{"id":4994,"date":"2020-07-21T13:15:00","date_gmt":"2020-07-21T11:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:51","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:51","slug":"escudos-de-armas-da-casa-torre-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/21\/escudos-de-armas-da-casa-torre-de\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DE ARMAS DA CASA TORRE DE PUMAR\u00cdN. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>ESCUDOS DE ARMAS DA CASA TORRE DE PUMAR\u00cdN<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>A Casa Torre de Pumar\u00edn ou Pazo de Pumar\u00edn, co\u00f1ecida tam\u00e9n desde fai dous s\u00e9culos como a Casa de Moreda, est\u00e1 en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Miguel_de_Reinante,_Barreiros\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">San Miguel de Reinante<\/a>. Na fachada principal ten unha grande portada de canter\u00eda cuxo vano da porta est\u00e1 rematado por un arco de medio punto peraltado formado por dovelas en cu\u00f1a e en ambos cant\u00f3ns altos existen dous escudos de armas, magnificamente cicelados en baixo relevo. O conxunto est\u00e1 remarcado por un sinxelo bateaugas cadrangular cuxos extremos entr\u00e1banse noutras molduras verticais que, ademais de darlle un empaque se\u00f1orial e harmon\u00eda art\u00edstica, serven para protexer a portada e os escudos de armas da escorrent\u00eda da auga de choiva (foto 1).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyK5aLWW0uupJULT51BJcZFeQZnTlgr376SDEXdvvTGU7c3mFbi3VIZ8_fM_b8QBW77I1VgT-j35wI4iUd9D5sXWpzPXQnrRGigqSyMCFZ76F6f6W96GCNdOqZTB6kxAXQ-OJ40g\/s2048\/foto+1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyK5aLWW0uupJULT51BJcZFeQZnTlgr376SDEXdvvTGU7c3mFbi3VIZ8_fM_b8QBW77I1VgT-j35wI4iUd9D5sXWpzPXQnrRGigqSyMCFZ76F6f6W96GCNdOqZTB6kxAXQ-OJ40g\/s2048\/foto+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto 1<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjYFGoBjZG1pkbfbjxovNDblKlCSVg4YY77P2fra5Qz_5o1cf6uBchn_SSO17yFqIkZ1-Q-c8RTnedDs2nXO7dcVxAYJqjGX98iUkA1rb7xiN01ei6o1T_lRfazIi3vkxzwanFG-Q\/s2048\/Foto+2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjYFGoBjZG1pkbfbjxovNDblKlCSVg4YY77P2fra5Qz_5o1cf6uBchn_SSO17yFqIkZ1-Q-c8RTnedDs2nXO7dcVxAYJqjGX98iUkA1rb7xiN01ei6o1T_lRfazIi3vkxzwanFG-Q\/s2048\/Foto+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto 2: lintel orixinal e debuxado por riba<\/p>\n<p>Na foto 1, podemos ver a situaci\u00f3n na fachada principal dos escudos de armas e do lintel (foto 2) sobre a fiestra alta cunha laude ou inscrici\u00f3n de construci\u00f3n que reza: \u201cESTA CASA (LA) HIZO ALVARO TABOADA I VIOLANTE DE ANDRADE SU MUJER. COMENZOSE EN EL A\u00d1O DE <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1559\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1559<\/a> I ACABOSE EN EL DE <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1561\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1561<\/a>\u201d.