{"id":5076,"date":"2020-04-29T13:45:00","date_gmt":"2020-04-29T11:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:13:30","modified_gmt":"2024-11-12T12:13:30","slug":"do-tempo-en-tempos-do-coronavirus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/04\/29\/do-tempo-en-tempos-do-coronavirus\/","title":{"rendered":"Do tempo en tempos do coronavirus"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &#8216;Nestes tempos&#8217; que vivimos, a percepci\u00f3n do tempo var\u00eda moito dunha a outra persoa. Pero o tempo, &#8216;existe&#8217;. Lembrei e reatopei un <a href=\"https:\/\/lnds.net\/blog\/lnds\/2008\/05\/28\/gin-television-y-superavit-social\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">artigo do 2008<\/a> (hai varias versi\u00f3ns de traduci\u00f3ns circulando pola rede) para revisitar e comentar unha idea relacionada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Basicamente, o fondo do artigo tenta visualizar que pasar\u00eda se aproveitamos o tempo perdido dando tumbos (daquela, sobre todo na tele, agora, m\u00e1is ben nas &#8216;redes sociais&#8217;) para obter un superavit temporal que permita crear un superavit social, po\u00f1endo como exemplo un caso de superavit cognitivo. Idea complexa? Non. Daquela -2008- calcul\u00e1banse nuns 100 mill\u00f3ns de horas de pensamento humano o adicado xa \u00e1 Wikipedia. Por semellanza en relaci\u00f3n \u00f3 n\u00famero de edici\u00f3ns, hoxe poid\u00e9ranse pasar tranquilamente os dez mil mill\u00f3ns de horas. Pero \u00e9 que xa <a href=\"http:\/\/fqribadeo.ribadeando.com\/2019\/06\/los-dibujos-animados-en-la-experiencia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">hai m\u00e1is de trinta anos calculaba eu para Espa\u00f1a que os m\u00e1is pequenos pasaban ben das 700 horas anuais de televisi\u00f3n<\/a>, polo que xeralizando hoxe, s\u00f3 en Espa\u00f1a, ad\u00edcase \u00e1s pantallas &#8216;a fondo perdido&#8217; abondo m\u00e1is das 10 000 000 000 horas que levar\u00eda constru\u00edr unha wikipedia como a actual, nas diferentes versi\u00f3ns ling\u00fc\u00edsticas e tendo en conta para facernos unha idea mellor que a Wikipedia en ingl\u00e9s ten algo as\u00ed como 40 veces o n\u00famero de artigos da galega.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Podemos ter dificultades en sacar tempo para cousas como a construci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Galipedia<\/a>, pero evidentemente, temos &#8216;pozos sen fondo&#8217; de tempo que poderiamos drenar para un mellor equilibrio persoal. De a\u00ed pode sacarse tempo. Como exemplo, o &#8216;tempo de televisi\u00f3n&#8217;, que enmascara un tempo que representa (ou pode representar) un superavit de co\u00f1ecementos e formaci\u00f3n aproveitables para realizaci\u00f3n persoal e\/ou social. Un tempo que, &#8216;en tempos de coronavirus&#8217; \u00e9 m\u00e1is necesario xestionar mellor para minimizar o impacto mental da pandemia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O tempo que a xente usa para ver a televisi\u00f3n \u00e9 un tempo rexeitado para outras cousas, redirixible se asumimos que \u00e9 m\u00e1is ventaxoso para n\u00f3s -por gusto, disfrute ou o que sexa- usalo cara outra cousa. E nesas estamos: en saber cara onde poderiamos tirar para que o tempo estivera encadrado nun lugar que consideraramos mellor para n\u00f3s que a pantalla. Algo complexo, pois abrirse novos cami\u00f1os sempre o \u00e9 e hai que andar procurando polo m\u00e9todo de tentativa e erro. Pero \u00f3 final, paga a pena. \u00c9 revolucionario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed, pois, plante\u00e1chete xa que facer con ese tempo substitutorio do &#8216;ab\u00farrome&#8217;? Se o tes, claro!, que non sempre ocorre. Mira como opci\u00f3n nunha colaboraci\u00f3n con outra xente, constru\u00edndo sociedade. \u00c9 abondo m\u00e1is proveitoso e gratificante que invertilo en propagar presuntas novas sen xeito. E non dana nin a ti nin \u00e1 sociedade, sen\u00f3n todo o contrario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &#8216;Nestes tempos&#8217; que vivimos, a percepci\u00f3n do tempo var\u00eda moito dunha a outra persoa. Pero o tempo, &#8216;existe&#8217;. Lembrei e reatopei un artigo do 2008 (hai varias versi\u00f3ns de traduci\u00f3ns circulando pola rede) para revisitar e comentar unha idea relacionada. &nbsp;&nbsp; Basicamente, o fondo do artigo tenta visualizar que pasar\u00eda se aproveitamos o tempo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32,63,9],"class_list":["post-5076","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia","tag-galipedia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5076","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5076"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5076\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5076"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5076"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5076"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}