{"id":5039,"date":"2020-06-08T10:41:00","date_gmt":"2020-06-08T08:41:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:15","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:15","slug":"botalle-unha-ollada-o-plan-especial-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/08\/botalle-unha-ollada-o-plan-especial-de\/","title":{"rendered":"B\u00f3talle unha ollada \u00f3 plan especial de protecci\u00f3n das Catedrais"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgIJL7IqKVfSZNbO6raqXxJczduyulwKDyjGFjM578oLZouC1Lei9qoPrEDXrsenxiNs-syfK7HqkwoKhILsj4VSGet4KCXClxLgtTwmRfxoIfFb6nJWgx_ziRcX-xSvKlvqh2EBg\/s2048\/car%25C3%25A1tula+PEPC.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgIJL7IqKVfSZNbO6raqXxJczduyulwKDyjGFjM578oLZouC1Lei9qoPrEDXrsenxiNs-syfK7HqkwoKhILsj4VSGet4KCXClxLgtTwmRfxoIfFb6nJWgx_ziRcX-xSvKlvqh2EBg\/s2048\/car%25C3%25A1tula+PEPC.png\" width=\"156\" \/><\/a>Anos. Anos leva de recorrido ata hoxe o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=plan+especial+das+catedrais\">Plan especial de protecci\u00f3n das Catedrais<\/a>. M\u00e1is de media d\u00e9cada. Aqu\u00ed, no blog, hai diversas entradas, comentarios, alegaci\u00f3ns, etc, deixados \u00f3 longo do tempo. Ma\u00f1\u00e1, martes, \u00e1s 19:30, ser\u00e1 a aprobaci\u00f3n definitiva (coa maior\u00eda do BNG no concello, unha vez presentada a <a href=\"https:\/\/ribadeo.sedelectronica.gal\/board?x=XPWtmNCMEMBb8Y-TUq3lJVJolXWU3PU*2SiCAoxr-Mh3ml9cVimJGbTSwf380vbGT0nmSt55pBaKAdrGm-5w4s5g*AWyCluVLILrCNCcDJhcxLss1qr6ogr-bGN8PteE\">pleno<\/a>, est\u00e1 asegurada a s\u00faa aprobaci\u00f3n). O plan podes velo <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/mediateca\/DOCS_ESTATICOS\/documento_completo_para_aprobacion_inicial.pdf\">aqu\u00ed<\/a>: \u00e9 a t\u00faa \u00faltima oportunidade antes de que sexa aprobado. A \u00faltima oportunidade de exercer un m\u00ednimo dereito como cidad\u00e1n, o de estar enterado da normativa que se pretende para un espazo hoxe por hoxe fundamental para Ribadeo. \u00c9 dicir, en parte, tr\u00e1tase do teu futuro, e de deixalo correr ou tentar coller as rendas.<\/p>\n<p>Na mesma nota de prensa de notificaci\u00f3n aparece que ma\u00f1\u00e1 haber\u00e1 non un, sen\u00f3n dous plenos extraordinarios, tratando a demais do plan das catedrais as consecuencias econ\u00f3micas da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=coronavirus\">COVID-19<\/a> ou o novo convenio con ACISA (2020-2023). O acceso \u00f3 Sal\u00f3n de Plenos requerir\u00e1 as medidas de protecci\u00f3n oportunas \u00e1s xuntanzas en recintos cerrados. M\u00e1is al\u00f3 das mesmas, ser\u00e1 p\u00fablico, segundo remato de confirmar por tel\u00e9fono.<\/p>\n<p>Documentos (tam\u00e9n presentados \u00f3 final da entrada):<\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3567&amp;lg=gal\">nota de prensa da alcald\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/ribadeo.sedelectronica.gal\/board?x=XPWtmNCMEMBb8Y-TUq3lJVJolXWU3PU*2SiCAoxr-Mh3ml9cVimJGbTSwf380vbGT0nmSt55pBaKAdrGm-5w4s5g*AWyCluVLILrCNCcDJhcxLss1qr6ogr-bGN8PteE\">Decreto do pleno de aprobaci\u00f3n do plan das Catedrais<\/a>.<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/ribadeo.sedelectronica.gal\/board?x=XPWtmNCMEMBb8Y-TUq3lJVJolXWU3PU*2SiCAoxr-Mh3ml9cVimJGbTSwf380vbGDUZP11e1Wdw4NvyUPGt1BE1e3*JSud8hnjJkg8MRMKdgIP2LvbkvzcunTIAoLue9\">Decreto do segundo pleno especial a celebrar<\/a>.&nbsp;<em><\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgJn2Ev6OGD3-uX66rRztzDP7bKuh9hvLV1IWqQKJipEyEUfZq93349NPiCBWo-RBBUwwa5DTZkjoZRQmnLuNE1A7sZjCAbNBGgY4KPG3HL3H8klVLb5ZPMl2rZJ4Upi7tiORluNA\/s2048\/20200604_Resoluci%25C3%25B3n_DECRETO+CONVOCATORIA+pleno+catedrais.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgJn2Ev6OGD3-uX66rRztzDP7bKuh9hvLV1IWqQKJipEyEUfZq93349NPiCBWo-RBBUwwa5DTZkjoZRQmnLuNE1A7sZjCAbNBGgY4KPG3HL3H8klVLb5ZPMl2rZJ4Upi7tiORluNA\/s2048\/20200604_Resoluci%25C3%25B3n_DECRETO+CONVOCATORIA+pleno+catedrais.