<\/p>\n<p>Esta laude evidencia de forma expresa a notable antig\u00fcidade desta casa solar de mediados do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVI\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XVI<\/a>, que da pena vela derru\u00edrse pouco a pouco, e que desde o noso punto de vista far\u00e9moslle o estudio her\u00e1ldico, pois presenta dous escudos de armas de grandes li\u00f1axes do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Galicia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reino de Galicia<\/a> que est\u00e1n moi ignorados na historia da antiga <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Provincia_de_Mondo%C3%B1edo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">provincia de Mondo\u00f1edo<\/a> e na actual de Lugo, polo que \u00e9 preciso proclamalos, fundamentalmente para que vindeiros estudos sexan m\u00e1is completos na Xenealox\u00eda da Galiza de tan antigas familias asentadas en San Miguel de Reinante.&nbsp;<\/p>\n<p>A importancia dos estudos xeneal\u00f3xicos dunha familia \u00e9 debida a que a s\u00faa xenealox\u00eda pode dar datos hist\u00f3ricos sobre a propia poboaci\u00f3n. Mostra tan eminente deste aserto \u00e9 a Biblia, que presenta unha completa cronolox\u00eda baseada na ciencia xeneal\u00f3xica, pois a familia e o seu li\u00f1axe sempre foron motivo de preocupaci\u00f3n no pobo hebreo, pois o Mes\u00edas anunciado por Patriarcas e Profetas \u00eda nacer dunha persoa do pobo, e todas as familias quer\u00edan ter ao d\u00eda a s\u00faa historia xeneal\u00f3xica (Tratado de Genealog\u00eda Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro; Curso de Licencia, 1961, p\u00e1x.12).<\/p>\n<p>ESCUDO ESQUERDO (segundo se mira cara \u00e1 fachada)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi9kUFMVdaJgvyKz070AtkScPTukJRcNGDLgyQBhv00briUxO_8hZy0xnIrsmpeyeNQ340sMkfChKv30U2kLf4oA7JzfBkgRduRJEmGP63l9Ec96kTPCbbDTublbplT26nGKB2uYw\/s2048\/Foto+3.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi9kUFMVdaJgvyKz070AtkScPTukJRcNGDLgyQBhv00briUxO_8hZy0xnIrsmpeyeNQ340sMkfChKv30U2kLf4oA7JzfBkgRduRJEmGP63l9Ec96kTPCbbDTublbplT26nGKB2uYw\/s2048\/Foto+3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto 3<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjC3-EygJl6S6lDwribvu2RiO35LIiBfq6HEx3Ni9h7Ffkg2OHuWctn9vXOaPbIzKoVlWoxc9XPHb9-8zw8rkDnksnytH3SpYvLpXpJwNx_R_oioDD6MFHQWdkcJZTJ-gx3ApfDAw\/s2048\/Foto+3b.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjC3-EygJl6S6lDwribvu2RiO35LIiBfq6HEx3Ni9h7Ffkg2OHuWctn9vXOaPbIzKoVlWoxc9XPHb9-8zw8rkDnksnytH3SpYvLpXpJwNx_R_oioDD6MFHQWdkcJZTJ-gx3ApfDAw\/s2048\/Foto+3b.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Debuxado por riba<\/p>\n<p>En Her\u00e1ldica a s\u00faa forma tr\u00e1tase como un escudo espa\u00f1ol carlista ou escudo de forma de casulla (Her\u00e1ldica Espa\u00f1ola, El Dise\u00f1o Her\u00e1ldico, Luis F. Messia de la Cerda y Pita, 1990, p\u00e1x.29). O apelativo \u201ccarlista\u201d ref\u00edrese a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Carlos I de Espa\u00f1a e V de Alema\u00f1a<\/a> (1500-1558). Est\u00e1 rodeado dun marco cadrado formado en ambos lados dun adorno a modo de delgadas columnas salom\u00f3nicas soportadas por pedestais de catro corpos. Pola parte alta c\u00e9rranse as esquinas con cantoneiras e cun cord\u00f3n horizontal retorcido. A parte baixa, carece de cerre, polo que os pedestais das columnas son a li\u00f1a base de construci\u00f3n.