{"id":5097,"date":"2020-04-21T15:33:00","date_gmt":"2020-04-21T13:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:14:11","modified_gmt":"2024-11-12T12:14:11","slug":"carlos-alvarez-fernandez-cid-musico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/21\/carlos-alvarez-fernandez-cid-musico\/","title":{"rendered":"Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid, m\u00fasico"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixQzioP7tQPpTPfX1U-76ykhNXXTG85nYh3kNSOaArkwQ0oF64y1qgLyTBKUCTSgkKUNd0UbS1hPIeIhb-1QxmAjKtITXnVDXnvD97Zcaxd5N0pGQosAFrNIOskWXtqvpkUhDzMw\/s2048\/caras+blog+coral+polif%C3%B3nica.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixQzioP7tQPpTPfX1U-76ykhNXXTG85nYh3kNSOaArkwQ0oF64y1qgLyTBKUCTSgkKUNd0UbS1hPIeIhb-1QxmAjKtITXnVDXnvD97Zcaxd5N0pGQosAFrNIOskWXtqvpkUhDzMw\/s2048\/caras+blog+coral+polif%C3%B3nica.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Dunha publicaci\u00f3n da Coral Polif\u00f3nica<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: \u201cCarlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid, m\u00fasico\u201d \u00e9 polif\u00f3nico e temperado. Monotem\u00e1tico e variado: corenta colaboradores en harmon\u00eda dan unha visi\u00f3n variada e conxunta \u00f3 tempo, coa coordinaci\u00f3n de Carlos \u00c1lvarez Lebredo e tras o solista limiar de Francisco D\u00edaz-Fierros.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non nos enganemos porque sexa un libro de homenaxe: cabe dicir que non hai moitas novidades no libro, e, \u00f3 tempo, que as diversas facetas que esculpen os contribu\u00edntes enriquecen a visi\u00f3n dunha persoa \u00e1 que se lle aplican diversos -moitos- cualificativos neste libro doado de ler que facilita recompo\u00f1er as m\u00faltiples perspectivas que ofrece unha persoa viva. Asi, apaixoado, arrollador, traballador, serio, perfeccionista, compiten con aberto, honrado, comunicativo. Polifac\u00e9tico, de altas capacidades, mago, orixinal, excepcional, dinamizador, confr\u00f3ntanse con fil\u00e1ntropo, imprevisible, xeneroso, did\u00e1ctico, pintoresco, formador de p\u00fablico. Caracter\u00edsticas de car\u00e1cter, mist\u00faranse con outras aparentemente superficiais, como \u2018o home da capa compostel\u00e1\u2019. Non faltan adxectivos ditos con cari\u00f1o e matizados, como superior ou ilustre diletante. Ou outros, postos en contradici\u00f3n e complementaci\u00f3n entre si para amosar toda a riqueza dun ser humano, como son democr\u00e1tico e aristocr\u00e1tico, en sorte de continuidade polifac\u00e9tica e entra\u00f1able. Axustados e solap\u00e1ndose. Do mesmo xeito que cando se di que foi profesor, boticario, inspector sanitario&#8230; pero sobre todo, m\u00fasico. M\u00fasico, sobre todo, pois da\u00ed sacaba o seu sentido vital, e conste que vitalidade ti\u00f1a e transmit\u00eda. E tam\u00e9n a base social da que se rodeou, dende o m\u00e1is humilde espectador da m\u00fasica na que participaba ata as figuras m\u00e1is relevantes que frecuentaba -e o frecuentaban-.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A s\u00faa sona en Ribadeo e as s\u00faas caracter\u00edsticas contribu\u00edron a que o libro \u2018Cincuenta anos de m\u00fasica en Ribadeo\u2019 se esgotara -un feito case impar en Ribadeo- da man do agradecemento social dun pobo que durante anos veu a facer como semellantes calquera citaci\u00f3n de \u2018m\u00fasica\u2019 e a alusi\u00f3n a \u2018Carlitos\u2019. A base desa semellanza? a persoa activa e activista, trazador de plans e consecutor dos obxectivos marcados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A s\u00faa teimos\u00eda no gusto musical, idea aristocr\u00e1tica da m\u00fasica en canto a calidade, democr\u00e1tica en canto a atraer a m\u00fasicos e espectadores, recolle pero sobre todo transmite a trav\u00e9s da s\u00faa herdanza musical, caracter\u00edsticas incrustadas na historia da m\u00fasica en Ribadeo. E m\u00e1is que se poder\u00eda sacar, se un d\u00eda se agarra o arquivo musical como Diego Rodr\u00edguez apunta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Boticario \u2018accidental\u2019, como \u00e9 cualificado no libro m\u00e1is dunha vez, as s\u00faas facetas arrolladoras po\u00f1\u00edanlle dif\u00edcil o manter o equilibrio entre as m\u00faltiples adicaci\u00f3ns e a vida persoal, marcada por un contrapunto familiar que non ter\u00eda sido posible sen a s\u00faa dona. Algu\u00e9n que se deixa ver na sombra en varias das contribuci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As diversas descrici\u00f3ns, heterox\u00e9neas en m\u00e1is dun sentido, amosan asemade que a pintura plasmada non se pode separar dun mundo, o Ribadeo de hai moitos anos, que xa se foi. Un exemplo? Poder\u00eda agora falarse dun \u2018recorrido das chachas\u2019? O esprito din que non morre. O de Carlitos Cid vive nun Ribadeo que se desdibuxa do actual.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Para unha persoa que pretend\u00eda \u201cmanter a chama sagrada da m\u00fasica en Ribadeo\u201d, a labor non rematou. Esa era unha idea que Pancho Campos resalta na s\u00faa contribuci\u00f3n citando a Carlos Cid: \u201cAs etapas da vida logo pasan, e hai que traballar d\u00eda a d\u00eda, pois o futuro est\u00e1 por vir\u201d. Sempre. Tam\u00e9n agora.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dunha publicaci\u00f3n da Coral Polif\u00f3nica &nbsp;&nbsp; Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: \u201cCarlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez-Cid, m\u00fasico\u201d \u00e9 polif\u00f3nico e temperado. Monotem\u00e1tico e variado: corenta colaboradores en harmon\u00eda dan [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,11,23,9],"class_list":["post-5097","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-historia","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5097","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5097"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5097\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5097"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5097"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5097"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}