{"id":5088,"date":"2020-04-25T09:47:00","date_gmt":"2020-04-25T07:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:13:56","modified_gmt":"2024-11-12T12:13:56","slug":"25-de-abril-nos-eeuu","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/25\/25-de-abril-nos-eeuu\/","title":{"rendered":"25 de abril nos EEUU"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiu0aDXDvweOeBpGN3MgxauetAM2O8asYbWztZ01klKtKTHtIaR0wY2Xdp20C5CM4csY6KW5AwVeL6FQEHzKkNdGqyl4JbS8Q_BH_uQygqB-MQbm4lhEnRkOrlhDs8zQZcOGd-sww\/s2048\/25+de+abril+marble+blue.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiu0aDXDvweOeBpGN3MgxauetAM2O8asYbWztZ01klKtKTHtIaR0wY2Xdp20C5CM4csY6KW5AwVeL6FQEHzKkNdGqyl4JbS8Q_BH_uQygqB-MQbm4lhEnRkOrlhDs8zQZcOGd-sww\/s2048\/25+de+abril+marble+blue.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Esperto un <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=25+de+abril\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">25 de abril<\/a> confinado. E desenvolvo o d\u00eda ata que te\u00f1o conciencia da data. Volto atr\u00e1s coa mente e penso o que fixen hoxe, unha data que levou a Portugal a unha nova vida.<\/p>\n<p>Quedan na mi\u00f1a cabeza apuntadas -m\u00e1is ben o sitio onde ir de novo procuralas- unhas cantas ideas, que van dende o xeito de facilitar a aprendizaxe da escritura dos n\u00fameros polos nenos pequenos \u00f3s 15 000 L diarios de mexo en Ribadeo. Desas d\u00faas cousas podemos falar -espero facelo- noutros momentos. Mais, en relaci\u00f3n a esa nova vida pol\u00edtica portuguesa, e no medio doutros pensamentos e aprendizaxes desta ma\u00f1\u00e1, adapto aqu\u00ed tres cousas, que cito:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Atopei que o patriotismo que os meus pais me ensinaran era convertido en nacionalismo de xeito doado.<\/em>&#8220;<\/p>\n<p>&#8220;<em>Os meus pais eran, se non dimisionarios da pol\u00edtica en xeral, certamente dimisionarios dos pol\u00edticos.<\/em>&#8220;<\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n<p><em>E so\u00f1ei que efectivamente, durante a pandemia derog\u00e1base a lei mordaza.<br \/>\n Establec\u00edase a renda b\u00e1sica, e unha reforma fiscal, para o reparto mais equitativo da nosa riqueza<br \/>\n Potenci\u00e1base a agricultura agroecoloxica e a pesca artesanal de cara  a soberan\u00eda alimentar, <span class=\"text_exposed_show\"><\/p>\n<p> Nacionaliz\u00e1base a sanidade privada, creabase unha farmacia publica,<br \/>\npotenci\u00e1base a investigaci\u00f3n publica, recuper\u00e1base a sanidade publica,<br \/>\ngratu\u00edta e universal.<br \/>\n Legaliz\u00e1banse a todas as persoas, tiveran ou non papeis.<br \/>\n Derog\u00e1base a contra-reforma laboral establecendo salarios xustos<br \/>\n Garant\u00edanse as pensi\u00f3ns coas m\u00ednimas igualadas ao salario base,<br \/>\n Recuper\u00e1base unha sociedade civil, e non unha sociedade militar, expulsando das r\u00faas o exercito,<br \/>\n Constitu\u00edase unha banca p\u00fablica para acabar coa especulaci\u00f3n da banca privada<br \/>\n Establec\u00edase como dereito fundamental a autodeterminaci\u00f3n dos pobos.<\/span><\/em><\/p>\n<p class=\"text_exposed_show\"><em> Espero que non sexa un so\u00f1o, &#8230;.<\/em><\/p>\n<p>&#8220;<\/p>\n<p>Comezando pola \u00faltima, est\u00e1 collida de Facebook. Un so\u00f1o. Algo que axuda a formarse unha idea, que impulsa \u00e1 acci\u00f3n para conseguir un ideal&#8230; pero que, matinada dende un estado de pandemia -en realidade non ten por que ser as\u00ed, pero est\u00e1 enunciada en medio de tal estado- implica algo como unha enso\u00f1aci\u00f3n m\u00e1is que un so\u00f1o. Entumecemento dun ideal conseguido m\u00e1is que empoderamento cara \u00e1 consecuci\u00f3n de algo para o que a\u00ednda queda por facer.<\/p>\n<p>As d\u00faas primeiras son citas dun libro, <em>Permanent record<\/em>, que pasa por autobiograf\u00eda de Edward Snowden, e que me levou \u00f3 t\u00edtulo, 25 de abril nos EEUU. Levoume porque estou na parte do libro na que Snowden relata a formaci\u00f3n da s\u00faa idea de liberdade. Algo que foi formado a partir do seu pasado, formado a partir da educaci\u00f3n recibida na s\u00faa casa. Ensinado a amar o seu entorno simbolizado na &#8216;patria&#8217;, chegado un momento da s\u00faa vida ollou para atr\u00e1s e viu -moito tempo antes de converterse no activista pro dereitos da xente que \u00e9- que el mesmo pasara do &#8216;patriotismo&#8217; \u00f3 &#8216;nacionalismo&#8217; (eu, co vocabulario que por aqu\u00ed se manexa, dir\u00eda m\u00e1is ben &#8216;patrioterismo&#8217;), confundindo o amor polo seu entorno coa querencia dun medio autoseparado e r\u00edxido, sen diversidade de ideas co poder. Tam\u00e9n, constata que a s\u00faa familia, a s\u00faa herdanza, tend\u00eda a afastarse da pol\u00edtica, dimitindo as\u00ed da intervenci\u00f3n nos asuntos de todos e de po\u00f1er o seu gran de area en igualdade. Non tanto porque pasaran dos temas sociais como por ter a pol\u00edtica collido un cami\u00f1o de enaxenaci\u00f3n da vontade da xente a beneficio dos pol\u00edticos.<\/p>\n<p>Ribadeo, 25 de abril. Nun mundo confinado polo coronavirus pero enredado de xeito telem\u00e1tico, calquera punto pode ser considerado o centro do mundo. \u00d3 tempo que ning\u00fan o \u00e9 por m\u00e1is que esa rede creada pola xente se teza m\u00e1is nalg\u00fans lugares, e que esa densidade faga parecer que pode haber un centro do mundo. Non, Ribadeo non \u00e9 o embigo do mundo, nin ti tampouco o es, mais outro lugar ou outra xente tampouco. E n\u00f3s vivimos aqu\u00ed.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Gr\u00e2ndola, vila morena:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" class=\"YOUTUBE-iframe-video\" data-thumbnail-src=\"https:\/\/i.ytimg.com\/vi\/ObL11AOeBhc\/0.jpg\" frameborder=\"0\" height=\"266\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/ObL11AOeBhc?feature=player_embedded\" width=\"320\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esperto un 25 de abril confinado. E desenvolvo o d\u00eda ata que te\u00f1o conciencia da data. Volto atr\u00e1s coa mente e penso o que fixen hoxe, unha data que levou a Portugal a unha nova vida. Quedan na mi\u00f1a cabeza apuntadas -m\u00e1is ben o sitio onde ir de novo procuralas- unhas cantas ideas, que van [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[113,75,32,13,9],"class_list":["post-5088","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-25-de-abril","tag-coronavirus","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5088","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5088"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5088\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5088"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5088"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5088"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}