{"id":4989,"date":"2020-07-26T19:45:00","date_gmt":"2020-07-26T17:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:44","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:44","slug":"canizares-versus-bill-gates-jorge","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/07\/26\/canizares-versus-bill-gates-jorge\/","title":{"rendered":"CA\u00d1IZARES versus BILL GATES. Jorge Sampedro Reim\u00fandez"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh3eeavYGh5F6zA1tsttVQfv6NEWTY9xY6dyBIb7Mh4Z30HuK2fK-J33OvwNhZtc390kT5sxkWU-kqE0jdehnveZLtBZhbzcSi0OrbOyovpg37d8PPElyF1I-rTZ98NFWbCcJQS0w\/s2048\/Ca%25C3%25B1izares.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh3eeavYGh5F6zA1tsttVQfv6NEWTY9xY6dyBIb7Mh4Z30HuK2fK-J33OvwNhZtc390kT5sxkWU-kqE0jdehnveZLtBZhbzcSi0OrbOyovpg37d8PPElyF1I-rTZ98NFWbCcJQS0w\/s2048\/Ca%25C3%25B1izares.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>CA\u00d1IZARES versus BILL GATES.<\/em><\/p>\n<p><strong><em>&#8220;A Fundaci\u00f3n Bill e Melinda Gates leva feito m\u00e1is polos humildes deste mundo nos seus vinte anos de existencia o que a Igrexa Cat\u00f3lica nos seus vinte s\u00e9culos&#8221;.<\/em><\/strong><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; L\u00eda, fai uns d\u00edas, que saltaban as alarmas no Vaticano como consecuencia da viaxe que o Papa Ratzinger fac\u00eda a Ratisbona, temendo que aproveitase o mesmo para fundar, cos opositores a Francisco, un novo e alternativo papado. Non ser\u00eda a primeira vez. As forzas m\u00e1is reaccionarias e fascistas que pasean seus solideos polos palacios catedralicios non soportan o talante humanitario, caritativo e bondadoso deste entra\u00f1able &#8220;gaucho&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; A Igrexa Espa\u00f1ola, palio do franquismo durante corenta anos e entusiasta colaboradora do xenocidio cometido, non \u00e9 allea a este movemento contrario \u00e1 idea do Papa Francisco de volver aos inicios. De achegar a Igrexa aos pobres, recuperar a humildade das instituci\u00f3ns eclesi\u00e1sticas e facelas m\u00e1is emp\u00e1ticas coas necesidades do pobo, en suma, volver situala no lugar no que O fundador do cristianismo a fixara&#8230; entre os pobres, os desamparados, os humildes.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Os ultras Rouco, Reig Pla, Munilla, Ca\u00f1izares, intimidadores diab\u00f3licos de enfermizas mentes, sucios pensamentos e deplorables condutas, intentan, coa entusiasta colaboraci\u00f3n das s\u00faas plataformas informativas: ABC, a COPE (Cadena Obispos Por Espa\u00f1a), 13 TV etc., evitar que o actual pastor do reba\u00f1o se desv\u00ede do cami\u00f1o polo que tan a gusto transitan, retozando na luxuria, a avaricia, a gula, a soberbia&#8230; pecados capitais que se pasan polo forro das s\u00faas sotanas.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; E ao final parece ser que o motivo da inquietante viaxe de Ratzinger, para o que houbo que alertar aos gobernos vaticano, italiano e alem\u00e1n, utilizar un voo privado e mobilizar ao seu m\u00e9dico persoal e a unha das relixiosas que viven con el, debeuse a que foi a visitar ao seu irm\u00e1n maior&#8230; a monse\u00f1or Georg Ratzinger&#8230; si home, a ese suposto ped\u00f3filo vinculado ao abuso de 547 nenos que pasaron polo coro cat\u00f3lico que dirixiu durante m\u00e1is de trinta anos na Catedral de Ratisbona. Debeuno de ir confesar e por suposto a absolver.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Ca\u00f1izares, &#8220;o que ningunea a pederastia&#8221; o portador dunha &#8220;capa magna&#8221; de cinco metros de fina seda, que Pablo VI xa desaconsellou en 1969, acusa, desde o seu inocente p\u00falpito, \u00e1 fundaci\u00f3n Bill e Melinda Gates de financiar investigaci\u00f3ns que perseguen a obtenci\u00f3n dunha vacuna contra o coronavirus fabricada con c\u00e9lulas de fetos abortados. A este personaxe o seu pai non debeu de advertilo, de adolescente, de que a masturbaci\u00f3n pode conducir a un \u00e1 demencia. Haber\u00e1 que mirar se tam\u00e9n lle nacen pelos na palma da man.