{"id":4959,"date":"2020-09-10T08:09:00","date_gmt":"2020-09-10T06:09:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:40","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:40","slug":"a-illa-que-ninguen-quere-abrir","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/10\/a-illa-que-ninguen-quere-abrir\/","title":{"rendered":"A illa que ningu\u00e9n quere abrir. Covadonga Su\u00e1rez, Colectivo \u00abPor Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<p><em><\/p>\n<p>\nO Concello de Ribadeo ven de desestimar o recurso presentado por este colectivo contra a licenza de obra dunha cafeter\u00eda, e non nos estra\u00f1a nada. De verdade, dic\u00edmolo totalmente en serio. Era m\u00e1is que esperado. Recordemos que al\u00f3 por 2015 o alcalde de Ribadeo felicit\u00e1base na prensa polo esforzo de contenci\u00f3n urban\u00edstica que permitira preservar a illa Pancha co fin de darlla a un particular. Desde o mesmo momento en que empezamos a pedir explicaci\u00f3ns, informaci\u00f3n, entrounos complexo de Panchorro estrel\u00e1ndose inexplicablemente contra un espig\u00f3n artificial moito m\u00e1is grande que n\u00f3s. \u00c9 moi dif\u00edcil explicar esa sensaci\u00f3n, porque n\u00f3s non estabamos nin estamos en guerra contra ningu\u00e9n, movi\u00e1monos como un colectivo veci\u00f1al que quer\u00eda \u00absaber\u00bb e protexer o seu patrimonio, e con todo cada movemento noso provocaba que se levantasen os escudos e se protexesen as decisi\u00f3ns e os documentos na estancia m\u00e1is rec\u00f3ndita do castelo. As\u00ed que pronto nos decatamos de que a informaci\u00f3n era tan inaccesible para os ribadenses como a propia illa Pancha, e que saber si se estaban a cumprir as normas era unha odisea que teriamos que aforntar en solitario e sorteando obst\u00e1culos de todo tipo.<\/p>\n<p>\n\u00c9 certo que os outros non axudaron nada, que certas instituci\u00f3ns elaboraron escusas bald\u00edas para que non trastorn\u00e1semos os seus plans, que Portos de Ferrol-San Cibrao deunos coa porta nos narices moitas veces, ou que a nivel persoal membros do colectivo foron perseguidos e intimidados na r\u00faa. Pero a licenza de obra que agora nos ocupa, que foi outorgada a porta pechada en per\u00edodo de confinamiento, foi outorgada polo Concello de Ribadeo. Sempre a contrap\u00e9 e contra o reloxo, esta vez Por Nuestro Faro presentou un recurso.<br \/>\nQuen te\u00f1a filtrado \u00e1 prensa o rexeitamento \u00e1 nosa proposta con fins propagand\u00edsticos, e o impostado choriqueo polo atraso nas obras, tan manido, coma se se necesitasen 6 meses de obras para enchufar unha cafetera e ama\u00f1aar un garaxe, non nos interesa o m\u00e1is m\u00ednimo. Inter\u00e9sannos os argumentos do Concello para desestimar o noso recurso, que \u00e9 cualificado de incongruente.<\/p>\n<p>\nO Defensor do Pobo esixira un estudo medioambiental simplificado que Portos se comprometeu a realizar, que nunca realizou e que o Concello de Ribadeo nunca esixiu e segue sen esixir. A incongruencia, para o Concello v\u00e9n do feito de que estes informes do Defensor nos que nos baseamos te\u00f1en sido emitidos con anterioridade ao acto da licenza da cafeter\u00eda. Normal, ningu\u00e9n soubo desta licenza ata que xa fora aprobada e saltou a noticia na prensa. De todos os xeitos, as indicaci\u00f3ns do informe do Defensor do Pobo non prescriben nin te\u00f1en data de caducidade, o Concello a\u00ednda est\u00e1 a tempo de cumprilas, a\u00ednda que o se\u00f1or alcalde de Ribadeo mostre o seu absoluto desprezo por estas desde o principio. Lembremos as s\u00faas palabras no pleno municipal do 23 de marzo de 2017 cando se lle preguntou polo devandito informe: \u00abN\u00f3s non temos que revisar os informes doutros, xa temos abondo con revisar os nosos\u00bb, \u00abCec\u00e1is ou Defensor del Pueblo \u00e9 un incompetente\u00bb.<\/p>\n<p>\nA fosa s\u00e9ptica sen legalizar tampouco debe ser un problema. Por suposto, se o panorama xa era as\u00ed desde o principio e o hotel leva 3 anos funcionando, por que empezar a po\u00f1erse puntillosos cunha cafeter\u00eda ou calquera outro chiringuito que se decida implantar: \u00abnunca dixemos que al\u00ed non pod\u00eda existir un hotel, que non pod\u00eda existir unha cafeter\u00eda ou que non pod\u00eda existir unha tenda de roupa\u00bb (Fernando Su\u00e1rez Barcia, 9\/6\/2017).<\/p>\n<p>\nO Concello, que cualifica de incongruente o noso recurso, atopa l\u00f3xico que a illa leve desde 2017 pechada ao p\u00fablico, cando era unha condici\u00f3n da licenza de apertura do hotel. Que hoxe sexa necesaria unha cafeter\u00eda para permitir o paso aos cidad\u00e1ns \u00e9, cando menos, un pel\u00edn raro. Pero que a este colectivo e a moitos veci\u00f1os non nos coe, par\u00e9celles unha aut\u00e9ntica incongruencia.<\/p>\n<p>\nSeguiremos adiante, non porque esperemos nada do Concello de Ribadeo -a s\u00faa actitude desde 2015 ensinounos a dubidar e a pedir explicaci\u00f3ns cada vez que atopamos contradici\u00f3ns e irregularidades- sen\u00f3n porque ningu\u00e9n se ocupa do faro, da illa Pancha, nin de saber si a illa abrirase alg\u00fan d\u00eda polo noso dereito legal a disfutar dela ou porque algu\u00e9n monte unha cafeter\u00eda.<\/p>\n<p><\/em><\/p>\n<p>Covadonga Su\u00e1rez, Colectivo \u00abPor Nuestro Faro\u00bb<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Ribadeo ven de desestimar o recurso presentado por este colectivo contra a licenza de obra dunha cafeter\u00eda, e non nos estra\u00f1a nada. De verdade, dic\u00edmolo totalmente en serio. Era m\u00e1is que esperado. Recordemos que al\u00f3 por 2015 o alcalde de Ribadeo felicit\u00e1base na prensa polo esforzo de contenci\u00f3n urban\u00edstica que permitira preservar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[36,11,37,26,9],"class_list":["post-4959","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-covadonga-suarez","tag-historia","tag-illa-pancha","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4959","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4959"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4959\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4959"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4959"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4959"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}