{"id":5021,"date":"2020-07-04T00:00:00","date_gmt":"2020-07-03T22:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:40","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:40","slug":"unha-especie-en-perigo-de-extincion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/04\/unha-especie-en-perigo-de-extincion\/","title":{"rendered":"UNHA ESPECIE EN PERIGO DE EXTINCI\u00d3N. Jorge Sampedro Reim\u00fandez"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; De toda a vida de deus os caciques gobernaran en Galicia ata que nas elecci\u00f3ns do ano 2005 apareceu, non se sabe moi ben como, Emilio P\u00e9rez Touri\u00f1o. Contan os que se mov\u00edan pola s\u00faa contorna que era un home de esquerdas, extremo este que nunca chegou a confirmarse talvez porque o seu paso pola Xunta asemellouse a eses \u201cpedos silenciosos\u201d que \u00e1s veces se deixan flu\u00edr sen que ningu\u00e9n se decate. Concretamente os veci\u00f1os de Ribadeo, que naquelas datas contaban con Alcalde socialista, non souberan nada del ata que unha vez apareceu na Ponte dos Santos e declarou solemnemente que quedara moi bonito por encima da \u201cR\u00eda do Eo\u201d. Era a hostia fidelizando votantes! Despois, nas elecci\u00f3ns do ano 2009, a desencantada esquerda galega castigou a Touri\u00f1o e ao seu fiel escudeiro Quintana e retornaron os que non se ti\u00f1an que marchar nunca: os caciques e \u00e1 fronte de todos eles o virxinal Feijoo. Hoxe, once anos despois do seu advenemento, virus mediante, conv\u00f3canos para que o pr\u00f3ximo d\u00eda 12 de xullo volvamos exercer o noso democr\u00e1tico dereito ao voto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo as enquisas que aparecen estes d\u00edas nos diarios dixitais todo apunta a que, por cuarta vez, o noso progresista pobo galego, volver\u00e1 decantarse por reelixir a este agudo funcionario p\u00fablico que leva sufragando, como bo tinterillo que \u00e9, toda a s\u00faa vida laboral a conta dos nosos impostos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Empezou a vivir dos contribu\u00edntes no ano 85, con s\u00f3 vinte e catro anos, como funcionario do Corpo Superior da Administraci\u00f3n Xeral da Xunta de Galicia, e xa non parou\u2026  Conseller\u00eda de Agricultura, secretario xeral da Conseller\u00eda de Sanidade, secretario xeral de Asistencia Sanitaria, presidente do Insalud, presidente da Sociedade Estatal de Correos, etc, etc, soldos que compart\u00eda cos ingresos que obti\u00f1a por asistir aos diversos consellos de administraci\u00f3n de empresas p\u00fablicas nos que tam\u00e9n participaba: Empresa Nacional de Autopistas, Paradores de Turismo de Espa\u00f1a, F\u00e1brica Nacional de Moneda y Timbre, etc, etc.  En xullo do 91, da man do cacique betanceiro Romay Beccar\u00eda, entra en pol\u00edtica e compaxina os seus soldos p\u00fablicos cos devengados pola s\u00faa condici\u00f3n de: Membro do Comit\u00e9 de Direcci\u00f3n do PP de Ourense, do Comit\u00e9 provincial, do Comit\u00e9 de Direcci\u00f3n de Pontevedra, do Comit\u00e9 Provincial de Pontevedra, do Comit\u00e9 Ejecutivo Nacional, ata que o 15 de xaneiro do 2006 el\u00edxeno presidente do Partido Popular de Galicia e at\u00e9 o de hoxe.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Caber\u00eda de esperar que todo ese tempo transitando polo p\u00fablico trer\u00edalle aportado unha valiosa experiencia\u2026 pero que va, chegou como recentemente expulsado do \u00fatero materno: virxinal. Non aprendera nada, non se decatou de nada e por iso non pod\u00eda achegar absolutamente nada. F\u00edxose cargo do partido e seguiu coas mesmas corruptelas que ani\u00f1aban nas s\u00faas entra\u00f1as, cos mesmos caciques territoriais, coas mesmas mafiosas amizades e cando apareceron as fotograf\u00edas obtidas nas vacaci\u00f3ns anuais que gozaba co seu entra\u00f1able e narcotraficante amigo Marcial Dourado en Canarias, Eivissa, Picos de Europa ou Portugal, o virxinal mancebo d\u00edxonos, pobre del, que non era o que parec\u00eda, que o enganaron, que fora un inxenuo! (d\u00edxolle a \u00c9vole), que non vira as primeiras p\u00e1xinas da prensa, nas que se denunciaba que o seu caro amigo xa fora detido na operaci\u00f3n N\u00e9cora vinculado ao tr\u00e1fico de drogas e ao lavado de di\u00f1eiro. Que sab\u00eda el de di\u00f1eiro negro? Que sab\u00eda el de caixa B? Que sab\u00eda el do delincuente Crespo? Que sab\u00eda el da G\u00fcrtel? Que sab\u00eda el da corrupci\u00f3n que arrasaba toda a c\u00fapula nacional do seu partido? Se Fraga, ao que lle cab\u00eda o estado na cabeza, non se decatou de nada, que cona \u00eda saber el, a fin de contas un pobre tinterillo metido a pol\u00edtico.