{"id":5025,"date":"2020-06-23T12:14:00","date_gmt":"2020-06-23T10:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:52","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:52","slug":"escudo-de-armas-do-pazo-de-trianapancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/23\/escudo-de-armas-do-pazo-de-trianapancho\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE TRIANA.Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj6sAG09zbf2F6R44WHw1KhEa4ezrwJoklUO_Qgd-W7JZ8XK3ff3YQTTe9nYxGdiWc5CzEb04AeQ171QmOt6v5UvhLDpjQB333bD0SZ0SMSpe1qs3j-r2CHqNyhLKUki3E9781gkg\/s2048\/escudo+Triana+e+debuxo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj6sAG09zbf2F6R44WHw1KhEa4ezrwJoklUO_Qgd-W7JZ8XK3ff3YQTTe9nYxGdiWc5CzEb04AeQ171QmOt6v5UvhLDpjQB333bD0SZ0SMSpe1qs3j-r2CHqNyhLKUki3E9781gkg\/s2048\/escudo+Triana+e+debuxo.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Escudo. Foto con remarque de li\u00f1as e orixinal.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Este escudo de armas at\u00f3pase no Pazo de Triana de San Miguel de Reinante, actual casa de don Jos\u00e9 Antonio Dopico Remior quen fixo unha encomiable rehabilitaci\u00f3n de dito pazo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 un escudo espa\u00f1ol con barba ou punta a semellanza dos mostrados no Nobiliario Vero de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1492\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1492<\/a>, de Ferr\u00e1n Mex\u00eda (cap\u00edtulo XXIX). Est\u00e1 timbrado cun casco de cabaleiro fidalgo mirando a destra adornado cun penacho de tres plumas e viseira baixada con reixa, na que se perciben cinco ou sete grilletas (barras verticais que conforman a reixa), polo que pode ser o casco dun fidalgo con t\u00edtulo de bar\u00f3n. Est\u00e1 rodeado dun adorno exterior sinxelo a modo de volutas dun pergami\u00f1o que se envolven nos soportes laterais e no sost\u00e9n da punta. Carece de bordura en xefe (en parte alta) e na bordura, dos flancos e punta, pode lerse a lenda: \u201cARMAS DE LOS MOREDAS, RIBADENEIRAS, AGVIARES ANO DE <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1669\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1669<\/a>\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Est\u00e1 cuarteado cunha cruz abismada das Armas dos RIBADENEIRA: \u201cen campo de ouro unha cruz cargada de catro veneras de prata\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Primeiro cuartel: unha torre donxonada cuberta (que ten sobre unha torre outra torre con t\u00edmpano e cuberta en punta). Son as Armas dos MOREDA. Si tivesen esmaltes ser\u00edan: \u201cen campo de azur un castelo de prata\u201d. (Nota: estas mesmas armas outras veces aparecen con dous noves romanos [IX] un a cada lado do castelo). Esta torre donxonada e cuberta \u00e9 a mesma figura que aparece no primeiro cuartel do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes<\/a> da Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo xunto coas armas de consanguinidade dos ACEBEDO, cuxo relato fixen no cap\u00edtulo vinte cinco do libro \u201cEscudos de Armas do Concello de Ribadeo\u201d que proximamente espero volver a presentar, e que non houbo lugar at\u00e9 o de agora a causa da pandemia. Perd\u00f3n polo inciso.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo cuartel: unha \u00e1rbore arrincada ou desenraizada. A torre donxonada dos MOREDA e a \u00e1rbore surmontada de estrelas e un crecente ranversado, aparecen no primeiro cuartel do <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes da Igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a>, cuxo bras\u00f3n pertence as antigas e primitivas Armas dos ACEBEDO (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 6-Maio-2017).<\/p>\n<p>Esta \u00e1rbore, sen can, asem\u00e9llase \u00e1 dos ACEVEDO do 2\u00ba cuartel da casa de D. CARLOS MIGUEL ACEVEDO PARDO Y TABOADA, co\u00f1ecida como a casa da Aduana Vella sita no Porto de Porcill\u00e1n de Ribadeo, quen \u00e9 un dos fillos e herdeiros de D\u00aa MARIA JOSEFA PARDO DE CELA ULLOA Y TABOADA, petrucia da \u201cCasa Torre de Pumar\u00edn\u201d tam\u00e9n de San Miguel de Reinante) (Nota: hai a dobre graf\u00eda con \u201cV\u201d e con \u201cB\u201d dos ACEVEDO e ACEBEDO, que n\u00f3s anotamos tal e como aparecen nos bras\u00f3ns).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Terceiro cuartel: unha aguia mirando a sinistra co voo baixado ou de \u00e1s ca\u00eddas. Son as Armas dos AGUIAR.