{"id":4961,"date":"2020-09-06T14:37:00","date_gmt":"2020-09-06T12:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:43","slug":"a-normalidade-non-voltara-que-bonita","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/06\/a-normalidade-non-voltara-que-bonita\/","title":{"rendered":"A normalidade non voltar\u00e1: que bonita terri\u00f1a&#8230; e como nola estamos cargando"},"content":{"rendered":"<p>Vai rematando o ver\u00e1n, e no ciclo estacional, acheg\u00e1ndose o outono. Un ano m\u00e1is, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal&#8230; aparentemente.<\/p>\n<p>De sempre, por pequenas flutuaci\u00f3ns, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais&#8230; por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios peri\u00f3dicos virtualmente id\u00e9nticos. \u00c9 momento de traer a colaci\u00f3n aquelo de que non volveremos ver o mesmo r\u00edo: a auga ser\u00e1 outra, e n\u00f3s, tam\u00e9n. E iso, en situaci\u00f3n &#8216;normal&#8217;.<\/p>\n<p>Traio a definici\u00f3n de normal do dicionario da RAG, e collo a primeira acepci\u00f3n, a m\u00e1is axeitada \u00f3 caso: &#8220;<span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"35801\" data-lemma=\"normal\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/normal\" id=\"aui_3_2_0_1176\"><span class=\"Subentry\" id=\"aui_3_2_0_1175\"><span class=\"Sense\" id=\"aui_3_2_0_1174\"><span class=\"Definition\" id=\"aui_3_2_0_1173\"><span class=\"Definition__Definition\" id=\"aui_3_2_0_1172\">Conforme \u00e1 norma, ao que \u00e9 o m\u00e1is frecuente ou habitual<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span>&#8220;. M\u00e1is frecuente&#8230; pero unha frecuencia pode variar. As frecuencias var\u00edan. E as\u00ed, agora \u00e9 m\u00e1is frecuente que ve\u00f1a unha vaga de calor do que o era hai uns anos. A un conxunto de feitos como ese, de cambios de frecuencias de fen\u00f3menos clim\u00e1ticos, e outros feitos asociados, cham\u00e1moslle cambio clim\u00e1tico. E agora, estamos en pleno cambio doutro tipo de frecuencias, variando outra normalidade. Ou \u00e9 que hai tan s\u00f3 un ano era frecuente ver pola r\u00faa \u00e1 xente con m\u00e1scara? A\u00ednda no antroido, coa diversidade de m\u00e1scaras, eran minor\u00eda. Unha frecuencia que ten variado. E con ela, outros cambios pequenos ou grandes, sut\u00eds ou non tanto, que est\u00e1n a sentar as bases dunha normalidade con frecuencias diferentes. E dun dese\u00f1o social tam\u00e9n diferente. E econ\u00f3mico. E si, tam\u00e9n pol\u00edtico, por moito que poda vir con m\u00e1is atraso, a remolque, \u00f3 poder concitar m\u00e1is defensa \u00e1 nosa costa. Que todos os cambios nas frecuencas en que suceden \/ facemos que sucedan as cousas sexan para ben ou para mal, iso xa \u00e9 fari\u00f1a doutro costal.<\/p>\n<p>Onte mesmo, na presentaci\u00f3n dun libro, o autor chamabase \u00e1 historia , a que o renacemento vi\u00f1era despois da peste, ou os sistemas p\u00fablicos de sa\u00fade despois da gripe espa\u00f1ola, para manter a afirmaci\u00f3n de que a crise deixar\u00e1 un mundo mellor, a\u00ednda que quiz\u00e1is non de xeito inmediato. E despois lembr\u00e1balle eu que o xu\u00edzo sobre esas melloras fac\u00edamolo n\u00f3s, a posteriori, os supervivintes nese novo mundo, os afeitos a el, dende a nosa perspectiva. Chegar\u00edan \u00f3 mesmo resultado positivo as persoas que sufriron a \u00e9poca da peste ou da gripe espa\u00f1ola? Hoxe podemos dicir que o renacemento representou unha mellora indiscutible en moitos campos, o mesmo que o establecemento dun sistema universal de sa\u00fade. Pero, seguro que non ter\u00edan chegado cambios mellores, ou m\u00e1is r\u00e1pido, ou outros, se non se tivera sufrido a peste ou a gripe espa\u00f1ola?<\/p>\n<p>Non, a normalidade non voltar\u00e1, porque en certa forma, non temos sa\u00eddo dela; sinxelamente, estase a transformar, coma sempre, pero m\u00e1is r\u00e1pido. Non sei por que medio chegou a min hai uns d\u00edas unha frase de Victor Hugo que me deixou pensando: &#8220;Cal \u00e9 o perigo da situaci\u00f3n actual? A ignorancia, a\u00ednda m\u00e1is que a miseria.&#8221; E si, a ignorancia, m\u00e1is a\u00ednda a ignorancia miserenta -a que fai alarde- \u00e9 un aut\u00e9ntico perigo &#8216;aqu\u00ed e agora&#8217;. Mais tam\u00e9n representa un perigo para o futuro a ignorancia como sociedade, a ignorancia voluntaria dos nosos propios recursos para mellorar unha situaci\u00f3n. E ese \u00e9 un feito que se est\u00e1 a producir cada vez m\u00e1is a mi\u00fado, en base a intereses particulares considerados por riba dos intereses xerais. Non temos normalidade \u00e1 que voltar, pero mentres cambiamos o normal, seguimos a cargarnos a nosa bonita terri\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vai rematando o ver\u00e1n, e no ciclo estacional, acheg\u00e1ndose o outono. Un ano m\u00e1is, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal&#8230; aparentemente. De sempre, por pequenas flutuaci\u00f3ns, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais&#8230; por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios peri\u00f3dicos virtualmente id\u00e9nticos. \u00c9 momento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32,26,9],"class_list":["post-4961","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4961","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4961"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4961\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4961"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4961"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4961"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}