<\/p>\n<p>O espazo intermedio est\u00e1 recheo cun adorno exterior ao campo do escudo e consta de figuras con formas de gran riqueza, propias do sentido cultural e art\u00edstico do Renacemento. As figuras conforman unha grilanda que cerra enriba como unha coroa de loureiro \u00e1 que se van engadindo simetricamente a \u00e1mbolos dous lados, flor\u00f3ns, c\u00e1lices e figuras propias do Para\u00edso Terreal. As\u00ed, a media altura, aparece a maz\u00e1 e a serpe, seguido dun ramo de flores que remata a parte alta da casula. Nas esquinas altas dous anxeli\u00f1os coas \u00e1s abertas parecen estar vixiando ou ollando o que \u201cpor al\u00ed abaixo acontece\u201d. As esquinas baixas est\u00e1n rematadas por dous flor\u00f3ns de rododendro.<\/p>\n<p>O campo do escudo est\u00e1 cuarteado en cruz.<\/p>\n<p>Primeiro cuartel: tres t\u00e1boas dentro dun escus\u00f3n en punta, rematado cunha \u201cT\u201d ou Cruz Tao e en orla oito caldeiras, as d\u00faas superiores m\u00e1is grandes. Fai referencia \u00e1s Armas dos TABOADA. Si tivera esmaltes ser\u00edan: en campo de goles tres t\u00e1boas de ouro en pau, bordura de prata con oito caldeiras de sable.<\/p>\n<p>Este bras\u00f3n parece ser dun descendente de D. LOPO PERES DE TABOADA (en campo de goles, tres t\u00e1boas de ouro en pau) e da s\u00faa muller D.\u00aa MAYOR MENDEZ (cinco caldeiras de sable en aspa) cuxos escudos acolados se atopan na sepultura do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1422\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1422<\/a>, no mosteiro de Pallares no municipio de Gunt\u00edn, Lugo. Neste caso hai d\u00faas caldeiras altas demais e \u00f3 facelas de maior tama\u00f1o cas restantes, quizais sexa un detalle que fai referencia a un emparentamento desta Casa de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=TABOADA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">TABOADA<\/a> coas Armas dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=RIBADENEIRA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">RIBADENEIRA<\/a>.<\/p>\n<p>O escus\u00f3n ten similitude na forma, co escudo do s\u00e9culo XVI de D.\u00aa Leonor de Arag\u00f3n na s\u00faa sepultura da Capela dos Reis de Toledo (Her\u00e1ldica Espa\u00f1ola, El dise\u00f1o her\u00e1ldico, Luis F. Messia de la Cerda y Pita, 1990, p\u00e1x.37). As armas dos TABOADA na Casa da Torre de Arcos en Chantada ten catro barras en pau, rodeadas de seis caldeiras e na Casa Torre de Mera, en San Lorenzo de Vilamaior de Negral en Gunt\u00edn, no escudo xaquelado e partido dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=ULLOA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ULLOA<\/a> E TABOADA, ten oito caldeiras iguais en tama\u00f1o.<\/p>\n<p>Segundo cuartel: unha aguia mirando a destra, co voo baixado ou de \u00e1s ca\u00eddas mostrando o peito. Son armas dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=AGUIAR\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AGUIAR<\/a>.<\/p>\n<p>Terceiro cuartel: unha banda engulida de dous dragantes. Son armas dos ANDRADE sen lema. Si tivera esmaltes ser\u00edan: en sinople, unha banda de ouro engulida en d\u00faas cabezas de drag\u00f3ns do mesmo metal v\u00e9ndoselles a lingua. Para estar totalmente correcto deber\u00eda levar unha bordura de prata co lema: Ave Maria Gratia Plena. O lema, neste caso, quizais non fora gravado polo escaso espazo que hai no cuartel.