fans  crean que o seu esp\u00edrito non variou, pero a forma \u00e9 indubidable que si o  fixo.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Naturalmente, para todo hai excepci\u00f3ns, e mesmo hai  cami\u00f1antes que volven usando s\u00f3 dos seus p\u00e9s, ou que retornan seguindo a  peregrinaxe a un lugar diferente do de partida, acheg\u00e1ndose por  exemplo, a S. Andr\u00e9s de Teixido. Mesmo as\u00ed, deambulando polo mundo nun  sentido diferente da maior\u00eda, tam\u00e9n se diferencian do esp\u00edrito que  animaba \u00f3s antigos peregrinos. &#8220;Tempus fugit&#8221; \u00e9 unha sentencia que reza  nalg\u00fans reloxos; non indica s\u00f3 o paso do tempo, sen\u00f3n tam\u00e9n o adeus  definitivo do pasado, mesmo na peregrinaxe.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O cami\u00f1o levanta moita expectaci\u00f3n, pero \u00e9 feito por  unha minor\u00eda. Mesmo quen o fai, \u00bfata que punto pode dicirse que  peregrina? Como \u00e9 l\u00f3xico, a mentalidade variar\u00e1 coa persoa que se mire,  pero non \u00e9 pregunta para contestar cunha afirmaci\u00f3n incondicional a  favor. E a informaci\u00f3n que chega \u00e1 xente que non o recorre non \u00e9 sen\u00f3n  estat\u00edstica. Se esta \u00e9 oficial, m\u00e1is ben sobre o n\u00famero de peregrinos:  un aumento, unha riada, &#8230; Se \u00e9 privada, enfocada cara \u00f3 n\u00famero de  xornadas, as pousadas, os restaurantes. \u00bf\u00c9 a estat\u00edstica a que mant\u00e9n as  expectativas ou as expectativas as que mante\u00f1en a estat\u00edstica? Dar un  sinxelo paseo por Santiago comunica unha visi\u00f3n, pode que sesgada, pero  reveladora do que \u00e9 a peregrinaxe e a importancia que te\u00f1en nel hoxe  cousas como a contabilidade.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">O anterior, a pesar de que a vida moderna, o tempo, o  tirar para atr\u00e1s que sup\u00f3n dar o primeiro paso para po\u00f1erse en marcha,  mesmo os gastos para afrontar o cami\u00f1o, son impedimentos cos que ten que  contar o que comeza a mirarse a si mesmo como futuro peregrino. E que, e  polo tanto, necesita dunha mentalizaci\u00f3n previa.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Nestes tempos que corren entrou en escea un novo  persoaxe no cami\u00f1o: o pelegr\u00edn. Pelegr\u00edn e peregrino. Distingamos entre a  mascota e a persoa. Xa non hai s\u00f3 os aditamentos do peregrino, o  bast\u00f3n, a concha, cabaza para a auga, capa ou sombreiro. Un boneco  estilizado da boa imaxe a unha operaci\u00f3n comercial, a do xacobeo. Esa  imaxe \u00e9 o pelegr\u00edn. \u00c1s veces, tan representativa que se confunden as  palabras: \u00bfpelegr\u00edn ou peregrino? Os rasgos caracter\u00edsticos esva\u00e9cense:  tam\u00e9n aqu\u00ed est\u00e1 a sufrirse unha transformaci\u00f3n, neste caso guiada con  t\u00e9cnicas de mercadotecnia.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Pasaron os d\u00edas nos que a viaxe de ida e volta era  s\u00f3, ou de xeito preferente, espiritual. Con ou sen pelegr\u00edn, este &#8220;ano  santo&#8221; p\u00f3dese facer tam\u00e9n de xeito virtual mediante internet. Mesmo  podemos ver o Monte do Gozo por televisi\u00f3n, e o cami\u00f1o confundirse cun  sinxelo recordo, postal que incl\u00fae a recuperaci\u00f3n das vivencias que se  te\u00f1en (que algu\u00e9n tivo) no cami\u00f1ar. Non se pode dicir que o cami\u00f1o est\u00e9  vaciado de todo o que significou noutro momento. Pero si hai que  precisar que, se est\u00e1 cheo de significado, \u00e9 en sentido diferente a como  o estaba noutros tempos.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\"><span style=\"font-size: large;\">Vistas \u00f3 cami\u00f1o. IV &#8211; Un novo cami\u00f1o.<\/span><\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Distingamos termos: cami\u00f1o de Santiago,  xubileo, xacobeo, &#8230; O primeiro, herdeiro dunha peregrinaxe secular,  vese influenciado polos outros dous, visi\u00f3ns temporais. O xubileo foi  unido dende fai tempo a un sentido relixioso, marcado polo ano santo  (xubilar ou de x\u00fabilo), que est\u00e1 relacionado coas or\u00edxenes do propio  cami\u00f1o.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Outra cousa ben diferente \u00e9 o xacobeo, &#8220;marca  comercial&#8221; que aproveita o desenvolvemento de actividades econ\u00f3micas no  entorno xubilar ou do cami\u00f1o. No sentido do xacobeo, peregrino \u00e9 igual a  turista, logo consumidor. \u00c9 dicir, persoa \u00e1 que, por medio dunha  campa\u00f1a de mercadotecnia hai que sacarlle o maior proveito, eso si, a  cambio dunha mercador\u00eda que se pretende da mellor calidade e na maior  cantidade. Pouco ten que ver a relixiosidade con feitos como o  reco\u00f1ecido de que, \u00f3 constatar as avantaxes econ\u00f3micas, sexan  &#8220;reclamados&#8221; cami\u00f1os, como medio para que as vilas \u00f3 seu paso se podan  beneficiar dalg\u00fan xeito.