{"id":5041,"date":"2020-06-04T10:31:00","date_gmt":"2020-06-04T08:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:18","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:18","slug":"o-patrimonio-galego-un-ben-comun","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/04\/o-patrimonio-galego-un-ben-comun\/","title":{"rendered":"O PATRIMONIO GALEGO, UN BEN COM\u00daN DESPREZADO.  Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 dif\u00edcil de entender como \u00e9 posible que por sacar 50 Tm de madeira de eucalipto que se vende pola miserable cantidade de 1000 \u20ac, cando mellor prezo, esteamos destru\u00edndo xacementos arqueol\u00f3xicos que son bens patrimoniais da Galiza de inapreciable valor, bens que nunca m\u00e1is poder\u00e1n ser recuperados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; M\u00e1moas ou medo\u00f1as, t\u00famulos funerarios caracter\u00edsticos do Neol\u00edtico; castros, eses poboados celtas totalmente abandonados pola administraci\u00f3n da Xunta de Galicia e que son espoliados ou destru\u00eddos en parte ou totalmente con total impunidade, e dos que en Ribadeo temos alo menos sete mal sinalizados e mal delimitados (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">As Grobas<\/a>, Fornelo, Meirengos, As C\u00e1rcovas, A Pumarega, A Torre, A Croa). Unha verdadeira cidade celta con castros que estanse a destru\u00edr pouco a pouco, como denuncia Mari\u00f1a Patrimonio en este querido semanario de La Comarca del Eo do 23 de Maio do presente.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero non soamente est\u00e1n desaparecendo os emprazamentos concretos dos castros, sen\u00f3n que xa desapareceron para sempre xamais os entrabados muros e fosos de defensa de todos eles. E non falemos do cemiterio celta que hab\u00eda sobre a praia dos Castros, un dos \u00fanicos da Galiza e onde foron impunemente taponadas as s\u00faas tumbas con formig\u00f3n para facer un chalet sobre o acantilado e que tivo \u201cpermiso de obra\u201d para un se\u00f1or que, segundo se comentou na \u00e9poca, era o responsable de Patrimonio da provincia de Lugo. Este tal \u201cse\u00f1or\u201d deb\u00eda ser veci\u00f1o daquel outro alcalde de Lugo que nos anos sesenta do s\u00e9culo pasado, para ampliar a Ronda da Muralla a mellor soluci\u00f3n que atopaba era derrubar a propia muralla, pois daba o ancho axeitado para a \u201cmodernizaci\u00f3n dos accesos de Lugo\u201d para os coches. Menos mal que o botaron fora antes de que fixera tal falcatruada. Non pasou o mesmo cando destru\u00edron os xacementos romanos baixo a praza de Santo Domingo para facer un aparcamento. En fin.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Nos nosos arredores hai cr\u00f3mlech ou c\u00edrculos l\u00edticos como a Roda de Santiago de Reinante, unha das d\u00faas \u00fanicas mostras do megalitismo atl\u00e1ntico en Galiza xunto coa de Lobeira entre Vilagarc\u00eda e Vilanova de Arousa; pedrafitas ou menhires (do bret\u00f3n \u201cmen\u201d: pedra e \u201chir\u201d: longo), que serv\u00edan para sinalizar necr\u00f3poles, ou como pedras de sinalizaci\u00f3n ou de identificaci\u00f3n dun lugar onde se fac\u00eda alg\u00fan rito relixioso ou de concentraci\u00f3n de xentes nalgunha encrucillada, e que hoxe a\u00ednda alg\u00fan deles salvado da destruci\u00f3n masiva serve de marco para delimitar concellos, como o Marco da Pena Verde (Trabada, Barreiros, Ribadeo). Est\u00e1n desaparecendo os vestixios das v\u00edas romanas, empedradas de cantos rodados ou pavimentadas con grandes lastras de pedra que desde a antig\u00fcidade foron aproveitadas para cami\u00f1os reais, e hoxe en desuso e practicamente destru\u00eddas e sen clasificar nos anais da historia galega