{"id":4996,"date":"2020-07-19T18:07:00","date_gmt":"2020-07-19T16:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:55","slug":"por-que-se-chama-la-comarca-del-eo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/19\/por-que-se-chama-la-comarca-del-eo\/","title":{"rendered":"Por que se chama \u2018La Comarca del Eo\u2019?"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsf0AnvitdAuo8zee-_pnOwvnn8w7pAZ5MHMzjaKx7_ukjASK-3faBIHmsLD0lEwjN2jinBXnPa_s9JHz31xr_9yAQcaEUWcSNAFAFpjXMzKcNTN3zB3-x_EWiJWxV729OPcgzVA\/s2048\/Li%25C3%25B1a+de+ferrocarril+Ribadeo+_+Vilaoudriz.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsf0AnvitdAuo8zee-_pnOwvnn8w7pAZ5MHMzjaKx7_ukjASK-3faBIHmsLD0lEwjN2jinBXnPa_s9JHz31xr_9yAQcaEUWcSNAFAFpjXMzKcNTN3zB3-x_EWiJWxV729OPcgzVA\/s2048\/Li%25C3%25B1a+de+ferrocarril+Ribadeo+_+Vilaoudriz.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Esquema collido de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz\">https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz<\/a>, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Wikipedia:Texto_da_Licenza_Creative_Commons_Reco%C3%B1ecemento-CompartirIgual_3.0\" rel=\"license\">licenza Creative Commons reco\u00f1ecemento compartir igual 3.0<\/a><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; O outro d\u00eda, \u00f3 ensinarlle a algu\u00e9n un artigo do \u00faltimo n\u00famero de \u2018La Comarca del Eo\u2019, atopeime cunha pregunta s\u00faa, formulada m\u00e1is ou menos: \u201cE por que se chama \u2018La Comarca del Eo\u2019? Non se deber\u00eda chamar mellor \u2018A Mari\u00f1a\u2019\u201d? Din unha resposta r\u00e1pida, refer\u00edndome non \u00e1 causa \u00faltima de quen tivo a idea, que non sei, sen\u00f3n \u00f3 cambio das condici\u00f3ns no entorno entre a \u00e9poca na que naceu a Comarca e hoxe, o que explicar\u00eda a elecci\u00f3n do nome. E logo, quedei pensando e decid\u00edn escribir este artigo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; La Comarca del Eo, semanario ribadense, leva editados 5235 n\u00fameros, que a un por semana, cun par de excepci\u00f3ns, da m\u00e1is de 100 anos, retrotraendo o primeiro n\u00famero a 1919. Naquel momento, cando pouco se titulaba en galego, a elecci\u00f3n do castel\u00e1n era o predeterminado. E xusto despois da I Guerra Mundial (ou Gran Guerra Europea, se se ten outra mira) as comunicaci\u00f3ns para transporte ti\u00f1an unha aparencia abondo diferente, estando marcadas na zona polo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ferrocarril da empresa mineira que explotaba o ferro en Vilaoudriz<\/a>. O ferrocarril a Vilaoudriz, ferramenta para o transporte mineiro e aproveitado para transporte de persoas, estaba en pleno apoxeo, vertebrando unha comarca que abrangu\u00eda entre Ribadeo e a Pontenova, e a ambas beiras da r\u00eda de Ribadeo e do r\u00edo Eo, das Figueiras ou Castropol a San Tirso ou m\u00e1is al\u00f3 da actual Pontenova. Mentres, os transportes por estrada fac\u00edan ver moi lonxe lugares como Viveiro. \u00c9 dicir, nunha \u00e9poca na que as viaxes eran m\u00e1is longas en tempo, m\u00e1is curtas en distancia e ben diferentes en condici\u00f3ns, estaba vertebrada unha comarca da costa \u00f3 interior por ese ferrocarril que se quixo prolongar, de xeito infrutuoso, ata Ponferrada. Por contra, ti\u00f1a abondo menos sentido falar da existencia dunha vertebraci\u00f3n de territorios costeiros, por moito que se tivera comunicaci\u00f3n en base \u00f3 mar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O ferrocarril marcou o desenvolvemento de toda a zona \u00f3 tempo que intensificou as relaci\u00f3ns entre as persoas, cando o transporte depend\u00eda dos carros m\u00e1is ca dos cami\u00f3ns e os coches eran un luxo que rara vez se v\u00eda pasar mentres a xente se desprazaba en transporte comunitario. Ese ferrocarril foi desatendido no seu mantemento, ata a desaparici\u00f3n final do servizo a ra\u00edz dun derrube nun t\u00fanel en Ove, a pouca distancia da vila de Ribadeo. T\u00fanel cortado, \u00e1 entrada do que se pode acceder a\u00ednda hoxe, chegando dende o pobo por r\u00faas e estradas chas, v\u00edas de comunicaci\u00f3n feitas aproveitando o antigo trazado da v\u00eda. Neses tempos, os 60 do pasado s\u00e9culo, o tren, desatendido, lento e con servizo deficiente, non era competitivo para a empresa privada. A perda que supuxo chega ata o de hoxe, cando se quere recuperar o seu trazado para facer unha v\u00eda verde de m\u00e1is de trinta quil\u00f3metros, ampliando o xa recuperado. Caeu o tren e hoxe, como amosa o exemplo que da t\u00edtulo \u00f3 artigo, a \u2018Comarca del Eo\u2019 vese como un nome estra\u00f1o, \u00f3 que hai que procurarlle o significado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha historia para lembrar hoxe, cando esa outra comarca que outro tren axuda a vertebrar, a Mari\u00f1a e o ferrocarril de v\u00eda estreita Ferrol-Xix\u00f3n (esta vez, de mans dunha compa\u00f1\u00eda que se sup\u00f3n de servizo p\u00fablico), est\u00e1n en perigo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esquema collido de https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz, licenza Creative Commons reco\u00f1ecemento compartir igual 3.0 &nbsp;&nbsp; O outro d\u00eda, \u00f3 ensinarlle a algu\u00e9n un artigo do \u00faltimo n\u00famero de \u2018La Comarca del Eo\u2019, atopeime cunha pregunta s\u00faa, formulada m\u00e1is ou menos: \u201cE por que se chama \u2018La Comarca del Eo\u2019? Non se deber\u00eda chamar mellor \u2018A Mari\u00f1a\u2019\u201d? Din unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,91,9,77],"class_list":["post-4996","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-ferrocarril","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4996","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4996"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4996\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4996"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4996"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4996"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}