{"id":5008,"date":"2020-07-10T21:20:00","date_gmt":"2020-07-10T19:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:11:20","modified_gmt":"2024-11-12T12:11:20","slug":"varicacions-no-peche-da-marina-le-o-dog","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/10\/varicacions-no-peche-da-marina-le-o-dog\/","title":{"rendered":"Variaci\u00f3ns no peche da Mari\u00f1a? Le o DOG e d\u00e9ixate de contos."},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLroheeJxLtq6sugm1Cdu9WMJqXCaIzd3BuNKtToOPjVmMzmLJPyAbz6LOux7LOD64PVMQc_eoJ4kGwRJi_q4SaHsTndA9QaJr-Bcmql0Ifg_S5bCnecCUK_-mUfMV1zEiiv603g\/s2048\/137bis.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLroheeJxLtq6sugm1Cdu9WMJqXCaIzd3BuNKtToOPjVmMzmLJPyAbz6LOux7LOD64PVMQc_eoJ4kGwRJi_q4SaHsTndA9QaJr-Bcmql0Ifg_S5bCnecCUK_-mUfMV1zEiiv603g\/s2048\/137bis.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Seguindo coa idea de que e mellor ter informaci\u00f3n de primeira man, o mesmo que deixei o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/peche-da-marina-le-o-dog-e-deixate-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">DOG extraordinario de 5 de xullo<\/a>, aqu\u00ed queda o extraordinario de hoxe, &#8220;<a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/excepcional\/2020\/20200710\/2366\/AnuncioC3K1-100720-2_gl.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">N\u00ba 137-Bis<\/a>&#8221;<\/p>\n<p><em>I. Disposici\u00f3ns xerais<\/p>\n<p>Conseller\u00eda de Sanidade<\/p>\n<p>ORDE do 10 de xullo de 2020 sobre medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19.<\/p>\n<p>Mediante a Resoluci\u00f3n do 12 de xu\u00f1o de 2020, da Secretar\u00eda Xeral T\u00e9cnica da Conseller\u00eda de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xu\u00f1o de 2020, sobre medidas de prevenci\u00f3n necesarias para facer fronte \u00e1 crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transici\u00f3n cara a unha nova normalidade. O obxecto do dito acordo foi establecer as medidas de prevenci\u00f3n necesarias para facer fronte \u00e1 crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superaci\u00f3n da fase III do Plan para a transici\u00f3n cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaraci\u00f3n da situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, mediante a Resoluci\u00f3n do 25 de xu\u00f1o de 2020, da Secretar\u00eda Xeral T\u00e9cnica da Conseller\u00eda de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xu\u00f1o de 2020, polo que se introducen determinadas modificaci\u00f3ns nas medidas de prevenci\u00f3n previstas no citado Acordo do 12 de xu\u00f1o de 2020, sobre medidas de prevenci\u00f3n necesarias para facer fronte \u00e1 crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transici\u00f3n cara a unha nova normalidade.<\/p>\n<p>E mediante a Orde do 30 de xu\u00f1o de 2020 demorouse o restablecemento das actividades dos locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, e das festas, verbenas e outros eventos populares, as\u00ed como das atracci\u00f3ns de feiras, nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19.<\/p>\n<p>Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta do 12 de xu\u00f1o de 2020, as medidas preventivas previstas nel ser\u00e1n obxecto de seguimento e avaliaci\u00f3n continua co fin de garantir a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e1 evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica e sanitaria. Para estes efectos, poder\u00e1n ser obxecto de modificaci\u00f3n ou supresi\u00f3n mediante acordo do Consello da Xunta, por proposta da conseller\u00eda competente en materia de sanidade.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, a persoa titular da conseller\u00eda competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poder\u00e1 adoptar as medidas necesarias para a aplicaci\u00f3n do acordo e poder\u00e1 establecer, de acordo coa normativa aplicable e \u00e1 vista da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias \u00e1s previstas neste acordo que sexan necesarias.<\/p>\n<p>En aplicaci\u00f3n do previsto no punto sexto citado, atendida a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19, e sobre a base do indicado no informe elaborado pola Direcci\u00f3n Xeral de Sa\u00fade P\u00fablica, do 4 de xullo de 2020, ditouse a Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19. Na orde recoll\u00e9ronse medidas de prevenci\u00f3n espec\u00edficas de aplicaci\u00f3n no \u00e1mbito territorial dos ditos concellos para facer fronte ao abrocho existente de COVID-19 e para garantir a s\u00faa contenci\u00f3n.