{"id":4964,"date":"2020-09-05T11:22:00","date_gmt":"2020-09-05T09:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:55","slug":"presentacion-do-libro-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/05\/presentacion-do-libro-de\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n do libro de \u00c1ngel Alda &#8216;Diario de un Confinado en Olavide&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Onte foi a presentaci\u00f3n do libro de \u00c1ngel Alda <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Diario+de+un+confinado+en+Olavide\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"><em>Diario de un Confinado en Olavide<\/em><\/a>, xunto co suplemento <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/08\/confinado-en-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Confinado en Ribadeo<\/a>. Deixo aqu\u00ed \u00e1 <a href=\"https:\/\/www.podcasts.com\/ribadeando-3a91407da\/episode\/Presentacin-do-libro-de-ngel-Alda-confinado-en-Olavide-b95a\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">ligaz\u00f3n \u00f3 audio sen editar<\/a>, algunha foto e o texto que levaba preparado.<\/p>\n<p><audio controls=\"\" style=\"width: 100%;\"><source src=\"https:\/\/www.podcasts.com\/download\/ribadeando-3a91407da\/Presentacin-do-libro-de-ngel-Alda-confinado-en-Olavide-b95a\" type=\"audio\/mpeg\"><\/source><\/audio><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiJagtSW4-mnsyClH3MzZOTfjRgOX2qjdY2WiixrDfq97D2YtyQip31iB7DLgueR2GwImJ3NJqo84TwLHGQ41PVLqvTRTWvO5Y0Rw5sbjCCYhvF1OVffFKTrCfyJNlp6G2UqM0KLg\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+Andr%25C3%25A9s.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"Momento antes da presentaci\u00f3n. Foto cedida por Gr\u00e1ficas Santiago\" height=\"469\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiJagtSW4-mnsyClH3MzZOTfjRgOX2qjdY2WiixrDfq97D2YtyQip31iB7DLgueR2GwImJ3NJqo84TwLHGQ41PVLqvTRTWvO5Y0Rw5sbjCCYhvF1OVffFKTrCfyJNlp6G2UqM0KLg\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+Andr%25C3%25A9s.jpeg\" width=\"625\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh4aeqdIPZaQvCNBeeckyZ1VBWFXv_hcIou1xOsev-5pSqSrUgMrgUewEIMb0sJs1Szs8fbptp2gLSFI8QloeZxXJHyNf5IWOdkTmXSf6oQbR8bHK3YWt6XEq989MPJKCMCJLVHYA\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+4_.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"345\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh4aeqdIPZaQvCNBeeckyZ1VBWFXv_hcIou1xOsev-5pSqSrUgMrgUewEIMb0sJs1Szs8fbptp2gLSFI8QloeZxXJHyNf5IWOdkTmXSf6oQbR8bHK3YWt6XEq989MPJKCMCJLVHYA\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+4_.jpeg\" width=\"625\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCKQLqDdQV0HW-ooFTWRh2ERcKDAhV_7TsHMANOOLJr7WpqK06icHBHGr3xiQLhbcgwEWWKDudhp4ho-L9AQ2iYJcFLAVmQBBXgHxhqVQUhfkkDQyVi0L1aNgV2l40_hN8hHl00w\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+Paloma+5.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"469\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCKQLqDdQV0HW-ooFTWRh2ERcKDAhV_7TsHMANOOLJr7WpqK06icHBHGr3xiQLhbcgwEWWKDudhp4ho-L9AQ2iYJcFLAVmQBBXgHxhqVQUhfkkDQyVi0L1aNgV2l40_hN8hHl00w\/s2048\/Presentaci%25C3%25B3n+%25C3%2581ngel+Paloma+5.jpeg\" width=\"625\" \/><\/p>\n<p><\/a><\/p>\n<p>Presentaci\u00f3n do<br \/>\nlibro de \u00c1ngel Alda Diario de un confinado en Olavide<\/p>\n<p>Casa das Letras,<br \/>\nRibadeo, 20200904<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00bfNo es verdad,<br \/>\n\u00e1ngel de amor, que en esta apartada orilla m\u00e1s