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiVrecRbIMYoKQJA7IILEQu_Bx9hkA32UzeLLhkav6peh-Lal0p6zEo8mqN101asNGYN19wAzLyqhno3HOZ-Ebbcrp-hqe6RCsFiu1EuSovva3LFCPpISrSw3d_7bIjqCtbNFu6oQ\/s2048\/20200604_Resoluci%25C3%25B3n_DECRETO+CONVOCATORIA-1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiVrecRbIMYoKQJA7IILEQu_Bx9hkA32UzeLLhkav6peh-Lal0p6zEo8mqN101asNGYN19wAzLyqhno3HOZ-Ebbcrp-hqe6RCsFiu1EuSovva3LFCPpISrSw3d_7bIjqCtbNFu6oQ\/s2048\/20200604_Resoluci%25C3%25B3n_DECRETO+CONVOCATORIA-1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>-A nota de prensa:<\/p>\n<p>&#8220;<em>Plan Especial das Catedrais<\/em><\/p>\n<p><em>05\/06\/2020<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O Concello de Ribadeo acoller\u00e1 a celebraci\u00f3n de dous plenos extraordinarios o vindeiro martes, 9 de xu\u00f1o. Na primeira das sesi\u00f3ns, prevista para as 19:30 horas, someterase a aprobaci\u00f3n definitiva o Plan Especial de Protecci\u00f3n das Catedrais. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1a que &#8220;se trata dun instrumento imprescindible para mellorar os usos p\u00fablicos do entorno, para favorecer os transportes p\u00fablicos e para que os centos de miles de visitantes que est\u00e1n vindo, sigan vindo e vaian valorando, se cabe, moito m\u00e1is a marabilla que temos en Ribadeo&#8221;. A pleno ir\u00e1 tam\u00e9n o convenio de colaboraci\u00f3n con Acisa para o per\u00edodo 2020\/2022 por importe de 55.000 euros, as\u00ed como unha modificaci\u00f3n do regulamento de acceso ao Hospital Asilo para igualar os procesos e os baremos aos da nova residencia de maiores.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O rexedor ribadense dixo que &#8220;agora que estamos indo paseni\u00f1amente cara a unha normalizaci\u00f3n, para a semana que ven imos facer dous plenos, un deles a petici\u00f3n do PP para falar das consecuencias econ\u00f3micas do Covid e outro pleno, tam\u00e9n extraordinario, onde se van tratar numerosos aspectos de transcendencia para Ribadeo, tanto no presente m\u00e1is inmediato como no futuro pr\u00f3ximo. Estamos po\u00f1endo bases s\u00f3lidas para seguir traballando para ben dos nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as. Levaremos puntos sobre asuntos da econom\u00eda municipal, de axustes que temos que facer para cumprir coas leis do Estado, que resultan parad\u00f3xicas para os Concellos. Neste caso por gastar o ano pasado m\u00e1is recursos nosos do que a lei nos permit\u00eda, agora teremos que neste 2020 gastar menos. Esperemos que tanto a Federaci\u00f3n de Concellos do Estado como a Federaci\u00f3n de Concellos de Galicia convenzan ao goberno do Estado para que elimine estes cors\u00e9s, absurdos neste momento, que est\u00e1n creados no ano 2012 pero que a d\u00eda de hoxe resultan totalmente inadmisibles para os Concellos porque a responsabilidade dun Concello \u00e9 que poida destinar os seus recursos a onde o Concello estime e logo sexa a cidadan\u00eda quen valide se as inversi\u00f3ns estiveron ben ou estiveron mal&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O alcalde explicou que &#8220;neste pleno tam\u00e9n daremos conta de todos os decretos que fomos creando nesta crise do Covid e onde se estableceron todas as medidas de suspensi\u00f3n no pagamento de determinadas taxas e tributos como poden ser a da auga, do lixo ou do saneamento para todas aquelas iniciativas econ\u00f3micas que por decreto tiveron que cesar a s\u00faa actividade, as\u00ed como outras taxas como a do mercado, a zona ORA, as ocupaci\u00f3ns de v\u00eda p\u00fablica, etc\u2026, e os cambios nas normativas para facilitar medidas para a hostaler\u00eda e para os servizos&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>Su\u00e1rez Barcia contou que &#8220;a maiores disto levaremos unha modificaci\u00f3n do regulamento de acceso ao Hospital Asilo de Ribadeo no sentido de igualar os procesos e os baremos aos da nova residencia. Con isto o que pretendemos \u00e9 ir pouco a pouco igualando os dous sistemas e queremos tam\u00e9n que quede aberta a posibilidade de que poida acceder xente que non sexa de Ribadeo, a\u00ednda que os de Ribadeo evidentemente han seguir tendo prioridade. Como sempre dixemos e diremos, queremos manter estes dous centros para que o n\u00famero de prazas dispo\u00f1ibles sexa acorde