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Seguindo esta idea do xacobeo, hai que buscar, m\u00e1is  que un cami\u00f1o, unha franxa xacobea. En realidade, non se fala do propio  cami\u00f1o, sen\u00f3n de facer extensivos eses beneficios tur\u00edsticos dos que  falabamos antes \u00e1s beiras da ruta (uns cantos quil\u00f3metros, de xeito  indeterminado), e m\u00e1is como complemento que como alternativa \u00e1  proliferaci\u00f3n de cami\u00f1os.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Antes, \u00e1 chegada s\u00f3 se esperaba Santiago. De a\u00ed o  nome de Monte do Gozo, \u00e1 vista da Catedral. Hoxe concebido como un lugar  de desconxesti\u00f3n de peregrinos, segue a ter o seu encanto e producir  parella ilusi\u00f3n \u00f3s cami\u00f1antes. \u00bfPoder\u00e1 ser sustitu\u00eddo?<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">A tecnolox\u00eda, o turismo, a nova mentalidade, tam\u00e9n  fan novos cami\u00f1os e \u00e9 previsible que no futuro contin\u00fae a diferenciarse  do que xa \u00e9 na actualidade. Xa hai que existe un CD-Rom sobre o cami\u00f1o. O  presente ano veu nacer varios cami\u00f1os en internet. A p\u00e1xina principal  en internet recibira fai pouco dezasete mill\u00f3ns de visitas, contadas  dende a creaci\u00f3n do sitio na rede un ano antes. Son moitas, a\u00ednda que  non tantas se temos en conta que equivalen \u00e1s que ten o buscador yahoo  en dez d\u00edas, ou que poucas menos recibiu a p\u00e1xina da enciclopedia  Britannica o d\u00eda que se dispuxo na rede como de acceso gratu\u00edto (12  mill\u00f3ns). Nembargantes a marea de visitas deste tipo aumenta de xeito  r\u00e1pido; mesmo hai xornais que dan indicaci\u00f3ns non s\u00f3 en p\u00e1xinas de  papel, sen\u00f3n en p\u00e1xinas na rede.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Na mesma li\u00f1a, unha pel\u00edcula, documentais &#8230;  acompa\u00f1an a aquela xa vella canci\u00f3n &#8220;a Santiago voy&#8221;, convertido a ruta  xacobea nun espect\u00e1culo multimedia.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Mentras que esto ocorre, as igrexas \u00f3 paso do  cami\u00f1ante est\u00e1n en moitos casos pechadas. A escasez de persoal obriga. E  a\u00ednda que se poden contemplar maravillosas e id\u00edlicas paisaxes, cada  vez m\u00e1is a ruta parece unha zona peatonal.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">E atopamos unha pequena contradici\u00f3n coas asociaci\u00f3ns  de amigos do cami\u00f1o. Creadas para favorecelo de diversos xeitos, o seu  pulo e o seu favor est\u00e1n tam\u00e9n a cambialo en diversos sentidos. A  tendencia destas fraternidades \u00e9 a seguir medrando en importancia. O  xeito en que o fagan marcar\u00e1 en gran medida o desenvolvemento da ruta  xacobea<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Por moita variaci\u00f3n e novedades previstas para o  futuro, sempre queda un cami\u00f1o por sinalizar e recorrer na s\u00faa  totalidade, ou case, o cami\u00f1o interior. Cada quen ten que buscalo e  facelo por separado, con indicaci\u00f3ns tan pouco precisas como a da s\u00faa  existencia, reflexada por exemplo por Jorge Manrique nas coplas feitas \u00e1  morte do seu pai: &#8220;Nuestra vida es camino, morada sin pesar, mas cumple  tener buen tino para andar esta jornada sin errar&#8221;. Os cami\u00f1os de terra  poden estar mal sinalizados, pero todos levan a Santiago. O cami\u00f1o  interior \u00e9, e seguir\u00e1 a ser, diferente.<\/p>\n<p align=\"JUSTIFY\">Seguindo as coplas e a s\u00faa comparaci\u00f3n entre vida e  cami\u00f1o, atopamos que &#8220;llegamos al tiempo que fenecemos&#8221;. O cami\u00f1o, que  se constr\u00fae mentres se recorre, chega a Santiago e esf\u00famase, quedando a  lembranza e pode que unha actitude vital recollida no percorrido. Toda  vez que se fai o cami\u00f1o, \u00e9 novo. Toda que se remata, morreu e pasa a ser  xa vello. Eso non cambiar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vistas \u00f3 cami\u00f1o foi publicado en catro partes o 12, 18 e 26\/11\/99, e 3\/12\/99 Na Mari\u00f1a\/El Progreso. Despois foi recollido en http:\/\/personal.redestb.es\/agremon\/ribadeo.htm. Vistas \u00f3 cami\u00f1o. I &#8211; Os cami\u00f1os. \u00bfQue \u00e9 un cami\u00f1o?. \u00c9 un recorrido entre dous puntos. Antes, o cami\u00f1o fac\u00edase a pe, ou en todo caso, con medios animais (salvo por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[114,9],"class_list":["post-5116","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-copia-de-a-marina","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5116","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5116"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5116\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5116"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5116"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5116"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}