<\/p>\n<p>Tal e como se indicou na orde, o fundamento normativo das medidas at\u00f3pase na Lei org\u00e1nica 3\/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de sa\u00fade p\u00fablica; no artigo 26 da Lei 14\/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33\/2011, do 4 de outubro, xeral de sa\u00fade p\u00fablica, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8\/2008, do 10 de xullo, de sa\u00fade de Galicia.<\/p>\n<p>No que atinxe \u00e1 eficacia das medidas, no punto sexto da orde indicouse que ter\u00edan efectos desde as 00.00 horas do 6 de xullo de 2020, e que ser\u00edan obxecto de seguimento e avaliaci\u00f3n continua e, en todo caso, nun per\u00edodo non superior a cinco d\u00edas naturais desde a publicaci\u00f3n da orde, co fin de garantir a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e1 evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica e sanitaria. Para estes efectos, poder\u00edan ser obxecto de modificaci\u00f3n ou deixarse sen efecto por orde da persoa titular da conseller\u00eda competente en materia de sanidade.<\/p>\n<p>Ademais, as medidas previstas no punto terceiro da orde, relativas \u00e1s restrici\u00f3ns \u00e1 mobilidade e \u00e1s agrupaci\u00f3ns de persoas para a protecci\u00f3n da sa\u00fade das persoas ante a existencia dun risco de car\u00e1cter transmisible, foron obxecto de ratificaci\u00f3n xudicial mediante o Auto 40\/2020, do Xulgado do Contencioso-Administrativo n\u00famero 2 de Lugo, do 8 de xullo de 2020.<\/p>\n<p>En cumprimento do disposto no punto sexto da Orde do 5 de xullo de 2020, procedeuse ao seguimento e \u00e1 avaliaci\u00f3n das medidas previstas nela co fin de garantir a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e1 situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica e sanitaria.<\/p>\n<p>Neste sentido, \u00e1 vista do informe da Direcci\u00f3n Xeral de Sa\u00fade P\u00fablica, a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica imp\u00f3n o mantemento das medidas de prevenci\u00f3n previstas na Orde do 5 de xullo de 2020, coa \u00fanica modificaci\u00f3n consistente no levantamento parcial das restrici\u00f3ns da mobilidade, que agora se limitan partindo de dous \u00e1mbitos diferentes: por un lado, o concello de Burela, onde se concentra a maior incidencia do abrocho e, por outro, un cinto exterior a Burela, formado polos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo, \u00e1mbito cunhas condici\u00f3ns epidemiol\u00f3xicas similares e diferentes do resto do \u00e1mbito territorial, polo n\u00famero de casos confirmados e de contactos estreitos deles. Lev\u00e1ntanse, pola contra, as restrici\u00f3ns \u00e1 mobilidade no resto dos concellos inclu\u00eddos no \u00e1mbito territorial a que se estende a regulaci\u00f3n da orde.<\/p>\n<p>As medidas deber\u00e1n seguir sendo obxecto de seguimento e avaliaci\u00f3n continua e, en todo caso, nun per\u00edodo non superior a cinco d\u00edas desde a publicaci\u00f3n da presente orde, co fin de garantir a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e1 evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica e sanitaria, e proceder, segundo o caso, ao seu mantemento, modificaci\u00f3n ou a deixalas sen efecto.<\/p>\n<p>Procede clarexar, ademais, tendo en conta que as medidas se manter\u00e1n durante a xornada electoral do pr\u00f3ximo 12 de xullo de 2020, que, tal e como se advertiu na Orde do 5 de xullo de 2020, as limitaci\u00f3ns \u00e1 mobilidade previstas non poden afectar o exercicio dun dereito fundamental como \u00e9 o de sufraxio, polo que se considerar\u00e1 en todo caso xustificada a entrada ou sa\u00edda do concello de Burela e do \u00e1mbito formado polos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo para o exercicio deste dereito. As\u00ed mesmo, polas mesmas raz\u00f3ns, c\u00f3mpre indicar, tanto para o caso do distrito sanitario da Mari\u00f1a como para o resto do territorio da Comunidade Aut\u00f3noma, que as medidas espec\u00edficas para contactos estreitos, previstas na Orde do 5 de xullo de 2020 e, con car\u00e1cter xeral, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xu\u00f1o de 2020 antes citado, consistentes na corentena \u201csalvo causas debidamente xustificadas\u201d, non impiden tampouco o exercicio do dereito fundamental de sufraxio, por considerarse, evidentemente, unha causa xustificada para a sa\u00edda do domicilio, sen prexu\u00edzo de que deban cumprirse as medidas de seguridade establecidas e, en particular, o uso de m\u00e1scara cir\u00farxica en todo momento, e que a sa\u00edda se limite ao tempo estritamente necesario para o exercicio deste dereito ao voto. Para estes efectos, a Conseller\u00eda de Sanidade cursou as oportunas instruci\u00f3ns para que esta cuesti\u00f3n se aclare nas comunicaci\u00f3ns que te\u00f1a o Centro de Seguimento de Contactos do Servizo Galego de Sa\u00fade con estas persoas.