{"id":5018,"date":"2020-07-06T12:25:00","date_gmt":"2020-07-06T10:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:35","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:35","slug":"a-politica-do-absurdo-en-caciquia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/06\/a-politica-do-absurdo-en-caciquia\/","title":{"rendered":"A pol\u00edtica do absurdo en Caciquia"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1H9Ht_KS0_baO_4XUKaXUvZzYtJvUHE11gphVlK-g7LIak2_rGD5chr9PutyVJRL9a9edDjVqOLJrFfuilnbV3TnVFB4NRFYGktIOdMknDE8tVQdyPkITMc1kw0w4bLgUA6Lo9w\/s2048\/que+fermoso+pa%25C3%25ADs.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1H9Ht_KS0_baO_4XUKaXUvZzYtJvUHE11gphVlK-g7LIak2_rGD5chr9PutyVJRL9a9edDjVqOLJrFfuilnbV3TnVFB4NRFYGktIOdMknDE8tVQdyPkITMc1kw0w4bLgUA6Lo9w\/s2048\/que+fermoso+pa%25C3%25ADs.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8220;Que fermoso pa\u00eds<\/p>\n<p>pero que carallo de xente.&#8221;<\/p>\n<p>Laxeiro<\/p>\n<p>Notas:&nbsp;<\/p>\n<p>1.Calquera parecido coa realidade pode ser real.<\/p>\n<p>2.Ribabebo \u00e9 unha marca rexistrada por Chenchu.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Caciquia \u00e9 unha terra de excepcional beleza, cunha maldici\u00f3n encerrada nalgunha xente que a habita. As mostras de ambas cousas rezuman al\u00f3 onde se mire.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non todo o bo nin o malo que ten \u00e9 end\u00e9mico da terra, pero hai veces que est\u00e1 tan ben adaptado, que o parece. As\u00ed, os pol\u00edticos parecen ter a mesma teima que noutros lugares e tempos: queren que a xente renegue das elecci\u00f3ns, deixando que sexan un absurdo e baleir\u00e1ndoas de contido e sentido. Pero a s\u00faa mestr\u00eda \u00e9 lendaria. Queren saber a \u00faltima?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A ver, non \u00e9 nin a m\u00e1is importante, nin a m\u00e1is difundida, njn a m\u00e1is elaborada, a\u00ednda que pode ser das m\u00e1is dram\u00e1ticas, pero \u00e9 un exemplo m\u00e1is. Imos al\u00f3.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Resulta que entre as m\u00e1is belas partes da excepcional Caciquia hai unha, na costa norte, que se enfrontaba con certa tranquilidade a un azote mundial, un virus que, o mesmo que o virus do odio ou o da desinformaci\u00f3n se mete nos miolos a traverso dos medios e redes sen que moita xente se aperciba, este, tan pequeno el, invade sibilinamente dunha a outra persoa, e, segundo como te\u00f1as o corpo, pode desde facerte morrer a pasar sen enterarte. Ben, cando todo o entorno estaba desconfin\u00e1ndose, esa costa, onde se atopa Ribabebo e comarca, eran vistos como o para\u00edso: bo clima de ver\u00e1n, bos servizos, boa xente, non moitas aglomeraci\u00f3ns&#8230; e claro, foi xente. Moita m\u00e1is a\u00ednda da que xa fora cando non pod\u00eda. Normal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No novo ambiente, as formas relax\u00e1ronse, e&#8230; aumentaron os casos. Dic\u00edan que non moito moito, pero si abondo como para pensar que a cousa \u00eda demasiado \u00e1 pr\u00e9sa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E anunciouse que se \u00eda pechar a comarca. Anunciouse pero non se fixo ata abondas horas despois, para que \u00e1 xente lle dera tempo a espallarse e espallar por f\u00f3ra o que xa se estaba a espallar por dentro. E \u00e9 curioso: anunciouse o peche para os d\u00edas laborables da semana. S\u00f3. Polo que parece, as finde est\u00e1n blindadas \u00f3 contaxio e o per\u00edodo de incubaci\u00f3n da enfermidade debeu reducirse de xeito m\u00e1xico a como moito eses cinco d\u00edas. Dixen xa que que na finde seguinte hab\u00ed elecci\u00f3ns previstas? Non, creo que non o dixen. Pero non debe ter importancia, non? Como tampouco deben tela cousas como que \u00e9 precisamente na finde cando se recibe m\u00e1is xente de f\u00f3ra da comarca ou se producen maiores aglomeraci\u00f3ns dentro e f\u00f3ra dos locais de consumo nouturno, restrinxido durante eses d\u00edas laborables.