{"id":5027,"date":"2020-06-20T22:54:00","date_gmt":"2020-06-20T20:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:55","slug":"os-muinos-de-vento-de-ribadeo-emilio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/20\/os-muinos-de-vento-de-ribadeo-emilio\/","title":{"rendered":"OS MUI\u00d1OS DE VENTO DE RIBADEO. Emilio Pi\u00f1eiroa"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O estudo do patrimonio cultural do Concello de Ribadeo ofr\u00e9cenos diversas posibilidades, ao tratarse dunha vila medieval cargada de historia; pod\u00edamos estudar o Ribadeo antigo (muralla, r\u00faas\u2026) as\u00ed como igrexas, capelas, fontes, cabozos, o Cami\u00f1o Norte de Santiago, mu\u00ed\u00f1os de auga&#8230; Imos estudar  un tipo de construci\u00f3n desco\u00f1ecida para moitos dos veci\u00f1os de Ribadeo: os mu\u00ed\u00f1os de vento.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Sempre que se fala destas construci\u00f3ns relacion\u00e1molas con D. Quixote e coa Mancha. Temos constancia  da existencia de dous mu\u00ed\u00f1os deste tipo, un en Vilasel\u00e1n (hoxe desaparecido) e outro en Palmeira, na parroquia de Ove, que conserva a estrutura de pedra.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Quero dar as grazas  a Mercedes, Jos\u00e9 e Felipe de Casa do Treixo de Palmeira e a Marcelino do Cargadoiro pola s\u00faa colaboraci\u00f3n e boa disposici\u00f3n para facer posible este traballo; sen a s\u00faa informaci\u00f3n non poderiamos levalo a cabo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Un mu\u00ed\u00f1o (do lat\u00edn molinum) \u00e9 un artificio para moer algo; o m\u00e1is habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fari\u00f1a.<\/p>\n<p>Xeralmente constaba dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra troncoc\u00f3nica que ao xirar segue a forma da anterior. Tam\u00e9n pode ter forma de disco e ent\u00f3n ch\u00e1mase moa. Para mover a pedra utiliz\u00e1base a enerx\u00eda e\u00f3lica (mu\u00ed\u00f1o de vento), a hidr\u00e1ulica (mu\u00ed\u00f1o de auga) e animais (mu\u00ed\u00f1o de sangue).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os mu\u00ed\u00f1os de vento m\u00e1is famosos, grazas a don Quixote, son os da Mancha, pero habiaos por todas partes e moi especialmente no centro e sur de Espa\u00f1a. Tam\u00e9n son famosos os dos Pa\u00edses Baixos.<\/p>\n<p>OS MU\u00cd\u00d1OS DE VENTO DE GALICIA<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Galicia ofrece grandes posibilidades para este tipo de mu\u00ed\u00f1os, en xeral, por toda a costa polo efecto do mar, por ser zona de ventos continuos e fortes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O seu n\u00famero non \u00e9 moi elevado, se o comparamos cos mu\u00ed\u00f1os de auga. Existe documentaci\u00f3n dende o s\u00e9culo XVI. A maior\u00eda foron creados no s\u00e9culo XVIII para aproveitar o abundante millo que chegaba de Am\u00e9rica. Coa enerx\u00eda el\u00e9ctrica foron desaparecendo progresivamente, quedando para uso dom\u00e9stico. A maior parte est\u00e1n en ru\u00ednas ou xa non existen: Agui\u00f1o, Illa de Arousa, A Coru\u00f1a, Muros, Laxe, Camari\u00f1as, Ortigueira\u2026 s\u00f3 por citar alg\u00fans dos lugares onde houbo ou hai este tipo de mu\u00ed\u00f1os. En Catoira, at\u00f3pase un dos mu\u00ed\u00f1os de vento m\u00e1s antigos de Galicia que segue funcionando.