{"id":5033,"date":"2020-06-15T21:08:00","date_gmt":"2020-06-15T19:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:12:05","modified_gmt":"2024-11-12T12:12:05","slug":"educacion-post-primeira-onda-do-covid","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/15\/educacion-post-primeira-onda-do-covid\/","title":{"rendered":"Educaci\u00f3n post primeira onda do COVID"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Din que se aprende moito por imitaci\u00f3n. Que a educaci\u00f3n \u00e9 a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tam\u00e9n pola nosa propia educaci\u00f3n. Que a educaci\u00f3n formal nesta Espa\u00f1a nosa est\u00e1 de capa ca\u00edda por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educaci\u00f3n, nin se sabe)&#8230; Mellor voltar \u00e1 primeira frase: van embaixo, para analizar esa posibilidade de imitaci\u00f3n, varias novas que se poden atopar nos xornais estes d\u00edas, a\u00ednda que unhas de xeito m\u00e1is doado que outras&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; 1.Nun caso moi ilustrativo sobre o valor da educaci\u00f3n, con poucas horas de diferenza, miro d\u00faas novas relacionadas. Na primeira, dous grandes clubes -\u00e9 dicir, de f\u00fatbol- fan unha petici\u00f3n de 200 mill\u00f3ns de euros para pagar \u00f3 seu persoal estelar. Obt\u00e9n unha ampla difusi\u00f3n. A segunda ten menor difusi\u00f3n. Tr\u00e1tase dun dos deportistas motivo de que os clubes pidan cartos p\u00fablicos, cun coche novo. Cunha particularidade, o Bugatti sobrepasa ben os dous mill\u00f3ns de euros. Poden botarse contas de canto tempo necesita quen est\u00e1 lendo para obter eses cartos (non digo para aforralos). A dicir que o caso non \u00e9 \u00fanico esta primavera.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; 2.Outro par de novas relacionadas entre si: un presidente auton\u00f3mico pide, encarando o fin do estado de alarma, adicar a outras cousas os cartos propostos polo estado para a adecuaci\u00f3n da educaci\u00f3n \u00e1 situaci\u00f3n actual co COVID-19. Antes de 24 horas, nesa mesma autonom\u00eda expl\u00edcase que se rebaixan as condici\u00f3ns de separaci\u00f3n de alumnado nas aulas para o pr\u00f3ximo curso debido \u00f3 seu custe.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; 3.O sat\u00e9lite SEOSAT-Ingenio est\u00e1 listo para enviar \u00e1 base de lanzamento. Esta \u00e9 quiz\u00e1is a m\u00e1is dif\u00edcil de atopar das novas citadas, pois \u00f3 fin, tr\u00e1tase dunha aplicaci\u00f3n tecnol\u00f3xica con fins cient\u00edficos, e leva s\u00f3 oito anos de atraso sobre os tempos previstos. Pode que por iso \u00f3 proxecto -espa\u00f1ol- non tiveran tempo de po\u00f1erlle un nome completo en castel\u00e1n e quedara co de \u201cScientific Earth Observation Satellite\u201d, SEOSAT.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Poder\u00edamos seguir con moitos, moitos m\u00e1is exemplos grandes e pequenos,<br \/>\ndifundidos ou m\u00e1is calados, que animan a cultivar a educaci\u00f3n persoal e social neste lugar que se chama Espa\u00f1a. Mais polo momento, podemos sacar algunhas lecci\u00f3ns:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; *Os cartos son m\u00e1is importantes para os ricos (e os ricos para os cartos) que para a educaci\u00f3n (e a educaci\u00f3n para os cartos).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; *Non importa ter cartos para educaci\u00f3n: \u00f3 fin, poden cambiarse os criterios e xa non son necesarios.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; *Non fai falta ter en conta, en moita consideraci\u00f3n, a propia lingua, pois quen est\u00e1 a querela cambiar por outra parece que tampouco considera moito a s\u00faa propia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha nota final: pensa se te gusta imitar a proposta que te fan con esas novas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Din que se aprende moito por imitaci\u00f3n. Que a educaci\u00f3n \u00e9 a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tam\u00e9n pola nosa propia educaci\u00f3n. Que a educaci\u00f3n formal nesta Espa\u00f1a nosa est\u00e1 de capa ca\u00edda por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educaci\u00f3n, nin se sabe)&#8230; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,18,32,13,9],"class_list":["post-5033","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-educacion","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5033","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5033"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5033\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5033"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5033"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5033"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}