{"id":5023,"date":"2020-06-30T19:01:00","date_gmt":"2020-06-30T17:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:49","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:49","slug":"300-por-870-historia-dunha-viaxe-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/06\/30\/300-por-870-historia-dunha-viaxe-en\/","title":{"rendered":"\u201c300 \u20ac por 8,70. Historia dunha viaxe en FEVE\u201d, continuaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>No outono, antes da chegada do coronavirus, publiquei unha <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2019\/11\/este-billete-vale-mais-de-300-historia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada na que narraba as peripecias dunha viaxe que \u00eda ser en tren cun custe para min de 8,70 \u20ac<\/a>, e que rematou sendo en taxis (as\u00ed, en plural), cun retardo considerable na chegada e por un importe -a cargo de RENFE- moi superior. Foi a causa dun feito puntual, o que non desculpa que feitos puntuais dese tipo se te\u00f1an sucedido de xeito alarmante, cunha soluci\u00f3n tan descoordenada como a referida. O que pretend\u00eda era po\u00f1er de manifesto a desorganizaci\u00f3n organizada dun tren que presta un servizo esencial \u00e1 Mari\u00f1a luguesa, lig\u00e1ndoa a Ferrolterra e a Asturias e vertebr\u00e1ndoa internamente. Desorganizaci\u00f3n que redundaba a m\u00e1is de nun mal servizo, nun machaque continuo da infraestrutura e clientela serviciada tendente \u00e1 desaparici\u00f3n do propio servizo.<\/p>\n<p>Dende aquela, o coronavirus e Alcoa incidiron no tema dun xeito brutal. A empresa, \u00f3 anunciar a reduci\u00f3n na planta de aluminio, a m\u00e1is do mal causado de xeito directo, no que se refire a este tema, levar\u00eda consigo a desaparici\u00f3n do transporte de aluminio por v\u00eda f\u00e9rrea, incidindo nas contas da li\u00f1a e na posible presi\u00f3n para o mantemento da li\u00f1a.<\/p>\n<p>En canto \u00f3 coronavirus, o illamento e as diferentes fases de volta \u00e1 normalidade propiciaron un descenso do n\u00famero de viaxeiros. Mais o caso \u00e9 que, con esa desculpa, o n\u00famero de conexi\u00f3ns foi reducido, quedando a d\u00eda de hoxe nunha conexi\u00f3n de ida e outra de volta. Un feito que, hai que recalcalo cando xa estamos no que se pretente normalidade condicionada, non corresponde coa actual situaci\u00f3n de fase tras a desescalada. \u00c9 evidente que se hai unha conexi\u00f3n de ida e outra de volta, salvo quizais para o extremo da li\u00f1a preto do punto de sa\u00edda, o tren non pode ser unha soluci\u00f3n de desprazamento, tendo que complementar o seu uso con outros medios, para a ida ou para a volta. E iso, nun horario moi reducido, o que ven a engadirse \u00f3s males estruturais da FEVE Ferrol &#8211; Oviedo\/Xix\u00f3n, de situaci\u00f3n das estaci\u00f3ns, reviravoltas polas r\u00edas, tempo de viaxe, falta de mantemento da v\u00eda, &#8230; Males todos eles que non suprimen a necesidade dun xeito de comunicaci\u00f3n que non dubido en cualificar de esencial como parte de calquera transporte p\u00fablico na zona \u00e1 que serve, a m\u00e1is de -demostrado est\u00e1- representar un m\u00e9todo abondo m\u00e1is sostible que o predominante por estrada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No outono, antes da chegada do coronavirus, publiquei unha entrada na que narraba as peripecias dunha viaxe que \u00eda ser en tren cun custe para min de 8,70 \u20ac, e que rematou sendo en taxis (as\u00ed, en plural), cun retardo considerable na chegada e por un importe -a cargo de RENFE- moi superior. Foi a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91,110,77],"class_list":["post-5023","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril","tag-feve","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5023","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5023"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5023\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5023"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5023"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5023"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}