pois non hai practicamente nada estudado en todo o Norte da provincia de Lugo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os asentamentos arqueol\u00f3xicos desaparecen como froito da especulaci\u00f3n dos terreos, por obras p\u00fablicas e privadas sen control ou por simples labores agr\u00edcolas ou forestais onde non se ten sinalizado o xacemento por non haber constancia anteriormente da s\u00faa situaci\u00f3n, ou ben por non haberse sinalizado \u201cpor falta de presuposto ou de tempo\u201d, pois os empregados en patrimonio son poucos e non dan abasto. Isto \u00e9 algo co que hai que terminar. Hai que marcar e delimitar os xacementos arqueol\u00f3xicos que forman os recintos patrimoniais explotados ou sen explotar. Hai un patrimonio prehist\u00f3rico, hist\u00f3rico, art\u00edstico, arquitect\u00f3nico, paisax\u00edstico dunha gran beleza natural e antropol\u00f3xica que garda a antigu\u00edsima terra galega e que non pode seguir sendo destru\u00eddo pola desidia dunha Administraci\u00f3n patrimonial inexistente, ou que o seu funcionariado no \u00e9 suficiente, ou que est\u00e1 mal pagado, etc. a escusa da igual cal sexa, isto non pode continuar. Ten que ter remedio.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Van chegar mill\u00f3ns de euros desde a Administraci\u00f3n central do Estado para impulsar os nosos bens de riqueza, e ten que haber dalgunha maneira presuposto na Xunta de Galiza para non esquecer os nosos xacementos arqueol\u00f3xicos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ano tras ano se destr\u00faen sistematicamente valores patrimoniais, que desde o ano 1950 en que se empezou a repoboaci\u00f3n forestal, e maiormente a destruci\u00f3n foi a m\u00e1is desde que as plantaci\u00f3ns de eucaliptos foron industrializadas con m\u00e1quinas tractores que tallan, pelan e tronzan a vontade as pezas de madeira. Esas m\u00e1quinas con rodas pneum\u00e1ticas ou con eirugas, tan pesadas, como non poden ser doutra forma para manterse equilibradas nos terreos tan dif\u00edciles onde traballan, pero que as s\u00faas rodeiras cando pasan por un xacemento d\u00e9ixano achaiado e destru\u00eddo ou totalmente arrasado. Logo ve\u00f1en as m\u00e1quinas paleadoras que fan os cami\u00f1os imprescindibles para carrexar a madeira, e logo as m\u00e1quinas de repoboaci\u00f3n forestal escavadoras ou perforadoras de plantar. Total ao menos pasan dous ou tres tipos de m\u00e1quinas polo monte que se est\u00e1 explotando e que acaban con todo xacemento que se lles po\u00f1a por diante, pois tanto traballan nun lugar libre de impedimentos como polo pico dunha m\u00e1moa sen reparar nela, pois son \u201cpedruscos\u201d nada m\u00e1is, que hai que achaialos e punto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha triste realidade e unha verdadeira vergonza nun pais civilizado, que por 1000 putos euros cada quince ou vinte anos esteamos asistindo a tama\u00f1as desfeitas, cando se poder\u00eda estar sacando na \u00e9poca estival cen veces ese capital explotando o seu valor tur\u00edstico, sen contar co co\u00f1ecemento cient\u00edfico-hist\u00f3rico co que estar\u00edamos contribu\u00edndo a historia do noso pa\u00eds. Teri\u00e1monos que mirar os estudos e logros da universidade inglesa ou francesa que te\u00f1en nomenclatura propia en todos os tratados de Prehistoria e de Historia do mundo, e aqu\u00ed, que sen d\u00fabida tam\u00e9n temos moito que dicir, non hai unha palabra nin cita, que recorde neste eido \u00e1 universidade galega.