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O caso \u00e9 que a comarca pechouse. Non importa que a case totalidade dos casos estivera concentrada nuns poucos lugares, a subzona hospitalaria (na prensa caciquiana din &#8216;zona&#8217;, pero non se decatan, nin os medios nin o goberno, de que foi engulida pola zona hospitalaria da capital, que para iso \u00e9 capital) queda pechada para todos. Aqu\u00ed non hai &#8216;customized production&#8217;, sen\u00f3n Ford modelo T de calqueira cor, sempre que sexa negra. E \u00e9 que dentro dasubzona a xente pode moverse: non fai falta protecci\u00f3n extra, despois de infestada -a lembrar que &#8216;o virus non naceu aqu\u00ed&#8217;-.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O mesmo d\u00eda do anuncio, comezaron a difundirse infograf\u00edas, v\u00eddeos, esquemas&#8230; coas medidas antes de que sa\u00edran as 23 p\u00e1xinas de bolet\u00edn oficial extraordinario nas que se especifican. O normal \u00e9 que haxa abondos erros nesas &#8216;prenovas&#8217;, non? Pois iso. H\u00f3uboos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n, facendo un pequeno c\u00e1lculo, saen a case cinco p\u00e1xinas de bolet\u00edn caciquiano por d\u00eda. Algo moito para que a xente se entere, non?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pero, razoando as\u00ed, os Caciquianos entran por onde queren os seus caciques, (as\u00ed se chaman nesa terra os que fan favores e se desf\u00e1n en conseguir o favor do voto) que consiste en opinar se unha medida \u00e9 as\u00ed ou as\u00e1, m\u00e1is que se ten ou non apoio l\u00f3xico cos datos dispo\u00f1ibles. E a\u00ednda m\u00e1is, que se \u00e9 l\u00f3xico impo\u00f1er as medidas do xeito que se fai en Caciquia, formalmente unha democracia que se ten queixado -e moito- da falta de democracia de quen detenta o mando no estado no que est\u00e1.<\/p>\n<p>Non, non, non vou seguir contando o conto. Porque nese lugar, moi moi achegado, a historia est\u00e1 en curso, e non se sabe nin que vai pasar co dereito da xente confinada a participar nas elecci\u00f3ns (entre outras cousas, o voto por correo xa pechou, e c\u00f3nstame de que noutras elecci\u00f3ns previstas para meses atr\u00e1s, moitos sobres non chegaron). E pode que antes de que algu\u00e9n vexa este escrito, te\u00f1an variado as medidas (xa se sabe, incubaci\u00f3n de xeometr\u00eda variable), mesmo xa se te\u00f1a ampliado o prazo de aplicaci\u00f3n. A\u00ednda que polo que te\u00f1o entendido, a versi\u00f3n que predomina nos mentideiros \u00e9 que rematar\u00e1n de pechar por d\u00faas semanas, pero despois das elecci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed pois, pareceranos raro que a niveis administrativos inferiores, ata o nivel local, pasen cousas de car\u00e1cter m\u00e1is reducido, pero non menos absurdas? Haber\u00e1 que po\u00f1er m\u00e1is exemplos: parece que sabemos moi pouco de Caciquia e os seus pobos.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Notas posteriores:<\/p>\n<p>1.Segundo descubr\u00edn despois, &#8216;Caciquia&#8217; non \u00e9 un invento meu, sen\u00f3n que xa o recolle Vilar Ponte en <span style=\"font-family: &quot;arial&quot;; font-size: x-small;\">Ant\u00f3n Villar Ponte, \u00abPretextos        cotidianos. El \u00fanico sistema posible para anular el caciquismo\u00bb,<em>        E.P.G<\/em>. 30-VI-1933, p\u00e1x. 10.<\/span> 2.Segundo Chenchu, Ribabeo non foi idea s\u00faa en orixe, sen\u00f3n de Cot\u00e9 D\u00edaz.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Que fermoso pa\u00eds pero que carallo de xente.&#8221; Laxeiro Notas:&nbsp; 1.Calquera parecido coa realidade pode ser real. 2.Ribabebo \u00e9 unha marca rexistrada por Chenchu. &nbsp;&nbsp; Caciquia \u00e9 unha terra de excepcional beleza, cunha maldici\u00f3n encerrada nalgunha xente que a habita. As mostras de ambas cousas rezuman al\u00f3 onde se mire. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Non todo o bo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13],"class_list":["post-5018","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5018","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5018"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5018\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5018"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5018"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5018"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}