{"id":5024,"date":"2020-06-29T00:20:00","date_gmt":"2020-06-28T22:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:51","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:51","slug":"as-mamoas-das-pallaregas-trabada-emilio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/29\/as-mamoas-das-pallaregas-trabada-emilio\/","title":{"rendered":"AS  M\u00c1MOAS  DAS  PALLAREGAS.  TRABADA . Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A Prehistoria abrangue un longo per\u00edodo de tempo que se inicia coa orixe da especie humana, hai m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de anos, e se estende ata aparici\u00f3n da escritura (300 a. C.).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Durante miles de anos, o seres humano foi cambiando o seu aspecto f\u00edsico e aprendeu a fabricar instrumentos, dominar o lume, comunicarse, domesticar animais, etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Destas actividades non existen documentos escritos, unicamente nos chegaron testemu\u00f1os arqueol\u00f3xicos: pedras talladas, f\u00f3siles, instrumentos, pinturas, gravados,etc.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ao principio, no periodo Paleol\u00edtico, a humanidade viv\u00eda da caza e da recolecci\u00f3n, e era n\u00f3made.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Posteriormente, no Neol\u00edtico, aprendeu a domesticar animais e a cultivar a terra, e volveuse sedentario. Xurdiron  os primeiros poboados e actividades como o tecido a a cer\u00e1mica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Realizamos unha aproximaci\u00f3n \u00e1 Prehistoria do Concello de Trabada, apoi\u00e1ndonos nas escasas referencias bibliogr\u00e1ficas e no informe do Departamento Territorial de Cultura e Turismo de Lugo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Debemos advertir que os datos no futuro poden variar somentes como resultado de novos estudos e intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O obxectivo \u00e9 conquerir o respeto do noso Patrimonio Cultural e a s\u00faa conservaci\u00f3n, potenciando o seu co\u00f1ecemento e o seu disfrute.<\/p>\n<p>O Neol\u00edtico: Megalitismo<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Adoitase definir O Neol\u00edtico como o periodo no que eclosiona un xeito diferente de produci\u00f3n: o paso da econom\u00eda baseada na caza, na pesca e na recolleita, ata o sistema no que predomina a agricultura e gander\u00eda. As comunidades galaicas coidaban animais coma o porco, a cabra, a ovella e cultivaban cereiais coma o trigo e o centeo. O home era sedentario. \u00c9 a Idade da Pedra Pulida, comeza no ano 5 000 a .C. e remata tres mil anos  despois.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O Megalitismo  caracter\u00edzase polas estruturas  ou megalitos (mega=grande; lithos=pedra) constru\u00eddos con grandes pedras, polo que se considera un fen\u00f3meno cultural, do que a s\u00faa caracteristica m\u00e1is salientable consiste na construci\u00f3n de monumentos xeralmente funerarios a base de pedras colosais.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na \u00e1rea  galega o megalitismo est\u00e1 representado por  menhires; en Galicia  cham\u00e1moslles \u201cpedras fitas\u201d, e antas cubertas por t\u00famulos que reciben distintos nomes segundo a zona m\u00e1moas, medorras, medo\u00f1as, modias, medas, etc.<\/p>\n<p>As pedras fitas relaci\u00f3nanse co culto \u00e1s encrucilladas e \u00f3s cami\u00f1os, as\u00ed os cruceiros ser\u00edan os continuadores dese culto.