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por todo isto \u00e9 imprescindible ter sinalizados os xacementos e ser\u00eda moito de desexar que foran compradas por parte do erario p\u00fablico as parcelas onde est\u00e1n os asentamentos arqueol\u00f3xicos. A Administraci\u00f3n da Xunta de Galiza, inoperante neste eido, vemos que \u00e9 unha irresponsable en todos cantos eidos se rasque un pouco, que nin mira nin ve o nivel de \u201cpalurdismo\u201d a que chegan e que padecen moitos dos seus representantes, votados cada catro anos, e que creen que se libran de responsabilidades met\u00e9ndolle a culpa a o pobo, \u201c\u00e1 ignorancia dos campesi\u00f1os\u201d. Desvergonza \u00e9 o que hai, pois a maior\u00eda dos fillos deses campesi\u00f1os hoxe son homes e mulleres de carreira, da que moitos dos representantes pol\u00edticos da Xunta carecen.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero ademais, os asentamentos arqueol\u00f3xicos non s\u00f3 deben ser e quedar delimitados por xente experta da universidade, sen\u00f3n que deben ser precintados e vixiados por persoal autorizado para que non medre o arboredo espont\u00e1neo sobre eles, tal e como est\u00e1 vixiada e limpa a traza do gasoduto ou os tendidos de transporte el\u00e9ctrico a trav\u00e9s dos montes. Un corpo de vixilancia que moi ben poder\u00edan especializarse nun futuro como gu\u00edas tur\u00edsticos dos lugares que gardan.<\/p>\n<p>Esta ser\u00e1 a \u00fanica maneira de manter \u201cintacto\u201d o noso patrimonio, vixiado ate ter presuposto para poder desenterralo e po\u00f1elo en valor cun traballo de campo adecuado para sacar de modo parcial ou total todos os co\u00f1ecementos prehist\u00f3rico-cient\u00edficos dos lugares anteditos que, sen d\u00fabida, alcanzar\u00e1n un valor suficiente como para ser o motor que mova un amplo sector tur\u00edstico que crear\u00e1 bens de riqueza, dos que en Ribadeo neste momento non hai absolutamente nada, pois hoxe s\u00f3 podemos lucir bens de servizo e nalg\u00fans aspectos, escasos.<\/p>\n<p>Todo este patrimonio est\u00e1 enterrado, maiormente en zonas de monte, zonas costeiras e fluviais, e parece mentira que haxa d\u00faas carreiras universitarias de enxe\u00f1er\u00eda agr\u00edcola e forestal, nada doadas de aprobar, que deberan ser os que levaran a pauta das explotaci\u00f3ns arb\u00f3reas e que logo unha elite de madeiristas fagan o que lles pete no monte, tal cal se\u00f1ores feudais que operan como donos \u201cde todo o que se ve ate o horizonte\u201d, parodiando as palabras do demo no deserto ante Xes\u00fas. Uns a outros b\u00f3tanse a culpa e os xacementos seguen apedr\u00e1ndose. Hai unha obstinaci\u00f3n terap\u00e9utica de demostrable destruci\u00f3n masiva do noso patrimonio, e non pode continuar as\u00ed, pois o patrimonio posto en valor ser\u00e1 sen lugar a d\u00fabida un dos motores m\u00e1is importantes do desenrolo sostible da Mari\u00f1a Lucense. Temos un paisaxe espectacular e un riqu\u00edsimo patrimonio prehist\u00f3rico e hist\u00f3rico que est\u00e1 practicamente a vista, que m\u00e1is se pode pedir?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E que conste que non estamos a falar de parar a explotaci\u00f3n forestal nin de desprezar os recursos madeireiros que por suposto sabemos que a moitas familias lles permitiu e permite a d\u00eda de hoxe mandar a universidade aos seus fillos, pero s\u00ed, si debemos parar a barbarie palurda da destruci\u00f3n patrimonial. Barbarie porque solo xente moi asilvestrada pode destru\u00edr o que representan os bens patrimoniais, e palurda porque soamente xente de moi escasa educaci\u00f3n e formaci\u00f3n cultural pode ignorar o que ten diante dos ollos, e se si o sabe e o sigue destru\u00edndo, ser\u00eda causa de xulgado de garda ou de pecado mortal sen perd\u00f3n, pois os bens patrimoniais p\u00f3denlle reportar a el e a todos os nosos descendentes m\u00e1is beneficios anuais que toda canta madeira haxa nos montes dentro de cen anos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E isto non ocorre nun sitio nin nun caso illado. Estamos a falar de decenas de casos anuais de destruci\u00f3n na nosa provincia e na nosa bisbarra. Sen ir m\u00e1is lonxe o Castro de San Miguel de Reinante tivo permiso de obra para ser parcialmente destru\u00eddo para sacar cunha paleadora \u201ccatro\u201d cami\u00f3ns de caol\u00edn a prezos de exportaci\u00f3n rid\u00edculos para a desfeita que fixeron.