<\/p>\n<p>Procede engadir, neste sentido, que a Xunta Electoral Central indicou, confirmando a postura da Xunta Electoral de Galicia, que existen condici\u00f3ns axeitadas de circulaci\u00f3n para poder ir votar, coa excepci\u00f3n de segmentos reducidos de poboaci\u00f3n, por motivos sanitarios suficientemente xustificados no marco da situaci\u00f3n de pandemia en que se est\u00e1n a desenvolver as elecci\u00f3ns, as\u00ed como que a autoridade sanitaria estableceu as condici\u00f3ns adecuadas para garantir o dereito \u00e1 sa\u00fade dos votantes, as\u00ed como o das diferentes persoas que interve\u00f1en ao longo do proceso electoral.<\/p>\n<p>Por outra banda, as medidas de prevenci\u00f3n recollidas na Orde do 5 de xullo e nesta orde que a modifica te\u00f1en un evidente fundamento sanitario, dados os riscos de transmisi\u00f3n dunha enfermidade contaxiosa como a que nos ocupa. A vixilancia, a inspecci\u00f3n e o control do seu cumprimento corresponden aos concellos, dentro das s\u00faas competencias e sen prexu\u00edzo das competencias da Conseller\u00eda de Sanidade, tendo en conta a condici\u00f3n de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas (artigo 33.1 da Lei 8\/2008, do 10 de xullo, de sa\u00fade de Galicia), as competencias dos concellos do control sanitario de actividades e servizos que impacten na sa\u00fade da s\u00faa cidadan\u00eda, dos lugares de convivencia humana (artigo 80.3 da lei citada), as\u00ed como da s\u00faa competencia para a ordenaci\u00f3n e control do dominio p\u00fablico.<\/p>\n<p>Cabe lembrar, a este respecto, que o Real decreto lei 21\/2020, do 9 de xu\u00f1o, de medidas urxentes de prevenci\u00f3n, contenci\u00f3n e coordinaci\u00f3n para facer fronte \u00e1 crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, recolle no seu artigo 3.2 que corresponder\u00e1n aos \u00f3rganos competentes da Administraci\u00f3n xeral do Estado, das comunidades aut\u00f3nomas e das entidades locais, no \u00e1mbito das s\u00faas respectivas competencias, as funci\u00f3ns de vixilancia, inspecci\u00f3n e control do correcto cumprimento das medidas establecidas neste real decreto lei.<\/p>\n<p>Polo tanto, os alcaldes e alcaldesas, como autoridade sanitaria, deben garantir, nas referidas actividades, servizos e lugares de convivencia humana, os dereitos e deberes sanitarios da cidadan\u00eda (artigo 33.2 da Lei 8\/2008, do 10 de xullo, de sa\u00fade de Galicia) e, polo tanto, garantir a vixilancia, a inspecci\u00f3n e o control do cumprimento das medidas preventivas aprobadas pola Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e daquelas que, no seu desenvolvemento e atendendo \u00e1 situaci\u00f3n concreta, poida establecer o concello.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, as forzas e corpos de seguridade te\u00f1en un papel fundamental no necesario control do cumprimento das medidas de prevenci\u00f3n, papel que ve\u00f1en desempe\u00f1ando durante toda esta crise sanitaria, a trav\u00e9s da formulaci\u00f3n das correspondentes denuncias e remisi\u00f3n \u00e1s autoridades competentes, nos casos en que se detecte o seu incumprimento. D\u00e9bese lembrar, a este respecto, que o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declarou a situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evoluci\u00f3n da epidemia do coronavirus COVID-19. Tendo en conta a existencia dunha declaraci\u00f3n de emerxencia sanitaria, resulta esencial a colaboraci\u00f3n das forzas e corpos de seguridade coa finalidade de preservar a seguridade e a convivencia cidad\u00e1.<\/p>\n<p>En atenci\u00f3n ao exposto, en aplicaci\u00f3n do punto sexto da Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19, e na condici\u00f3n de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8\/2008, do 10 de xullo,<\/p>\n<p>DISPO\u00d1O:<\/p>\n<p>Primeiro. Mantemento das medidas de prevenci\u00f3n previstas na Orde do 5 de xullo de 2020<\/p>\n<p>Atendida a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica, mantense a eficacia das medidas de prevenci\u00f3n previstas na Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19, sen prexu\u00edzo do indicado no punto segundo desta orde.