{"id":4968,"date":"2020-08-24T09:17:00","date_gmt":"2020-08-24T07:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:10:02","modified_gmt":"2024-11-12T12:10:02","slug":"a-ponte-de-arante-pintura-mural-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/08\/24\/a-ponte-de-arante-pintura-mural-do\/","title":{"rendered":"A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio. Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano"},"content":{"rendered":"<p>A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio<\/p>\n<p>Por  Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/p>\n<p>Hoxe <strong>A Ponte<\/strong> \u00e9 lugar de importancia por ben fundadas raz\u00f3ns, amalgando Historia e tradici\u00f3n, devoci\u00f3n e Arte para ofrecer ao visitante innegables atractivos.<\/p>\n<p>Dunha parte, A Ponte \u00e9 un centro mariano de relevo, con moitos devotos e romeiros. Doutra, a Nosa Se\u00f1ora \u00e9 tam\u00e9n  un templo de innegable interese art\u00edstico polas s\u00faas pinturas murais. A Ponte \u00e9 un lugar sinalado no Cami\u00f1o Norte de Santiago, onde exist\u00edu un hospital para pobres e peregrinos baixo a advocaci\u00f3n de S. Andr\u00e9s. A\u00ednda m\u00e1is, A Ponte \u00e9 Historia. Aqu\u00ed, en 1809, veci\u00f1os de sete parroquias de Ribadeo e Trabada, capitaneadas polo fidalgo de Sante, don Melchor D\u00edaz de la Rocha, venceron as tropas de Napole\u00f3n na Guerra da Independencia.<\/p>\n<p>Neste artigo non vou escribir de todo elo, levar\u00edame moitas p\u00e1xinas; si da pintura mural do naufraxio.<\/p>\n<p>Cr\u00edticos de arte suli\u00f1an a importancia destas pinturas por ser \u201cmoi escasas\u201d nesta \u00e9poca, pinturas murais con temas do mar, que s\u00f3 aparec\u00edan en t\u00e1boas (cadros) ata chegar a afirmar que son \u00fanicas.<\/p>\n<p>Un dato que nos da idea da importancia desta pintura  \u00e9 que o Consello  da Cultura Galega organizou GALICIA CEN, exposici\u00f3n que recolle os cen obxectos  curiosos da historia de Galicia, que percorreu Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a e Vigo a finais de 2016 e primeiros de 2017, e entre os cen seleccionados estaba esta pintura da Ponte.<\/p>\n<p>No muro sur: destacamos a pintura que fai alusi\u00f3n ao mar, un naufraxio, era un exvoto.<\/p>\n<p>O termo exvoto procede da expresi\u00f3n latina \u201cex voto\u201d, ref\u00edrese a unha ofrenda feita a un ser  divino para cumprir co prometido por conceder o que se pedira, \u00e9 dicir, como resultado dunha promesa e dun favor recibido.<\/p>\n<p>O exvoto ten as seguintes notas diferenciadoras:<\/p>\n<p>&#8211; Publicidade: debe ser p\u00fablico, ou sexa, dar a co\u00f1ecer o favor recibido. Debe ser exposto en altares, paredes de ermidas e santuarios, para que t\u00f3dolos devotos poidan reco\u00f1ecer as actuaci\u00f3ns milagreiras.<\/p>\n<p>&#8211; Relaci\u00f3n; o exvoto ten unha relaci\u00f3n coa persoa que recib\u00edu o favor e o suceso que o motiva. As\u00ed, o exvoto describe o feito milagroso e os datos personais do beneficiario.<\/p>\n<p>&#8211; Permanencia: \u00e9 dicir, pret\u00e9ndese dar a co\u00f1ecer de maneira perpetua o poder sobrenatural dunha determinada imaxe.<\/p>\n<p>O exvoto p\u00edntase, unha vez que se cumpl\u00edu o favor, para expresar o agradecemento a entidade sagrada que se considera que intercedeu para resolver un problema e permit\u00edu un final feliz, pero tam\u00e9n para recordar o suceso.