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe sabemos que o goberno de Feijoo en Galicia e o da s\u00faa correlixionaria Ayuso en Madrid estableceron protocolos nos que se exclu\u00eda do traslado aos hospitais aos anci\u00e1ns con dependencia severa. Dos 619 falecidos en Galicia por Covid, 272 viv\u00edan en residencias, deles 132 morreron nas s\u00faas habitaci\u00f3ns neg\u00e1ndoselles a oportunidade de ser atendidos nun hospital e non (a\u00ednda que tampouco o xustificar\u00eda) por terse producido un colapso hospitalario ou por falta de medios (pois o \u00ednclito raparigo presumiu de doar respiradores \u00e1 sanidade madrile\u00f1a), simplemente non se trasladaron porque as\u00ed se establec\u00eda no protocolo que o goberno do Sr. Feijoo fixo chegar \u00e1s residencias. S\u00f3 enviaban ao hospital aos que ti\u00f1an alg\u00fan seguro privado. Na  residencia de Ald\u00e1n crese, ningu\u00e9n comunica a cifra exacta, que morreron por Covid 31 persoas, 20 delas na propia residencia. Unha, sen patolox\u00edas previas (que se atopaba al\u00ed para recuperarse dunha ca\u00edda), era a nai dun bo amigo. Son numerosas as demandas dos familiares esixindo responsabilidades. Do desastre nas residencias de Madrid mellor non falar. Os dous gobernos auton\u00f3micos, coas competencias delegadas, din non ter ningunha responsabilidade. Com\u00e9ntase que a culpa de todo \u00e9 dun tal se\u00f1or Iglesias. Din que \u00e9 venezolano\u2026 ou algo as\u00ed.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres os empregados de Alcoa (cuxo impacto econ\u00f3mico representa o 30% da riqueza da provincia de Lugo) d\u00e9ixanse a vida loitando pola continuidade dos seus postos de traballo, este personaxe non fai nada nin di nada respecto diso nos seus mitins de campa\u00f1a, pero iso si, emulando ao seu narcotraficante amigo, anuncia de viva voz cheques de 250 euros para subornar a sanitarios e hostaleiros. Non ten vergo\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Poder\u00edan facerse comparativas dos cocientes obtidos durante os case 12 anos de consecutivo mandato do goberno de Feijoo \u00e1 fronte da Xunta e os do resto do Estado: corrupci\u00f3n, produto interior bruto, renda per c\u00e1pita, desemprego, desigualdade de x\u00e9nero etc., e moitos deles ter\u00edan, en funci\u00f3n da ideolox\u00eda do lector, variadas explicaci\u00f3ns; por iso referireime soamente a un moi concreto e que non ten m\u00e1is nada que unha soa lectura: \u201ca poboaci\u00f3n\u201d<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo o informe anual de <a href=\"http:\/\/datosmacro.com\/\">datosmacro.com<\/a>: en Espa\u00f1a entre finais do 2009 e finais do 2019 incrementouse a poboaci\u00f3n en 843 360 habitantes. En Galicia, no mesmo per\u00edodo de tempo (coincidente coa estancia de Feijoo \u00e1 fronte da Xunta), reduciuse a poboaci\u00f3n en 71 825 galegos Coma se desaparecer\u00edan todos os habitantes da Mari\u00f1a lucense!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Galicia est\u00e1 entre as rexi\u00f3ns do mundo coa taxa de natalidade m\u00e1is baixa. No 2009, cando Feijoo chegou ao poder, naceron en Galicia 22 537 nenos. Ano tras ano foron baixando os nacementos at\u00e9 chegar aos 15 601 que vi\u00f1eron ao mundo no ano 2019, marcando a taxa de natalidade m\u00e1is baixa desde que existen rexistros.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por casualidade, durante o curto mandato de Touru\u00f1o, Galicia aumentou a s\u00faa poboaci\u00f3n en 42 257 persoas. O ano en que Touri\u00f1o chegou \u00e1 Xunta naceron&nbsp; 21 097 nenos, e o ano no que se marchou, 23 175. Estes datos confirman que &#8220;con gobernos progresistas fr\u00fanxese m\u00e1is&#8221;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Moralexa: Que non nos pase como pobo, con Feijoo, o que lles pasou aos urogalos con Fraga, que se cargou ao \u00faltimo e mandouno disecar (at\u00f3pase en Piornedo cunha praca que reza &#8220;<em>\u00faltimo urogallo de Galicia abatido por Fraga<\/em>&#8220;). As\u00ed que: non des a esquecemento da inxuria ou rudo encono; esperta do teu sono Fogar de Breog\u00e1n.<\/p>\n<p>Jorge Sampedro Reim\u00fandez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; De toda a vida de deus os caciques gobernaran en Galicia ata que nas elecci\u00f3ns do ano 2005 apareceu, non se sabe moi ben como, Emilio P\u00e9rez Touri\u00f1o. Contan os que se mov\u00edan pola s\u00faa contorna que era un home de esquerdas, extremo este que nunca chegou a confirmarse talvez porque o seu paso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[29,13],"class_list":["post-5021","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jorge-sampedro","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5021","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5021"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5021\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5021"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5021"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5021"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}