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj4Ay-u6Koe5zaw8vPLUm5O7z1_Ry2eThtSa8BTwmnNy-vzrqzjLOCabg8dNnkH_pN92-044NhF6w4zTvUeRY3VhjSu_Vg5dddFrs0shsUdyi0Ks3KieOuwEPwWf_NqxR1YMaroEg\/s2048\/gARGANT%25C3%2581NS.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj4Ay-u6Koe5zaw8vPLUm5O7z1_Ry2eThtSa8BTwmnNy-vzrqzjLOCabg8dNnkH_pN92-044NhF6w4zTvUeRY3VhjSu_Vg5dddFrs0shsUdyi0Ks3KieOuwEPwWf_NqxR1YMaroEg\/s2048\/gARGANT%25C3%2581NS.png\" width=\"240\" \/><\/a><\/p>\n<p>Gargant\u00e1ns. Mora\u00f1a (Pontevedra)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMVG5vUZZs6flJlZKv6msYdD6ejG2pkYVL0MveVhZkGvYn6l1Y3As33Vd4DOZbENnPWALe_9jDgrIIOkOEJjeOR-wZuD8kDMUh8wW0I4ZOndnMyxBv10LOMTswHhHHjwvILxPtww\/s2048\/Dombate.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"267\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiMVG5vUZZs6flJlZKv6msYdD6ejG2pkYVL0MveVhZkGvYn6l1Y3As33Vd4DOZbENnPWALe_9jDgrIIOkOEJjeOR-wZuD8kDMUh8wW0I4ZOndnMyxBv10LOMTswHhHHjwvILxPtww\/s2048\/Dombate.png\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>Dombate. Cabana de Berganti\u00f1os (A Coru\u00f1a)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As m\u00e1moas te\u00f1en forma circular ou ovalada. Segundo a estrutura arquitect\u00f3nica das antas podemos distinguir tres grupos: c\u00e1maras simples, as chantas (esteios) delimitan un espazo funerario de forma poligonal cuberto por unha laxe horizontal; c\u00e1maras con corredor, c\u00e1mara poligonal aberta da que arrinca un corredor e c\u00e1maras rectangulares, de planta rectangular.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Partes que compo\u00f1en o monumento megal\u00edtico: m\u00e1moa, t\u00famulo de terra con forma de casquete esf\u00e9rico que engloba e protexe o resto do conxunto; no centro at\u00f3pase a anta, c\u00e1mara megal\u00edtica, espazo onde se depositan os cad\u00e1veres; un corredor feito de laxes de menor tama\u00f1o, comunica a anta co exterior do monumento.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgb8gzq-x0i_2qNo64S602R13Rawq-hlNeGQrlNs2Lu95RL1U9nbM4BdUTIezfVzQ10WemNXzMam1G79Dkb760WTBShB8XyI-IhPNq_Jw-6ZTDH3iPCAjVzOKRrVPA8A8KhJs3Pmw\/s2048\/enterramento+megal%25C3%25ADtico.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"121\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgb8gzq-x0i_2qNo64S602R13Rawq-hlNeGQrlNs2Lu95RL1U9nbM4BdUTIezfVzQ10WemNXzMam1G79Dkb760WTBShB8XyI-IhPNq_Jw-6ZTDH3iPCAjVzOKRrVPA8A8KhJs3Pmw\/s2048\/enterramento+megal%25C3%25ADtico.png\" width=\"400\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Enterramento megal\u00edtico. Fonte: Museo de Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Vilalba<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A cronolox\u00eda var\u00eda segundo os diferentes investigadores, \u00e9 un  periodo de tempo moi amplo, dende 5 000 anos a.C. ata 2 000 a.C.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O n\u00famero de m\u00e1moas en Galicia pode ser superior a 5 000. Murgu\u00eda dic\u00eda \u201c non hai campo ermo en Galiza no que os ollos afeitos non atopen a grande ou pequena m\u00e1moa\u201d, se ben moitas perd\u00e9ronse no decorrer dos anos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Actualmente hai catro conxuntos BIC (Ben de Interese Cultural): dolmen de Dombate( Cabana de Berganti\u00f1os), a necr\u00f3pole de Santa Mari\u00f1a (O Incio, Samos e Sarria), dolmen de Axeitos (Ribeira) e a Casa da Moura de Cabaleiros (Tordoia). A estos unirAnse outros 48 xacementos, entre eles a anta de Santo Tom\u00e9. O Valadouro<\/p>\n<p>O Megalitismo no Concello de Trabada<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo o  inventario de 1987-88 do Departamento Territorial de Cultura e Turismo. Lugo.