<\/p>\n<p>Esta pintura mural pode ser entendida como un milagre. Tr\u00e1tase dunha pintura produto do agradecemento do capit\u00e1n de infanter\u00eda don Domingo de Carranza y Aguiar que milagrosamente se salvou nun naufraxio pola intercesi\u00f3n da Virxe. Na inscrici\u00f3n inferior das pinturas podemos ler:<\/p>\n<p>\u201dDomingo de Carranza e Aguiar, capit\u00e1n de infanter\u00eda espa\u00f1ola (&#8230;) estivo nesta igrexia de Nosa  Se\u00f1ora das Virtudes no ano 1594. No mesmo  ano embarcou para as Indias nunha nave (&#8230;) Catalina (&#8230;)  por Capit\u00e1n ao ano seguinte de 1595 en cavo de San Ant\u00f3n (&#8230;) e deulle unha tan recia tormenta de furac\u00e1n e Norte  que part\u00edu as d\u00faas \u00e1rbores, o maior (&#8230;) e (trinquete) o (&#8230;) a  nave coas  belas bac\u00edas (&#8230;) caeu ao mar e vendose en tan grande peligro de norte encomendouse \u00e1 Virxe Santa e despois  milagrosamente estando afundidos veu (bo) tempo e o mar en bonanza e sal\u00eda a nave d\u00edas   despois do  treb\u00f3n andivo m\u00e1is  de duascentas sesenta leguas asta (&#8230;) estimaba que era cousa imposible de  poder (&#8230;) catro (&#8230;)  que se  non fose milagre tan (&#8230;) daquela cidade foi manifesto a todos e sairon en procesi\u00f3n  co Sant\u00edsimo Sacramento (&#8230;) Don  Gonzalo de  Amoeiro e Candia, chantre e Coengo (&#8230;) de Mondo\u00f1edo (&#8230;) a nao un vestido de carmes\u00ed, unha l\u00e1mpara de prata e unha arroba de aceite a  Nosa Se\u00f1ora (&#8230;) en loubanza e grer\u00eda de deus e da sua Sant\u00edsima Nai. Santa Mar\u00eda das Virtudes. Ano Domini  1606.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBzEf3cZdcMKPk5T63tvSlnQKNXej5cSUSN8anhifxHNnOJ0fu6tkUo-GPCPrRq30M9B85xZfZLaEyHLU1hbxqJ_e9zQBEr8QvMsznjW6HjtCjEOIdQMSkLLRjT0WUgSUEuls9xw\/s2048\/Mural+en+A+Ponte.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBzEf3cZdcMKPk5T63tvSlnQKNXej5cSUSN8anhifxHNnOJ0fu6tkUo-GPCPrRq30M9B85xZfZLaEyHLU1hbxqJ_e9zQBEr8QvMsznjW6HjtCjEOIdQMSkLLRjT0WUgSUEuls9xw\/s2048\/Mural+en+A+Ponte.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto. Ano 2005<\/p>\n<p>A pintura tr\u00e1tase do agradecemento do capit\u00e1n de infanter\u00eda Don Domingo de Carranza  y  Aguiar que milagrosamente se salvou nun naufraxio pola intervenci\u00f3n da Virxe.<\/p>\n<p>O capit\u00e1n de infanter\u00eda visitou o templo en 1594 antes de embarcar para as Indias, onde sufr\u00edu un naufraxio fronte ao cabo de S. Antonio ao ano seguinte.<\/p>\n<p>Cando un furac\u00e1n desarborou o seu nav\u00edo e o afund\u00edu, encomendouse \u00e1 Virxe das Virtudes. O treb\u00f3n deu paso \u00e1 bonanza e, malia os estragos sufridos, a nave percorreu m\u00e1is de  duascentas sesenta leguas ata chegar \u00e1 terra. Abraiados, os veci\u00f1os do lugar fixeron unha procesi\u00f3n para manifestar a s\u00faa convicci\u00f3n do car\u00e1cter milagreiro do salvamento.<\/p>\n<p>De retorno a Arante, en agradecemento, o capit\u00e1n fixo entrega ao santuario dun vestido de carmes\u00ed para a imaxe, una l\u00e1mpada de prata e unha arroba de aceite para que iluminara a capela. O chantre de Mondo\u00f1edo, Gonzalo de Amoeiro e Candia,  mandou pintar en 1606 a escena.<\/p>\n<p>Segundo o amigo e historiador focense Xo\u00e1n Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Pacios, no Arquivo Xeral de Indias hai un documento de 1605 referente a este capit\u00e1n de infanter\u00eda, que levaba servindo ao rei Filipe II dezaoito anos nos gale\u00f3ns da Armada. Nos anos 1598 e 99 destaca na defensa do porto de Acajutla (O Salvador) contra os corsarios ingleses. Todo este valor e servicio ser\u00e1 compensado co cargo de Alcalde Maior das Minas de Guautla (M\u00e9xico) en 1605.<\/p>\n<p>Analizamos a escena onde un gran exvoto relata o suceso do milagre da Virxe da Ponte. D\u00faas ciudades, unha fortificada e unha amurallada, fanse  presentes nesta pintura, unha para despedir unha carabela  e outra para recibir os seus despoxos.