pura la luna brilla<br \/>\ny se respira mejor? O comezo do Don Juan Tenorio antoll\u00f3useme no seu<br \/>\nmomento tam\u00e9n un bo comenzo para a presentaci\u00f3n que hoxe nos ocupa,<br \/>\na do libro de \u00c1ngel Alda, Diario de un Confinado en Olavide,<br \/>\nreforzado coa aportaci\u00f3n de Confinado en Ribadeo. \u00c9 \u00e9 que a propia<br \/>\nvida \u00e9 para cada un de n\u00f3s un amor, e nesta apartada beira do<br \/>\nplaneta Terra que \u00e9 Ribadeo certamente parece \u00e1s veces que a L\u00faa<br \/>\nest\u00e1 s\u00f3 un pouqui\u00f1o m\u00e1is al\u00f3 da man e quix\u00e9ramos meter todo o<br \/>\naire nos pulm\u00f3ns, de tenue que o atropamos e rico que est\u00e1. E,<br \/>\nlembrar cousas como esas dende un Madrid pand\u00e9mico pode vivificar a<br \/>\nun. Dende logo, abondo m\u00e1is que atiborrarse de novas con<br \/>\nestat\u00edsticas desbocadas \u00f3 tempo que incontroladas sobre enfermos,<br \/>\nhospitalizados e mortos.<\/p>\n<p>Puntualicemos. Cuando se fai unha presentaci\u00f3n, \u00e1s veces hai que comezar por un mesmo. Estou aqu\u00ed en funci\u00f3n de lector de, e persoa que aprecia a \u00c1ngel, a m\u00e1is de co\u00f1ecelo un pouco, que todas as persoas somos un mundo que excede as nosas propias capacidades de comprensi\u00f3n, para canto m\u00e1is comprender \u00f3s outros. Eu ser\u00eda, na terminolox\u00eda moderna, o que se co\u00f1ece como un \u2018local\u2019, algu\u00e9n que est\u00e1 familiarizado co entorno pr\u00f3ximo e pode servir de ponte con outro entorno m\u00e1is afastado por ter tam\u00e9n un m\u00ednimo co\u00f1ecemento del. Foi o meu blog Ribadeando un dos lugares onde apareceu de primeiras o Diario, cap\u00edtulo a cap\u00edtulo. E de xeito posterior, tam\u00e9n o \u2018Confinado en Ribadeo\u2019, que me gusta imaxinar como unha auditor\u00eda externa a un tempo especial en Ribadeo. Auditor\u00eda realizada por un auditor con co\u00f1ecemento previo da zona, que non en van leva dende o s\u00e9culo pasado recalando polo lugar e empap\u00e1ndose do local: podo asegurar que hai cousas de por aqu\u00ed que co\u00f1ece mellor que moitos nativos.<\/p>\n<p>Co anterior, met\u00ednme na presentaci\u00f3n do autor. \u00c1ngel \u00e9 o autor. Di que \u00e9 o seu primeiro libro, pero eu matizar\u00eda para dicir segundo e como: a que se lle pode chamar un primeiro libro? O blog dende onde difundiu feitos, visi\u00f3ns e ideas, El \u00c1ngel de Olavide, non pode considerarse un libro? De feito, esa visi\u00f3n de 12 anos de longa ten unha versi\u00f3n resume en papel. E iso por sacar \u00e1 luz s\u00f3 unha das posibilidades que se me ocorren do seu traballo. Non, que sexan doutros estilos non quere dicir que o autor sexa primeirizo e escriba como tal. Como se soe dicir, \u00e1s probas me remito con este libro que temos hoxe diante de n\u00f3s.<\/p>\n<p>E pasamos \u00f3 libro.<\/p>\n<p>Cando al\u00f3 a<br \/>\nmediados de marzo \u00c1ngel mandoume a primeira cr\u00f3nica, \u00f3 tempo que<br \/>\nme fac\u00eda part\u00edcipe da idea, pareceume iso, unha boa idea, e as\u00ed<br \/>\nllo trasladei. Para o escritor, para os posibles lectores e tam\u00e9n<br \/>\npara os escriturados, as persoas que dalg\u00fan xeito se poden ver<br \/>\nrelacionadas ou reflectidas no texto e nas imaxes. Naquel intre,<br \/>\nclaro, non sab\u00eda -nin eu, ni el- por onde continuar\u00eda. O tempo<br \/>\ndeume -deunos, a min s\u00f3 de xeito subsidiario- a raz\u00f3n, e comezou a<br \/>\nescoitarse