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel: d\u00faas serpes anudadas pola cola facendo unha \u201cS\u201d; tam\u00e9n puideran interpretarse como d\u00faas serpes cargadas pola cola con d\u00faas lousas. Non podemos interpretar o bras\u00f3n con exactitude, pero o m\u00e1is probable e que sexan Armas dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=LOSADA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">LOSADA<\/a>, quizais da li\u00f1axe familiar de D.\u00aa TERESA DE LOSADA casada con D. RUI VAZQUEZ DE QUIROGA, comendador de Benquerencia e mestre da Orde de Alc\u00e1ntara (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 S. Crespo del Pozo, Volumen III, p\u00e1x.223).<\/p>\n<p>Respecto deste cuarto cuartel, atopamos un matrimonio celebrado o d\u00eda 3 de xu\u00f1o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1700\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1700<\/a> na Igrexa parroquial de San Miguel de Reinante que parece confirmarnos, nalgunha medida, que este cuarto bras\u00f3n \u00e9 de LOSADA polos apelidos da noiva:<\/p>\n<p>D. DOMINGO DEL BUSTO Y VILLAMIL e D.\u00aa MAR\u00cdA DE SIERRA Y OSORIO, pais do noivo D. DIEGO DEL BUSTO Y VILLAAMILL que se casa con D.\u00aa MARIA PARDO DE ULLOA Y LOSADA (ela \u00e9 filla do Capit\u00e1n D. Juan Pardo de Cela y Taboada e de D.\u00aa Antonia Ulloa Losada y Valledor. Testigos D. Gaspar de Lamas, cura de S. Julian de Cabarcos, Bernardo Rodr\u00edguez de San Pedro de Benquerencia e D. Garc\u00eda Valledor, de Presno, Asturias (Libro Matrimonios N\u00ba1 (1670-1738) Folio 175-V, San Miguel de Reinante)<\/p>\n<p>ESCUDO DEREITO (segundo se mira cara \u00e1 fachada)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjowYRA9HIo7_GFTPH4EQIwa2h9rApK7P08S4OpNB1fMwS6mnACmqBJRkCIHXOkG5HK5jRWa8Ea-SkerlvfffR1ToHikZux4uCmNky8UitQb8psCce7wpbCBV2ks3J5GaQuisYF9Q\/s2048\/Foto+4.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjowYRA9HIo7_GFTPH4EQIwa2h9rApK7P08S4OpNB1fMwS6mnACmqBJRkCIHXOkG5HK5jRWa8Ea-SkerlvfffR1ToHikZux4uCmNky8UitQb8psCce7wpbCBV2ks3J5GaQuisYF9Q\/s2048\/Foto+4.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto 4<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjql__AqgfxcIO0S1BVf_Rbou_ymOwJ-1CACT-lkQEhGhdRD1L_pHwwpjlSlmb9Af6qza7ozCTMHBH5GyzIdh4S7466-MLEEr2os5eHktlkV4IHIE228jPtAciXtfPVpHKEsybmzw\/s2048\/Foto+4b.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjql__AqgfxcIO0S1BVf_Rbou_ymOwJ-1CACT-lkQEhGhdRD1L_pHwwpjlSlmb9Af6qza7ozCTMHBH5GyzIdh4S7466-MLEEr2os5eHktlkV4IHIE228jPtAciXtfPVpHKEsybmzw\/s2048\/Foto+4b.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Debuxado por riba<\/p>\n<p>A s\u00faa forma tr\u00e1tase en her\u00e1ldica como: escudo espa\u00f1ol carlista ou de forma de casulla, igual que o antedito escudo esquerdo.<\/p>\n<p>O adorno exterior ao campo do escudo, moi erosionado, asemella o do escudo esquerdo, pero con motivos ornamentais distintos. Aqu\u00ed vemos que a coroa est\u00e1 feita de follaxe, froitas e c\u00e1lices de flores distintas, e as figuras das serpes e das maz\u00e1s, foron substitu\u00eddas por \u201cpanelas\u201d (follas de \u00e1lamo), iguales cas da parte alta. En cambio, as esquinas altas rematan con anxeli\u00f1os de \u00e1s abertas, como no escudo anterior, e as esquinas baixas en outro tipo de flor\u00f3ns moi deteriorados pola erosi\u00f3n da intemperie.<\/p>\n<p>O campo do escudo est\u00e1 dividido en catro pola que parece ser unha cruz ortodoxa, con tres vigas ou traveseiros horizontais, que asemella a das Armas dos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=PARDO\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PARDO<\/a>.