coa nosa poboaci\u00f3n. Tam\u00e9n traeremos ao pleno unha nova proposta de convenio con ACISA, por tres anos de duraci\u00f3n, por importe total de 55.000 euros de fondos municipais significando ademais que para este ano 2020 ser\u00e1 a maior anualidade cun total de 24.000 euros destinada \u00e1 mellora do comercio e adaptaci\u00f3n \u00e1s necesidades desta nova situaci\u00f3n que todos empezamos a vivir, e na que a dixitalizaci\u00f3n ter\u00e1 un papel moi importante&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O rexedor ribadense indicou que &#8220;vir\u00e1 ao pleno tam\u00e9n a aprobaci\u00f3n definitiva dun instrumento moi importante para o futuro e para o turismo, para a sustentabilidade ambiental e para o futuro do equilibrio entre estes dous vectores. Despois de varios anos de traballo puidemos superar con \u00e9xito multitude de informes sectoriais de moit\u00edsimas administraci\u00f3ns, da provincial, da galega, da estatal, en definitiva un total de 19 informes que todos eles acabaron sendo favorables, alg\u00fans desde o principio e alg\u00fans outros coas l\u00f3xicas correcci\u00f3ns que tivemos que facerlle ao documento. Polo tanto aprobaremos o Plan Especial de Protecci\u00f3n das Catedrais de maneira definitiva. Este \u00e9 un instrumento crucial que o puidemos realizar por ser dos poucos Concellos que temos un Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal moderno e vixente. Este Plan Especial das Catedrais \u00e9 un instrumento imprescindible para mellorar os usos p\u00fablicos do entorno, para favorecer os transportes p\u00fablicos, para darlle sentido a unha li\u00f1a ferroviaria que pasa por al\u00ed desde hai setenta anos pero que non para, e para que os centos de milleiros de visitantes que estaban vindo, pero que despois desta pandemia que nos trae de cabeza han volver seguro, sigan vindo e vaian valorando se cabe moito m\u00e1is a marabilla que temos aqu\u00ed en Ribadeo&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>Fernando Su\u00e1rez engadiu que &#8220;logo desta aprobaci\u00f3n, para a semana que ven, tocar\u00e1 ir visitar os despachos de moitas administraci\u00f3ns, da Deputaci\u00f3n, da Xunta, do Estado e se cabe, como non, tam\u00e9n da Uni\u00f3n Europea para que nos axuden a converter o plan en realidade. \u00c9 dicir, a construci\u00f3n dun novo aparcadoiro p\u00fablico, a construci\u00f3n dun novo centro de interpretaci\u00f3n e de recepci\u00f3n de visitantes, a construci\u00f3n dun novo apeadeiro de Feve, a creaci\u00f3n de rutas seguras a modo de miradoiro desde os cant\u00eds, etc&#8230; Todo isto con sumo respecto para o medio ambiente, para o mantemento de usos tradicionais e agrarios de toda esa zona e para a integraci\u00f3n do turismo en Ribadeo, e tam\u00e9n por extensi\u00f3n na Mari\u00f1a e no pa\u00eds. Queremos en definitiva que a xente non chegue, mire e marche como fai ata agora, sen\u00f3n que se lle poida sacar moito m\u00e1is partido para o noso territorio e para a nosa econom\u00eda, e sempre coa sustentabilidade medioambiental garantida&#8221;.<\/em>&#8220;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Anos. Anos leva de recorrido ata hoxe o Plan especial de protecci\u00f3n das Catedrais. M\u00e1is de media d\u00e9cada. Aqu\u00ed, no blog, hai diversas entradas, comentarios, alegaci\u00f3ns, etc, deixados \u00f3 longo do tempo. Ma\u00f1\u00e1, martes, \u00e1s 19:30, ser\u00e1 a aprobaci\u00f3n definitiva (coa maior\u00eda do BNG no concello, unha vez presentada a pleno, est\u00e1 asegurada a s\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[98,105,75,42],"class_list":["post-5039","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-acisa","tag-catedrais","tag-coronavirus","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5039","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5039"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5039\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5039"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5039"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5039"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}