{"id":4972,"date":"2020-08-16T11:39:00","date_gmt":"2020-08-16T09:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:08","slug":"novelle","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/08\/16\/novelle\/","title":{"rendered":"Novelle"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgC-G3mrXK6y78AOGPDpDyv7UPTXE6RCk2Q-ZX3q9yxL5y4bFOX_4T0ZdoJjGQXSGF8uT1rnYoPrbaDiTd73yjyGeDiY6v5Jh-gknIURe4t9nqCCb1Kcs1qPcpzcuGusfN4raBl1w\/s2048\/Javier+Novelle.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgC-G3mrXK6y78AOGPDpDyv7UPTXE6RCk2Q-ZX3q9yxL5y4bFOX_4T0ZdoJjGQXSGF8uT1rnYoPrbaDiTd73yjyGeDiY6v5Jh-gknIURe4t9nqCCb1Kcs1qPcpzcuGusfN4raBl1w\/s2048\/Javier+Novelle.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p align=\"center\">Novelle<\/p>\n<p>Pode que non o co\u00f1ezas: non foi pol\u00edtico, nin artista, nin<br \/>\ncelebridade medi\u00e1tica&#8230; mais a s\u00faa influencia a nivel Galicia non<br \/>\n\u00e9 desprezable.<\/p>\n<p>Co\u00f1ec\u00edn a Javier Novelle no ano 2000. Co\u00f1ec\u00edmonos. Ou m\u00e1is ben,<br \/>\ndeba dicir co\u00f1eceume: preparando el a 5\u00aa edici\u00f3n do D\u00eda da<br \/>\nCiencia na R\u00faa, tivo noticia da Feira da Ciencia que mant\u00ed\u00f1amos no<br \/>\ndaquela IFP Porta da Auga e achegouse a Ribadeo para ollar a nosa VI<br \/>\nedici\u00f3n e invitarnos a participar na Coru\u00f1a. Dende aquela, non<br \/>\nfaltou a participaci\u00f3n ribadense na festa cient\u00edfica coru\u00f1esa ata<br \/>\no d\u00eda de hoxe: foi o comezo dunha amizade na que el, sorridor<br \/>\nempedernido, desbordante de vida co seu \u00edmpeto calmo, puxo o comezo,<br \/>\ne agora, o final.<\/p>\n<p>Morreu hai un par de d\u00edas, xusto a piques do seu setenta cumpreanos,<br \/>\npero moitos anos despois de que a s\u00faa vitalidade quedara para min<br \/>\nimpresa na constataci\u00f3n da amizade. Era dif\u00edcil non facerse amigo<br \/>\ndel a pouco trato que se tivera. Pod\u00edas comezar relacion\u00e1ndote con<br \/>\nel a nivel profesional, como foi o meu caso, mais, animado, xeneroso,<br \/>\nactivo, de seguida pasabas a ser c\u00f3mplice da s\u00faa amizade.<\/p>\n<p>A s\u00faa vida vese malamente compendiada na introduci\u00f3n do artigo que<br \/>\nlle adica a Galipedia: \u201cFrancisco Javier Novelle Secades, nado en<br \/>\nTeberga (Asturias) o 15 de agosto de 1950 e morto na Coru\u00f1a o 14 de<br \/>\nagosto de 2020, foi un activista difusor cient\u00edfico e profesor que<br \/>\ndesenvolveu a s\u00faa actividade en Galicia.\u201d Malamente non porque non<br \/>\nsexa reflexo da realidade, sen\u00f3n porque un relato referenciado como<br \/>\no que \u00e9 necesario na Galipedia non \u00e9 capaz de reflectir toda a<br \/>\nvivez dunha vida na que a s\u00faa actividade cara \u00e1 sociedade non pode<br \/>\nsepararse das vivencias internas, dos amigos, do desenvolver diario.<br \/>\nPode po\u00f1erse nun artigo enciclop\u00e9dico o seu cari\u00f1o pola terra<br \/>\nnatal, algo \u00edntimo, lugar onde se sent\u00eda a gusto e retornaba unha e<br \/>\noutra vez? Non. Todo o m\u00e1is, pode po\u00f1erse algo como que gustaba de<br \/>\nvisitala. Hai unha diferencia grande que calquera que te\u00f1a<br \/>\nsentimentos parellos pode reco\u00f1ecer.<\/p>\n<p>Profesor no IES Calvo Sotelo de A Coru\u00f1a, \u00f3s seus alumnos t\u00ed\u00f1aos<br \/>\npresentes de continuo, pero ser\u00e1 co\u00f1ecido e reco\u00f1ecido polo<br \/>\nimpulso que levou \u00f3 D\u00eda da Ciencia na R\u00faa \u00f3 que \u00e9 na<br \/>\nactualidade: un referente galego de difusi\u00f3n cient\u00edfica. Pode<br \/>\ndicirse que, como instrumento, ti\u00f1a a Asociaci\u00f3n de Amigos da Casa<br \/>\ndas Ciencias, da que entrou a formar parte na s\u00faa primeira directiva<br \/>\nal\u00f3 polo 1993, rematando como presidente o d\u00eda da s\u00faa morte. E,<br \/>\ndentro da asociaci\u00f3n, cousas como as visitas peri\u00f3dicas a<br \/>\ndiferentes lugares da xeograf\u00eda galega, sexa para recoller<br \/>\ncogomelos, empaparse da historia dun lugar, estudar a xeolox\u00eda dunha<br \/>\nzona, entender o funcionamento dun laboratorio, dar un paseo sentido<br \/>\npor unha fraga&#8230; ou moitas outras, deron impulso a un n\u00facleo non s\u00f3<br \/>\nde amizade, sen\u00f3n de co\u00f1ecemento e transmisi\u00f3n de vitalidade \u00e1s<br \/>\npersoas e \u00f3 entorno. E non foi a \u00fanica asociaci\u00f3n na que puxo o<br \/>\nseu gran de area. Distinguindo ben os campos de actuaci\u00f3n, tam\u00e9n<br \/>\nfoi presidente e impulsor da Asociaci\u00f3n de Ensinantes de Fabricaci\u00f3n<br \/>\nMec\u00e1nica.<\/p>\n<p>O mesmo que un artigo enciclop\u00e9dico ten uns l\u00edmites estritos, unha<br \/>\npequena semblanza tam\u00e9n ten limitaci\u00f3ns: non pode traer \u00e1 persoa<br \/>\ncon todas as s\u00faas luces e sombras, e menos a\u00ednda a riqueza dunha<br \/>\nvida. En alg\u00fan lugar hai que cortar, sabendo que non se chega amosar<br \/>\nnin a punta do iceberg.<\/p>\n<p>Javier, mentres a terra non cubra \u00f3s teus amigos, seguir\u00e1s vivo. E<br \/>\ndespois, os efectos das t\u00faas obras han continuar relevantes a\u00ednda<br \/>\npor moito tempo.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.edu.xunta.gal\/centros\/iesribadeo\/?q=node\/672\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Lembranza no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Novelle Pode que non o co\u00f1ezas: non foi pol\u00edtico, nin artista, nin celebridade medi\u00e1tica&#8230; mais a s\u00faa influencia a nivel Galicia non \u00e9 desprezable. Co\u00f1ec\u00edn a Javier Novelle no ano 2000. Co\u00f1ec\u00edmonos. Ou m\u00e1is ben, deba dicir co\u00f1eceume: preparando el a 5\u00aa edici\u00f3n do D\u00eda da Ciencia na R\u00faa, tivo noticia da Feira da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-4972","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4972","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4972"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4972\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4972"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4972"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4972"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}