{"id":4990,"date":"2020-07-26T10:58:00","date_gmt":"2020-07-26T08:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:46","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:46","slug":"225","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/26\/225\/","title":{"rendered":"225"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiA52Qe3z2tYl608Zl-5XiviRyZFZACab_Dyaef1ubmVeZmWG5gTKJDuVHmLQlJedyepGizAuSaghF8AxVkU8FGg-FZETVM2vPOwFnTlXrNEn1DqnO4KphFL8Kr1zWTeUX-Pad2xg\/s2048\/aforo+no+parque.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiA52Qe3z2tYl608Zl-5XiviRyZFZACab_Dyaef1ubmVeZmWG5gTKJDuVHmLQlJedyepGizAuSaghF8AxVkU8FGg-FZETVM2vPOwFnTlXrNEn1DqnO4KphFL8Kr1zWTeUX-Pad2xg\/s2048\/aforo+no+parque.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A fotograf\u00eda amosa o aforo nun parque. Coincide que \u00e9 no parque infantil de Ribadeo, pero iso \u00e9 m\u00e1is que nada, unha an\u00e9cdota. Poder\u00eda ser outro lugar: hai moitos outros aforos, noutros lugares, dos que se poder\u00eda facer consideraci\u00f3ns semellantes. E o dos aforos \u00e9 s\u00f3 unha das facetas das novas normas a conto do coronavirus pand\u00e9mico.<\/p>\n<p>Neste caso, non se entende se os \u2018225\u2019 que pon de aforo son na zona limitada pola varanda ou non. Supo\u00f1amos que non, que os 225 est\u00e1n cavilados para inclu\u00edr as zonas lim\u00edtrofes, a que molesta \u00e1 igrexa cos xogos de bal\u00f3n e o paseo ocupado coa tirolina. Sendo as\u00ed, e inclu\u00edndo tam\u00e9n o templete da m\u00fasica, usado pola infanter\u00eda para diversas incursi\u00f3ns, saen uns 1500 m2, medidos polo sixpac e sendo xenerosos. Ou sexa, uns 7 m2 por persoa. Un c\u00edrculo de aproximadamente un metro e medio de raio. Ou un cadrado de 2,6 m de lado, que se axustar\u00eda mellor para encher o espazo sen recortes sobrantes entre as figurasformadas, os cadrados neste caso. \u00c9 dicir, ata o de aqu\u00ed, ben. Case dobre da separaci\u00f3n aconsellada. E iso, co m\u00e1ximo aforo, cousa que, co\u00f1ecendo o parque, pode darse nos concertos da banda. Concertos que, dadas as circunstancias, non hai previstos polo momento. En caso de entender que o aforo se refire \u00e1 &#8216;parte interna&#8217;, inclu\u00edndo o templete da m\u00fasica, andar\u00eda por uns 900 m2, 4 m2 por persoa, equivalente a un c\u00edrculo de un pouco m\u00e1is dun metro de raio ou a un cadrado de 2m de lado. A\u00ednda as\u00ed, cumprir\u00edase en teor\u00eda a separaci\u00f3n aconsellada.<\/p>\n<p>Agora ben, estamos a tratar con xente mi\u00fada. Que transmiten o virus a\u00ednda que te\u00f1an necesidade de xogar. Que con menos de 6 anos non se po\u00f1en a m\u00e1scara porque non \u00e9 obrigado e son nenos, e se lla po\u00f1en, qu\u00edtana e xa est\u00e1. Que precisamente por iso, porque son nenos, tocan o tocable, corren, berran, agr\u00fapanse ben para xogar, ben para ver que ten o outro ou a outra, por simple curiosidade&#8230; co que a distancia aconsellada e o aforo parecen, sinxelamente, f\u00f3ra de lugar.<\/p>\n<p>\u00c9 un s\u00f3 exemplo de normas que pretenden ser v\u00e1lidas cando nacen coxas, se non mortas, polo desenvolvemento social non escrito. Pola mentalidade e costume da xente, afeitos a outra situaci\u00f3n de normalidade. E, figur\u00e9monos, se xa &#8216;antes&#8217; nos custaba entender algunhas normas non s\u00f3 en pa\u00edses afastados, con outra ideosincrasia, sen\u00f3n mesmo ditadas aqu\u00ed (cal era o pobo de Galicia que non permit\u00eda parar na r\u00faa a m\u00e1is de tres persoas?), e por suposto, coa dificultade extra que infl\u00fae no seu cumprimento&#8230; como se pretende un cumprimento estrito agora? Despois de facer a vista gorda en innumerables casos -po\u00f1amos, inmobiliarios, para po\u00f1ernos en situaci\u00f3n- pret\u00e9ndese que un  turista espa\u00f1ol dunha zona con rebrote d\u00e9 aviso \u00e1s autoridades \u00f3 entrar no territorio galego para facerlle un seguimento? Quizais aplicando que o desco\u00f1ecemento da norma non exime do seu cumprimento? Iso vale para reprimir e evitar listi\u00f1os, pero non para cumprir.<\/p>\n<p>Repito, son cousas e casos que me ve\u00f1en \u00e1 cabeza a bote pronto. Pero tam\u00e9n, casos que manifestan non s\u00f3 o que lle queda por pulir \u00e1s normas ca\u00f3ticas -en tempo, espazo, situaci\u00f3n- que se van ditando, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 consideraci\u00f3n que na nosa sociedade e n\u00f3s mesmos facemos da persoa. Non como individuo ego\u00edsta que se mira o embigo-centro do universo, sen\u00f3n como peza social, participante nunha sociedade din\u00e1mica da que todos somos debedores a traverso dun capital social que entre todos debemos po\u00f1er. Esperemos entendelo antes de que sexa demasiado tarde. E, a\u00ednda que agora este\u00f1amos nestas, non s\u00f3, nin moito menos, polo coronavirus. Ou po\u00f1emonos a falar de educaci\u00f3n?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A fotograf\u00eda amosa o aforo nun parque. Coincide que \u00e9 no parque infantil de Ribadeo, pero iso \u00e9 m\u00e1is que nada, unha an\u00e9cdota. Poder\u00eda ser outro lugar: hai moitos outros aforos, noutros lugares, dos que se poder\u00eda facer consideraci\u00f3ns semellantes. E o dos aforos \u00e9 s\u00f3 unha das facetas das novas normas a conto do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,9],"class_list":["post-4990","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4990","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4990"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4990\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4990"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4990"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4990"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}