{"id":5051,"date":"2020-05-20T09:58:00","date_gmt":"2020-05-20T07:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:43","slug":"procurando-lider","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/05\/20\/procurando-lider\/","title":{"rendered":"Procurando l\u00edder"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhfF5bjFefI1aI5goW31ULVxkdACjye3uiROD8ej_ZXqRD5t7tXSs9ENaknyejwuDQXh2kbTYI9Xkewoifwr3rHKNZfbyPFQlEvQk3jBPUmU4eWCBPgMnQOzfQCrmEOggvnQEXS2w\/s2048\/L%25C3%25ADder+inscrito+na+constituci%25C3%25B3n.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"479\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhfF5bjFefI1aI5goW31ULVxkdACjye3uiROD8ej_ZXqRD5t7tXSs9ENaknyejwuDQXh2kbTYI9Xkewoifwr3rHKNZfbyPFQlEvQk3jBPUmU4eWCBPgMnQOzfQCrmEOggvnQEXS2w\/s2048\/L%25C3%25ADder+inscrito+na+constituci%25C3%25B3n.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/L%C3%ADder_Eterno_da_Corea_Juche\">L\u00edder inscrito na constituci\u00f3n<\/a>. <\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pasou o tempo dos l\u00edderes? Gustar\u00edame dicir &#8216;si&#8217;, pero coido que a resposta correcta \u00e9 &#8216;non&#8217;. A calquera nivel, do internacional \u00f3 local, e viceversa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Comecemos por que me gustar\u00eda dicir que si. Se somos libres e polo tanto librepensadores, coa implicaci\u00f3n de que actuamos dun xeito maduro, a postura com\u00fan no actuar dunha sociedade debera ser consensuada e asumida dun xeito voluntario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero, ademais de que a estrutura institucional actual non da moito de si nese sentido, dir\u00edamos que o consenso leva tempo e traballo, porque necesita intercambio de ideas, comprensi\u00f3n&#8230; o que nos levar\u00eda a l\u00edmites na s\u00faa aplicaci\u00f3n. Si, certo. Pero tam\u00e9n \u00e9 certo que pode actuarse de forma inmediata, autom\u00e1tica, instintiva, fronte a un problema s\u00fapeto, fac\u00e9ndoo de xeito aut\u00f3nomo \u00f3 tempo que imitativo \u00f3 reco\u00f1ecer as boas respostas \u00f3 problema. Algu\u00e9n pode consideralo como remedo de liderado. Mais, non \u00e9, non ser\u00eda en todo caso un liderado como soe entenderse, de xeito carism\u00e1tico, de seguemento \u00e1 persoa &#8216;pola s\u00faa cara bonita&#8217; ou outras caracter\u00edsticas (ver a <a href=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/l%C3%ADder\">definici\u00f3n que da de &#8216;l\u00edder&#8217; a Real Academia<\/a>), sen\u00f3n por reco\u00f1emento de que ten unha boa idea e a actuaci\u00f3n de desenvolvemento que corresponda para o caso do que se trate no momento, observada esa bondade de xeito independente \u00e1 persoa. A distinci\u00f3n est\u00e1 na conciencia do seguemento fronte \u00f3 seguemento sen conciencia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O do liderado, despois de moitos s\u00e9culos de ter sido obrigados a seguir l\u00edderes impostos de moi diversos xeitos, de caudillos a reis, pasando por caciques, potentados ou bruxos, ten ido calando na personalidade da xente. E non \u00e9 doado despoxarse desa capa. \u00c9 c\u00f3modo, unha especie de metade simbiose metade parasitismo. Unha tapadeira que, con diversos subterfuxios, permite a comodidade mental da delegaci\u00f3n de pensar. Delegaci\u00f3n de ideas, opini\u00f3ns e actuaci\u00f3ns, sexa para aprobar e seguir o ronsel, sexa para negar e oporse. M\u00e1is a\u00ednda cando o liderado as\u00e9ntase no &#8216;raba\u00f1o&#8217;, que son todos os que seguen a un l\u00edder, e que se manifesta en <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Elias_Canetti#Masa_y_poder\">bandos que tenden a uniformarse e autoreforzarse<\/a>: en canto nos adherimos a unha idea dunha persoa e identificamos con ela (idea e persoa asociadas) xa temos tomado un partido e \u00e9 m\u00e1is e m\u00e1is doado continuar adher\u00edndonos \u00f3 manifestado por esa persoa. As\u00ed, admitiremos de inmediato, de xeito sinxelo, ideas en seguemento do l\u00edder que, se nos fosen presentadas por outra persoa \/ bando, moi posiblemente non ter\u00edamos admitido. Non ao menos sen antes pensar algo sobre ela.