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; A Fundaci\u00f3n Bill e Melinda Gates, creada por este altru\u00edsta matrimonio no ano 1994, ten como obxectivo a erradicaci\u00f3n da pobreza no mundo e o investimento en programas de educaci\u00f3n e asistencia sanitaria. A s\u00faa Fundaci\u00f3n dedicou a estes obxectivos, nos \u00faltimos 20 anos, uns 50 000 mill\u00f3ns de euros. A fundaci\u00f3n de Amancio Ortega dedicou, no mesmo periodo de tempo, uns 500 mill\u00f3ns. A Igrexa Cat\u00f3lica recibiu en Espa\u00f1a, dos nosos impostos, 285 mill\u00f3ns o \u00faltimo ano. Destinou 12 mill\u00f3ns de euros a cubrir as perdas de 13TV dese exercicio (leva investido nesta infame canle desde a s\u00faa posta en marcha m\u00e1is de 80 mill\u00f3ns de euros). A Carlos Herrera, por inocular odio \u00e1 s\u00faa audiencia desde a &#8220;cristi\u00e1&#8221; emisora, pag\u00e1ronlle un salario de 7 mill\u00f3ns de euros. A C\u00e1ritas Espa\u00f1ola, cun orzamento no ano 2019 de 337 mill\u00f3ns de euros, a Igrexas Cat\u00f3lica destinoulle 6 mill\u00f3ns. As\u00ed, con dous coll\u00f3ns. Est\u00e1n tan absortos inmatriculando bens que non lles queda tempo de exercer a caridade.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Nota: Inmatricular, como ben sabe o lector, \u00e9 inscribir por vez primeira un ben inmueble no rexistro da propiedade. Isto \u00e9 o que empezou a facer a Igrexa Espa\u00f1ola desde febreiro de 1946 por unha lei franquista (pensada para pagar os servizos prestados), que daba aos sacerdotes atribuci\u00f3ns de notarios; desde ent\u00f3n fix\u00e9rono de xeito compulsivo en todo o pa\u00eds e te\u00f1en inmatriculado todo tipo de inmuebles e propiedades: solares, casas, front\u00f3ns, aparcamentos, cemiterios&#8230; En 1998 o goberno de Aznar concedeulle m\u00e1is atribuciones a\u00ednda e permitiu que se inmatricularan lugares de culto, algo que coa anterior lei non estaba permitido, polo que ademais de rexistrar ao seu nome todo outro tipo de bens, pasaron a inmatricular igrexas, ermidas, catedrais, mezquitas&#8230; moitos dos cales est\u00e1n declarados BIC (Bens de Interese Cultural). A d\u00eda de hoxe levan m\u00e1is de 30 000 propiedades rexistradas. Esta avaricia desbocada converteu \u00e1 Igrexa Cat\u00f3lica na sociedade inmobiliaria m\u00e1is importante deste pa\u00eds.<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;&nbsp; Ti segue, non sexas parvo, po\u00f1\u00e9ndolles a X na declaraci\u00f3n da renda. Deus? non sei, pero os seus medios de comunicaci\u00f3n episcopais &#8220;non evanx\u00e9licos&#8221; agradecerancho.<\/em><\/p>\n<p><em>Asdo: Jorge Sampedro Reim\u00fandez<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CA\u00d1IZARES versus BILL GATES. &#8220;A Fundaci\u00f3n Bill e Melinda Gates leva feito m\u00e1is polos humildes deste mundo nos seus vinte anos de existencia o que a Igrexa Cat\u00f3lica nos seus vinte s\u00e9culos&#8221;. &nbsp;&nbsp; L\u00eda, fai uns d\u00edas, que saltaban as alarmas no Vaticano como consecuencia da viaxe que o Papa Ratzinger fac\u00eda a Ratisbona, temendo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[29,9],"class_list":["post-4989","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jorge-sampedro","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4989","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4989"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4989\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4989"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4989"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4989"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}