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Dentro da clasificaci\u00f3n podemos citar dous tipos:<\/p>\n<p>* Mu\u00ed\u00f1os fixos de torre: os abanos van fixos e saen da parede. Estes mu\u00ed\u00f1os te\u00f1en un dobre sistema de abanos para poder aproveitar o vento de direcci\u00f3ns opostas.<\/p>\n<p>* Mu\u00ed\u00f1os cun teito c\u00f3nico m\u00f3vil que xira para orientar as aspas ou velas: son pequenas construci\u00f3ns de pedra de cuberta c\u00f3nica, a unha ou d\u00faas augas, con abanos ou con velas para recoller o vento; os abanos son tablas unidas entre si que forman unhas pezas rectangulares, que se colocan nunha estrutura de madeira que forma a viga horizontal que atravesa a parede ou teito e os vareiros.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmd-st6WauLC4zDIlwGMWosYJSKFeNnFsmNMJ9jmsMRWnIYGCSwS7ibIzejgVYO07pOC_iVmY9LpJmM_6ZkJh3ZaFDp_i750SmBebLgmcvby_A9Cij9ySCZyw0n7FANPknjGZy2g\/s2048\/001+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"176\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgmd-st6WauLC4zDIlwGMWosYJSKFeNnFsmNMJ9jmsMRWnIYGCSwS7ibIzejgVYO07pOC_iVmY9LpJmM_6ZkJh3ZaFDp_i750SmBebLgmcvby_A9Cij9ySCZyw0n7FANPknjGZy2g\/s2048\/001+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A cuberta \u00e9 xiratoria, por ela sae o eixe que sost\u00e9n o sistema motor. Para que xire a cuberta o sistema \u00e9 o seguinte: no remate superior do muro da torre van unhas pezas de canter\u00eda cunha pequena canle que percorre toda a circunferencia; a cuberta que \u00e9 c\u00f3nica, leva na base unhas rodas que circulan por esa canle, faise xirar por medio dun paso longo exterior e as\u00ed se acada a orientaci\u00f3n desexada, am\u00e1rrase a unhas estacas espetadas no chan.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00d3 xirar as aspas, a viga ou eixe horizontal xira tam\u00e9n e pon en movemento a roda vertical, provista duns dentes que se insiren noutra roda m\u00e1is pequena, o pi\u00f1\u00f3n, que finalmente move a moa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres que o mu\u00ed\u00f1o est\u00e1 traballando, hai que botar auga no grilo e ra, para que non se quente en exceso.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Para frear e parar o mu\u00ed\u00f1o hai unha viga que se fai baixar sobre a viga horizontal.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJZwHzi25lcH-SjA2RJj78UDUNnMkodA0ox0aXkMPziVQsFvJJNtGMTbZ5O2z2n64rAMIAkfUQg8frmS9hEzSEUVaNlzhjBY5dMMfiXOKfOGOmiyuzZh5DRETvIfM5ynNsgfoFcw\/s2048\/002+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJZwHzi25lcH-SjA2RJj78UDUNnMkodA0ox0aXkMPziVQsFvJJNtGMTbZ5O2z2n64rAMIAkfUQg8frmS9hEzSEUVaNlzhjBY5dMMfiXOKfOGOmiyuzZh5DRETvIfM5ynNsgfoFcw\/s2048\/002+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"538\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O mu\u00ed\u00f1o \u00e9 unha construci\u00f3n relevante no mundo rural, xeralmente pertence a un \u00fanico propietario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O oficio de mui\u00f1eiro desenrol\u00e1banno homes e mulleres, anque polo xeral era o home quen o dirix\u00eda e a muller axud\u00e1balle.