{"id":5043,"date":"2020-05-30T21:26:00","date_gmt":"2020-05-30T19:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:30","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:30","slug":"alcoa-na-marina-tan-lonxe-tan-preto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/05\/30\/alcoa-na-marina-tan-lonxe-tan-preto\/","title":{"rendered":"Alcoa na Mari\u00f1a: tan lonxe, tan preto"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7_vSR3qCL5SU4C9x0jwWC1aZw2gXlSg9N_x94pnuZzqIzKxfYmQVk5tM2zD9qfGu6XfsrKyeNfcY578KRIyMorT0ty8f6UCq4QcUm3fQiEClDbLRUa2Q566wJGeJ6DNQJ69PpUA\/s2048\/Alcoa+non+se+pecha.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi7_vSR3qCL5SU4C9x0jwWC1aZw2gXlSg9N_x94pnuZzqIzKxfYmQVk5tM2zD9qfGu6XfsrKyeNfcY578KRIyMorT0ty8f6UCq4QcUm3fQiEClDbLRUa2Q566wJGeJ6DNQJ69PpUA\/s2048\/Alcoa+non+se+pecha.jpg\" width=\"395\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=alcoa\">Alcoa<\/a>, no coraz\u00f3n da Mari\u00f1a, est\u00e1 estes d\u00edas tam\u00e9n na cabeza dos mari\u00f1\u00e1ns. Sen ir m\u00e1is lonxe, ma\u00f1\u00e1 mesmo, domingo 31 de maio, ter\u00e1 lugar unha concentraci\u00f3n en Ribadeo co lema &#8216;Alcoa non se pecha&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Era o 1998 cando unha industria p\u00fablica espa\u00f1ola se vendeu \u00f3 sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo propiedade de Aluminum Company of America. Coido que \u00e9 preciso dicilo con todas as letras: a &#8216;nosa&#8217; Alcoa \u00e9 -se lle imos po\u00f1er patria \u00f3 capital- norteamericana. \u00c9 dicir, iso de que est\u00e1 no coraz\u00f3n da Mari\u00f1a e na cabeza dos mari\u00f1\u00e1ns \u00e9 en certo xeito equivalente a dicir que unha pel\u00edcula est\u00e1 no noso coraz\u00f3n e na nosa cabeza: consum\u00edmola, formamos parte do seu mercado&#8230; pero non \u00e9 nosa por moito que nos guste, nos encha ou sexa un icono para n\u00f3s. E a\u00ed est\u00e1n os cr\u00e9ditos da pel\u00edcula para lembr\u00e1rnolo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O dos cr\u00e9ditos l\u00e9vanos a outro tipo de consideraci\u00f3ns: os cartos recibidos pola multinacional -non pola f\u00e1brica- en forma de subvenci\u00f3ns e regal\u00edas. Cartos, en parte, dados de xeito directo para empregar en manter un emprego que agora se desvanece. Ou unha tarifa el\u00e9ctrica -controvertida polo per\u00edodo de aplicaci\u00f3n, segundo a empresa- que pode non ter o mellor dese\u00f1o posible, pero que significa unha enerx\u00eda varias veces m\u00e1is barata que a que pode pagar calquera de n\u00f3s -outras empresas inclu\u00eddas-. Mentres, o tema da contaminaci\u00f3n, os lodos vermellos, quedan a outro nivel, desaparecen de escea de xeito peri\u00f3dico, por moito que a balsa quede a\u00ed por tempo indefinido como unha bomba a estoupar en calquera momento.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E \u00e9 que da industria aluminera depende a terceira parte do PIB da provincia. Tanta \u00e9 a importancia dada, que ata se pretend\u00eda facer unha central nuclear para a s\u00faa alimentaci\u00f3n -cousa que parece esquecida- e foi fundamental para a vida da maior contaminante en moitos, moitos quil\u00f3metros \u00e1 redonda, a central t\u00e9rmica das Pontes. Si, esa en trance de desaparici\u00f3n, o que representou un aviso m\u00e1is dos moitos espallados no tempo que foron advertindo de que a planta de aluminio non era para sempre.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero, como xa tentou e impuxo no seu momento Margaret Thatcher, &#8216;There is not alternative&#8217;: non \u201chai\u201d alternativa, hai imposici\u00f3n, ou o tomas ou o deixas. Tanto na negociaci\u00f3n dos convenios como na presi\u00f3n para recibir axudas, sempre necesarias, sempre demasiado poucas, sempre cos traballadores como forza de choque para o beneficio da empresa. Ou, sinxelamente, para a procura doutras posibilidades. Si, pois, o mesmo que no &#8216;Plan E&#8217; para combater o desastre da construci\u00f3n os fondos empreg\u00e1banse sobre todo para constru\u00edr\/asfaltar, aqu\u00ed non xurdiu nin unha empresa que aumentara o valor engadido do producido, para canto m\u00e1is pensar na diversificaci\u00f3n industrial ou nun tecido que atenuara os posibles contratempos. \u00c9 a\u00ednda agora o d\u00eda no que se procura presi\u00f3n para &#8216;non pechar Alcoa&#8217;, non para producir rendibilidade ou procurar alternativas. O do decrecemento? Non entra nin na axenda. X\u00f3gase \u00e1 contra. E cando se xoga \u00e1 contra, as probabilidades van contra un.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Foi avisado. Pero iso non xustifica nin a inacci\u00f3n nin a defensa a ultranza. Os afectados somos todos. E mesmo quen menos, m\u00e1is do que parece.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Alcoa, no coraz\u00f3n da Mari\u00f1a, est\u00e1 estes d\u00edas tam\u00e9n na cabeza dos mari\u00f1\u00e1ns. Sen ir m\u00e1is lonxe, ma\u00f1\u00e1 mesmo, domingo 31 de maio, ter\u00e1 lugar unha concentraci\u00f3n en Ribadeo co lema &#8216;Alcoa non se pecha&#8217;. &nbsp;&nbsp; Era o 1998 cando unha industria p\u00fablica espa\u00f1ola se vendeu \u00f3 sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,111,26,9],"class_list":["post-5043","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-marina","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5043","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5043"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5043\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5043"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5043"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5043"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}