de varias iniciativas con certa semellanza coa proposta de<br \/>\n\u00c1ngel. Pero nin as vivencias de cada un, nin o xeito de plasmalas,<br \/>\nou as ideas que levan consigo, son iguais. E estas, ao menos para<br \/>\nmin, te\u00f1en un \u2018sabor especial\u2019, sexa por ter seguido a s\u00faa<br \/>\nevoluci\u00f3n, por comprender algo mellor as circunstancias \u00f3 ter unha<br \/>\nbase previa de co\u00f1ecemento do autor, por aprezar o xeito de<br \/>\nexpresi\u00f3n. ou polo que sexa: non en van vai medio s\u00e9culo do ensaio<br \/>\nde Susan Sontag \u2018Contra a interpretaci\u00f3n\u2019.<\/p>\n<p>P\u00f3\u00f1ome a escribir<br \/>\nsobre o libro, e lembro unha das cousas que no seu momento me ten<br \/>\nchamado m\u00e1is a atenci\u00f3n de Madrid: aqueles lugares que deixan<br \/>\nsentir a trepidaci\u00f3n \u00f3 paso do metro. Unha sensaci\u00f3n rara, \u00e1 que<br \/>\nnunca me din afeito nos meus sucesivos viaxes \u00e1 vila e corte.<br \/>\nSensaci\u00f3n que asocio a un movemento do subsolo, tel\u00farico, que me<br \/>\nfai ver Madrid non como algo extraterrestre inducido polas noticias<br \/>\nou lonxano se me ate\u00f1o \u00e1 duraci\u00f3n da viaxe, se non rochoso, duro e<br \/>\npouco adaptable como a pedra dos seus edificios emblem\u00e1ticos. E ven<br \/>\na conto porque os primeiros d\u00edas -e despois- criticouse a escapada<br \/>\nde Madrid. E esforceime por comprendelos, \u00f3s escapados. Escapando<br \/>\ndas multitudes incrustadas nun esquema r\u00edxido de vida para un flu\u00edr<br \/>\nm\u00e1is ou menos tranquilo, algo l\u00f3xico a primeira vista. A\u00ednda que<br \/>\nvi\u00f1eran con agasallo, en xeral, desco\u00f1ecido, e mesmo deixando a<br \/>\nunha beira normas ad hoc. O certo \u00e9 que, con todo, foime m\u00e1is doado<br \/>\ncomprender o transcorrer dos que se quedaron, cos que me sent\u00edn m\u00e1is<br \/>\nidentificado e tiven outra relaci\u00f3n seguindo as verbas de \u00c1ngel.<\/p>\n<p>Si, Madrile\u00f1os hai<br \/>\nmoitos, e polo tanto, de forma consecuente, de moitas clases. Hainos<br \/>\nque, \u00f3 decretar a alarma, quedaron na s\u00faa casa e outros que algu\u00e9n<br \/>\ndir\u00eda \u2018sa\u00edron a expandir o virus\u2019. O libro \u00e9 un conxunto de<br \/>\nhistorias, mellor, expresi\u00f3n de visi\u00f3ns, relacionadas sobre todo<br \/>\ncos primeiros, cos que quedaron en Madrid, a zona m\u00e1s afectada de<br \/>\nEspa\u00f1a por la pandemia. E compl\u00e9tase co anexo adicado a Ribadeo, a<br \/>\nesa extensi\u00f3n do confinamento que marcou a Mari\u00f1a enteira mentres<br \/>\nque Ribadeo ti\u00f1a un caso computado. Unha extensi\u00f3n que pon negro<br \/>\nsobre branco unha verdade: \u00e9 un libro inacabado. Pero \u00e9o son s\u00f3<br \/>\npor unha, sen\u00f3n ao menos por d\u00faas cousas: por fast\u00edo da pandemia e<br \/>\npor cubrir una \u00e9poca, a da pandemia confinada, que non \u00e9 seguro que<br \/>\nte\u00f1a pasado totalmente, como quedou amosado xa pola segunda parte,<br \/>\nConfinado en Ribadeo. A primeira parte, escrita por un madrile\u00f1o de<br \/>\nChamber\u00ed. Esta segunda, dir\u00eda que escrita por un \u2018ribadense<br \/>\nadxunto\u2019.