<\/p>\n<p>C\u00d3DIGO&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;                      NOME                                             PARROQUIA<\/p>\n<p>GA27061001&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;            M\u00e1moa do Marco de Pena Verde       San Estevo de F\u00f3rnea<\/p>\n<p>GA27061006,7-10    M\u00e1moas das Pallaregas (5)                 San Mateo de Vidal<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Este mesmo organismo o 29\/06\/2009 d\u00ed: as m\u00e1moas das Pallaregas foron inventariadas en 1998, pero \u00e9 moi probable que non existan, xa que na mesma ficha d\u00e1nse como pouco probables. As\u00ed mesmo, a poucos metros das anteriores, no Monte da Forca hab\u00eda unha m\u00e1moa, ti\u00f1a c\u00e1mara funeraria ou anta, pero foi totalmente destru\u00edda. (1987-88). Un posterior informe deste Departamento  sobre As Pallaregas di que pode haber 5 m\u00e1moas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal de Trabada 2009. Aprobaci\u00f3n Inicial. Elementos que constit\u00faen o Cat\u00e1logo de bens Arqueol\u00f3xicos son:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En Vilarbetote (Sante): 4 m\u00e1moas de O Monte, a morfolox\u00eda orixinal at\u00f3pase modificada debido \u00f3 aplanamento da masa tumular polos traballos agr\u00edcolas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En Vilapena, 5 m\u00e1moas no monte de Li\u00f1eiras, as\u00ed como 3 m\u00e1is situadas no Chao de Li\u00f1eiras, 1 no Chao do Couso e outra nas Campelas, sendo o estado de conservaci\u00f3n malo, provocado polos efectos da repoboaci\u00f3n forestal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No lugar de Cabana, parroquia de Trabada, m\u00e1moa de Pico Grande. Masa tumular alterada e situada nunha zona de repoboaci\u00f3n forestal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En Vidal, no lugar das Pallaregas, 5 m\u00e1moas, 3 delas en mal estado debido a que a masa tumular foi rebaixada  en altura polas labores forestais. Situadas nunha zona de repoboaci\u00f3n forestal.. D\u00faas destas m\u00e1moas at\u00f3pase en estado regular, \u00e1s que lle  adicaremos un estudo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A investigaci\u00f3n baseouse nos traballos de campo ante a ausencia de referencias bibliogr\u00e1ficas. Como resultado foi o descubrimento de d\u00faas m\u00e1moas nas Pallaregas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEincrAxX7K5Co4meWiNB0D2kmO6g09re1YqIUwypO_s_CXgucaW0XYnB4ZLYDdC9knzFSxyPhkm2FirZju02NEif_HgJKKih9f7XdAh8Pv8SkJTv2NWdM5_HVwgZuMzXUfw_Uq2jQ\/s2048\/mapa.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"324\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEincrAxX7K5Co4meWiNB0D2kmO6g09re1YqIUwypO_s_CXgucaW0XYnB4ZLYDdC9knzFSxyPhkm2FirZju02NEif_HgJKKih9f7XdAh8Pv8SkJTv2NWdM5_HVwgZuMzXUfw_Uq2jQ\/s2048\/mapa.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>M\u00c1MOAS DAS PALLAREGAS<\/p>\n<p>Situaci\u00f3n: Parroquia de Vidal (Trabada)<\/p>\n<p>Parte alta da parroquia de Vidal, na estrada que une F\u00f3rnea con Valboa, preto da capela de San Fernando.<\/p>\n<p>Monte de eucaliptos.