{"id":5042,"date":"2020-06-01T08:51:00","date_gmt":"2020-06-01T06:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:28","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:28","slug":"alcoa-salvase-soa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/01\/alcoa-salvase-soa\/","title":{"rendered":"Alcoa s\u00e1lvase soa"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgAQjRR214Di4FeSDREloNqlPZLLOQsb_WuzLCEicBhUy0qtd7r_mhJiHAowpLLU0SQJkgKEX6FCu7I4XatZoehJ3O2aRqlwfJUy8VdLXD_kO3o1jHuXyL7XPiY_K2Ni6PU4b3Rdg\/s2048\/Queima+de+neum%25C3%25A1ticos+na+Ponte+dos+Santos.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgAQjRR214Di4FeSDREloNqlPZLLOQsb_WuzLCEicBhUy0qtd7r_mhJiHAowpLLU0SQJkgKEX6FCu7I4XatZoehJ3O2aRqlwfJUy8VdLXD_kO3o1jHuXyL7XPiY_K2Ni6PU4b3Rdg\/s2048\/Queima+de+neum%25C3%25A1ticos+na+Ponte+dos+Santos.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u2018<em>Alcoa s\u00e1lvase soa. O que hai que salvar \u00e9 o tecido industrial da Mari\u00f1a. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostaler\u00eda.<\/em>\u2019<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O anterior \u00e9 o comezo do comentario dun amigo. Pola mi\u00f1a parte, considereino unha continuaci\u00f3n de \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/05\/alcoa-na-marina-tan-lonxe-tan-preto.html\">Alcoa na Mari\u00f1a: tan lonxe, tan preto<\/a>\u201d, un tema que dar\u00eda para un libro enteiro. Pero sigo citando:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u2018<em>Tam\u00e9n os riscos son maiores. Tam\u00e9n hai que salvar a produci\u00f3n propia e non depender do aluminio de Arabia Saud\u00ed, tam\u00e9n de Alcoa, que xa se est\u00e1 a vender aqu\u00ed. Tam\u00e9n do aluminio chin\u00e9s, a\u00ednda que iste non compite en calidade. Alcoa ti\u00f1a un compromiso de manter empregos uns anos, que xa expirou. Alcoa ti\u00f1a a promesa dunha enerx\u00eda barata, que xa expirou tam\u00e9n. E se ben \u00e9 certo que a electricidade, en Espa\u00f1a, prod\u00facese por moito menos do que custa, tampouco \u00e9 cousa de que se lle regale a Alcoa e se nos cobre a n\u00f3s a diferencia. Non se trata de salvar a Alcoa, tr\u00e1tase de salvar a f\u00e1brica, as tres f\u00e1bricas, e po\u00f1erse a fabricar aluminio. Unha empresa estatal non ten por que dar beneficio, tan s\u00f3 ten que ser sostible. O obxectivo dunha empresa estatal \u00e9 crear emprego de calidade e ser sostible no tempo. E mentres os pol\u00edticos non o vexan as\u00ed, a soluci\u00f3n s\u00f3 ser\u00e1 un pouco m\u00e1is de agon\u00eda.<\/em>\u2019<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O obxectivo desta entrada \u00e9 mirar a cita que remato de po\u00f1er cos meus ollos. Comezo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Si, Alcoa \u00e9 unha empresa privada e estranxeira, m\u00f3vese polo interese e non ten por que coincidir co interese da Mari\u00f1a. \u00c9 mais, o raro ser\u00eda que coincidise. Outra cousa \u00e9 o tecido industrial que a rodea. Totalmente dependente, pois non se crearon empresas que aporten valor engadido \u00f3 produto, nin se diversificaron para non depender do mantemento desa f\u00e1brica. \u00c9 pouco pero \u00e9 o que hai, e o que se poder\u00eda salvar. Postos de traballo m\u00e1is cualificados e remunerados que os da hostaler\u00eda. E sen discontinuidade \u00f3 longo do ano.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Nestes momentos, os riscos para a industria alumineira son maiores que na hostaler\u00eda, parece. Coa incertidume introducida pola pandemia xa non estou tan seguro, a\u00ednda que no que respecta a este ver\u00e1n semella evidente a\u00ednda coas limitaci\u00f3ns previsibles.