{"id":5080,"date":"2020-04-28T11:06:00","date_gmt":"2020-04-28T09:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:13:36","modified_gmt":"2024-11-12T12:13:36","slug":"nota-de-prensa-por-nuestro-faro-illa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/28\/nota-de-prensa-por-nuestro-faro-illa\/","title":{"rendered":"Nota de prensa Por Nuestro Faro. A ILLA PANCHA EN TEMPOS DE DESPISTE"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj-179DQVQZ_jBsAELlLRxURrtf3-dWaykFa1gbpsDRwSSe-6LDDjVS_Mf07eGkY1NCMRKMVvAp5D-EhTorKc35hD7X8K0q86lhvh1o8DqWasUcA02ImgVXvhfgJjM2QikIgBf1Dw\/s2048\/Rompendo+sobre+illa+Pancha.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj-179DQVQZ_jBsAELlLRxURrtf3-dWaykFa1gbpsDRwSSe-6LDDjVS_Mf07eGkY1NCMRKMVvAp5D-EhTorKc35hD7X8K0q86lhvh1o8DqWasUcA02ImgVXvhfgJjM2QikIgBf1Dw\/s2048\/Rompendo+sobre+illa+Pancha.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>A ILLA PANCHA EN TEMPOS DE DESPISTE<\/p>\n<p>Anque a atenci\u00f3n informativa est\u00e1 centrada no problema do Coronavirus non queremos deixar pasar mais tempo sen dar conta de alg\u00fans asuntos de actualidade en relaci\u00f3n ca Illa Pancha.<\/p>\n<p>En primeiro lugar debemos suli\u00f1ar a nosa sorpresa ao descubrir que o Concello de Ribadeo publicita un negocio privado a trav\u00e9s de unha fotograf\u00eda aparecida na p\u00e1xina de Facebook \u201cTurismo de Ribadeo\u201d tomando parte directa no apoio \u00e1 privatizaci\u00f3n da Illa Pancha, sendo que non fai o mesmo con outros establecementos do sector. Consideramos improcedente que o concello utilice os medios p\u00fablicos para facer publicidade de unha empresa privada xerando un agravio comparativo que non pode pasar desapercibido. Entendemos, polo demais, que esta maneira de actuar \u00e9 coherente co a pol\u00edtica que ven seguindo o goberno municipal neste tema, dende o ano 2014, cando se ocultou aos ribadenses a xesti\u00f3n que se estaba iniciando para privatizar a Illa Pancha. Sen ir m\u00e1is lonxe, hai varias semanas enter\u00e1monos pola prensa de que a empresa adxudicataria da concesi\u00f3n estaba xestionando, dende unha data que o concello  mantivo oculta \u00e1 opini\u00f3n p\u00fablica, un novo proxecto de cafeter\u00eda. Respecto deste asunto presentamos un escrito no rexistro do concello pedindo o acceso ao expediente desta novo proxecto de cafeter\u00eda. Entendemos que esta petici\u00f3n non debera ser necesar\u00eda nunha sociedade medianamente democr\u00e1tica, xa que ao concello s\u00f3bralle de saber que o Colectivo por Nuestro Faro representa a un sector apreciable da opini\u00f3n p\u00fablica ribadense e un m\u00ednimo de transparencia institucional debera traducirse nunha informaci\u00f3n aberta, non a nos directamente, sen\u00f3n ao conxunto da opini\u00f3n p\u00fablica. Seguindo este m\u00e9todo participativo a veci\u00f1anza ter\u00eda a oportunidade de enterarse con tempo dos  tr\u00e1mites e proxectos que se est\u00e1n xestionando e non recibir as noticias no \u00faltimo minuto, a trav\u00e9s de notas de prensa mais ou menos sesgadas, cando xa non queda tempo para exercer os dereitos democr\u00e1ticos, promover debates ou presentar recursos, se fose procedente. Todo este prantexamento forma parte de un modelo de informaci\u00f3n e participaci\u00f3n da veci\u00f1anza que ainda non callou no concello de Ribadeo, polo menos no que atinxe ao caso do faro da Illa Pancha que \u00e9 o motivo do noso colectivo.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n co anterior debemos suli\u00f1ar que estamos na agarda de que se nos reco\u00f1eza o dereito a consultar o novo proxecto de cafeter\u00eda na Illa Pancha, que xa solicitamos antes de que se presentara o problema do coronavirus. Entendemos que teremos acceso ao devandito expediente cando acabe o estado de alarma e agardamos que o concello non tome decisi\u00f3ns ao abeiro da opacidade do periodo que estamos pasando.<\/p>\n<p>Outro punto que debemos lembrar \u00e9 o asunto do dereito ao acceso libre \u00e1 Illa Pancha que vimos reclamando dende hai moitos meses e que o concello debera esixir \u00e1 empresa concesionaria dende o d\u00eda 1 de decembhro de 2017, por ser a data de concesi\u00f3n da licenza de actividade pero que non se fixo efectiva a d\u00eda de hoxe. Deixando aparte que a situaci\u00f3n actual sup\u00f3n un par\u00e9ntese nesta cuesti\u00f3n debemos suli\u00f1ar que  a resoluci\u00f3n da Fiscal\u00eda de Lugo reco\u00f1eceu expresamente o dereito incuestionable dos veci\u00f1os e visitantes  a ter o libre accso \u00e1 Illa Pancha a primeiros de xaneiro de 2020, ou sexa dous meses antes de que comezase a situaci\u00f3n excepcional xenerada pola pandemia, sen que o concello tomase nengunha iniciativa pr\u00e1ctica  para garantir este dereito cidad\u00e1n, como veu facendo nos dous anos longos trancurridos dende a data de concesi\u00f3n da licenza de actividade. Pola nosa banda remitimos un novo escrito \u00e1 fiscal\u00eda no mes de marzo aportando novos datos, do que agaradremos resposta cando a ituaci\u00f3n se normalice.<\/p>\n<p>En resumen, suli\u00f1ar que o noso grupo segue activo e pendente da evoluci\u00f3n dos feitos expostos mais arriba e particularmente vixiante de que non se tomen acordos ou decisi\u00f3n que perxudiquen aos intereses colectivos dos ribadenses en beneficio de unha empresa privada ao abeiro do silencio administrativo imposto por estas circunstancias excepcionais.<\/p>\n<p>COLECTIVO POR NUESTRO FARO       <\/p>\n<p>28.Abril.2020<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A ILLA PANCHA EN TEMPOS DE DESPISTE Anque a atenci\u00f3n informativa est\u00e1 centrada no problema do Coronavirus non queremos deixar pasar mais tempo sen dar conta de alg\u00fans asuntos de actualidade en relaci\u00f3n ca Illa Pancha. En primeiro lugar debemos suli\u00f1ar a nosa sorpresa ao descubrir que o Concello de Ribadeo publicita un negocio privado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5080","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5080","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5080"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5080\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5080"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5080"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5080"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}