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A xente da parroquia, e incluso doutras parroquias, vai a mi\u00fado cos seus sacos de gran e o mui\u00f1eiro c\u00f3bralles de d\u00faas maneiras: en di\u00f1eiro ou co sistema de maqu\u00eda, o m\u00e1is empregado, e que consiste en tomar unha porci\u00f3n do gran que se moe; esta porci\u00f3n t\u00f3mase por ferrado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O mu\u00ed\u00f1o sempre foi un lugar de relaci\u00f3ns entre veci\u00f1os, cando acud\u00edan a el para moer, xunt\u00e1banse e moitas veces quedaban de leria e de troula, cantando e bailando. Actualmente estos costumes desapareceron.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No mu\u00ed\u00f1o xurdiron canci\u00f3ns, refr\u00e1ns, contos\u2026<\/p>\n<p><u>A mui\u00f1eira<\/u><\/p>\n<p>\u00d3 mu\u00ed\u00f1o de meu pai<\/p>\n<p>eu ben lle sei o tempero:<\/p>\n<p>cando est\u00e1 alto, baixalo<\/p>\n<p>cando est\u00e1 baixo, erguelo.<\/p>\n<p>Meu meni\u00f1o, durme, durme,<\/p>\n<p>que te\u00f1o que ir \u00f3 mu\u00ed\u00f1o,<\/p>\n<p>te\u00f1o que ir pola fari\u00f1a,<\/p>\n<p>para fague-lo panci\u00f1o.<\/p>\n<p>Fun esta noite ao mu\u00ed\u00f1o,<\/p>\n<p>non mo\u00edn nin mui\u00f1ei;<\/p>\n<p>perd\u00edn a trenza do pelo,<\/p>\n<p>iso foi o que ganei.<\/p>\n<p>OS MUI\u00d1OS DE VENTO DE RIBADEO<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No concello de Ribadeo sabemos que na primeira metade do s\u00e9culo XX hab\u00eda dous: un na parroquia de Vilasel\u00e1n, que hoxe non existe e un segundo na parroquia de Ove no lugar de Palmeira.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhAWff3-ODffOfG1mf72V6CTYVQttCK4oJftSrW4xRZQCOu-UrwF_ZFC08-Fx0be1Y7GRxbWhKNhGLBtGuC35-01cEF0bPZUBe1zNKxuX0BVfrhkTMIvU3r8ayq-Hcq42F6c3J5WQ\/s2048\/003+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"494\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhAWff3-ODffOfG1mf72V6CTYVQttCK4oJftSrW4xRZQCOu-UrwF_ZFC08-Fx0be1Y7GRxbWhKNhGLBtGuC35-01cEF0bPZUBe1zNKxuX0BVfrhkTMIvU3r8ayq-Hcq42F6c3J5WQ\/s2048\/003+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><u>O mu\u00ed\u00f1o de vento de Vilasel\u00e1n<\/u>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Situado no Cargadoiro, nun lugar elevado cara \u00e1 r\u00eda, chamado tam\u00e9n \u201cmolino de Puerto Estrrecho\u201c.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo o historiador focense Xo\u00e1n Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios, o arquivo do Reino de Galicia atesoura un documento datado en o 4 de xullo de 1810, nesta documentaci\u00f3n o mu\u00ed\u00f1o de Vilasel\u00e1n pertenc\u00eda a don Francisco Mar\u00eda Amor, veci\u00f1o e comerciante de Ribadeo, que llo mandara edificar a Lois L\u00f3pez, natural de Vilamor (Mondo\u00f1edo). Tendo en conta a documentaci\u00f3n, o mu\u00ed\u00f1o comezara a funcionar no ano 1807. A s\u00faa funci\u00f3n era moer gran para, coa fari\u00f1a resultante, abastecer tanto \u00e1 poboaci\u00f3n civil como aos militares,<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Nos \u201cPlanos del Puerto de Cedeira y de las r\u00edas de Vivero y Ribadeo\u201d realizado polo Teniente de Nav\u00edo D. Pedro Riudavest en 1868, e a rectificaci\u00f3n polo mesmo en 1882, aparece en Ribadeo a referencia, \u201cMolino de viento\u201d, pod\u00e9ndose tratar deste mu\u00ed\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non quedan restos deste mu\u00ed\u00f1o. Foi demolido por atoparse en estado ruinoso en 1955, segundo afirma Marcelino D\u00edaz Irimia, actual dono da casa que ocupa o seu lugar (parte desta e do muro que pecha a finca f\u00edxose coa pedra do mu\u00ed\u00f1o ). O seu av\u00f3, Marcelino Irimia Gonz\u00e1lez, empregado municipal, que vi\u00f1era en 1927 de Vilarpescozo (Meira) compr\u00e1rallo ao pintor Jos\u00e9 Cuervo Cort\u00e9s. Despois herdouno a s\u00faa filla Eugenia Irimia Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Dito mu\u00ed\u00f1o ti\u00f1a uns seis metros de di\u00e1metro por sete de alto e o groso da parede setenta cent\u00edmetros.