<\/p>\n<p>A pintura recolle, na parte esquerda, o momento no que o barco, co estandarte de Mar\u00eda nunha das velas, est\u00e1 sendo destrozada pola forte  tempestade. Noutro lado a carabela \u2013 na que milagrosamente foron salvados \u2013 \u00e9 conducida \u00e1 cidade onde partiran, sendo recibidos por un grupo de persoas, onde un home axeonllado \u2013 o oferente \u2013 en primeira fila, acomp\u00e1\u00f1ase dun sacerdote que, cun libro aberto na s\u00faa man esquerda e bendecindo coa dereita; ten ao seu lado un neno que porta nas s\u00faas mans unha cruz. Detr\u00e1s disponse toda una serie de persoaxes que celebran a chegada dos mari\u00f1eiros. Nunha segunda fila un grupo de mulleres e ao fondo a cidade, f\u00e1lanos dunha composici\u00f3n con efectos de perspectiva.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEht4bIoo2GLqEXxxU8HcPkuD21aTANCE80cUaSZ6ncEtAt0ER87wa6T-mkAUvX_1UkqTR_AKWJD4SxNzTY6l7jKqsARb015U-w7R56tErNaIVX1Bh_fAInESrrm2sPgGLrLdncTTw\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2017.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEht4bIoo2GLqEXxxU8HcPkuD21aTANCE80cUaSZ6ncEtAt0ER87wa6T-mkAUvX_1UkqTR_AKWJD4SxNzTY6l7jKqsARb015U-w7R56tErNaIVX1Bh_fAInESrrm2sPgGLrLdncTTw\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2017.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto. Ano 2017. As pinturas v\u00edronse afectadas pola humidade e falta de ventilaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBG41qYPKjPPB9w3V3z7UMB5mpMSA6fZMtuWY-xRO_iSen332yFCGy3gNXd-S8VecK1dqfpDZ9KBUucAsMZWaRwSa7JbjRSWMNeT-FW6yBl1XBiGgLv9ZxOwBQqp1ux71uta-JnQ\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2019+restauraci%25C3%25B3n.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBG41qYPKjPPB9w3V3z7UMB5mpMSA6fZMtuWY-xRO_iSen332yFCGy3gNXd-S8VecK1dqfpDZ9KBUucAsMZWaRwSa7JbjRSWMNeT-FW6yBl1XBiGgLv9ZxOwBQqp1ux71uta-JnQ\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2019+restauraci%25C3%25B3n.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Foto. Xu\u00f1o de 2019. Comezan os traballos de restauraci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJb2-vZd85qHy2UnHIpb1eH6sSxHp6aCTHUgBpPlhjx3QsRICylXENLKaE_43RiaJoD6FIIU5ERQah-dvIO3JAQfOIdZKP3kxju7elA1VQmJiQQ7cm3XWTywlXEdovtMSXAADLzA\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2020.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjJb2-vZd85qHy2UnHIpb1eH6sSxHp6aCTHUgBpPlhjx3QsRICylXENLKaE_43RiaJoD6FIIU5ERQah-dvIO3JAQfOIdZKP3kxju7elA1VQmJiQQ7cm3XWTywlXEdovtMSXAADLzA\/s2048\/Mural+en+A+Ponte+2020.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Estado actual das pinturas.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=A+Ponte+Arante\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">M\u00e1is sobre o tema de A Ponte, Arante en Ribadeando<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Ponte de Arante: pintura mural do Naufraxio Por Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano Hoxe A Ponte \u00e9 lugar de importancia por ben fundadas raz\u00f3ns, amalgando Historia e tradici\u00f3n, devoci\u00f3n e Arte para ofrecer ao visitante innegables atractivos. Dunha parte, A Ponte \u00e9 un centro mariano de relevo, con moitos devotos e romeiros. Doutra, a Nosa Se\u00f1ora [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89,11],"class_list":["post-4968","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4968","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4968"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4968\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4968"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4968"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4968"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}