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Isto non pode seguir as\u00ed, tirando un prestixioso futuro para as futuras xeraci\u00f3ns de rapazas e rapaces. Fan falla eses fondos estatais e auton\u00f3micos para facer fronte a esta desfeita, e fai falta esa labor de polic\u00eda para manter vixiado o patrimonio.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por suposto que non \u00e9 mesmo remover un valado do s\u00e9culo XVIII que divid\u00eda unhas terras que destru\u00edr o recinto amurallado ou as cabanas dun castro. Por isto ambas industrias forestal e tur\u00edstica, poden complementarse nun mesmo proxecto, pois as \u00e1rbores fan falta para a industria madeireira, e tam\u00e9n serven de fondo o noso precioso paisaxe. Non \u00e9 este o lugar no que vou a falar das especies aut\u00f3ctonas apropiadas en lugar de tanto eucalipto, pois Galiza parece unha finca terceiro mundista da explotaci\u00f3n xerm\u00e1nica de eucaliptos para pasta de celulosa de papel, que logo volvemos a comprar transformada en papel de escribir e de embalaxe cun marxe de ganancia que queda en Alema\u00f1a ou por eses mundos de Deus. Menudos negociantes estamos feitos, debemos estar \u201corgullosos\u201d do tecido empresarial que temos, incapaces de facer un folio de papel, como non fomos capaces de laminar un solo lingote de aluminio. As\u00ed nos vai, parece que vivimos no mundo de Tarugolandia que vive a epidemia do palurdismo cuxa \u00fanica vacina e ler e aprender o Cat\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non intentamos bloquear o desenrolo do pa\u00eds, pero todo o que ate aqu\u00ed dixemos non costa en presuposto econ\u00f3mico practicamente nada se se compara cos beneficios que se poden sacar. Ribadeo est\u00e1 convert\u00e9ndose nun lugar tur\u00edstico por excelencia, e podemos proxectalo ate moi alto se po\u00f1emos en valor os nosos recursos patrimoniais. Por desgraza non nos queda ningunha industria no eido mar\u00edtimo. pois destru\u00edmos a R\u00eda e o Porto de Ribadeo, e non queda ning\u00fan ben de riqueza en todo o Concello, excepto Irmandi\u00f1os e \u201ccatro\u201d explotaci\u00f3ns gandeiras, as\u00ed que temos que ir pensando en mellorar o noso futuro. Isto \u00e9 un desastre, excepto a Festa dos Indianos que segundo escoito parece \u201cnos vino al pelo\u201d e este ano, para m\u00e1is inri, non se celebra.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 dif\u00edcil de entender como \u00e9 posible que por sacar 50 Tm de madeira de eucalipto que se vende pola miserable cantidade de 1000 \u20ac, cando mellor prezo, esteamos destru\u00edndo xacementos arqueol\u00f3xicos que son bens patrimoniais da Galiza de inapreciable valor, bens que nunca m\u00e1is poder\u00e1n ser recuperados. &nbsp;&nbsp; M\u00e1moas ou medo\u00f1as, t\u00famulos funerarios [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,11,26,46],"class_list":["post-5041","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-historia","tag-medio","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5041","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5041"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5041\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}