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjCGOv3MuOayg9L_2mTJJgEFDloEIkoGC87hFuyOJ48XGHWN7ce6golqkb1TzFRt4k1qAv4peDGNrK97QB-EUxz1wwPzoNgKmg2LDlEI_laaHdbxGT9BKvWvz2KeYOAyy6Hd-hWDA\/s2048\/004+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"413\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjCGOv3MuOayg9L_2mTJJgEFDloEIkoGC87hFuyOJ48XGHWN7ce6golqkb1TzFRt4k1qAv4peDGNrK97QB-EUxz1wwPzoNgKmg2LDlEI_laaHdbxGT9BKvWvz2KeYOAyy6Hd-hWDA\/s2048\/004+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><u>O mu\u00ed\u00f1o de vento de Palmeira (Ove)<\/u>: <\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Emprazamento: nun outeiro nun lugar moi venteado e apartado pero non lonxe das casas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Propiedade: pertence a D. Felipe Pulpeiro, da casa do Treixo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cronolox\u00eda: constru\u00eddo polo pai do anterior, tam\u00e9n de nome Felipe Pulpeiro, en 1888. Para erguer  o mu\u00ed\u00f1o vi\u00f1eron os canteiros de Ferreira.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tipolox\u00eda: mu\u00ed\u00f1o fixo de torre con cuberta  xiratoria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Descrici\u00f3n:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Elementos construtivos: non ten plataforma propiamente pero si unha elevaci\u00f3n de 2 m de ancho. A torre \u00e9 cil\u00edndrica, de f\u00e1brica de cachote tomado con barro e sen perpia\u00f1os nos vans; polo exterior presenta uns orificios para os paxaros. Ten unha porta ao noroeste cunha fiestra por cima; catro fiestras situadas d\u00faas na planta baixa e d\u00faas na alta, sim\u00e9tricas, nas caras N e S respectivamente; presentan marcos de madeira nos linteis. No remate superior dos muros, canter\u00edas para xirar a cuberta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No interior hai restos de viga de madeira; ti\u00f1a unha escaleira para subir \u00e1 planta alta, que ser\u00eda de madeira e da que non quedan restos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As dimensi\u00f3ns principias son: di\u00e1metro interior 5,05 m; grosor muros 0,85 m; altura aproximada 6,50 m; a planta alta estaba situada a 2,50 m; a porta ten un ancho considerabel de 1,10 m e unha altura de 2,10 m.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A cuberta ti\u00f1a un armaz\u00f3n de madeira, de forma c\u00f3nica e levaba cinc.