<\/p>\n<p>Primeiro cuartel: desdebuxadas pero reco\u00f1ecibles, aparecen medias rodas e rodas de pedra das Armas dos CAMBA. Este apelido, segundo unha antigu\u00edsima tradici\u00f3n proben de Lucio Cambelo (ou Cambero) Romano, pretor ou virrei de Gallaecia, proxenitor de moitos se\u00f1or\u00edos dos CAMBA e dos TABOADA (Fortalezas de Lugo y su Provincia, D. Manuel V\u00e1zquez Seijas, Tomo I, p\u00e1x.6) (Nota: os Taboada entroncan moitas veces cos Camba. Son parentes de D. Gonzalo Taboada y Ulloa, cuxas armas dos Taboada aparecen no 2\u00ba cuartel e as dos Camba no 3\u00ba cuartel do seu sepulcro na igrexa de Sta. Mar\u00eda de Noceda -Lal\u00edn \/\/ na Casa de Caldaloba o escudo est\u00e1 dividido en doce cuarteis coas armas dos: Camba, Ribadeneira, Aguiar, Andrade, Taboada, Montenegro, Ron, Valcarce, Luaces, Z\u00fa\u00f1iga\/Berm\u00fadez, Bola\u00f1o, Rois e Yebra)<\/p>\n<p>Segundo cuartel: moi desdebuxado e dif\u00edcil de interpretar. Parece un cuartel tronchado e encaixado ou encravado, formado por un axadrezado baixo, de armas dos TRABA; dos ULLOA ou das armas dos ALVAREZ SALGADO, e na parte alta figuras indescifrables polo desgaste. A xenealox\u00eda deste cuartel tronchado puidera referirse \u00e1 de D.\u00aa MAYOR FERN\u00c1NDEZ DE TRABA TRAST\u00c1MARA, terceira filla da condesa D.\u00aa SANCHA FERN\u00c1NDEZ e do rei D. FERNANDO de Le\u00f3n, quen casa con D. LOPE S\u00c1NCHEZ DE ULLOA (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Primeira Edici\u00f3n do Mosteiro de Poio, Volume V, p\u00e1x.165).<\/p>\n<p>Terceiro cuartel: axadrezado en escus\u00f3n das armas dos ULLOA, e postas en orla d\u00faas serpes afrontadas coas colas entrelazadas das armas dos PRADA.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel: moi desdebuxado o que pode darse a outras interpretaci\u00f3ns. Parece un cabaleiro montado a cabalo mirando a destra, con lanza en banda empu\u00f1ada polo lado destro do cabaleiro. Parecen ser armas dos GUNT\u00cdN, GUNDIN ou GONDIN cuxa casa solar prov\u00e9n de Gund\u00edn, do Concello de Monterroso, fundada no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1555\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1555<\/a> por G\u00f3mez de Gund\u00edn. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1589\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1589<\/a> levanta o Pazo de Laxe nese concello, D. Francisco Salgado Gunt\u00edn. Na xenealox\u00eda at\u00f3panse emparentados con ilustres familias galegas como os Ulloa, Salgado, Gil Taboada, Montenegro, etc. (Blasones y Linajes de Galicia, J.S. Crespo Pozo, Volume III, p\u00e1x.105)<\/p>\n<p>A Xenealox\u00eda de D. \u00c1LVARO DE TABOADA (Y AGUIAR) + D.\u00aa VIOLANTE DE ANDRADE (irm\u00e1 de don FERN\u00c1N SANJURJO MONTENEGRO, veci\u00f1os do Padornelo, parroquia de Santiago de Sancobad, inmediato a Vilalba) por non alongar m\u00e1is este artigo, pode verse completa e con notas, no libro Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, cap\u00edtulo 1: \u201cEscudo de Armas da Aduana Vella de Ribadeo\u201d, p\u00e1x. 46 &#8211; versi\u00f3n preliminar no blog, <a href=\"http:\/\/Escudo de Armas da Aduana Vella de Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">aqu\u00ed<\/a>-).