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E hai que distinguir. Ate hai pouco, relativamente, o do liderado estaba relacionado coa pol\u00edtica ou coa \u00e9pica, ou quiz\u00e1is, moi espec\u00edficamente, con cousas de relixi\u00f3n. Pero a emerxencia doutros campos a trav\u00e9s do desenvolvemento da econom\u00eda ou da educaci\u00f3n leva a aplicar o de l\u00edder a empresas (e \u00f3s seus directivos) ou noutros moitos entornos, como a cantantes capaces de dirixir os gustos, ideas ou xeitos de comportamento de masas de xente.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00d3 fin, liderado significa poder sobre a masa, por moito que poda ser chamado &#8216;<a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Soft_power\">poder brando<\/a>&#8216; ou non tanto. Se pode ser visto como algo convinte (sobre todo, por quen o ten e os seus beneficiarios) hai que preguntarse ata que punto \u00e9 bo en si ou para os demais que haxa quen o poda exercer en calquera circunstancia, pois os l\u00edmites son difusos: o criterio de autoridade \u00e9 algo que ven de vello en t\u00f3dolos campos e un l\u00edder tende a espallar o seu liderado dun a outro campo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Fixeime no liderado porque a mesma idea de ver \u00f3s demais a trav\u00e9s dun liderado, leva a querer que os demais compartan unha visi\u00f3n do mundo no que os l\u00edderes impo\u00f1er\u00edanse. \u00c9 dicir, no que o resto actuar\u00edamos como raba\u00f1o. Algo que se ten feito \u00f3 chamar &#8216;l\u00edder&#8217; a algu\u00e9n dun partido de recente creaci\u00f3n por parte doutros bandos, como ten sucedido en Espa\u00f1a con Podemos. \u00c9 dicir, estar\u00edase tentando adxudicar a ese \/ nese partido unha estrutura no que xa se lle estar\u00edan subministrando as ideas b\u00e1sicas de relaci\u00f3n interna: precisamente o xeito de funcionamento que levar\u00eda \u00e1 pol\u00edtica xa establecida, ou, no imaxinario, \u00e1 &#8216;ditadura bolivariana&#8217;. O tema d\u00e1 para moito m\u00e1is. E non s\u00f3 en pol\u00edtica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Un apuntamento: E a nivel local? Tam\u00e9n hai l\u00edderes, m\u00e1is que l\u00edder, seguindo as tendencias dos tempos modernos de multiliderado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha pregunta e unha resposta: significa o anterior que se pode pertencer a moitas masas diferentes a un tempo? Si.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Voltando \u00f3 comezo, que fai un l\u00edder? Como se pode distinguir para procurar erixilo \/erixirse como tal? Sa\u00edr nas fotos contrib\u00fae, claro. E chegar a certos postos realimenta o efecto. Pero pensar que \u00e9 o que o fai e que fai \u00e9 algo que coido que \u00e9 convinte cavilalo de xeito individual para asimilalo mellor&#8230; sexa local ou internacional, e no campo que sexa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>L\u00edder inscrito na constituci\u00f3n. &nbsp;&nbsp; Pasou o tempo dos l\u00edderes? Gustar\u00edame dicir &#8216;si&#8217;, pero coido que a resposta correcta \u00e9 &#8216;non&#8217;. A calquera nivel, do internacional \u00f3 local, e viceversa. &nbsp;&nbsp; Comecemos por que me gustar\u00eda dicir que si. Se somos libres e polo tanto librepensadores, coa implicaci\u00f3n de que actuamos dun xeito maduro, a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-5051","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5051","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5051"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5051\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5051"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5051"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5051"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}