{"id":5038,"date":"2020-06-10T18:23:00","date_gmt":"2020-06-10T16:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:13","slug":"nestes-tempos-despois-da-primeira-fase","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/10\/nestes-tempos-despois-da-primeira-fase\/","title":{"rendered":"Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus"},"content":{"rendered":"<p>Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar \u2018nova normalidade\u2019. Para comezar, se \u00e9 \u2018nova\u2019 xa non se trata de \u2018restablecer\u2019, e polo momento ao menos, non ser\u00e1 tampouco \u2018normalidade\u2019. Quizais m\u00e1is adiante.<\/p>\n<p>Por outra banda, algo complexo, pois para comezar, non se sabe se nese \u2018m\u00e1is adiante\u2019 antes citado (fin do ver\u00e1n, outono&#8230;) volveremos ter outra \u2018anormalidade\u2019 relacionada co coronavirus ou non. Tampouco se sabe ata que punto cousas que xa cambiaron forman parte da normalidade, \u00e9 dicir, non voltar\u00e1n cambiar para facerse normais no sentido das vellas normas, sen\u00f3n que son agora e ser\u00e1n xa norma de cara \u00f3 futuro. E iso, a nivel xeral. Porque est\u00e1 claro que o illamento non telem\u00e1tico polo coronavirus fixo achegar m\u00e1is o distante, mentres nos afastou do pr\u00f3ximo que non podemos conectar a berros dende a casa. E non nos enganemos, os paseos de moita xente o primeiro d\u00eda de desconfinamento, apoiados pola boa temperie, significaron ansia de liberdade e gusto vital, non achegamento \u00e1 natureza ou \u00f3s veci\u00f1os. <\/p>\n<p>As\u00ed, as cousas locais ou comarcais parecen m\u00e1is dispersas na morea das estatais ou mundiais. Algo como se agora poid\u00e9ramos ver m\u00e1is afastados da realidade coti\u00e1 e por iso non nos fix\u00e1semos nos detalles. Pode que por iso a\u00ednda causaran m\u00e1is impacto cousas como a diminuci\u00f3n de traballo en Alcoa San Cibrao, que quen m\u00e1is, quen menos, v\u00eda vir. Mais, a car\u00f3n do interese que move un feito como o da antiga INESPAL (ven ben lembrar o nome por m\u00e1is dunha raz\u00f3n, a\u00ednda que agora mesmo estea descontextualizado), non deixa de tomarse como algo puntual, mentres os asuntos comunitarios seguen abandonados en mans dos chamados \u2018pol\u00edticos\u2019. Seguimos -e quizais m\u00e1is que antes- desconectados dos centros municipais ou centrados en criticar o goberno m\u00e1is que en tentar gobernar na medida das nosas posibilidades, que non se reducen a un voto cada catro anos. Seguimos mirando \u00f3 pasado e non \u00f3 futuro -pode que por medos de diversos tipos- con d\u00faas premisas fundamentais relacionadas: n\u00f3s non temos culpa do pasado, (porque) o futuro \u00e9 cousa da planificaci\u00f3n dos pol\u00edticos, que para iso son os nosos servintes. Si? E n\u00f3s? Dir\u00eda que seguimos a velas vir&#8230; se non fose porque afeitos a mirar para outro lado, distra\u00eddos, o equivalente de mirar para todos os lados ou mellor, para ningures, nin se ven vir.<\/p>\n<p>Durante o m\u00e1xima restrici\u00f3n de movementos hab\u00eda unha tendencia a pensar que disto sair\u00edamos mellores: m\u00e1is preparados para o que vi\u00f1era, m\u00e1is conscientes das nosas debilidades e da d\u00e9beda co noso entorno, tanto material como natural como persoal, e polo tanto, m\u00e1is proactivos, reforzados na nosa sociedade, m\u00e1is vivos, cunha vida m\u00e1is plena. Mais somos seres de costumes, e non se cambian tan pronto, mesmo a\u00ednda cando se note unha certa persistencia dos paseos-exercicio polo campo como excepci\u00f3n ou esperanza.<\/p>\n<p>Mentres, xa est\u00e1 aqu\u00ed o ver\u00e1n, coas s\u00faas esperanzas e temores asociados, que para algo somos un pouco contraditorios, para ben e para mal. Que aproveite (o quete m\u00e1is probabilidades de suceder se o preparaches).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar \u2018nova normalidade\u2019. Para comezar, se \u00e9 \u2018nova\u2019 xa non se trata de \u2018restablecer\u2019, e polo momento ao menos, non ser\u00e1 tampouco \u2018normalidade\u2019. Quizais m\u00e1is adiante. Por outra banda, algo complexo, pois para comezar, non se sabe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32],"class_list":["post-5038","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5038","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5038"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5038\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5038"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5038"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5038"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}