{"id":508,"date":"2024-06-14T08:48:00","date_gmt":"2024-06-14T06:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:45:29","modified_gmt":"2024-10-23T08:45:29","slug":"nota-de-prensa-plataforma-pola-defensa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/06\/14\/nota-de-prensa-plataforma-pola-defensa\/","title":{"rendered":"Nota de prensa. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SA\u00daDE"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/CSR.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"402\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/CSR.jpg\" class=\"wp-image-509\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">O Centro de Sa\u00fade de Ribadeo na actualidade, no Google Maps<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/sanidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">SA\u00daDE<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como \u00e9 sabido o Concello de Ribadeo e a Conseller\u00eda de sanidade<br \/>\nda Xunta de Galicia ve\u00f1en presentando, dende hai mais de dous anos un<br \/>\nproxecto de construir un novo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=centro+de+sa%C3%BAde\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Centro de Sa\u00fade<\/a> en Ribadeo que poder\u00eda ter<br \/>\n algunas ventaxas con respecto ao actual e<br \/>\n tam\u00e9n alg\u00fans inconvintes. Por este motivo un grupo de veci\u00f1os e veci\u00f1as<br \/>\n tivemos unha serie de xuntanzas e intentamos analizar os pros e contras<br \/>\n deste proxecto e imos exponer aqu\u00ed un resumen do que levamos falado<br \/>\npara co\u00f1ecemento da veci\u00f1anza e que cada quen<br \/>\n poida opinar como considere oportuno.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; En primeiro lugar debemos suli\u00f1ar que non temos neng\u00fan<br \/>\ninconvinte en que se constr\u00faa un novo centro se sirve para mellorar o<br \/>\nservizo actual, \u00a1faltar\u00eda mais\u00a1 pero por ah\u00ed empezan as d\u00fabidas. Non<br \/>\nco\u00f1ecemos &#8211; porque non se publicou \u2013 neng\u00fan informe t\u00e9cnico<br \/>\n que especifique cales son as carencias do centro actual e porqu\u00e9 non se<br \/>\n poder\u00edan suplir con unha reforma do mesmo, que ser\u00eda moito mais barata.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; En segundo lugar, e esto \u00e9 o que mais nos preocupa, pret\u00e9ndese<br \/>\nconstruir o novo centro nun solar situado en fronte da estaci\u00f3n de<br \/>\nservizo, ou sexa a un km do centro actual e do miolo do casco urbano, o<br \/>\ncal significa que a gran maior\u00eda dos usuarios e<br \/>\n usuar\u00edas ter\u00edan que desplazarse a pe ou en coche particular ou en taxi<br \/>\npara recibir asistencia sanitaria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Para co\u00f1ecer mellor estes detalles fixemos unha serie de estudos<br \/>\n e aqu\u00ed van os datos concretos que poden interesar \u00e1 veci\u00f1anza: Cada d\u00eda<br \/>\n de luns a venres acuden ao centro de sa\u00fade unhas 600-700 persoas por<br \/>\ndiferentes motivos (an\u00e1lisis, consultas, tr\u00e1mites<br \/>\n burocr\u00e1ticos, urxencias, etc). Somente para an\u00e1lisis son 50-60 persoas<br \/>\n(non todos os d\u00edas). Fixemos unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=enquisa+sanitaria\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">enquisa<\/a> entre as persoas que acud\u00edan a<br \/>\n facer an\u00e1lisis e un 75 % aproximadamente<br \/>\ndesplazanse a pe, mentras que un 25 % ve\u00f1en<br \/>\n en coche. Dos que van facer an\u00e1lisis, arredor dun 67 % son persoas de<br \/>\nmais de 65 anos, moitos de eles con dificultades de desplazamento como<br \/>\ncalquera pode entender. &nbsp;Outra cousa que fixemos foi ponernos diante da<br \/>\nestaci\u00f3n de servizo entre as 8:30 e 13 horas<br \/>\n da ma\u00f1ana en seis d\u00edas distintos de semana e contar os automoveis que<br \/>\npasaban dando como resultado que a media foron entre 7 e 14 coches,<br \/>\nfurgonetas ou cami\u00f3ns por minuto nese tramo horario. Pode entenderse<br \/>\nf\u00e1cilmente o que esto significa se se engaden outros<br \/>\n 400 ou 500 coches entrando e sa\u00edndo do aparcamento do centro de sa\u00fade<br \/>\nque agora se pretende levar a esa zona da Cantalarrana. Ser\u00edan entre 800<br \/>\n e 1000 veh\u00edculos mov\u00e9ndose por aquela curva con mala visibilidade e ca<br \/>\nestaci\u00f3n de servizo enfronte. Esto son n\u00fameros<br \/>\n que calquera pode comprobar, aqu\u00ed non hai demagoxia nen pol\u00edtica de<br \/>\nneng\u00fan tipo. E t\u00e9\u00f1ase en conta que estes datos foron recollidos no mes<br \/>\nde marzo, a ver qu\u00e9 pasa no vran.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n debemos informar que o 21 de decembro de ano pasado tivemos<br \/>\n unha entrevista co Sr. Alcalde e outras persoas do concello e dado que<br \/>\nnon chegamos a convencernos uns e outros quedamos en que nos citar\u00edan<br \/>\npara unha nova charla con presencia de un t\u00e9cnico<br \/>\n da Conseller\u00eda de Sanidade pero o tempo foi pasando e ningu\u00e9n nos<br \/>\nchamou para ese novo encontro.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; O \u00faltimo que sabemos \u00e9 que no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/05\/antonte-20240514-pleno.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pleno Municipal do dia 14 de maio <\/a><br \/>\ntomouse o acordo de iniciar os tr\u00e1mites para recalificar &nbsp;os terreos<br \/>\ndestinados a este novo centro de sa\u00fade en fronte da estaci\u00f3n de servizo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aqu\u00ed deixamos esta informaci\u00f3n. Dende o noso ponto de vista<br \/>\nser\u00eda un erro hist\u00f3rico levar o centro de Atenci\u00f3n Primaria para<br \/>\nCantalarrana tendo como temos un servizo accesible e c\u00f3modo no centro do<br \/>\n casco urbano, ao que poden acceder a pe a gran maior\u00eda<br \/>\n dos veci\u00f1os como todos sabemos. Que se pode mellorar xa o sabemos, como<br \/>\n todo na vida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non entramos nas promesas da Xunta de Galicia. S\u00f3 suli\u00f1ar que<br \/>\ntemos a impresi\u00f3n de que queren suprimir o servizo de radiolox\u00eda, o que<br \/>\nsupor\u00eda unha perda de prestaci\u00f3ns e ter que desprazarse a Burela cando<br \/>\nse precisase unha radiograf\u00eda sinxela. E po\u00f1endo<br \/>\n os p\u00e9s na terra non podemos esquecer que a Conseller\u00eda de Sanidade non \u00e9<br \/>\n capaz de garantir a consulta de Pediatr\u00eda dende hai moitos meses, como<br \/>\ntodo o mundo sabe. O \u00fanico que propo\u00f1emos aos veci\u00f1os \u00e9 que se informen e<br \/>\n pensen o que mais nos conv\u00e9n, a ver se<br \/>\n nos van cambiar as orellas polo rabo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pola nosa banda iniciaremos unha serie de acci\u00f3ns informativas das que daremos conta oportunamente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Centro de Sa\u00fade de Ribadeo na actualidade, no Google Maps &nbsp; PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SA\u00daDE &nbsp; &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como \u00e9 sabido o Concello de Ribadeo e a Conseller\u00eda de sanidade da Xunta de Galicia ve\u00f1en presentando, dende hai mais de dous anos un proxecto de construir un novo Centro de Sa\u00fade en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":509,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[27,9],"class_list":["post-508","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/508","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=508"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/508\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/509"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=508"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=508"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=508"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}