{"id":5060,"date":"2020-05-11T14:53:00","date_gmt":"2020-05-11T12:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:58","slug":"a-outra-transicion-de-fase","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/05\/11\/a-outra-transicion-de-fase\/","title":{"rendered":"Os outros cambios de fase"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh7lWxjvemSdpvV2Aw0XX_qlu2W2PYbFoj-8SMsSUQkvYg4noyYrl1m2JBZaHm7u3VnHa4r60898uBjPXzL47j_04ptx2X98xBhofYC5F2S9lBpuWTxMja3FeF8Y6d0x9P1yudj9g\/s2048\/Diagrama+de+fase+en+chino.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh7lWxjvemSdpvV2Aw0XX_qlu2W2PYbFoj-8SMsSUQkvYg4noyYrl1m2JBZaHm7u3VnHa4r60898uBjPXzL47j_04ptx2X98xBhofYC5F2S9lBpuWTxMja3FeF8Y6d0x9P1yudj9g\/s2048\/Diagrama+de+fase+en+chino.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Diagrama de fases (para a auga) en chino. Lic. <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/3.0\/deed.gl\">CC-BY-SA-3.0<\/a>, dende <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Phase-diag-zh.svg\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Phase-diag-zh.svg<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Xa estamos axeitados a falar de fases. Todo o mundo sabe en que fase estamos. Vemos -m\u00e1is ou menos, coa confusi\u00f3n l\u00f3xica en cada transici\u00f3n- cambios que significa. Asumimos que a loita contra a pandemia incl\u00fae unha estrutura de fases de desconfinamento, que non podemos de pronto baixar todas as defensas, porque ser\u00eda unha toleada.<\/p>\n<p>Mais hai outras fases. Por exemplo, as <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/03\/diario-de-un-confinado-en-la-plaza-de_26.html\">fases dos duelos<\/a>, que ve\u00f1en a ser: a negaci\u00f3n do feito, da perda; a ira como rebeli\u00f3n ante a perda; a negociaci\u00f3n tentando comprender o que (nos) est\u00e1 a ocorrer; a depresi\u00f3n como impotencia; e a aceptaci\u00f3n como evidencia de que se non hai nada que facer, hai que tirar para adiante&#8230;<\/p>\n<p>Os cambios de fase sempre levan a confusi\u00f3n, despiste, exploraci\u00f3n de l\u00edmites&#8230; \u00f3 fin, tr\u00e1tase de facer a transici\u00f3n entre estruturas moi diferentes, e non sempre se te\u00f1en os l\u00edmites claros. Algo diso est\u00e1 a pasar con outros cambios de fase: os que sinalan a variaci\u00f3n da mentalidade que ofrecemos como sociedade.&nbsp;<\/p>\n<p>Un exemplo: pasamos de sorrir ante o levar mascari\u00f1as a levalas, en pouco tempo e razonando entre n\u00f3s que o sorriso anterior era debido \u00e1 desinformaci\u00f3n -non falta de informaci\u00f3n, ou outros factores, non, sen\u00f3n desinformaci\u00f3n- para, a rengl\u00f3n seguido ter xa superada esa fase e non voltar sorrir ante a vista das mascari\u00f1as, sen\u00f3n pasar \u00e1 considerar que estamos por riba desa necesidade de protecci\u00f3n. Evitando polo demais o feito de que estamos todos xuntos nisto, que non hai a salvaci\u00f3n individual sen a protecci\u00f3n colectiva.<\/p>\n<p>Outro? De ser un tema secundario, a pandemia pasou a ocupar o universo das novas e das conversas. Tanto, que era aconsellable baixar a dependencia dese tema para evitar fixaci\u00f3ns ps\u00edquicas. Ben, pois agora esa fase, da pandemia-virus no universo da comunicaci\u00f3n entre n\u00f3s, est\u00e1 dexando paso de xeito r\u00e1pido a outra, a crise econ\u00f3mica derivada. A nivel conversa e a nivel noticia. \u00c9 curioso que cando o boom da comunicaci\u00f3n sobre coronavirus se procurara indicaci\u00f3n do que se fac\u00eda noutros lugares, de xeito l\u00f3xico pois todos somos humanos, e as receitas son xerais. Mais nesta outra fase, a procura de indicaci\u00f3ns qu\u00e9dase curta. E tenta ser substitu\u00edda por imposici\u00f3n &#8216;para onte&#8217; de toda canta medida se adopte al\u00e9n da fronteira. Sen considerar que a sociedade, a estrutura econ\u00f3mica ou os medios poden ser ben diferentes aqu\u00ed que en Dinamarca, po\u00f1amos. Nese cambio de fase, queda s\u00f3 como curiosidade de casos puntuais o retorno atr\u00e1s nalgunha disposici\u00f3n de xesti\u00f3n en Singapur, Corea ou China, o que non abonda para dar marcha atr\u00e1s, \u00f3 tema anterior na importancia para a comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O cambio de fase mental, do conxunto de todas esas visi\u00f3ns sobre cousas da vida e en cada un de n\u00f3s, non \u00e9 algo que se consiga da noite para a ma\u00f1\u00e1. Hai quen vai m\u00e1is lento, hai quen m\u00e1is r\u00e1pido. Hai quen ten establecido -porque o considera necesario- un protocolo para entrar na casa en relaci\u00f3n \u00e1 protecci\u00f3n anti coronavirus e hai quen seguir\u00e1 tempo estornudando sen nin po\u00f1er a man diante, como para pensar en protexer coa parte interna do codo como se aconsella. Hai quen segue a pensar que non pasa nada por contaminar, sexa queimando gasolina ou utilizando pl\u00e1sticos dun s\u00f3 uso, e hai quen procura minimizar o consumo e ve na perda da natureza unha das claves da produci\u00f3n da pandemia. Mais ese cambio de mentalidade est\u00e1 a producirse, un cambio de fase mental a nivel global -non de Ribadeo, Galicia ou Espa\u00f1a- e ir\u00e1 deix\u00e1ndose ver: as revoluci\u00f3ns te\u00f1en alg\u00fans efectos inmediatos, pero ata que se deixan sentir dun xeito asentado na grande maior\u00eda da xente, pasa un tempo non desprezable. Ou, non hai quen cre a\u00ednda que o rei est\u00e1 por riba da lei?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Diagrama de fases (para a auga) en chino. Lic. CC-BY-SA-3.0, dende https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Phase-diag-zh.svg Xa estamos axeitados a falar de fases. Todo o mundo sabe en que fase estamos. Vemos -m\u00e1is ou menos, coa confusi\u00f3n l\u00f3xica en cada transici\u00f3n- cambios que significa. Asumimos que a loita contra a pandemia incl\u00fae unha estrutura de fases de desconfinamento, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,21,9],"class_list":["post-5060","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5060","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5060"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5060\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5060"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5060"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5060"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}