<\/p>\n<p>Por qu\u00e9 esta Casa dos Pardo de Taboada pasou a ser chamada a Casa de Moreda? Pois ben, D\u00aa VIOLANTE d\u00e9ixalle a herdanza ao seu neto D. JUAN JOS\u00c9 ACEVEDO PARDO TABOADA e vai ser \u00faltima posuidora do pazo D\u00aa MAR\u00cdA JOSEFA PARDO DE CELA ULLOA Y TABOADA, por cuxos beneficios preitear\u00e1n os seus fillos, no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1738\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1738<\/a>, D. CARLOS MIGUEL, dono da casa da Aduana Vella de Ribadeo e D. GASPAR JUAN ACEVEDO PARDO Y TABOADA, casado en Castropol con D.\u00aa ISABEL ABELLO Y CASTRILL\u00d3N. D. Gaspar morre entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1753\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1753<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1764\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1764<\/a>, e queda como apoderada do seu fillo D. Juan Jos\u00e9 que \u00e9 o dono e se\u00f1or do Pacio de Pumar\u00edn.<\/p>\n<p>A comezos do s\u00e9culo XIX (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1801\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1801<\/a>) D. Juan Jos\u00e9 Acevedo Pardo Taboada que vive na casa principal de Brul, parroquia de San Salvador de Tol no Concello de Castropol, arr\u00e9ndalle en foro perpetuo a propiedade a D. DOMINGO P\u00c9REZ DE MOREDA casado con D\u00aa Francisca Rodr\u00edguez, cuxa familia vai a ser quen redima o foro, de a\u00ed que hoxe se co\u00f1eza o Pazo de Pumar\u00edn como a Casa de Moreda. Don Domingo P\u00e9rez de Moreda era un fidalgo descendente, segundo preito de fidalgu\u00eda do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1662\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1662<\/a>, de don Juan P\u00e9rez de Moreda, capit\u00e1n, ou de seu irm\u00e1n don Jos\u00e9 de Moreda (falta concretar este dato), e que ese ano do ditame do preito eran veci\u00f1os de Sanl\u00facar de Barrameda (C\u00e1diz) e no que se especifica que eran naturais de San Cosme de Barreiros (Lugo) (<a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Real_Audiencia_y_Chanciller%C3%ADa_de_Valladolid\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Real Chanciller\u00eda de Valladolid<\/a>, C\u00f3digo de referencia: ES.47186.ARCHV\/\/SALA DE HIJOSDALGO,CAJA 1421,14).<\/p>\n<p>Desde aqu\u00ed darlle as grazas a don Faustino Recalde de San Miguel de Reinante quen fixo unha encomiable labor documental da xenealox\u00eda tanto dos Pardo Taboada como dos P\u00e9rez de Moreda, que tan ben nos atinxe nesta descrici\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESCUDOS DE ARMAS DA CASA TORRE DE PUMAR\u00cdN Pancho Campos Dorado A Casa Torre de Pumar\u00edn ou Pazo de Pumar\u00edn, co\u00f1ecida tam\u00e9n desde fai dous s\u00e9culos como a Casa de Moreda, est\u00e1 en San Miguel de Reinante. Na fachada principal ten unha grande portada de canter\u00eda cuxo vano da porta est\u00e1 rematado por un arco [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,50],"class_list":["post-4994","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-vilalba"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4994"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4994\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4994"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}