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 Alcoa a que se est\u00e1 a facer competencia a si mesma. Vexamos. Se d\u00faas f\u00e1bricas producen o mesmo produto, hai sobreproduci\u00f3n e unha est\u00e1 situada nunha zona de alto consumo e medrando mentres a outra nunha zona no que o consumo e menor e mesmo dimin\u00fae, non leva esta \u00faltima as de perder? Pois iso est\u00e1 pasando co consumo en Europa fronte \u00f3 consumo de Asia, m\u00e1is al\u00f3 dos custes laborais ou enerx\u00e9ticos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E Alcoa, a empresa, non a f\u00e1brica, ti\u00f1a compromiso de manter postos de traballo. Para iso se lle deron unha morea de cartos. Ti\u00f1a, non ten. Ao menos, iso \u00e9 o que pensa que pode facer a empresa. Alcoa ti\u00f1a e ten enerx\u00eda barata. Outra cousa \u00e9 que queira a\u00ednda mellores condici\u00f3ns de prezo e servizo. A pesares de que no balance das empresas el\u00e9ctricas sexamos n\u00f3s o contrapeso desa rebaixa. Unha situaci\u00f3n inxusta de por si que se pode pretender non s\u00f3 continuar sen\u00f3n agravar, pero que non \u00e9 de recibo m\u00e1is que para os que nos chegan \u00e1s casas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O que se perdeu cando se privatizou a f\u00e1brica de San Cibrao foi algo m\u00e1is que a nuda propiedade. Foi a capacidade de decisi\u00f3n e foron os obxectivos. Certo, unha empresa estatal antep\u00f3n -debera antepor- a s\u00faa funci\u00f3n social \u00f3s beneficios. Pero o mesmo que vender significa desfacerse dun problema de xesti\u00f3n, comprar -neste caso, nacionalizar- significa o contrario. Nunha situaci\u00f3n de falta de inversi\u00f3n, na que na empresa sigue no mercado e \u00e9 de supo\u00f1er que non querer\u00e1 competencia, e na que a empresa sigue a dispo\u00f1er de control das redes de subministro e de venda. E na que as empresas multinacionais te\u00f1en en boa parte, escapado \u00f3 control dos estados e mesmo fan depender de tribunais privados as s\u00faas relaci\u00f3ns con estes. Seguramente se poda facer, pero m\u00e1is al\u00f3 de cargar tam\u00e9n cunha balsa de lodos que est\u00e1 asfixiando a produci\u00f3n de al\u00famina, que continuar\u00e1 polo momento, non \u00e9 cousa que se prepare dun d\u00eda para outro.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E as\u00ed estamos, coa sostibilidade -xa non s\u00f3 ambiental, sen\u00f3n sinxelamente empresarial, e non s\u00f3 dunha empresa, sen\u00f3n de todo un ecosistema empresarial- comprometida. Coa sostibilidade econ\u00f3mica dunha comarca enteira baixo tensi\u00f3n&#8230; en un mundo enteiro baixo tensi\u00f3ns. <em>&#8216;E mentres os pol\u00edticos non o vexan as\u00ed, a soluci\u00f3n s\u00f3 ser\u00e1 un pouco m\u00e1is de agon\u00eda.&#8217;<\/em><\/p>\n<p><em>&#8212;<\/em><\/p>\n<p><em>Nota posterior. Engadido a ter en conta: <a href=\"https:\/\/sghn.org\/balsa-de-lodos-vermellos-de-alcoa-en-san-cibrao-unha-herdanza-envelenada\">https:\/\/sghn.org\/balsa-de-lodos-vermellos-de-alcoa-en-san-cibrao-unha-herdanza-envelenada<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; \u2018Alcoa s\u00e1lvase soa. O que hai que salvar \u00e9 o tecido industrial da Mari\u00f1a. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostaler\u00eda.\u2019 &nbsp;&nbsp; O anterior \u00e9 o comezo do comentario dun amigo. Pola mi\u00f1a parte, considereino unha continuaci\u00f3n de \u201cAlcoa na Mari\u00f1a: tan lonxe, tan preto\u201d, un tema que dar\u00eda para un libro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,111,26,9],"class_list":["post-5042","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-marina","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5042","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5042"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5042\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5042"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5042"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5042"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}