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgMExtwzX6zJP1Acym5bXLjWIcBLM27wedDiZ6S65yvDmHRb10KFndRSLxn7psHObiYpFBENPgvjMgafjgyIx5vkB7FjhWaaB-ikKUkQVqxBeeU9sdAVUl3Aj_SJ17zL6i6snpW4A\/s2048\/005+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"424\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgMExtwzX6zJP1Acym5bXLjWIcBLM27wedDiZ6S65yvDmHRb10KFndRSLxn7psHObiYpFBENPgvjMgafjgyIx5vkB7FjhWaaB-ikKUkQVqxBeeU9sdAVUl3Aj_SJ17zL6i6snpW4A\/s2048\/005+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Elementos mec\u00e1nicos: O sistema xiratorio da cuberta consist\u00eda nunha canaleta de ferro colocada nas canter\u00edas superiores dos muros, sobre da que circulaban 20 rodi\u00f1as de ferro. Para orientar esta, fac\u00edano coas vacas que turraban  dun pau longo (rabo) que baixaba dende o extremo da mesma; unha vez disposto na colocaci\u00f3n axeitada, amarr\u00e1base este pau a unha das estacas que hab\u00eda arredor da torre; desta maneira o mu\u00ed\u00f1o traballaba a vento fixo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ti\u00f1a catro velas de lona con corda de c\u00e1nabo e argolas para amarralas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Era de d\u00faas moas, capas e p\u00e9s; unha para o trigo, francesa, e outra para o millo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A roda dos engranaxes era de ferro pero os dentes estaban feitos con cerna de carballo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Estado actual: cons\u00e9rvanse os muros da torre en moi bo estado. Da cuberta non quedan restos as\u00ed como dos elementos mec\u00e1nicos. Deixou de traballar algo antes do ano 1920, e cando o desmontaron, aproveitouse a moa francesa para o mu\u00ed\u00f1o de Meredo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgkGU8nsr-vtvwjZ76ht4GIJb5lpnWZTlxU2Qv43CToQ3oetXFhvMSjNKWYUivDfXA-OvlJDyMzCWe1N_8ubWwzFQ6dL76P-mtZzlL2oAbhK29fkflbwnOuJsewTpRU8TeZAO3cPg\/s2048\/006+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgkGU8nsr-vtvwjZ76ht4GIJb5lpnWZTlxU2Qv43CToQ3oetXFhvMSjNKWYUivDfXA-OvlJDyMzCWe1N_8ubWwzFQ6dL76P-mtZzlL2oAbhK29fkflbwnOuJsewTpRU8TeZAO3cPg\/s2048\/006+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O propietario conserva algunha peza solta dos elementos mec\u00e1nicos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgo-GG54WTM0Ya-7QhsqvH1N4Bx2rLKVTJoh1zaRYHXf5ruomSYBPbkyRj-C6dV9gE3ygBQfVQa8nlIfjDXmIW0WkbPqAl-Ht-sX5FESJBmTIf92v0oM-KoepjcsmdSgX-rEy7NAg\/s2048\/007+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgo-GG54WTM0Ya-7QhsqvH1N4Bx2rLKVTJoh1zaRYHXf5ruomSYBPbkyRj-C6dV9gE3ygBQfVQa8nlIfjDXmIW0WkbPqAl-Ht-sX5FESJBmTIf92v0oM-KoepjcsmdSgX-rEy7NAg\/s2048\/007+mui%25C3%25B1os+de+vento.jpg\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p>1-Instrumentos para picar a moa.<\/p>\n<p>2.Rodi\u00f1a de ferro do sistema xiratorio da cuberta.<\/p>\n<p>EMILIO  PI\u00d1EIROA  LOZANO<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O estudo do patrimonio cultural do Concello de Ribadeo ofr\u00e9cenos diversas posibilidades, ao tratarse dunha vila medieval cargada de historia; pod\u00edamos estudar o Ribadeo antigo (muralla, r\u00faas\u2026) as\u00ed como igrexas, capelas, fontes, cabozos, o Cami\u00f1o Norte de Santiago, mu\u00ed\u00f1os de auga&#8230; Imos estudar un tipo de construci\u00f3n desco\u00f1ecida para moitos dos veci\u00f1os de Ribadeo: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89,11],"class_list":["post-5027","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5027","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5027"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5027\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5027"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5027"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5027"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}