<\/p>\n<p>M\u00c1MOA 1<\/p>\n<p>X 649071                  Coordenadas       Latitude:      43\u00ba    28\u00b4   30 \u00b4\u00b4       N<\/p>\n<p>UTM                                     Xeogr\u00e1ficas:        Lonxitude:    7\u00ba    9\u00b4     26 \u00b4\u00b4       W<\/p>\n<p>Y 4815386<\/p>\n<p>Fuso:  29                               Altitude(GPS):  347 metros.<\/p>\n<p>Atopamos restos de m\u00e1moa, t\u00famulo de terra con forma de casquete circular (16m. de di\u00e1metro, aproximadamente). No centro at\u00f3pase restos da anta, c\u00e1mara megal\u00edtica, espazo onde se depositaban os mortos.<\/p>\n<p>Parte da masa tumular foi destruida por un gran corte lonxitudinal que chega ata o centro da m\u00e1moa.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNkgXHEJmzLCKn6gm9oH0MOTyjPvDYSki3xpuLRxcCJxMD9-2EZtaoEd6QQOXcW5p4xE62jSGlVf8nvhQA4GYz61QCYOAOLYOepvdgQjpr480VaAJW9b98f6LBCGFS3id9hrAU5g\/s2048\/M%25C3%25A1moa1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhNkgXHEJmzLCKn6gm9oH0MOTyjPvDYSki3xpuLRxcCJxMD9-2EZtaoEd6QQOXcW5p4xE62jSGlVf8nvhQA4GYz61QCYOAOLYOepvdgQjpr480VaAJW9b98f6LBCGFS3id9hrAU5g\/s2048\/M%25C3%25A1moa1.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>M\u00c1MOA (T\u00daMULO)<\/p>\n<p>M\u00c1MOA 2<\/p>\n<p>X 648860                  Coordenadas       Latitude:      43\u00ba    28\u00b4   36\u00b49 \u00b4\u00b4    N<\/p>\n<p>UTM                                     Xeogr\u00e1ficas:        Lonxitude:     7\u00ba    9\u00b4   34\u00b46 \u00b4\u00b4     W<\/p>\n<p>Y 4815508<\/p>\n<p>Fuso:  29                               Altitude(GPS):  347 metros.<\/p>\n<p>A m\u00e1moa na que est\u00e1 inserida esta anta mide uns 20 metros de di\u00e1metro e p\u00f3dese considerar como o megalito, arquitectonicamente mellor conservado por non dicir o \u00fanico da Mari\u00f1a Oriental; na Mari\u00f1a Central at\u00f3pase a m\u00e1moa de Santo Tom\u00e9 no Valadouro;<\/p>\n<p>Corresponde ao tipo de anta coa c\u00e1mara poligonal formada por pedras de mediano tama\u00f1o (esteios) lixeiramente inclinados cara  ao interior; a pedra cobertora (tapa) at\u00f3pase f\u00f3ra dos seu sitio; non hai vestixios do corredor. Arredor da c\u00e1mara hai estradas pedras mi\u00fadas que, probablemente, forman parte da estrutura tumular.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjGWQ6xliu_FEwE62CzpIvG_lhyOxM2WMP4ora4iMZlj8Wm3OqF_YqtMQ4T2LSMopKQxCOl6nywIIPuuafVa6BfqSxLLTMxrB1jk-cjNpUI3hSQBsJH80f6afOblEu7PiUaxKOLAA\/s2048\/M%25C3%25A1moa2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjGWQ6xliu_FEwE62CzpIvG_lhyOxM2WMP4ora4iMZlj8Wm3OqF_YqtMQ4T2LSMopKQxCOl6nywIIPuuafVa6BfqSxLLTMxrB1jk-cjNpUI3hSQBsJH80f6afOblEu7PiUaxKOLAA\/s2048\/M%25C3%25A1moa2.jpg\" \/><\/a><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A Prehistoria abrangue un longo per\u00edodo de tempo que se inicia coa orixe da especie humana, hai m\u00e1is de dous mill\u00f3ns de anos, e se estende ata aparici\u00f3n da escritura (300 a. C.). &nbsp;&nbsp; Durante miles de anos, o seres humano foi cambiando o seu aspecto f\u00edsico e aprendeu a fabricar instrumentos, dominar o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89],"class_list":["post-5024","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5024","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5024"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5024\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5024"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5024"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5024"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}