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cuarto cuartel: \u201ctres cunchas de vieira (veneras) ben ordenadas\u201d (d\u00faas en xefe ou parte alta, e unha en punta, ou parte baixa). Poden ser armas dos BELLOCH, de orixe xud\u00edo, cuxo 1\u00ba cabaleiro, do s\u00e9culo X, cham\u00e1base Guiberto ou Wiberto: \u201cen campo de goles tres veneras de ouro, ben ordenadas\u201d \/\/ tam\u00e9n puideran ser: \u201cen campo de azur tres veneras de ouro\u201d, neste caso, mal ordenadas ou colocadas a inversa: unha en xefe e d\u00faas en punta, correspondentes ao 2\u00ba cuartel do escudo cortado de Mondo\u00f1edo, cuxa posible relaci\u00f3n ser\u00eda que nalg\u00fan tempo houbera un matrimonio AGUIAR de MONDO\u00d1EDO, desta extensa consanguinidade dos MOREDA e RIBADENEIRA, ou un v\u00ednculo de maiorazgo, patronato ou de aforamento de territorio co bispado de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Primeiro e segundo cuartel, poden ser de D. RODRIGO DE MOREDA. (\u00c1mbolos dous semellantes os da p\u00e1x. 97 da Her\u00e1ldica do Municipio de Mondo\u00f1edo, autora: Olalla R\u00faa Veloso, 2005 \/\/ tam\u00e9n como o escudo da Casa de la Rocha de San Cosme de Barreiros)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; XENEALOX\u00cdA<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A m\u00e1is antiga e documentada comeza con: D. RUY FERN\u00c1NDEZ DE MOREDA casado con D\u00aa MAR\u00cdA FERN\u00c1NDEZ foron pais de D. JUAN DE MOREDA veci\u00f1o de San Miguel de Reinante (Barreiros) que ga\u00f1ou Executoria de Fidalgu\u00eda na Real Chancelar\u00eda de Valladolid o 10-Maio-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1488\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1488<\/a>, confirmada o 5-Marzo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1495\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1495<\/a>, ambas presentadas nun preito por D. RODRIGO DE MOREDA no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1568\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1568<\/a> (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Tomo III, 2\u00aa Edici\u00f3n do Mosteiro de Poio, p\u00e1x.326).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Esta mesma noticia aparece da seguinte maneira na direcci\u00f3n de Internet: <a href=\"https:\/\/blog.myheritage.es\/2010\/09\/documentos-eclesiasticos-y-apellidos-de-galicia-espana\/%20apelidosgalicia.org\/Moreda-2220\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/blog.myheritage.es\/2010\/09\/documentos-eclesiasticos-y-apellidos-de-galicia-espana\/ apelidosgalicia.org\/Moreda-2220<\/a><\/p>\n<p>1.- Executoria de fidalgu\u00eda a favor de Juan de Moreda, veci\u00f1o da fregues\u00eda de San Cosme de Barreiros (Lugo) Ano 1488. (C\u00f3d. Ref: ES.47186.ARCHV\/6.5\/\/PERGAMINOS,CAJA,72,7)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n como nota curiosa aparece nesta mesma direcci\u00f3n:<\/p>\n<p>Os veci\u00f1os de Santiago de Foz con Garc\u00eda de Moreda e m\u00e1is veci\u00f1os de San Cosme de Barreiros. Auto ordinario sobre pesca de sardi\u00f1a. Ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1588\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1588<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por outra banda, tam\u00e9n sabemos polos libros da Igrexa de San Miguel de Reinante (Arquivo Diocesano de Mondo\u00f1edo):<\/p>\n<p>1. Pedro Moreda Rivadeneira y Aguiar. Fundou a capelan\u00eda de San Pedro na igrexa de San Miguel de Reinante e era p\u00e1rroco de dita igrexa xa no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1565\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1655<\/a>. Do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1688\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1688<\/a> ao <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1713\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1713<\/a> aproximadamente deixa a capelan\u00eda a cargo de Miguel de Moreda Rivadeneria y Aguiar.<\/p>\n<p>2. Francisco Moreda Rivadeneira y Aguiar est\u00e1 casado con Catalina Blanco (t.p.f.)<\/p>\n<p>1. Gregorio Moreda Rivadeneira y Aguiar. Nace en 1688, e son seus padri\u00f1os de bautismo o cura D. Luis Pardo Taboada e D.\u00aa Isabel Villarmea.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na lenda do escudo vemos que a data \u00e9 do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1669\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1669<\/a> cuxa contemporaneidade cadra con toda esta familia que imos atopando e que falta por determinar e concretar a s\u00faa ascendencia e descendencia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escudo. Foto con remarque de li\u00f1as e orixinal. &nbsp;&nbsp; Este escudo de armas at\u00f3pase no Pazo de Triana de San Miguel de Reinante, actual casa de don Jos\u00e9 Antonio Dopico Remior quen fixo unha encomiable rehabilitaci\u00f3n de dito pazo. &nbsp;&nbsp; \u00c9 un escudo espa\u00f1ol con barba ou punta a semellanza dos mostrados no Nobiliario Vero [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5025","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5025","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5025"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5025\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5025"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5025"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5025"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}