{"id":4991,"date":"2020-07-24T11:34:00","date_gmt":"2020-07-24T09:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:47","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:47","slug":"no-nome-de-isaac-pablo-mosquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/24\/no-nome-de-isaac-pablo-mosquera\/","title":{"rendered":"No nome de Isaac. Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p><strong>No nome de Isaac<\/strong><\/p>\n<p>Para os galegos o 25 de xullo \u00e9 a nosa Festa Nacional. Como Comunidade Hist\u00f3rica temos, podemos e queremos, celebrar tal d\u00eda como s\u00edmbolo da nosa identidade como pobo, con idioma, cultura e territorio.<\/p>\n<p>Os que vivimos e sentimos esta costa Cant\u00e1brica do norte Galaico temos un lugar de referencia. Como o tivo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Isaac D\u00edaz Pardo<\/a>, cuxo centenario celebramos este ano malia a pandemia. Deulle continuidade ao espazo industrial e cultural do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cer%C3%A1mica_de_Sargadelos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sargadelos<\/a> nado no s\u00e9culo XVIII, inaugurando fai corenta anos esa Cer\u00e1mica multidisciplinar que asenta na parroquia de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sargadelos,_Cervo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Santiago de Sargadelos do Concello de Cervo<\/a>, por onde discorre o r\u00edo R\u00faa cami\u00f1o da Enseada de Rueta deixando ao seu paso canteiras de caol\u00edn, fragas en R\u00faa e Trasbar, mu\u00ed\u00f1os que moven as augas, fentos que se volven cor ouro coas choivas do outono, ou esas marabillosas hortensias multicores.<\/p>\n<p>Sargadelos \u00e9 o coraz\u00f3n da Mari\u00f1a. Os visitantes da f\u00e1brica inaugurada en 1970, sempre se quedan at\u00f3nitos diante desas figuras denominadas Mambr\u00fa. Ese personaxe nada ten que ver coa canci\u00f3n que as mozas da mi\u00f1a xeraci\u00f3n cantaban cando saltaban \u00e1 corda. Posiblemente, a s\u00faa orixe te\u00f1a que ver con aqueles alfareiros ingleses que entre 1845 e 1862 traballaron para Don Lu\u00eds da Riva e sa\u00edron dos seus fornos na III\u00aa e IV\u00aa etapa, cando a industria dirix\u00edaa Edwin Forester e a Direcci\u00f3n correspond\u00eda ao neto do fundador, Don Carlos Iba\u00f1ez, ao que corresponder\u00eda a triste sorte de pechar en 1875. Por certo, na nosa inmortal Mondo\u00f1edo, cham\u00e1ronlles Pachecos ou Macacos.<\/p>\n<p>Personalmente prefiro as escriban\u00edas e os tarros de boticas. Sigo escribindo con estilogr\u00e1fica e emoci\u00f3name recordar aqueles plumines que mollados na tinta serv\u00edan para longas ep\u00edstolas que a data de hoxe conforman documentos cargados con historias e descrici\u00f3ns capaces de axudar aos historiadores para aproximarse \u00e1 verdade de condutas e raz\u00f3ns de ser en personaxes con valor comunitario. Os tarros son fermosos recipientes que a mandato manexaba o primeiro boticario de San Cipri\u00e1n, Don Juli\u00e1n Lopez Garc\u00eda, disc\u00edpulo do Pai Baltasar Merino.<\/p>\n<p>Pasear por Sargadelos \u00e9 recordar a Isaac D\u00edaz Pardo e aquelas palabras que a modo de sentenza pronunciaba en 1946 para unha entrevista: &#8220;O artista ha de desgarrarse as entra\u00f1as ao parir unha obra e as s\u00faas pingas de dor e ledicia lograr\u00e1n facerse permanentes, de tal sorte que a harmon\u00eda manif\u00e9stase entre a expresi\u00f3n e a forma&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No nome de Isaac Para os galegos o 25 de xullo \u00e9 a nosa Festa Nacional. Como Comunidade Hist\u00f3rica temos, podemos e queremos, celebrar tal d\u00eda como s\u00edmbolo da nosa identidade como pobo, con idioma, cultura e territorio. Os que vivimos e sentimos esta costa Cant\u00e1brica do norte Galaico temos un lugar de referencia. Como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,14],"class_list":["post-4991","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4991","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4991"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4991\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4991"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4991"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4991"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}