{"id":4973,"date":"2020-08-14T21:59:00","date_gmt":"2020-08-14T19:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:10","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:10","slug":"podemos-un-partido-atipico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/08\/14\/podemos-un-partido-atipico\/","title":{"rendered":"Podemos, un partido at\u00edpico"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O abominable Tribunal de Orde P\u00fablica estreouse en 1963 condenando a 10 anos de c\u00e1rcere a Timoteo Buend\u00eda. O seu crime, como o de media Espa\u00f1a, foi beber un pouco m\u00e1is de vi\u00f1o na barra dun bar e gritar ao televisor &#8220;Me cago en Franco!&#8221;. O xu\u00edz aplicoulle a pena por inxurias ao Xefe do Estado. A partir de a\u00ed foron aplicadas 3797 sentenzas, algunhas a pena de morte, at\u00e9 a s\u00faa disoluci\u00f3n en 1977. Os DEZASEIS xu\u00edces que tiveron praza neste ilex\u00edtimo tribunal, abxuraron do seu xuramento aos principios fundamentais do movemento? A resposta \u00e9 NON. Foron apartados da carreira xudicial por aplicar as normas franquistas? Quia! DEZ deles pasaron directamente \u00e1 Audiencia Nacional e SEIS ao Tribunal Supremo, pero iso si, hai que reco\u00f1ecerlles que foron ao seu novo destino sen cambiar de ideolox\u00eda. Hoxe ditan sentenzas os seus fillos e netos. Hai m\u00e1is endogamia na Xustiza Espa\u00f1ola que na Monarqu\u00eda Borb\u00f3nica.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; Este martes, o xu\u00edz do Xulgado n\u00famero 42 de Madrid, Juan Jos\u00e9 Escalonilla, imputou a Podemos como persoa xur\u00eddica na causa que investiga o financiamento do partido tras a denuncia presentada polo avogado despedido, por acoso sexual a unha compa\u00f1eira, Jos\u00e9 Manuel Calvente. Non deber\u00eda de estra\u00f1arnos esta iniciativa que toma o Xu\u00edz sen\u00f3n f\u00f3ra porque este mesmo se\u00f1or arquivou un caso aberto por comentarios incitadores ao odio e ameazas de morte contra Manuela Carmena nun chat da Polic\u00eda Municipal. No chat dic\u00edanse cousas como que &#8220;Adolf Hitler fac\u00eda as cousas ben&#8221;, que a exalcaldesa era unha &#8220;filla da gran puta vermella de merda e mal parida&#8221; ou que &#8220;o que \u00e9 terrible \u00e9 que ela non estivese no despacho de Atocha o d\u00eda que mataron os seus compa\u00f1eiros&#8221;. CCOO asegurou que o arquivo deste caso obedec\u00eda a unha ideolox\u00eda pol\u00edtica.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; \u00c9 o mesmo xu\u00edz que admitiu a VOX como acusaci\u00f3n popular na causa montada contra Podemos, sen esixir ao partido de Abascal a fianza habitual que se fai para limitar o n\u00famero de membros da acusaci\u00f3n. Pero non acaba aqu\u00ed a cousa, en lugar de deixar a investigaci\u00f3n das presuntas irregularidades cometidas por Podemos en mans da UDEF ou doutra unidade similar -o habitual nestes casos-, recorre \u00e1 Polic\u00eda adscrita aos xulgados de instruci\u00f3n de Praza de Castela onde, que casualidade, est\u00e1 en calidade de inspector xefe Pedro Agudo, \u00edntimo amigo de Ignacio Cosid\u00f3, director xeneral da polic\u00eda entre os anos 2012 e 2016 durante os cales, est\u00e1 acreditado, Cosid\u00f3 deu instruci\u00f3ns para crear unha estrutura policial con d\u00faas funci\u00f3ns moi claras: obstaculizar a investigaci\u00f3n dos esc\u00e1ndalos de corrupci\u00f3n que afectaban o Partido Popular, e perseguir aos adversarios pol\u00edticos, especialmente a Podemos, con falsos documentos policiais como o informe PISA<br \/>\n&nbsp;&nbsp; A xustiza arquivou xa 14 (CATORCE) querellas contra Podemos e os seus dirixentes en s\u00f3 seis anos (esta ser\u00e1 a 15). Ning\u00fan partido do arco parlamentario sufriu un acoso nin medianamente parecido. A dereita franquista e a prensa adscrita ao r\u00e9xime&nbsp; queren por todos os medios que se comporten como os demais, pero&#8230; que se lle vai a facer, ao final, estes vermellos de merda separatistas e bolivarianos, vai resultar que son honrados. Que putada.<\/p>\n<p><span style=\"font-size: medium;\">Fdo.:<br \/>\nJorge Sampedro Reim\u00fandez.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O abominable Tribunal de Orde P\u00fablica estreouse en 1963 condenando a 10 anos de c\u00e1rcere a Timoteo Buend\u00eda. O seu crime, como o de media Espa\u00f1a, foi beber un pouco m\u00e1is de vi\u00f1o na barra dun bar e gritar ao televisor &#8220;Me cago en Franco!&#8221;. O xu\u00edz aplicoulle a pena por inxurias ao Xefe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[29,13,9],"class_list":["post-4973","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jorge-sampedro","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4973","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4973"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4973\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4973"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4973"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4973"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}