<\/p>\n<p>Segundo. Modificaci\u00f3n do punto terceiro da Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19<\/p>\n<p>As letras a) e b) do punto terceiro da Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, como consecuencia da evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica derivada do COVID-19, quedan redactadas como segue:<\/p>\n<p>\u00aba) Lim\u00edtase a entrada e sa\u00edda de persoas do concello de Burela, a partir das 00.00 horas do d\u00eda 11 de xullo de 2020.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, a partir das 00.00 horas do d\u00eda 11 de xullo de 2020, lim\u00edtase a entrada e sa\u00edda de persoas do \u00e1mbito territorial delimitado conxuntamente polos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo.<\/p>\n<p>Non obstante as anteriores limitaci\u00f3ns, poderase entrar e sa\u00edr do concello de Burela e do \u00e1mbito territorial delimitado no par\u00e1grafo anterior polas seguintes raz\u00f3ns:<\/p>\n<p>1\u00ba) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestaci\u00f3n laboral, profesional ou empresarial, inclu\u00eddos o transporte, a prestaci\u00f3n de servizos, o comercio e as actividades empresariais e econ\u00f3micas.<\/p>\n<p>2\u00ba) Retorno ao lugar de residencia habitual.<\/p>\n<p>3\u00ba) Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.<\/p>\n<p>4\u00ba) Por causa de forza maior ou situaci\u00f3n de necesidade.<\/p>\n<p>5\u00ba) Por desprazamentos ao Hospital da Mari\u00f1a ou desde o Hospital da Mari\u00f1a, ou do mesmo modo, aos puntos de atenci\u00f3n continuada de acordo coa asignaci\u00f3n correspondente.<\/p>\n<p>6\u00ba) Calquera outra actividade de an\u00e1loga natureza.<\/p>\n<p>As limitaci\u00f3ns de entrada e sa\u00edda indicadas non afectar\u00e1n a circulaci\u00f3n por autov\u00edas e outras v\u00edas de comunicaci\u00f3n cando se trate de mobilidade con orixe e destino f\u00f3ra do concello de Burela ou f\u00f3ra do \u00e1mbito territorial delimitado no segundo par\u00e1grafo desta letra a), sempre e cando non comporte a mobilidade f\u00f3ra destas v\u00edas.<\/p>\n<p>b) No interior do concello de Burela e do \u00e1mbito territorial delimitado no segundo par\u00e1grafo da letra a), as\u00ed como no restante \u00e1mbito territorial inclu\u00eddo nesta orde (concellos de Alfoz, Lourenz\u00e1, Mondo\u00f1edo, Ourol, Trabada, O Valadouro e O Vicedo) poder\u00e1 circularse sen limitaci\u00f3ns, salvo nos casos indicados nos n\u00fameros 1.2 (Persoas con sintomatolox\u00eda) e 1.5 (Medidas espec\u00edficas para casos e contactos estreitos) do anexo desta orde. Sen prexu\u00edzo do indicado, para a colaboraci\u00f3n coas autoridades sanitarias e de acordo co principio de precauci\u00f3n, recom\u00e9ndaselle \u00e1 poboaci\u00f3n do dito \u00e1mbito territorial permanecer nos seus municipios de residencia e limitar a mobilidade aos casos imprescindibles mentres se mante\u00f1a a efectividade das medidas establecidas nesta orde\u00bb.<\/p>\n<p>Terceiro. Seguimento e avaliaci\u00f3n<\/p>\n<p>As medidas previstas na Orde do 5 de xullo de 2020 cuxa eficacia se mant\u00e9n e a introducida no punto segundo da presente orde ser\u00e1n obxecto de seguimento e avaliaci\u00f3n continua e, en todo caso, nun per\u00edodo non superior a cinco d\u00edas desde a publicaci\u00f3n da presente orde, co fin de garantir a s\u00faa adecuaci\u00f3n \u00e1 evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica e sanitaria.<\/p>\n<p>Para estes efectos, poder\u00e1n ser obxecto de mantemento, de modificaci\u00f3n ou poder\u00e1n deixarse sen efecto mediante orde da persoa titular da conseller\u00eda competente en materia de sanidade.<\/p>\n<p>Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2020<\/p>\n<p>Jes\u00fas V\u00e1zquez Almu\u00ed\u00f1a<\/p>\n<p>Conselleiro de Sanidade<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Seguindo coa idea de que e mellor ter informaci\u00f3n de primeira man, o mesmo que deixei o DOG extraordinario de 5 de xullo, aqu\u00ed queda o extraordinario de hoxe, &#8220;N\u00ba 137-Bis&#8221; I. Disposici\u00f3ns xerais Conseller\u00eda de Sanidade ORDE do 10 de xullo de 2020 sobre medidas de prevenci\u00f3n nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75],"class_list":["post-5008","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5008","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5008"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5008\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5008"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5008"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5008"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}