<\/p>\n<p>Unha cousa<br \/>\nimportante nun libro no que se expo\u00f1en visi\u00f3ns e opini\u00f3ns, cuxa<br \/>\nmisi\u00f3n en certa forma entendo que \u00e9 de servir de interface: existe<br \/>\nun nesgo en \u00c1ngel, na s\u00faa escritura? Coido que m\u00e1is al\u00f3 do propio<br \/>\nsubxectivismo persoal, non. \u00c9 dicir, en todo caso ser\u00eda baseado ben<br \/>\nen a) sentimentos, non en razoamentos, o que o far\u00eda dun tipo<br \/>\ndiferente \u00f3 que se entende en xeral por nesgo, ben b) nunha cuesti\u00f3n<br \/>\nde espazo: non fai un recorrido completo, boto en falta alg\u00fans<br \/>\ntemas. Mais en relaci\u00f3n a isto \u00faltimo, a\u00ednda que o libro est\u00e1<br \/>\ncinguido por vontade propia a un n\u00famero de d\u00edas que xa foi meirande<br \/>\ndo esperado, o conxunto posible de temas sempre \u00e9 inabarcable, e<br \/>\niso, si, marca un nesgo natural, humano.<\/p>\n<p>Para ir rematando e<br \/>\ncentrando as mi\u00f1as verbas de xeito m\u00e1is tradicional, recollo varias<br \/>\nideas do texto de presentaci\u00f3n de Confinado en Ribadeo:<\/p>\n<p>\u00c1ngel Alda estivo,<br \/>\nliteralmente, confinado en Olavide coas primeras medidas tomadas<br \/>\ncontra a pandemia do Covid-19. Literalmente. Mais, en certo sentido,<br \/>\ntam\u00e9n literariamente. As\u00ed, o diario \u00e9 a s\u00faa testemu\u00f1a nun<br \/>\nper\u00edodo aciago -unha das s\u00faas facetas m\u00e1is salientables, quizais a<br \/>\nque m\u00e1is- na vida ou nun fragmento da vida da poboaci\u00f3n mundial.<\/p>\n<p>Un aparte: di o<br \/>\nautor na introduci\u00f3n que o libro \u00e9 \u2018produto do medo e do<br \/>\naburrimento\u2019. Pode que sexa o par\u00e1grafo co que estou m\u00e1is en<br \/>\ndesacordo. Sinxelamente, non o creo. Polo menos, non con esa<br \/>\nrotundidade que est\u00e1 expresado. Pode que m\u00e1is tarde podamos falar<br \/>\nsobre iso.<\/p>\n<p>Voltemos.<\/p>\n<p>Despois, sufriu a<br \/>\nprimeira reca\u00edda nun territorio diferente, lonxe, apartado da<br \/>\ncentralidade madrile\u00f1a, m\u00e1is pequeno en moitos sentidos pero non en<br \/>\ncuesti\u00f3ns intrahumanas, as que tende a xestionar \u00c1ngel coas s\u00faas<br \/>\nverbas. E tam\u00e9n un territorio coa s\u00faa propia, pequena,<br \/>\ncentralidade.<\/p>\n<p>Falei antes da non<br \/>\ninterpretaci\u00f3n, de ir contra a interpretaci\u00f3n dunha obra, da<br \/>\ncomprensi\u00f3n da arte. Da obra realizada, non  do que representa a<br \/>\nescritura, a realizaci\u00f3n dunha obra polo autor: tanto o libro como<br \/>\nos apuntes complementarios, fan interpretaci\u00f3n de situaci\u00f3ns<br \/>\ndiferentes, non s\u00f3 no espazo, sen\u00f3n tam\u00e9n no tempo e nos tempos,<br \/>\nnas circunstancias do pulso vital durante e de xeito posterior \u00f3<br \/>\nprimeiro envite de la pandemia.<\/p>\n<p>O dito leva a<br \/>\npreguntarlle \u00f3 autor, meses despois: volver\u00edas a escribir o mesmo<br \/>\nlibro? Considerar\u00edas que ter\u00eda o mesmo significado?<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte foi a presentaci\u00f3n do libro de \u00c1ngel Alda Diario de un Confinado en Olavide, xunto co suplemento Confinado en Ribadeo. Deixo aqu\u00ed \u00e1 ligaz\u00f3n \u00f3 audio sen editar, algunha foto e o texto que levaba preparado. Presentaci\u00f3n do libro de \u00c1ngel Alda Diario de un confinado en Olavide Casa das Letras, Ribadeo, 20200904 &nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[35,75],"class_list":["post-4964","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-angel-alda","tag-coronavirus"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4964"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4964\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}